20070404

Programas das candidaturas á Corporación de Ribadeo

Só unhas verbas polo momento.
Citei hai tempo que os partidos políticos rematarían meténdose en internet para as eleccións, mesmo locais. algo que por agora non se cumpre, pero que está propiciando interesantes iniciativas como unha páxina en internet en formato wiki onde ir colgando as promesas dos candidatos. Pois aquí espero ir tamén colgando os programas electorais dos partidos que se presentan en Ribadeo; en principio, os resumes que se envíen polas casas: en internet non se perden e estarán sempre presentes como lembranza de desmemoriados. Despois (ou antes se é posible) o programa enteiro se mo pasan. E dende xa aproveito para facer esa petición de pase do programa, pois creo que o blog chega máis ou menos a xente e cadros de tódolas formacións que se van a presentar (por suposto, tamén farei a petición doutro xeito).
Cando teña algunha nova, xa iredes téndoa vós tamén.

Ningún comentario: