20080315

Sen oposición


Coido que ise pode ser o resume das novas que se poden ver na prensa estes últimos tempos en relación a Ribadeo. Mentras o alcalde tira adiante e ten ocupado a quen o poda criticar coa avaliación do PXOM (do que sempre pode dicir que saiu adiante con unaimidade), a oposición desaparece do mapa, non porque se una nas que considera boas causas ó goberno, senón porque non está conforme consigo mesma. O PP, cunha xuntanza na que non se puido pasar do primeiro tema, e a dimisión de M. Valín, por moito tempo considerado como segundo no PP ribadense. O PSOE, que ve claro que o equipo municipal non chega nin de lonxe ós resultados que consigue no concello nas estatais, cun equipo 'máis ben alleo' a Ribadeo... e pregúntanse que por que. E UPRi, facendo moito ruído, desenvoltando moito traballo, pero poucoas noces, poucos resultados, en parte polos seus dous concelleiros na oposición (que como tal, é minoritaria).
Mentras, o PXOM prepara motores co pistoletazo de saída despois da súa publicación no boletín, e eu non consigo ver onde quedou reflexado nos diversos docuemntos que o constitúen a zona acústicamente saturada, pedida varias veces, algunha por máis dunha centena de sinaturas. Alguén me pode axudar? Tamén me gustaría saber por que non coinciden as liñas de diversos tipos no plano (e non é tampouco que vaian paralelas para que se vexan mellor) como aparece nunha ampliación da zona Viejo Pancho (e non Reinante, como aparece claramente no plano do PXOM)-Pasarón y Lastra; na parte inferior pódese ver o cruce das catro calles.
Mentras, relacionado con esto do urbanismo, atopo na prensa de hoxe unha advertencia de que a construccion o está a pasar mal pola suspensión de licenzas (dito polo presidente dos construtores) e por outra baira, o artigo 47 da Constitución, o mesmo que fai que a ONU diga que en España non se cumpre, pois 'A pesar de que nas disposicións da Constitución recoñécese a vivenda como un dereito básico, na prática é considerada un sinxelo ben de consumo'.

Ningún comentario: