20061003

Na Mariña tamén se constrúe ben (de cando en vez)

Nova de hoxe é un titular caseque igual o que poño (... á primeira parte), para dicir logo que se conservan casas de indianos en Ribadeo ou Barreiros, que se tenta conservar algún barrio particular ou o centro histórico e que algún dos edificios públicos construídos nos últimos anos é OK. Non parece moito, certamente, mentres se están a introducir novos modelos de grúas entre as xa existentes. Ou será que eso tamén é OK para a construción? coido que se está comezando a debater o tema do urbanismo, pero nese debate non se admite máis que o 'pensamento único' sobre o tema: construtores e políticos, mentres os arquitectos foron rexeitados cando quixeron opinar e ós veciños sinxelamente non se lles considera. Pode que isto último sexa porque a porcentaxe de vivendas que son vendidas a xente de fóra é importante, e polo tanto diminúe a atención sobre a opinión da xente de aquí, nun razoamento parello a: se o mercado está fóra, que pinta a xente que non está no mercado? É dicir, tamén parello ó que pasa coa mundialización ou globalización: a xente que queda fóra do mercado non se lle considera; sinxelamente, non existe.
Polo momento non chegamos a tanto como o de 'non existir' por varias razóns, pero camiño leva e principios queren as cousas.
... Vaia, esta entrada saíume cunha perspectiva totalmente diferente á de aviso para navegantes de hai uns días. Nembargantes, coido que non son contraditorias. Un maior seguimento xudicial non implica que se deixe de facer forza para cambiar as leis, por exemplo. E eso estase a facer no mundo tódolos días: tentar de facer leis para favorecer a uns ou a outros, en troques de facelas para a sociedade en xeral. E cando cambian as leis, o seguimento xudicial tamén cambia. Os perseguidores poden converterse en perseguidos, por exemplo. E, quen non lembra aqueles xogos infantís nos que un cambiaba as normas deixando confundidos ós demais? Algunhas voltas lograba impoñelas e gañaba o xogo. Ou aínda, aqueles xogos cos máis pequenos nos que eles, os pequenos, cambian de xeito repetido o que se debe facer, ata que atopa un xeito no que se lle deixa ganar.
O malo é que os actores das leis non son pícaros (no sentido de Ribadeo, de cativos), aínda que se comporten como tal.
Non remato de darlle o toque a esta entrada... claro que a de hai un ano, Eclipse en Ribadeo, era moito máis doada de facer e clara: había o que había, á vista de todos e sen ocultación (precisamente por ocultar a Lúa parte do Sol)

2 comentarios:

Fer Trombón dixo...

cando poderemos vivir a nosa vida sen as regras dos demais... pero claro ó mesmo que de cativos sempre rematamos coa mesma disculpa:
! Oes que na miña casa xogase así!
Deixaremos de ser nenos algunha vez?

Fer Trombón dixo...

http://fertrombon.blogspot.com/2006/10/medo-liberdade.html

Xuro que non nos puxemos de acordo porque eu non sabia que ias escribir desto. Oes ti cres nas meigas?