20190131

Segunda reclamación á Valedora do Pobo. Por Nuestro Faro


Lembremos que o día sete de setembro de 2018 o colectivo «Por nuestro faro» presentou un escrito no concello con alegacións ao proxecto de legalización dunha fosa séptica. No escrito pedíamos que o propio concello estudase o proxecto, presentase as suas alegacións, e solicitábamos diversas informacións sobre o criterio do Concello de Ribadeo para acordar licencias nese contexto. Ao non recibir resposta, o día 10 de outubro presentamos un novo escrito acolléndonos á lei de transparencia. Tres meses despóis, o día nove de xaneiro de 2019 remitimos unha reclamación á Valedora do Povo Galego tralo incumplimento polo concello do prazo de resposta que esixe a devandita lei . Ao mesmo tempo demos unha nota de prensa.
 Pois ben, o 16 de xaneiro, -con un mes de retraso dacordo ca norma devandita pero ao día seguinte de sair a nosa nota de prensa (!)-, recibimos un correo que non podemos calificar de resposta por parte do Concello. Certo, o Sr. Alcalde non resposta a nada do que se lle preguntou e maiormente sobre dous puntos clave : ¿Cómo é posible que en agosto de 2018 se presente un proxecto de legalización dunha fosa séptica construída dende abril de 2017?. e ¿cómo se explica que se conceda e non se revise unha licencia de actividade nestas condicións?
Desde o punto de vista da responsabilidade do Concello, a situación é ainda máis grave agora, xa que no seu escrito o alcalde recoñece non saber se a fosa conta con todolos permisos. Por outra banda, despois dunha denuncia do noso colectivo ao Seprona, descubriuse que a ubicación da famosa fosa séptica foi cambiada de sitio sen proxecto nen autorización de nengún tipo, e iso é algo do que alcalde está perfectamente informado.
Non repetiremos aquí as numerosas contradiccións do proxecto, que por outra banda poden atoparse nos escritos e documentos publicados na nosa páxina de facebook, aberta ao publico, e nos medios de comunicación, sinxelamente lembraremos o desprezo total das normas de protección da Rede Natura 2000 (esixidas catro veces polo Defensor del Pueblo) e a mención no texto do proxecto dunha norma de Impacto Ambiental de 1986, que hoxe conta polo menos con 5 modificacións posteriores (a última do ano 2013, xa reformada varias veces).
Pero así están as cousas e o Sr. Alcalde non quere nin contestar nin indagar. E chegados a este punto, cabe preguntarse ¿qué estranos misterios ou segredos se esconden neste longo asunto da illa Pancha? ¿Por qué se nos remiten informes técnicos que non pedimos nin discutimos e non se nos dan respostas concretas a preguntas sinxelas que calquer goberno democrático debera ter como unha obriga indiscutible?.
Pola nosa banda remitiremos hoxe mesmo esta información á Valedora do Pobo, como procede nos casos nos que non se respeta a Ley de Transparencia, para que se tomen as medidas axeitadas e que o noso colectivo obteña a información requerida no exercicio dos nosos dereitos garantidos pola devantita lei e incumplidos reiteradamente polo Concello de Ribadeo.

20190129

O noso entorno, nós

Nestes días nos que todo son novas turísticas e semellantes, a realización o sábado de actividades en torno ó día mundial dos humidais é algo que chama a sumarse ó grupo que festexará activamente a nosa natureza, aposta segura de coñecemento, compañía e actividade.

20190122

Tes tempo hoxe ás oito e media? Queres saber en que invirte o concello os teus cartos?

Hoxe hai pleno, ás 20:30. Podes ir e tentar enterarte. Algunhas pinceladas previas, a nota de prensa e a convocatoria de pleno:
* A nota de prensa do concello, liberada onte (na web do concello):
INCLÚE UNHA PARTIDA PARA O CÉSPEDE DO ESTADIO PEPE BARRERA

Orzamento para 2019

21/01/2019
O orzamento do Concello de Ribadeo para 2019 ascende a máis de 9.200.000 euros. O edil de Economía e Facenda, Vicente Castro, subliña que se consolida o investimento e que se incrementa o gasto social. O presuposto someterase a debate e aprobación no pleno ordinario que terá lugar mañá, 22 de xaneiro, ás 20:30 horas.
Castro explicou que "o orzamento de 2019 ascende a 9.205.958 euros, uns 270.000 euros menos que o ano anterior. O presuposto municipal de Ribadeo consolídase xa por enriba dos 9 millóns de euros permanentemente. Inclúe arredor de 1.150.000 euros para investimentos, a maioría con cargo a fondos propios do Concello, e van repartidos máis ou menos a un 50 por cento entre a vila e o rural, preferentemente en rúas periféricas de Ribadeo, onde había moito pendente por facer, e en asfaltados no rural con aglomerado asfáltico. É unha liña iniciada xa hai uns anos e que agora se consolida cunha dotación importante de fondos".
Para o concelleiro de Economía e Facenda "hai que ter en conta que a isto váiselle engadir o Plan Único da Deputación Provincial, de colaboración cos Concellos, que ascenderá a uns 300.000 euros, polo que en total serán 1.500.000 euros de investimento anual para Ribadeo, que son cifras importantes e que permiten poder facerlle fronte ás infraestruturas primordiais".
Castro sinalou que "dentro deste capítulo de investimentos vai contemplada unha partida para a drenaxe e reposición do céspede do campo de fútbol Pepe Barrera, con ese convenio que propuxemos á Deputación e á Xunta, a tres partes, para financialo. O proxecto está practicamente listo para presentar e en canto teñamos o orzamento dirixirémonos de novo ás distintas administracións para poder acometer este investimento neste verán que vén".
O edil ribadense engadiu que "en liñas xerais no orzamento sube o gasto social en dous apartados primordiais, que son a atención a dependentes e a achega por parte do Concello á Deputación para a xestión da residencia de maiores. Son as partidas que maior subida teñen no orzamento e o resto de gastos e partidas xerais e proxectos mantéñense. En resumen no orzamento deste ano consolídase o investimento e aumenta o gasto social".
* Decreto de convocatoria de pleno ordinario (isto, no 'portal de transparencia'):
 Ah! Como ás veces parece un xeroglífico, o dos cartos para este ano é o punto número 4.

Hagamos FITUR todo el año. Pablo Mosquera

Objetivo asistencial en FITUR: lograr ocupación en la hostelería. Al menos en lo que se refiere al norte Lucense. ¡No lo comparto!. Siempre son los Concellos quienes dinamizan la oferta ferial y no la sociedad civil. Volvemos a quejarnos de como la política estrecha el espacio del tejido real con habitantes del país y las asociaciones culturales que trabajan durante todo el año, a pesar de la política de una Diputación que convoca ayudas y luego las hace inaccesibles por burocracia de oficinas interventoras.
Tengo razones y conocimientos profesionales -cinco legislaturas en un Parlamento que logró hacer de Euskadi una cita para el turismo de calidad en pleno contencioso protagonista en las páginas de los sucesos- para señalar que las formas y el fondo de la cuestión siguen siendo un error. ¡No somos el Mediterráneo!.¡ Esto es el Reino de la Lluvia!
Mondoñedo debería ser la ciudad de la Cultura en la Galicia del norte. La ruta de los balleneros una oferta atractiva, desde Rinlo hasta la Estaca de Bares, con un centro que interpretara la "sinfonía" de toda la épica ballenera en la Galicia Cantábrica, más allá del éxito del Museo Provincial del Mar. Estamos ante la primera industria transformadora que fue el gran negocio desde el siglo XII hasta el XVIII. Sargadelos, un lugar a conectar con los visitantes de Auguas Santas, ofreciéndoles la historia de los tres Sargadelos: El arqueológico del siglo XVIII. El decorativo de la loza del siglo XIX. El sueño que pusieron en marcha Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo.
Hagamos examen de conciencia. ¿Quiénes son los/las responsables de la cultura en A Mariña?. ¿Cuánto espacio y recursos ocupa la Semana Santa y cuánto se le dedica a "un mar de cultura"?. ¿Qué esfuerzo se hace desde la Xunta de Galicia y desde la Diputación para dinamizar, todo el año, el patrimonio histórico, artístico, costumbrista, ecológico de la vieja Britonia?. ¿Cómo influyen el estado de las carreteras y ferrocarril?
El otro día eché una flor a la mar. Lo hice en señal de duelo por el alma del yate Garoa. Por lo que fue y lo que pudo ser y no fue. Viajar por nuestras rías, acercarnos a las islas, mientras alguien cuenta leyendas y rinde homenaje a los mareantes, tendría enorme éxito.
¿Dónde está esa inversión productiva para recuperar los cascos históricos y convertirlos en escenarios para artes plásticas, artesanía, música, cita de juglares?. De todo lo que ha nacido nuevo, sin duda me quedo con el Ribadeo Indiano, y esa sorprendente cita cultural en Burela.

20190121

1935: o ferrocarril do Bierzo

O 24 de marzo de 1935 publicábase na portada da Comarca, daquela 'semanario popular independiente', o seguinte artigo, en primeira páxina e copia dun publicado no 'Galicia' de Madrid. Si, a historia podía ter sido diferente (tendo en conta ademáis que daquela xa se tiña afondado con anterioridade no mesmo tema abondos anos):



20190120

A nosa Mariña: bálsamo para o viaxeiro. Pablo Mosquera

Cando escribo isto, chove, fai frío, anuncian temporal. Estou a piques de viaxar desde o norte Cantábrico á cidade das Murallas Patrimonio da Humanidade. Teño que contarlles aos lucenses, no impresionante marco do Círculo das Artes -1855- o contido do meu último libro: Islas San Cyprianus. Orgullo y Patrimonio. Somos unha tripulación de argonautas á procura daquel bálsamo para as almas que no Século de Ouro, Cervantes denomina de Fierabrás.
Carlos Novo Cal, Sito Otero Regal, Vicente Miguez Salgueiro e eu mesmo, "Bígaro", somos viaxeiros que no canto de vender Biblias ao estilo George Borrow, ofrecemos un territorio máxico, Reino da Choiva, con recunchos onde a alma sensible reconcíliase con aquel principio-maldición de Murphy, hoxe de rabiosa actualidade. A Mariña é un refuxio, como o era para os mareantes que chegaron ao Castro Celta da Atalaya, ou a San Martiño con Maeloc.
Estamos ás portas de FITUR. O turismo segue sendo a esperanza para os ingresos dun país endebedado ata as cellas. Máis aló de Toledo, Granada, Barcelona, están Compostela e Finisterre. Pero Galicia é inmensa e inmortal. Ao norte do norte, estamos os habitantes de Britonia, a provincia invisible de Mondoñedo, as praias de mica e caolín, os tres Sargadelos: Reais Fábricas; fermosas vaixelas; soño de Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane, con ese marabilloso mural que asemella un daqueles guerreiros nos Denarios Ibéricos.
A Mariña é moito máis que As Catedrais -Auguas Santas- É a épica ballenera: Noís, Burela, Rinlo, Bares, San Ciprián. Son as Illas coas súas lendas, desde os Trileucos ata a Coelleira. Os seus portos rías con aquela fermosa historia das carpinterías de Rivera, onde se constrúen buques nun rito que comeza elixindo a madeira do Carballo nas nosas fragas. Atalayas con faros ou con historias de fachos para orientar á navegación a vela, como esas ruínas en San Tirso de Portocelo, e desde logo o fermosísimo casco histórico de Viveiro.
Estamos dispostos a contar ao viaxeiro esas historias ou lendas nas acolledoras casas para turismo da natureza. A lenda do Mariscal; a da Serpe de Coído, a do Conde Santo, a de Merlín e familia, a de Simbad, a do Bispo que afundiu a unha flota Normanda; a das nosas sereas, a de mouras escondidas entre as pedras dos fermosos caseróns que foron lugar para salgaduras. En torno á hospitalidade das nosas xentes, coa súa arte culinario.
E o mellor: Os nosos personaxes. Xentes de mar. Patróns artesanos da navegación a vela. A personalidade das nosas bravas mulleres, viúvas en vida ou de naufragios. Artistas, artesanos, músicos, escritores, que conforman unha Santa Compaña que fai máxicos os nosos Campos Santos, á beira de lugares nos que celebramos as nosas romarías.
Explícase, desde o coñecemento, que a nosa costa e lugares como Illas San Cyprianus, aparezan en toda a cartografía mariña, portolanos, derroteiros e cadernos de viaxeiros. Somos un dos enclaves máis atractivos que pode visitar quen teña alma de trovador aventureiro, ou sinxelemente buscador do Santo Grial da Paz para conversar co ser humano que vai connosco mesmo e necesita curar as feridas que produce a propia vida no medio dun mundo complicado.

20190116

20190111

Sen recoñecer a importancia da periferia


Nun momento no que os diversos medios miran no embigo das novas da política estatal mentres as de Alcoa pasan rápido, as dos pensionistas parece como se xa non fosen novas a pesares de ser unha manifestación continuada moi longa e que segue a medrar, ou se mira a ver que se lee para poñer máis do mesmo en troques de procurar a nova que poda facer historia, nun momento así, non é raro que pase desapercibida unha nova como esta:
'La bolsa baja por primera vez del billón de euros desde el 2015'
Algo que é de finanzas máis que de economía, pero que se deixa aí, sen máis, cando un par de días antes a nova era que Apple baixara tamén do billón de euros.
É dicir, todo o conxunto da bolsa española, o valor de tódalas empresas cotizadas en bolsa en España, incluídas aquelas empresas -bancos- 'too big to fail' ('demasiado grandes' para que en caso necesario o estado teña que apoialas si ou si, como xa ten pasado) ten un valor semellante a unha soa empresa estadounidense.
Así estamos.

ENCe Navia e a propaganda

ENCe Navia produciu máis: 530 400 t. Ence Navia mellorou en cuestión de olores, 'un 60 %'. Ence emitiu menus partículas nos fumes: -67 %, sempre en relación ó ano anterior, 2017. E para 2019, prevé un aumento da produción superior ó 10 %. A maior fábrica de Europa no seu ramo. A máis eficiente. 3000 empregos...
Mentres, hai pouco saía a dúbida: por que está impotando Ence madeira dende Portugal se aquí hai de sobre? E os plans de traslado da madeira a Xixón, como queda despois de non poder exprimir máis ás adminsitracións? Os 3000 empregos son contando os produtores de madeira... que seguindoo exemplo de Portugal, tamén poderían exportar. A reducción de olores, medida en porcentaxe, non é doada se se parte dun olor forte e ademáis a legalidade do cloro está en entredito?
Evidentemente, ENCe 'vai ben': alimenta a propaganda.

20190110

Illa Pancha: acudindo á valedora do Pobo.

ASUNTO FOSA SEPTICA DENUNCIA A VALEDORA DO POVO GALEGO Pasados dous meses e medio dende que o colectivo “POR NUESTRO FARO” solicitara información ao concello sobre o proxecto de fosa séptica e verquido na Illa Pancha e diante do silencio voluntario do Sr. alcalde, o noso grupo ten decidido dar un paso mais e dirixirse á Valedora do Povo Galego para denunciar o non respeto á lei de Transparencia por parte do noso concello. 
Asemade declaramos rotundamente que nos parece vergoñento que o goberno local rexeite dar unha información que lle solicita repetidamente un colectivo veciñal, con desprecio absoluto de calquer principio democrático. Como saben os lectores, o colectivo POR NUESTRO FARO ven solicitando información ao concello de Ribadeo sobre a construcción dunha fosa séptica na Illa Pancha dende o sete de setembro do pasado ano sen recibir nengún tipo de resposta. O primeiro escrito rexistrouse no concello, na data devandita. Dado que non se recibiu resposta, o día dez de outubro presentamos un novo escrito ao abeiro da lei de Transparencia. Ao dia de hoxe seguimos sen ter contestación.
O paso seguinte cando se incumple a Lei de Transparencia, negando información, é remitir o caso á Valedora do Povo de Galicia. E neso estamos. Lembraremos brevemente que a empresa adxudicataria da concesión na Illa Pancha presentou un proxecto para legalizar unha fosa séptica, que a Xunta de Galicia somete a exposición pública con data do 18.8.18. No mesmo proxecto xa se indica que a fosa está construida dende abril de 2017. Deseguido o colectivo POR NUESTRO FARO presenta unha serie de alegacións suliñando, entre outros pontos, o extrano de que a obra xa esteña executada sen permiso algún, maiormente nunha zona protexida pola Rede Natura 2000, que contempla un verquido nunha zona non concesionada con outo risco de ir directamente ao mar; que a normativa aplicada no documento técnico non se axusta á lexislación medioambiental actual por estar amplamente desfasada no tempo, e outra serie de consideracións que xa publicamos no seu momento. Ao mesmo tempo comunicamos ao concello as nosas alegacións e formulamoslle unha serie de preguntas. Resultado: silencio absoluto.
O concello non explica cómo se concedeu a licencia de apertura sen ter resolto o problema dos verquidos de residuais, nen por qué mira para outro lado cando está perfectamente documentado que esa obra se fixo sen legalizar, posto que se presenta o proxecto ano medio despois de que esteña rematada. Tampouco quere de explicar por qué non quixo presentar alegacións ao proxecto dentro do plazo legal, como sería a sua obriga, deixando indefensos os intereses dos veciños. Ainda mais o verquido que se proxecta presenta serias dúbidas de que non acabe saíndo directamente ao mar dado que o sistema de filtrado é moi sinxelo e pasa por debaixo do camiño de acceso ao edificio do faro e aos aparcamentos colindantes. Polo tanto os automoveis pasarán de cotío sobre a canle de filtrado e, obviamente, son moi altas as probabilidades de que acabe totalmente obstruído dando lugar a que as augas residuais vaian parar directamente ao mar. Extendémonos neste ponto porque foi unha das nosas alegacións que comunicamos ao concello antes de que rematase o prazo legal para presentalas, pero o noso alcalde non se deu por aludido. Repetimos que non entendemos que se tolere un verquido, por parte do concello de Ribadeo, nunha zona de pesca e mesmo protexida pola Rede Natura 2000. Pola nosa banda só podemos manifestar unha vez mais o que non é nengunha sorpresa: o concello de Ribadeo informa do que lle interesa, como lle interesa e cando lle interesa e nega aos veciños o dereito democrático mais elemental, para favorecer os intereses dunha empresa privada que usa un espazo e edificio público para lucro persoal.
COLECTIVO POR NUESTRO FARO
Ribadeo, 9 de Xaneiro de 2019

20190106

Os beléns da Asociación Belenista de Ribadeo 2019. 1-Belén Florentino

A Asociación belenista este ano ten dous beléns en sitios diferentes. Un, na pza. José María López, con belén, exposición e planos. Outro, na Casa Maseda, na esquina entre Vilafranca e Pza. España. Aquí vai a primeira entrega, co belén de pza. José Mª López.

20190105

2019, peticións para pensións

No 2019, as peticións para pensións continúan. Remata de amosalo a concentración de hoxe en Ribadeo. Unha concentración que pouco a pouco vai indo a máis, en Ribadeo e a nivel estatal.
Hoxe, preto de 70 persoas pasaron pola concentración. Mentres, as peticións non varían: quen pide é consciente de que o que parece terse conseguido non só non chega, senón que segue a significar unha perda, en conxunto con outras prestacións sociais, e ademáis, que é algo que ó non estar respaldado por lei, pode ser retirado en calquera momento.
Así, é normal que as protestas non só continúen, senón que vaian en aumento, a pesar de que como os medios informativos non son amigos da continuidade senón da nova puntual, alí non había representantes da prensa, e polo tanto, a repercusión mediática previsible será reducida.

Comezando, ás 12. Foto: Suso Fernández

E os reis veñen traendo... frío!


Este comezo de ano ven marcado polo frío. Se no 2017 tivemos o comezo de ano máis frío do século, este pode volver batir a marca, a pesar de que as temperaturas medias ó longo do ano seguen en aumento (de feito, no 2017 bateuse dúas veces a marca de temperatura máis alta acadada na Pedro Murias)
Na gráfica vese a temperatura, tomada a 1,5 m de altura, cada 10 minutos dende as 0 horas UTC do día 30 de decembro ata as 13 horas de hoxe, 5 de decembro (14 horas, hora legal), e aprézase que exceptuada a noite entre o 1 e o 2, que foi suave,e por un pelo, a noite de fin de ano, cada unha das outras foi máis fría que a anterior, acadándose as mínimas antes do amencer e as máximas arredor das tres da tarde, hora legal.
Estamos tendo temperaturas tan baixas como na costa en escandinavia, e isto tamén é cambio climático relacionado co aumento global de temperaturas, aínda que pareza contraditorio. A explicación queda para outro día.

20190103

Proxección da poboación mariñá: algún comentario

Proxección da poboación na zona seguindo a taxa de diminución de poboación de 2018
Como moitas outras veces, o comezo de ano impulsa a revisar o estado demográfico. Catastrófico é a palaba dende hai xa abondos anos. E é certo que a nosa poboación envellece. Que hai que preparse para iso  (as residencias de ancińas teñen motivo). pero...
Vimos dunha época na que durante moito, moito tempo, o normal era que, con algún altibaixo (por exemplo, algunha guerra), a poboación aumentara. Mesmo que se usara ese feito para medir a potencia dun grupo fronte a outro (enténdase dun estado fronte a outro). E era natural, pois o aumento da poboación significaba uhas mellores condicións de vida, algo que non se sabía medir, senón só sentir.
Mais, dende hai xa anos, somos conscientes de que un medrar continuado non se pode manter cuns recursos limitados. E iso é o que hai. Polo tanto, a limitación da poboación, polas boas ou polas malas, está a chegar. E, nese sentido, que a poboación baixe non ten por que ser ningún drama, senón algo natural.
Otra cousa ben diferente é qu a poboación baixe por cousas como a emigración ou a falta de reproducción por falta de espectativas, desidia, egoismo ou o que sexa. Evidentemente, nese caso o que temos é un efecto, non unha causa, e o que hai que variar son as condicións, que son as que están a producir un non desexo de máis vida. Un apunte á marxe: a nosa terra segue aportando xente á emigración, pero tamén é receptora de inmigración, e, cos niveis de nacementos actuais, está claro que a inmigración está a superar dende hai anos á emigración. Quen queira pode consultar as estatísticas.
Das causas da baixa natalidade, ás consecuencias. Asóciase un aumento da idade media da poboación a unha sociedade menos dinámica, máis dependente, menos alegre, menos innovadora... E é que polo momento, sen unha preparación para o envellecemento social, un vello separado do seu traballo, sen outra cousa que facer ó non ter nin tempo nin coñecementos para outra cousa, levábao cru, dependendo de tódolos xeitos posibles. Iso ten ido cambiando, e aínda queda moito.. Centrándonos na dependencia económica, é certo que canto máis vellos emenos novos, máis vellos ó cargo para cada novo. Pero, cunha distribución entre toda a poboación dos aumentos de produtividade coas novas tecnoloxías, non tería por que notarse nada.
En fin, un repaso moi rápido de algo que cada vez preocupa máis, impulsado porque é preferible para os gobernos dirixir a atención a unhas cousas que ás outras, á dependencia da vellez ó aumento dos soldos da xuventude que podan permitir mantela. Ó detrimento de economía para que funcione o sistema de dependencia e nón ás oportunidade que a vellez pode ofrece á sociedade, E así sucesivamente.

20190101

O meu primeiro artigo para este 19 do 21. Pablo Mosquera

Os meus netos, Blanca e Nacho, pertencen ao século XXI. Para eles, o XX será algún que outro capítulo nunha novela ou mellor entre as páxinas de traballos historicistas. Pero por agora son felices. Están disfrutando por Disneylandia en París. E é que comparto cos meus fillos a necesidade que temos de estimular a imaxinación dos nenos, fuxir destas alienantes máquinas que para máis inri, necesitan explotadores sen escrúpulos que obteñan minerales no continente "invisible" de África. Si, dese lugar inmenso que lanza pateras con gentes desesperadas tratando de gañar as costas ao sur de Europa.
Unha Europa no bordo do fracaso. Coas súas capitais cercadas polo terrorismo islámico. A nova expresión para esa confrontación cavalgando cos outros xinetes do Apocalipsis de San Xoán. Unha Europa lonxe do humanismo e perversamente volcada no capitalismo global e mercader. Unha Europa da que sairá o Reino Unido, o que pode facer que os meus netos, para acudir á imperial Londres, teñan que facer uso do pasaporte. Unha Europa preocupada polo que egoístas autores para os dicterios, poñen en estado de alerta ante os "populismos".
Pero, ¿que son os populismos e quen os creou ? Precisamente eles, os moi ricos e ausentes do pobo. Unha vez máis, os parias constitúen lexións de proscritos que solicitan pan, dignidade e traballo. Non se conforman coas migallas das mesas solemnes e circunspectas de quen xoga á súa vontade co mando a distancia para os gobernos que os máis ilusos aínda se cren representan a democracia.
Na primavera, os meus netos seguirán sendo nenos. Non podrán participar nas eleccións sobre as que xa estamos asvertidos. Poden ser manipuladas por Rusia, China ou como de costume pola CIA. Hai santo temor polo "descontrol". ¿Que descontrol ? Todo aquilo que non poida ser dominado polos mandarines de turno. Os que cando se equivocan provocan a crise, que pagamos as clases populares.
Mira por onde na escola da vida chegamos á encrucillada. Popular e populismo, proceden do mesmo núcleo. Outra cuestión ben distinta é a súa causalidade e as súas consecuencias. Como no século XX, a gota derrama o vaso. Os silentes terían que estar atentos esperando que alguén cumpra a declaración Universal dos dereitos humanos.
E así, estes días, asistimos ás soflamas dos sucesores de Nostradamus. O novo ano chega cargado con desafíos. Para os románticos, vivir sempre foi un desafío. Para os ecoloxistas, disfrutar e soster o medio ambiente, contra os depredadores, unha revolución constante. Para os que temos visto substituír á Igrexa, con sede multinacional no Estado Vaticano, pola marioneta do estropallo na cabeza, ou por funcionarios de negro ao servizo do FMI, todo segue igual, pero pode chegar a ser peor, na xestión do medo.
A filosofía xa non ordena o pensamento. Ni está, nin se lle espera. Agora os predicadores embáucannos coa teoría do esencial. Un termo tan abstracto que abarca todo ou nada, depende de quen vaia a tal lugar coas súas demandas ou crencias.
Resumo. Teño ganas para que os meus netos aprendan que non hai revolución máis fermosa que a de sempre. A que comezou co Nacemento de Xesús. Cambiar o mundo, para que todos os seres humanos poidamos gozar dunha pequena zona de paz, saúde e liberdade.