20090622

É posible

Rematan de amosalo en A Coruña: é posible pechar un pub. Mesmo sen orde xudicial. Quizáis alí armen máis jaleo que aquí (refírome á xente na rúa) ou teñan a música máis alta e con menos illamento (xa o dubido máis), ou mesmo o horario sexa máis tardío (case seguro polas declaracións), pero polo que trae a prensa, a concentración de días de oubeo era semellante, e o tempo que levaba sucedendo, abondo menos que os case dezaseis anos que leva en Ribadeo. E pecharon dous locais. 'Medidas provisionais', ó que parece. Claro que alí a cantidade de xente afectada, nunha cidade, e pensando en facer patrulla nouturna, é maior, o que implica tamén que os viciños teñan menos medo e reclaman con máis forza os seus dereitos. Algo diso sabe o actual alcalde ribadense cando non cambia de lugar as festas patronais este ano, alegando que no novo lugar proposto vése afectada maior cantidade de xente. Parecía que non se cambiaban porque a xente ven máis ó parque, ou porque na zona do parque poden producirse máis réditos económicos para o mantemento dos festexos (locais fixos, aínda que se vexa máis difícil en canto a tenderetes, polo número que se pode dispor).
Agora que ven o verán, e xa se notou un repunte do ruído nouturno (coido que máis debido a que os locais non se ven apremiados e voltan a ter as portas abertas, por exemplo, que a un grande aumento da cantidade de xente), verase se aquí o concello é quen de facer algo. Mellor dito, se se pon a facelo.

1 comentario:

ajaspino dixo...

A verdade é que eiquí arman máis farra e até máis tarde. Aunque unha cousa non quita que en Ribadeo si hai moitos, moitos, moitos que poderían 'controlar' un chisco máis o seu follón.

O digo eu que son un dos ruidosos nocturnos, pero me tocarían mogollón as pelotas se non me deixaran durmir.