20060813

Negocios, conversación, política e dereitos en Ribadeo (2ª de hoxe)

Fáiseme difícil escribir sobre un tema que,de xeito lateral, levo tocando moito tempo ó escribir. O caso é que esta mañá, a charla cun empresario levoume a considerar, unha volta máis, a relación entre tipo ou perfil de negocio, o trato coa xente que permite, e en particular coa xente que ten unha certa influencia, como por exemplo, xente relacionada coa política, e o o velar / cumprimento institucional dos dereitos de todos os cidadáns. Pode parecer trivial unha ou outra tendencia, ben que se se mira un pouco, decátase un da moita xente que pasa polos bares e locais de copas, no exercicio do seu ocio. Xa hai tempo que ditos como o de 'onde vaias, fai como vexas facer' campan polos respectos e pola súa verosimilitude. E neste caso, parece claro que sobre un político (poñamos por caso) ten máis influenza o taberneiro que o atende un día tras outro, lle da conversa e lle presa un sorriso que aquela outra persoa máis alonxada á que, por ter menor trato, tende aínda a minimizar a súa importancia. Nembargantes, mentras que todo se pare aí, considéroo lóxico e de psicoloxía ou socioloxía humanas. O que non considero xa tan lóxico é que influenzas de tipo plática na vinoteca podan ter máis forza que consideracións xustas, lóxicas e legais. A charla que mantiven esta mañá incide no tema, e coido que máis dunha volta, a influencia perniciosa sae victoriosa en primeira instancia sobre a que ás veces pode resultar máis alborotadora, pero a maioría tamén máis desatendida.
Despois dun ano de blog, coido que a primeira entrada debera ser algo como esto. Desexabable que mellor escrito, máis profundo, ... pero poñendo o dedo na consideración da actitude xusta na dirección social, na vixiancia das reglas, no emprendimento de derroteiros... e é que como cidadán, incúmbeme (ver a explicación frontal do blog: Ribadeo e as miñas cousas).
Mentras, outras cousas de hoxe a considerar; no blog xa foi tratado hai algún tempo o tema da política urbanística, por varias voltas, por exemplo, aquí.

Ningún comentario: