20061123

Pero bueno...! ou virando chaquetas en Ribadeo


Agora resulta que a costa en Ribadeo xa está protexida (o sr. alcalde dixit), cando, por poñr un exemplo, anda con dúas piscifactorías a voltas, e non na zona dos 500m que pensan permitir (ó que parece, se non é un dos 'globos sonda' que a política nacional consagrou no mandato pasado) senón na actual moito máis reducida. Xa non se sabe se o que dí é ter cara, ter espalda, un erro de percepción ou sinxelamente que un non sabe en que mundo vive.
E seguen as novas de Ribadeo: Fomento (o ministerio) vai reparar a carretera do monte que antes fastidiou coa obra da circunvalación. Se é unha nova, é porque polo que parece, en Ribadeo cousas así non son comúns. Senón, non sería nova.
Unha viaxe do alcalde a Madrid: o do ascensor da atalaia, con ampliacións de mellora diversa, como unha oficina de turismo á beira do mar (suponse que non lle afectan ó 500m, polo menos ó alcalde) fai que o orzamento se dispare por riba dos 2M€. De aí que teña dito nos plenos "será por dinero!". Evidentemente, non o considera moito.
Unha boa nova: parece que xa se pode convocar a licitación das obras do polígono... non é sen tempo, pero Balbino dixo que estaría xa feito este ano, e deso, nada.
... E dando un repaso ás novas de hoxe, que son moitas: algo máis que fume? pouco máis. Revisa e dimo...
A foto, da fábrica de xeo coa antiga torre do curatel detrás: o mazacote novo deixando reducido á mínimo espazo ó vello torreón. Algún día usarase para algo a fábrica (por exemplo, museo industrial) ou se derribará?
Hai un ano, tres entradas: un capricho, unha pregunta sobre bandas rugosas e Quen manda aquí?, artigo que tras aparecer en La Comarca provocou que Balbino contestara no mesmo semanario con outro no que me chama algo así como doce veces mentiroso, dende o título á última frase... e que provocou secuelas miñas e del, ata que el calou. Claro que eu non podo demostrar que recibiu o célebre fax, do que me enterei por ADEGA e a quen logo, pedíndolle demostración, ma deu incompleta. Todo hai que dicilo. Pero a ver como se di.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Aprende a escribir que te fas algo pedante..non pensache en presentarte as eleccions?...como sabes de todo...Sabes algo de minas? Espero que este comentario aparezca no blog, xa que se tes dereito a escribir do que che dé a gana acepta tamén os comentarios que fan de ti..se non, taremos diante dunha paxina un tanto dictatorial...

Agremon dixo...

... primeiro e último comentario anónimo. Os anónimos, á Comarca, que os aceptan. Aquí, á cara.