20061009

E outra foto de Ribadeo: Anarquía en Ribadeo, segunda de hoxe


Tomada do calexón segundo se sube a Viejo Pancho. Recalco o de orde e a falla de autoridade. FAG supoño Federeación Anarquista Galega ou algo así, e o diaño debe ser estrano, pero calquera sabe. Da que pensar sobre Ribadeo, pero coido que o texto é maís un desexo ó ver una definición que unha realidade.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

É unha definición elemental, dentro do pensamento anarquista. Para os anarquistas toda a violencia, a fame e a pobreza teñen a sua orixe no desorden producido polo Estado capitalista, que ten como única razón da sua existencia exercer a violencia e a explotación contra os traballadores. Segundo esto, ca desaparición do estado os traballadores gobernarán os seus asuntos, e as causas da miseria e a violencia terán desaparecido.

Agremon dixo...

Estou ó 100% co post anterior. A cuestión é unha pintada en Ribadeo con esa expresión e o seu significado no caso concreto. E mesmo como definición, corresponde coa idea utópica dunha nova sociedade, non con algo que se lograra de xeito efectivo, apesar das experiencias xa históricas, como as que tiveron lugar en España.
Gustoume a intervención.

absurdo dixo...

É moi sinxelo facer unha pintada anarquista. Non é tan sinxelo saber de onde ben e o seu significado. Por desgracia non creo que esta xente que dedica o seu tempo a ensucia-lo pobo teña a mínima idea do que realmente significa este pensamento. Penso que esta xente so fai estes actos "radicais" (para eles) para poder sentirse especiais dentro do pobo, o mesmo ca un cabeza rapada pode petar nun emigrante e así identificado nun grupo.