20060603

Educando, tamén en Ribadeo

Ontes, na casa da Letras, foi presentado 'Plexiflai non foi ó festival', de Eduardo Baamonde. Chamoume a atención dende a presentación do autor por Manuel Fernández. E non tanto polas diversas explicacións sobre a obra, os seus niveis e a súas bondades como por por unha pequena ligazón entre o conto, a súa concepción e a formación da persoa pola relación coa outra xente. Di o autor que neste caso, primeiro foi a ilustración, e logo a concepción dun texto para el, pensando no lector: principalmente, os pais, como intérpretes dunha realidade que representa a ilustración para o lector final, o picariño, porque o libro está destinado para ser lido por calquera, aínda que a apariencia sexa para o seu destino cara ós picariños. E eso chamoume a atención: a petición formal ós pais para que sexa a súa relectura o conto, é dicir, que sexan os pais os guías a través da sociedade alomenos neses primeiros pasos dos pícaros. E eso, nun tempo no que se está perdendo ese aporte xeracional. Ben, pode que sexa unha interpretación miña, pero lembroume á educación, eso que sempre é necesario e cada vez máis, a carón da aprendizaxe, e que ningún pobo pode esquecer. Ó fin, de novo, Ribadeo no pensamento: neste libro, non aparece este pobo coa profusión que no pasado, o de Tantamiga e a súa barriga, pero a aplicación desa pequena ensinanza que se deu na presentación é tan de Ribadeo como de calquera outro lugar: pais e fillos aprendendo xuntos, vivindo xuntos. Ten máis enxundia do que parece. E falando de educación esta volta a nivel Galiza, Hoxe estamos de noraboa un grupo de entusiastas da difusión da cultura en galego: un premio para a Galipedia, o da 'Resaka das Letras'. Pequeno, pero 'matón'. Poden seguir outros. Noraboa á xente que está a levar agora esta iniciativa colaborativa, libre, gratuíta, e cada volta, mellor: a Galipedia

Ningún comentario: