20060611

Ribadeo, novas e obras


Hai varios días recibín un par de novas que non puiden comprobar:
A primeira, que a zona do xardín ('xardín de Sela'), ó convertírese en parque de indianos, vai a perder a arboreda, cambiada por novos árbores, e sobre todo, que está previsto cambiar o seto para trocalo por ... nada. A razón sería que queren potenciar a pradeira. E eu razono: Se quitan o seto, ó estar paseando polo interor do parque, a visión será de coches aparcados. En fin.
A segunda, que a pasada fin de semana tería habido unha inspección de traballo nalgúns pub, e terían caído multas. Repito que non puiden comprobalo. Nembargantes, ocórreseme que se non a fixeron, poden estar preto de facela, pois non teño nova de que a fixeran nunca nos establecementos nouturnos; e, se a fixeron, tamén ten visos de realidade que caeran multas.
As obras en Ribadeo seguen a todo trapo, comezando pola da ponte, se ben esa nótase só en terra, non na zona de pilares na auga.
A outra obra que esta fin de semana é nova é a da fonte da entrada, fronte ó parador. O venres estaban probando os diversos chorros (xa se sabe que é automatizada...) do cadrante que é fonte e non praciña de pedra. O caso é que tamén hoxe vin nunha exposición dun fotógrafo que os do Barça celebraron alí a vitoria do clube, co que máis que presaxio será unha realidade que esa fonte sexa a nosa 'Cibeles', que será tomada periódicamente para celebracións.
Remataron, en apariencia, as obras en Pasarón y Lastra e San Francisco, co que queda inauguralas. Cándo? supoño que antes de algunha elección.
O que parece que non vai polo camiño que debera é correción de obra polo anaco de muralla que se tirou (de non estar equivocado eu na situación): aí van fotos para comparar o grosor da muralla e como quedou a abertura do muro.
Cáseque en frente, a traseira dunha casa debera ser incluída no traballo "Ribadeo falls", pero xa están enviados os exemplares para o depósito legal e hai un exemplar na biblioteca de Ribadeo, polo que quedará senpoñer, o mesmo que quedaron outros edificios ós que tomei fotos despois de dar por finalizado o traballo.
Por último, unhas fotos do cargadoiro. Non necesita mantemento? coido que limpeza de malas herbas, rascado do mirador, pintado, ...

Ningún comentario: