20090311

Denuncia á UE e ó Valedor do Pobo

DENUNCIA AO VALEDOR DO POBO E A UNION EUROPEA O pasado dia 28 de Febreiro cumplironse dous meses dende que un colectivo de 163 veciños de Ribadeo presentou un escrito no concello solicitando información sobre o proxecto dunha liña de outa tension e unha subestación electrica. Lembremos brevemente que os veciños preguntaban sobre o trazado ou trazados que estaban estudando os tecnicos e os responsables politicos para a liña electrica e mais sobre a ubicación da subestación. Preguntabamos sobre as distancias as casas, os posibles efectos sobre a saude, etc. Suliñabamos que a directiva comunitaria 3/04 sobre información medioambiental obliga aos concellos e a todalas administracions dos paises membros a facilitar a información medioambiental disponible no plazo de un mes e como maximo de dous, se esta e moi complexa. Insistimos en que a mesma directiva obliga a facilitar a información disponible as empresas contratadas ou colaboradoras da administración. Presentouse o devandito escrito no rexistro do concello de Ribadeo o dia 31 de decembro de 2.008, polo tanto no intre de redactar estas liñas xa pasaron dous meses e 11 dias. Lembramos que as directivas comunitarias son de obligado cumplimento para os paises membros aos dous anos da sua publicación no boletín da Union Europea, ou dexa, neste caso dende 2006. Vexamos agora as respostas recibidas ata o dia de hoxe. O dia 5 de Xaneiro o Sr. Alcalde de Ribadeo fixo unhas declaracions, a traves da paxina web do concello, afirmando que non tiña a información requerida e que remitia aos solicitantes ao periodo de exposición publica. Posteriormente foi facendo outros comentarios aos medios de comunicación, que amosaban un coñecemento moito maior e tratando de confundir ao vecindario con datos contradictorios e manipulados. Finalmente, o dia 16 de Febreiro recibimos un escrito oficial da alcaldía, que xa comentamos, onde se ratifica na sua postura de apoiar a BEGASA e rexeitar a petición dos veciños. A Conselleria de Medio Ambiente remitiunos un escrito, con data de saida do 15 de Xaneiro, dando conta da recepcion da carta dos veciños e notificando que : “A solicitude foi remitida a Direccion Xeral de Industria… por considerar que e da sua competencia”. A Direccion Xeral de Industria resposta o 26 de Xaneiro que eles tampouco teñen ningun tipo de información e que recibiron o noso escrito a traves de Medio Ambiente, ou sexa o concello non o remitiu a Industria ou perdeuse polo camiño. O dia 31 de Xaneiro un medio de comunicación publica unha filtración, segundo a cal “Industria maneja tres opciones para la nueva linea de alta tension. La que menos efecto tendria pasa cerca del monte Mondigo y las otras irian casi paralelas a la linea existente en la actualidad. Medio Ambiente ya emitio un informe valorando los trazados, pero la conselleria de Fernando Blanco todavía no hizo publica su posición”. Esta nova non foi desmentida nen aclarada por ninguna das administracions implicadas. Finalmente, o dia 1 de Marzo, produciuse o resultado electoral que xa coñecemos polo que as consellerias devanditas estan en situación de relevo, o que non lles impediria facilitar a información disponible, recibir a unha representación dos veciños ou facer algunha xestion con BEGASA para avanzar algo no camiño. Poderian facerlo… si quixeran, naturalmente. Nestas circunstancias, se os veciños estan de acordo a proxima semana procederemos a denunciar o caso diante da Union Europea o do Valedor do Pobo. Evaristo Lombardero Rico

Ningún comentario: