20061112

Ribadeo, ribadeando: entrada 500

Unha pequena retrospectiva para esta entrada 500 do blog de Ribadeo
Hai máis de 10 anos, comecei con este sitio web, que ten novas de Ribadeo, da banda, e tamén sobre artigos publicados na época (non todos).
Tamén comecei nos blog con esta páxina.
Outro blog, esta volta, en relación ós proxectos europeos do IES.
Física e Química en Ribadeo vai tamén polo tema do ensino, con post colgados estes días sobre e-learning, por exemplo.
Tamén hai outras páxinas de novas, como http://ribadeo.webcindario.com/, onde poño cousas que non caben aquí, como novas sobre O Tesón, o Arquivo Dixital Hernán Naval, piscifactorías, ...
E tamén hai no camiño outros blog, como este. Non está todo posto, pero de calquera xeito, só un sitio nos que colaborei pode competir en horas adicadas con estes cincocentos post (a excepción pode que do meu primeiro sitio web, moitas voltas variado na aprendizaxe): a Galipedia.
Mágoa que resulte que este post está feito ás tantas dunha madrugada do domingo. Eso fastidia a celebración, por conta dun goberno municipal que pese a ser condenado non move un dedo para que a xente poida durmir. Durmirá tranquilo o alcalde? Supoño que si: estas cousas serán menores.

Ningún comentario: