20080709

De movida

Hoxe é a primeira nova dun xornal en internet sobre Ribadeo: un novo servicio de noitebús, esta volta, entre Ribadeo e Navia. Galicia e Principado únense para promocionar a movida, mentras aínda está por chegar o día no que se unan para xestionar dun xeito mantible a ría de Ribadeo. Subscribo o comentario periodístico: "Xunta y Principado crean una ruta de transporte nocturno: el llamado «búho». Para trasladar a jóvenes mariñanos y astures a las zonas de ocio; entendámonos, de movida, los fines de semana de verano. Eso es vida para los establecimientos hosteleros, pero puede ser un sin vivir para los vecinos. Que se tomen medidas." Tomaráse?
Claro que Ribadeo é un "concellomóbil", a pesares dos atrancos deste verán pola obras na ponte dos Santos: os xubilados tamén viaxarán mañá a Ferrol para ver a feira de mostras.
Mentras, onte, as xornadas sobre Augas Santas deron unha idea medioambiental da costa ribadense, ó tempo que se asinaba un convenio entre a Universidade de Santiago de Compostela e o concello para ter colaboración en diversos temas, como a repetición das xornadas, un campus universitario de verán e a difusión da imaxe de Ribadeo a traverso do Viejo Pancho. O convenio é por catro anos renovables de xeito automático. Mentras vai cristalizando a idea, paso a deixar agora mesmo en "Física e Química en Ribadeo" unha serie de notas que tomei sobre a primeira charla da xornada, de J. Naredo sobre "Construción e destrución do espazo e da paisaxe". Conste que me gustou moito e que non vai ter cor a comparación dunhas breves notas co que alí se dixo (e sobre todo, con como se dixo), pero coido que son interesantes de cara a enfocar o Ribadeo que queremos, algo que non está obxectivado, definido no plan xeral, como xa foi dito por min e por outros, e iso dende a anterior presentación do plan.

Ningún comentario: