20080713

Nota de prensa: Non á nave en Mirasol

Unha sinatura cada vinte segundos


Ise foi aproximadamente o resultado (case 450 sinaturas en dúas horas e media) da recollida de sinaturas contra a construcción dunha nave dae grandes dimensións sobre a ría de Ribadeo efectuada hoxe por membros da AVV O Tesón e da Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo. A mesa de petición, situada nas catro calles de Ribadeo, viuse desbordada e con cola case contínua, non podendo recollerse máis sinaturas no tempo que estivo en funcionamento debido a ese feito.

A recollida de sinaturas respalda a actuación dos colectivos en prol de impulsar a sostenibilidade da ría, con oposición a unha intervención humana que interfira máis da conta no noso entorno.

A parte, houbo peticións de follas de sinaturas para recoller apoios en Castropol, Tapia ou Rinlo, follas que serán devoltas nos próximos días.

Afróntase así a manifestación prevista para mediados de agosto co optimismo que da o apoio da poboación, a pesares de que administrativamente todo siga a pauta marcada por Portos de Galicia.

Ningún comentario: