20071210

O refinamento do silencio





O mundo está a cambiar. Este Nadal está comezando o acoso e derribo do gasto superfluo en luces. Aínda tardará, pero xa comezou outro xeito de facer Nadal. E atópome que nese outro xeito está incluído tamén o silencio. Cun 'ás cidades modernas sóbranlles tantos quilovatios como decibelios' un artigo de Andrés Trapiello ("Ruido de luces", Magazine, 9/12/2007, p.16) manifestaba dun xeito un tanto optimista á vista dalguén cunhas cantas noites seguidas soportando ruído de movida: '... se o silencio comeza a se considerado como un grao superior de refinamento e cada día impónse en máis lugares públicos (trens, cafés, restaurantes, salas de espera), algo parello debera estar sucedendo cos nosos alumeados.'
Para as fotos tamén valería o silencio, facendo notar que son da ría de Ribadeo e que a estrutura para ampliación da ponte xa comeza a estar situada.
Hoxe continúa o vento,e polo rumor parece que a parte da choiva, tamén as maxestuosas ondas de mar que non fotografiei onte. a ver se hoxe.

1 comentario:

Fuji dixo...

o silencio forma parte da música, os mesmos músicos costanos comprendelo moitas veces. Ten duración e escribese na partitura con exactitude calculada. sempre ofrece outro polo equidistante, tensión-relaxación, climax-silencio, forte-piano. Respetar os silencios é un síntoma de gran madurez musical, porque un silencio non é unha pausa. Tamén hai esa especie de silencio ruidoso, cando rodeado de silencio mais absoluto non podes deixar de imaxinar música na túa cabeza. Así traballan moitos compositores, dende o silencio. O silencio tamén é música, hai música na vida cotiá, o silencio logo tamén é vida.