20090311

Terras de Miranda


Aparece hoxe a prensa con vellas novas. A axuda pedida para a restauración da Atalaia; o previsto novo embite de Ence en época de crise, esta vez ó que parece en forma de restrego do 'ímonos a outro sitio', a pesares da elevación do nivel de Mirasol e da apertura xa a fin de semana pasada da vía exterior de Mirasol; a manifestación de hoxe dos mercaderes, con aviso á Guarcia Civil e autoconfesión de inocencia sobre o tema das ameazas, e tamén de novo Costas a raíz da recuperación das cetáreas de Rinlo, poñendo 3,7M€.
Sobre a ruta das cetáreas, non extrana na nova que di que o actual vial deixarase peonil para paseo e poñerase a aglomerado asfáltico un máis interior, de concentración parcelaria, para o tráfico rodado. Por outra banda, o conxunto da actuación parece alonxar a posibilidade de que, co cambio de goberno na Xunta, volva xurdir nos mesmos termos que foi prantexado hai uns anos, unha pranta de rodaballo na zona.
Faigo un oco no material gráfico que acumulo esta semana para poñer varias páxinas dunha publicación que chegou ás miñas mans hai xa algún tempo. O seu título, Terras de Miranda, deixa ver que non é de Ribadeo, pero o mapa que usa para a definición das terras afectas inclúe Barreiros, Lourenzá e Trabada, deixando tan só o recuncho de Ribadeo fóra do terreo tratado, o NE de Galicia.

Aínda así, polos límites, nun libro tan extenso e descritivo, non queda outra que facer algunha referencia de pasada a Ribadeo. E por exemplo pódese ver o tratamento do LIC de As Catedrais escaneado á beira (ampliable a tamaño que permite a súa lectura), cunha foto que coido corresponde á costa ribadense, maioría de territorio de dito LIC.
Aparece na sección de flora unha imaxe da 'Erica Vagans' (tamén á beira), especie emblemática do LIC. Queda tamén o índice do libro (arriba) e título, créditos e cita de Álvaro Cunqueiro que dan comezo ó volume, para facerse unha mellor idea desta obra que está chea de referencias, fotos e información dos nosos veciños pola beira galega.
Algo parello ó libro pode verse na web correspondente, http://www.terrasdemiranda.es, se ben coido que chama moito menos a atención visto na web que en papel.










Ningún comentario: