20070402

Ribadeo en dous tempos


Collo hoxe o escaneo da poesía de Luz Pozo Garza nas bolsas da campaña 'pan con poesía' para unha primeira entrega de base cultural, pero a entrada non vai por aí.
O título corresponde a unha apropiación e desviación de outro de Vargas LLosa no El País hai uns días: Roma en dos tiempos. Pois a cousa é que esta mañá, vendo a cantidade de xente que se daba un garbeo camiño do faro voltei ó tema recurrente do blog, Ribadeo, para comparar na miña cabeza non tempos xa moi pasados de Ribadeo cos actuais (no de Vargas LLosa a comapración era con 50 anos atrás; eu no meu caso tería que conformarme coa metade) senón o 'Ribadeo, cidade de vacacións' co 'Ribadeo, vivindo todo o ano'. E atópome que debido ás diferencias, é difícil de comparalo dun xeito rápido, como require o blog, e sobre todo, cun estilo que faga relación á brillantez de Vargas Llosa que me deu a idea para o título. Ás veces, boto de menos o non voltar a escribir na Mariña os artigos que necesitan de alomenos un par de horas para quedar rematados en troques dos rápidos do blog.
Así, quédome sinxelamente coa referencia de que no paseo, somos iguais (case) visitantes e residentes, por contra de outras moitas actividades nas que as desemellanzas nótanse máis. E non levo máis aló a comparación do paseo, porque a parte de que polas caras xa se coñecen ós visitantes, en xeral o xeito de dar o paseo ven sendo diferente: ata parece que chaman a atención diferentes cousas, e os saúdos, intercambiados, tamén son diferentes...
Unha última nota: reitero que para ler ven a imaxe, é necesario premer o botón esquerdo do rato sobre ela...

Ningún comentario: