20050829

Caida da conexión

Estes días, quen teña a ben pasarse polo blog verá moi poucos cambios: teño problemas coa conexión de internet e pido paciencia mentras non se amañe a cousa (catro ou cinco días máis). Sigo coa intención de postear algo cada día, por pouco que sexa. Mentras, gracias pola visita.

20050825

Algo un pouco máis longo: "En castellano para que me entiendan."

Teño escrito para 'A Mariña' del 'El Progreso' un texto que dixeron ía ser publicado hoxe. Está en castelán, é longo e por eso este aviso. Outra cousa máis: a imaxe está cargada da 'Galipedia' Aí vai:

En castellano para que me entiendan.

Como el título indica, este artículo está hecho en castellano, en contra de lo que suelo hacer, en gallego, porque parece que hay gente que no entiende bien esa lengua. En realidad pensaba titularlo 'la subasta de Ribadeo', título que puede dar lugar a error pero que se acopla mejor a su contenido.

Está dentro de los métodos de la teoría económica capitalista el tratar de extender su influencia, mercantilizando campos que en principio pertencen a la esfera pública y sometiendo a su voluntad a dicha esfera. Esto se lleva a cabo muchas veces con aquiescencia dentro de las instituciones, endeudándolas con no importa que causa, con lo cual a continuación tienen que conseguir dinero empleando para ello la venta de bienes que les son propios o la resignación de la propia voluntad, de las decisiones que de ellas emanan, a intereses particulares. En el primer caso se consiguen recursos inmediatos a cambio de la capacidad futura; en el segundo, se está vendiendo a la gente.

En Ribadeo encontramos que las calles se peatonalizan para hacerlas más humanas y al cabo se cubren de mesas reduciendo el espacio vial útil de los peatones. Un proceso semejante, más lento pero más antiguo ocurre en el Cantón, donde los niños antes jugaban y ahora se les queda chico, después de tener parte del subsuelo (y sobretecho) del mismo privatizado. De forma diferente otro espacio ribadense queda cada vez más cerrado y ocupado, a pesar multitudinaria protesta: de hace dos años a esta parte la ría perdió 8000m2 sólo en Mirasol. Lo anterior, a parte de la señal de prohibido el paso que implica que el mortal común puede ser castigado por simplemente pasar por las instalaciones, y que de estar sólo en Mirasol ahora también puede verse en Porcillán, recordando esos asentamientos en los que los habitantes saben que hay mar detrás, pero no alcanzan a verlo. No sólo es la cesión de suelo, sino también de altura: parece que las sentencias sobre alturas en la construcción no inciden en la práctica, estirando el techo ribadense antes de que el ya nuevamente retrasado PGOM extienda legalmente la superficie construíble sin pega hasta límites por el momento desconocidos, amparando las cuatro urbanizaciones iniciales ya conocidas y otras diez de las cuales por el momento se sabe muy poco. Por supuesto, de aquel jaleo sobre irregularidades diversas en la construcción ribadense nada se volvió a hablar. También se podría hablar en este apartado de la venta de suelo vial transitable y aparcable por automóviles: ahí está, por poner un ejemplo, el caso de alguna obra que lleva más de un año cerrando una calle y restringiendo paso y aparcamiento en otra cuando se nota perfectamente la parte arreglada después del hundimiento debido a la misma obra (un mes en arreglarlo), y ahí están también los problemas irresolubles en estas circunstancias de tráfico y aparcamiento.

Naturalmente, hay otras formas de cesión a parte del suelo. El tiempo es otra posibilidad, y dentro de éste, el tiempo nocturno parece tener un lugar particular: las noches se llenan de ruídos de más negocios abiertos durante más tiempo, apoyados con actividades nocturnas de tipo público y con peticiones de la propia Casa del Ayuntamiento, según parece para abundar en las dichas exiguas ganancias a corto plazo de una hostelería nocturna que no cesa de aumentar. Sobre un tema semejante, esta vez con base en la industria, hay un cartel desde hace meses cerca de la estación. ... A despecho de que podamos dormir tanto gente que ribadeamos todo el año como otros que lo hacen de forma ocasional, de nuestras protestas y denuncias, de los dictámenes del Valedor del Pueblo o de las ilegalidades e irregularidades que se estén cometiendo, incluso con la misma legalidad de la que el ayuntamiento se dota.

La información puede servir de tercer ejemplo. Preguntaría cuánta gente se siente informada no ya de lo que pasa en el ayuntamiento, sino de las decisiones que allí se toman. Del presupuesto a otras de andar por casa, el personal ya pasa, a veces por desinterés, si, pero otras por simple hastío de falta de información veraz y empacho de propaganda. Sin embargo, la información existe. ¿Quien la tiene? Sin hablar de cuando es el ayuntamiento quien debiera procurar información para distribuír a la ciudadanía. O acaso, ¿se sabe si el Puente de los Santos va a tener servicio para atender los peatones y bicicletas?

Por cierto que en la vida todo se contagia, y así vemos como la que en los ochenta se llamó 'cultura del pelotazo' está instalada en las nuevas generaciones después de años de promoción.

Cabe recordar que en tiempos había la 'patente de corso', por la cual a todo aquél que tuviera un barco y contactos en la corte se le daba permiso para atracar a los barcos de otras banderas: un método rápido de enriquecerse a partir de un cierto nivel, pagando a quien concedía la patente. Y sin hablar de la venta de armas, también la venta de drogas ha sido motivo de recaudación de dinero por parte de la administración, como saben chinos e ingleses, enzarzados en la guerra del opio. Claro que esta última venta sigue en cierta forma practicándose con el alcohol.

Naturalmente, hay cosas buenas en la gestión municipal, no todo es venta en el sentido del que hablo en los párrafos anteriores; en la prensa, día a día salen noticias en las que el ayuntamiento anuncia novedades y buenas cosas (lo sean o no, se lleguen a cumplir o no, tengan en realidad algo de lo que congratularse o no) y hay departamentos que funcionan (esté de acuerdo con las decisiones y resultados o no).

Antonio Gregorio Montes

20050823

Rinlo.info


Rinlo.info é un xornal feito por nenos (3) de curta idade (11anos) de Rinlo que están levando estes días a información da protesta da factoría piscícola. A parte de sacar uns cartos (0,20€ exemplar) dan un exemplo de cordura ó intentar ofrecer a información dun xeito equilibrado. Eso é o que notei esta mañá en Rinlo, onde fun para unha concentración informativa que se convertiu en unha cooperación entre alcaldía (alcalde e concellal, máis presidente de comisión de festas de Ribadeo e Patrón Maior) e empresa 'piscícola' para convocar a xente tras un cartel para a foto de prensa. En fin, fun como espectador e tomei a foto que da testimonio de xente a unha beira da ponte e Guardia Civil (máis que a que patrulla estes días Ribadeo) de outro. Os membros de ADEGA, coas máquinas paradas, recibiron despois a visita dun grupo maioritario (uns 50) cun par de exaltados, dirixidos polo empresario. Resultado: polo momento, empate a cero. Mañá, outro día, con presencia en Santiago de membros de ADEGA. A curto prazo, vése necesaria unha maior información, que poidera darse a raíz dunha mesa redonda. Por certo, dende a empresa non están dispostos a colaborar nunha cousa así (comprobeino eu mesmo). O Concello? saberase, aínda que a tenor de accións anteriores, non é de esperar.
O mundo é así, nun día no que Barreiro espera suceder a Fraga... de momento só no PP, e no que as colonias israelitas en Gaza rematan de ser desmanteladas.

20050822

Conflito en Rinlo

Vemos na foto unha celebración próxima: a da festa do percebe en Rinlo. Se o proxecto dun criadeiro de rodaballo na viciñanza de Rinlo vai adiante, posiblemente en poucos anos os percebes da festa serán importados: pódense ver en varios sitios as consecuencias de unha planta tal, de 40000m2 de extensión, que promete traer moitos postos de traballo cando a realidade que se desprende da documentación presentada pola empresa implica unha cantidade de persoal moi limitada. Eses postos de traballo serían o señuelo para a compra de vontades: aínda me lembro cando no primeiro recheo (fai 15 anos) en Ribadeo, poñíase o mesmo señuelo, quedando durante uns dez anos sen traballar nin unha soa persoa alí. Esta mesma mañá, membros de ADEGA (http://www.adegagaliza.org/) lograron parar ás máquinas. Xa veremos se esta situación continúa ou se resolve: esta mesma mañá, o alcalde, nunha rolda de prensa, apoiou a granxa, na que parece que anda polo medio Álvarez Cascos e que foi aprobada (nun paquete conxunto con outras instalacións semellantes) no último consello da Xunta de Fraga.
Por certo, fun testigo dunha nova negativa de información no Concello, neste caso ó persoal de ADEGA.
Por certo tamén, que a planta que se pretende en Rinlo foi rexeitada en Luarca e logo en Castropol (na zona de Arnao). En fin, non é só 'Spain is different'; parece que agora, tamén 'Ribadeo is different'

20050821

Menos Cantón


A foto parece unha imaxe algo idílica: nenos xogando un verán no Cantón, coa xente sentada pracidamente ó fondo. A realidade, os cativos están xogando no pouco Cantón que lles queda, despois de sucesivas ampliacións de superficie mesada. O fenómenos de ocupación de espazos públicos por mans privadas é algo que se está convertindo en común en Ribadeo: baste mirar ás peonís, cada vez máis invadidas, ó derradeiro poste sinalizador en Porcillán, cun prohibido ó paso a toda persoa non autorizada, ó recheo permitido, ... máis terreo para algúns, menos para a maioría. Ata cando?
Xa soterraron ó soldados mortos en Afghanistán, e aínda non se sabe se foi accidente ou disparo. parece mentira a tardanza, cando o primeiro día un dos supervivintes deu noticia dun ataque. Mentres, en Ribadeo remata on/off, cun grande despregue de medios subvencionados pola Unión Europea. Non vexo a relación entre os fins do festival e o Leader, e eso que me gustan as curtas e a movida foi ben feita.
Por certo, ADEGA pide que non se constrúa a piscifactoría de Rinlo. De seguro voltaremos sobre eso outro día.

20050820

O Ribadeo de sempre


Uns días fóra, volve un e atópase... co Ribadeo de sempre. Máis ou menos. As obras seguen parellas, os atascos, semellantes (dirá alguén da 'estrutura do concello' que se mellorou moito a circulación cando se vaian os turistas? seguro que dun xeito ou outro, si) con 10 minutos para saír de Ribadeo pasadas as 12 da noite, por exemplo, e seguen as mesmas cousas a nivel concello, de xeito que é aquelo que se di: se non se avanza, retrocédese.
Avánzase en cousa de cultura, entendida dun xeito particular, pero avánzase. Na ría tamén avanza (a area), e no veciño Castropol tamén avanza a protesta contra unha planta de tratamento de asfalto (contaminación diversa, ruído incluído).
Morreu o pai Roger de Taizé. Que quen era? Un tío que trataba de levar a unión das relixións (máis ou menos) e matáronno (un máis que tratan de eliminar).
Que o de hoxe é un batiburrillo? Si, igual que Ribadeo no verán. E canto un máis se entera de cousas, peor pensa.

20050814

Doblete de merda


Onte falaba de merda e outras cousas, como ruído de noite, por exemplo. Hoxe, repito: a foto está tomada despois dun 'sábado noite' que coincide o de esta semana, pero que sería igual noutra parte calquera do ano, e pola extensión que leva a cousa, a maioría dos días do verán e boa parte dos do ano. Esa merda/mexos está asociada a outras cousas, como ó ruído nouturno: en frente a ela está un establecemento que non pechou un só sábado do ano (dos que levamos e que eu saiba) á súa hora, pero que parece ter patente de corso porque (tamén que eu saiba) non recibiu unha soa multa por ese tema no ano. Que teña despois da hora de peche sempre unha persoa de vixiancia á porta para pasar a cancela ó primeiro coche que se oiga e logo voltar a abrila non sería máis que unha anécdota se as forzas do orden quixeran: están avisados varias veces do que sucede. En fin, poderiase falar moito máis do tema e pode que outro día falemos, pero de pronto, chega.
... e hoxe non se oe o musikeo; por unha volta o ruído está aínda lonxe (xa virá, a partir das 2-3 da mañá, acepto apostas).
E no mundo? Comeza o desaloxo de Gaza (ou debera estar comezando)

20050813

Mediados de agosto


A foto de Sta. Cruz aínda cheo de merda (unha das moitas fotos posibles) non indica que todo o pobo (ou mesmo outras zonas de Sta. Cruz) esteñan igual, nin que outras partes do mesmo lugar deixen de estalo. Está sacada unha semana despois da xira, e xa sería tempo de recoller o lixo. Ó fin, só leva unha semana; nos arredores do hipermercado hai cousas que levan dende a inauguración (alomenos, eso parece) e xa o ano pasado, entre os artigos de 'ribadeando' (o libro) foron notificadas. E neste verán 2005, o máis concurrido da historia recente ribadense, ó caos de tráfico, a inexistencia de aparcamento, ós ruídos de noite, ó marmurio nas colas de día, agora xúntase a merda física. Como de todo o que pasa no pobo, ten parte de culpa a estrutura da Casa do Concello, pero non se lle debe botar toda a culpa. Nin tan siquiera ós forasteiros: se os ribadenses actuáramos en positivo, dando exemplo e chamando a atención se é preciso, outra cousa estariamos vivindo... e non só na limpeza.
Esto ocorre no mesmo día que os periódicos denuncian que as gasolineiras galegas son as máis caras de España ou que Bush (jr., claro) non descarta o uso da forza (de novo?) contra Irán.

20050812

Eduardo Baamonde

Remato de comezar o blog e xa levo retraso: A exposición de Eduardo Baamonde, un clásico no verán Ribadense que presenta o noso Ribadeo cuns ollos mellores que o que nós mesmo vemos. Mellores non porque pinte cor de rosa, senón pola perspicacia da súa mirada, convertida en perspectiva diferente. A exposición, na vella oficina de turismo, a primeira quincena de agosto.
... O cadro que máis me gustaba de Ribadeo xa tiña o punto vermello de vendido.

Comezos parellos


Comeza o novo blog, e comeza un novo local comercial: O Alén (Viejo Pancho 2, Mesón Cervecería). Deséxolle o mellor ós seus donos, a pesar de que a min seguramente me dará máis dores de cabeza (ogallá me equivoque) polo ruído nouturno, directo ou indirecto. Tamén lle desexo ós que o autorizaron que sexan mellores persoas que o que demostraron coa autorización, que entendo ilegal polas normas que eles mesmo fixeron e que pode poñer en perigo os cartos invertidos por xente que se confía deles, a parte do perxuizo ós veciños. Creo que eso é sinxelamente, considerarse por riba das normas, e non unha democracia.
En fin, un establecemento máis para Ribadeo, e é que Ribadeo medra. Os mellores desexos.

20050811

Inicio

Hoxe comeza a andaina un novo blog, este. Sobre Ribadeo (aínda que non só). Pouco a pouco irémonos coñecendo. Un saúdo.
Por certo, o nome do blog é o do libro sobre as novas en Ribadeo no 2004. Mentras queden exemplares, a 5€ podes ter cantos queiras. Déixame un comentario cun xeito de poñerme en contacto contigo (preferiblemente, por correo electrónico e recibiralo contra reembolso ou en man; no primeiro caso, con + gastos :-) )