20080327

O PXOM pouco a pouco

O PXOM pouco a pouco volta ser actualidade en sentido diferente. Neste caso, informativa, pois xa está disposto o servizo de explicacións do concello, que atenderá despois de chamar para pedir vez. Atenderá na vella oficina de turismo, nun horario abondo estreito (non sei por que tan estreito). Todo, aínda antes de comezar o prazo por cuestións de publicidade nos diarios oficiais, pois aínda non saíu en tódolos sitios que tiña que saír. É dicir, polo menos estará aberto o prazo de consultas e reclamacións ata máis aló do 27 de maio. Polo tanto, é cousa de seguir a serie de entradas sobre o plan (en breve seguirei)
E sae nos xornais o que xa puxera en 'cousas do concello' hai dez días: un novo coche contraincendios.

Ningún comentario: