20180902

UNHA ILLA DE TRES. Por Nuestro Faro

   No último pleno do concello de Ribadeo, celebrado o dia 31 de xullo, a concellerira do PSOE, Aurora González, preguntou al Sr. Alcalde pola resposta do goberno a unha pregunta acordada no pleno anterior sobre o uso por particulares dos espazos da Illa Pancha que non entraron na concesión para os apartamentos. “POR NUESTRO FARO” publicou notas nas que se daba conta do repetido uso destes espazos para visitas de persoas escollidas e fotografías, ben aireadas nas redes sociais.
   Malia que non téñamos grabada a resposta do rexidor suliñamos a sua actitude indiferente e distante nun asunto que representa unha flagrante discriminación para a gran maioría da sociedade ribadense e mais os visitantes que se achegan aos faro nestas datas. Porque o fondo da custión é este. ¿Porqué uns si e outros non? ¿E qué pensa facer o concello mais alá de mandar unha unha nota oficial e deixar pasalo tempo indefinidamente?. A resposta do Sr. Alcalde foi tan breve como intrascendente, limitándose a dar conta da sua notificación á Autoridade Portuaria.
   Como é sabido hai poucas semanas produciuse un cambio de goberno no Estado Español. Asemade o dia 3 de Xullo de 2018 o Defensor del Pueblo notificou ao noso grupo, e publicou una sua páxina web, un novo requeriento urxente á Autoridade Portuaria para que se dese resposta ao inquérito anterior datado o 4 de xaneiro de 2018 “sobre el inicio de un procedimiento de evaluación ambiental”. Esta falla de evaluación ambiental denunciada polo Defensor dende o seu primeiro informe (16.2.17) non foi recoñecida inicialmente pola AP, pero finalmente ante a insistencia do defensor a as preguntas do deputado Fernán Vello (19.12.17) acabou recoñecendo que a lexislación vixente en materia de protección á Rede Natura 2000 obligaba a completar ese estudo. Sin embargo o goberno anterior non moveu unha palla para levar adiante a devandita “evaluación”. Por ese motivo compre dirixirse ao novo goberno para que execute esa obriga e o defensor faino pedindo información “urxente”. ¿Qué fai namentras o goberno municipal de Ribadeo? ¿Qué facía cando bendecía os acordos da Autoridade Portuaria dos gobernos anteriores?. Antes todo eran parabens para “puertos” e agora, que hai unha posibilidade real de que os dereitos dos ribadenses sexan recoñecidos pola nova administración e o defensor insiste en pedir información urxente o alcalde lávase as mans, permite a entrada dos invitados escollidos sen presionar a puertos e falta ao respeto nos plenos deixando pasalo tempo e poñendo caras enfastiadas, desinterés, e mesmo dando a entender que o dereito dos ribadenses e visitantes a facer uso da illa e un asunto que lle tira do aire.
   POR NUESTRO FARO 22.8.18

Ningún comentario: