20051112

Cabreo (meu e en Ribadeo)


Cabreo?
Si, e coido que meu e de outra xente polo que me atribúen. Hoxe sae nun medio de difusión escrito que si o Alcalde (Balbino, referencias diversas á alcaldía) dixo á mesa de Asociacións (ver nota en ribadeando previa á reunión) que paraba unha obra, e atribúeme a min o dito... pero eu non falei co periodista, e nas declaracións á radio non falei tampouco de parar unha obra, senón de tomar máis tempo para tomar a decisión, con máis calma...
Para remarcar o 'imbroglio', uso unha palabra italiana, relacionada co noso embrollo e poño unha foto novamente... de Bucarest, que como todo o mundo sabe, ten moito que ver con Ribadeo e o alcalde. A ver se así a min tamén se me pega algo de periodista: coido que é o camiño, embrollalo, poñer un pouco de 'pementa' na nova, un titular para que a xente crea que hai 'carnaza' e aló vai.
... mágoa. As empresas de comunicación cada vez máis son empresas e menos de comunicación. A este paso, a comunicación multiemdia estará baseada nos blog, coma este.

Ningún comentario: