20060306

Luns, esto é a Mariña


Unha nova semana comeza. E como as derradeiras, segue co tema da construcción na costa. Os titulares son claros: boa parte dos mariñanos xa non poden acceder á vivenda pola presón urbanística. E cada vez a construcción ten maís poder, non só polo aumento dos cartos invertidos senón tamén porque ó multiplicárense as obras tamén aumenta o número de empregos. O da pescadilla que se morde a cola.
Despois ven a reflexión: as pescadillas que se morden a cola están mortas. Neste caso, están matándose elas mesmas: resulta que os constructores que veñn á zona están fuxindo de zonas que xa saturaron. Aquí mesmo coméntase que xa non hai terreos, que están todos vendidos, que en tres días, literalmente, obtéñense ganancias millonarias, etc.
Os problemas desto véos moita xente. As solucións, non tanta: eso de deixar de ganar para conservar non está na mentalidade polo momento. Poderá resistir a Xunta ata que chegue ese momento? Os concellos está visto que non: como mínimo están endebedados e queren sacar cartos de onde sexa. Do futuro tamén, pois esto é algo así como unha hipoteca: déixanche os cartos hoxe, pero mañá págalos con intereses, e aínda que leves pagado una parte, nun descuido o banco quédase con todo. E hai veces que de calquera xeito, hai que pedir o crédito porque se contraxeron obrigas previas...
Non será a única volta que falemos desto... Por exemplo, o edificio da foto, necesita rehabilitación para a súa ocupación, pero pode ser tirado e feito de novo porque rinda máis económicamente a quen o faga (por exemplo, con máis alturas). Para min está claro que se debera recuperar. Pensará o mesmo un promotor?

Ningún comentario: