20071024

Cambio de estilo


"Varios dos grandes problemas que hoxe afrontamos serán imposibles de resolver mentras os políticos non poidan, dun ou outro xeito, convencer á xente para que cambie os seus hábitos de vida". A cita pertence a Anthony Hiddens, o luns no El País. O tema, a contaminación ambiental e os problemas derivados, entre eles o cambio climático.
Eu substituiría o de 'poidan' por 'queiran', porque a vontade vai primeiro da actuación consciente.
Pero, centrémonos en Ribadeo: a frase é aplicable, poñamos por caso, ós construtores. Evitaríanse moitos problemas.
Falando doutro tema ribadense, lembreime dunha vella canción infantil castelá: 'Al coger la barca/ me dijo al barquero/ las niñas bonitas/ no pagan dinero/ Yo no soy bonita/ ni lo quiero ser/...' O motivo da lembranza, un encontro na ría de Ribadeo, ese nome case impronunciable en certas circunstancias de xuntanzas políticas como a que deu pé á miña memoria.
As aplicacións anteriores suceden mentras o Subdelegado de Costas lembrou onte a obra do ascensor da Atalaia en Foz (teño que poñer unha vela a ver se non se constrúe e o concello se evita outra fonte de gastos e problemas máis... quen é o santo pertinente para esta causa?), ou mentras o tema das piscifactorías parece que se enfría, ou o alcalde é recriminado por un xornal asturiano por falar en galego na súa terra (no acto institucional sobre a ría de Ribadeo e en xeral a Reserva da Biosfera do sábado, que din 'rebentou').
A foto, de a 'ría de Ribadeo'?

Ningún comentario: