20090507

E agora, os percebes


Antonte, recollida nos xornais de onte, a nova a nivel provincia foi o peche da planta de Pascual, da que non puiden determinar moi ben a cantidade de litros de leite recollida por contradiccións entre os medios, pero en calquera caso, moita, e que deixa ademáis a 115 persoas como desempleadas, a parte do mazazo novo que supón para os gandeiros. O venres está convocada en Ribadeo unha manifestación con saída ás 12 do mediodía do IES Gamallo Fierros para forzar a procura de solucións para o sectro lácteo. E mañá, un pleno extraordinario de apoio.
Sargadelos tamén anda revolto, e os postos de traballo non están garantidos despois do inicio dun expediente de regulamento de emprego.
E agora, 60 kg de percebes extraídos por membras da confraría ribadense no primeiro día de traballo incitan á patroa maior a dicir que son pequenos e hai poucos, a parte de denunciar os precios baixos. As tres cousas parecen ter unha orixe diferente. Os precios, a crise. A cantidade, o furtivismo. O tamaño, non saben a que achacalo. Non é consolo discrepar algo nas orixes sen ser experto: quen merca percebes a miudo vese menos afectado pola crise que o cidadán corrente, e ademáis, se hai poucos, os precios tenderán a subir; o furtivismo coido que baixou estes anos debido á intensificación da vixiancia, que as mesmas mariscadoras recoñecen exercer, a parte da vixiancia institucional; o tamaño tense que ver influído pola contaminación do mar e os lixeiros aumentos de temperatura que sofre. O caso é que excepto a hostalería, parece que toda actividade económica na zona vai cara abaixo.

Bo, non toda, e non excepto toda a hostalería. Por exemplo, vemos a construcción de novas naves 'das normais' aínda recente, mesmo sen rematar, no porto. En canto ós niveis de ocupación da ponte do primeiro de maio, parece que se recuperaron respecto a anos anteriores (ó mellor tivo algo que ver a feira gastronómica da que aínda hoxe se pode ver a carpa no parque), e a existencia dalgún hotel máis en Ribadeo (ver foto) non impide que tivera nova onte de que o H. Santa Cruz botara o peche.
E mentras, parece que hai xente empeñada en crear emprego na restauración de destrozos: lembro que aínda non puxen as fotos da queima de contedores o outro día, e aí van, as da parede xunto á que estaban achegados, as da parede oposta e mesmo da rúa, na que a calor fixo estalar algún adoquín de cemento.

Ningún comentario: