20071107

O pan e a vivenda



Guerra de prezos. Ese é un titular de hoxe. O artigo básico de alimentación ten prezo variable en cada establecemento. O que non sei é se as normas sobre peso (cantidade) e especificacións (calidade) seguen a ser comúns. Básico para alimentarse, pode ser tamén base da picaresca. Deso, da picaresca, non trata nada o xornal, pode que porque se se di algo, despois hai que demostralo, e aínda que sexa certo e constatado, pode ser dificultoso facelo de xeito documental, que é o final o que conta.
Como dereito fundamental, despois da alimentación, ven a vivenda. E diso se trata estes días tamén en Ribadeo: xa foi convocado o pleno pedido por PsOE e UPRi sobre o tema de legalización de inmuebles. O sábado 17 ás 12 horas. Como me soe pasar abondas veces, non sei se poderei estar. Pero de seguro que o salón estará cheo, pos hai moitas persoas afectadas pola aprobacion (lémbrome do 'afectas' que se usaba noutro réxime anterior a este, cando o 'Caudillo', e si, tamén afectas). Mentras tanto, o alcalde tenta ter máis tempo para ter unha solución parcial (xa avanzou que solucionar o papel a todos os afectados vai a ser imposible) e mentras lle botan en cara non convocar o pleno (tívoo que facer o Secretario unha volta finalizado o prazo legal), el contesta que non entende que lle reprochen iso cando se deixou pasar o mandato anterior sen presentar alternativas. Alternativas que de calqueira xeito, válidas ou non, xa foron presentadas mesmo no blog. Que satisfagan á xente ou non, eso xa é outra cousa. E claro, en política, hai que contar con ela, aínda que precisamente por iso, ás veces se vexan aberracións por contar coa xente que non se debe e deixar de lado a outra.
As imaxes, dous tellados habitados de vivendas ribadenses.

Ningún comentario: