20060804

Adeus ríos, adeus fontes...


coido que teño visto que Rosalía dixo 'Adiós ríos, adiós fontes...', pero ó que ía é a comparación con 'adeus ría, adeus tesóns...' que me suxeriu hoxe a vista do atestado que estaba a praia de san Román e o tesón da berlinga (eu seguirei a chamalo 'das Figueiras', algún día podo falar deso) como se pode ver na foto e noutras que saquei hoxe, ou lembrando como o outro día, ó atravesar bloques-Castropol-bloques, no medio da ría, de volta, dende unha 'despanpanante' motora me di o 'motorista' "que estás haciendo?" para continuar dicindo máis ou menos que me ían a decapitar cunha moto de auga. Naturalmente, non me ía poñer a discutir con metros de auga baixo os meus pés, a corrente arrastrando e unha motora en frente. Din as grazas e vía. Pero, a que velocidade se pode andar pola ría? Non é o primeiro susto que me levo, e por eso cambiei este ano de zona, pasando á parte dos bloques. Nembargantes, hoxe decateime de que, pola acumulación, xa non é doado que alguén pase entre tesón e san Román ou as Figueiras a toda apstilla, porque sería doado un choque... de calquera xeito, xa ando por aí cun rechiscante flotador atado para tentar evitar problemas (sobre todo para min)

Ningún comentario: