20060626

Algunhas cousiñas

Lourenço (director da Escola de Música á que eu sempre chamo 'Hernán Naval') e Mari Luz (encargada do ramo no concello) poden estar de noraboa: fixeron ganar ó Concello no xulgado por unha volta, a conto da reclamación dun profesor de música en relación co sistema de contratación. Xa vai sendo raro que o concello gane no xulgado, pero eso non é de estrañar tal como fai moitas cousas. Neste caso, o xuíz dictaminou que o estaba a facer de xeito correcto. Sigo a manter que se o alcalde tivera que pagar a defensa, aínda que só fora cando perde, ou 'o ataque' cando mete en pleitos a outra xente e non gana, outro galo cantaría, habería abondo menos pleitos, e solucionaríanse moitos máis problemas. Despois de todo, o soldo do alcalde pode permitir certas alegrías.
Onte foron nova tamén as inversións no centro de día e hospital asilo: 120000€ en total dan para facer unhas cantas cousas se se estiran, e noutros casos nin se ven.
E hoxe, a procura de bandeiras azuis ... bo, Ribadeo non tiña. E a chegada de pícaros saharauis, que sempre ten algo especial, pensando que aquí se van redimir ou algo así. Eu o que espero é que o pasen ben, e que rediman a algunha xente de por aquí.
Onte nos xornais no saiu a nota de prensa de O Tesón que colguei onte mesmo. Hoxe fixo que tampouco o fai. A ver mañá. O caso é que eses 'estudos' e demáis que se di foron pedidos para a innecesaria aclaración do nome da róia de Ribadeo polo pronto non se deixan ver, e a situación da ría e o seu nome segue a empeorar día a día. Aí está sen máis a nova da morte dun veciño no paraxe das Carraias, que a Voz pon como 'entrada ó porto de Ribadeo', eufemismo de ría de Ribadeo, nome empregado no Progreso.

Ningún comentario: