20180705

NOVO INFORME DO DEFENSOR SOBRE A ILLA PANCHA

A illa Pancha, por Jose Mario Pires / CC BY-SA 4.0

No día de onte recibimos un novo escrito do Defensor del Pueblo sobre a Illa Pancha, que reproducimos íntegramente pola sua brevedade:
Con relación a la queja arriba indicada, el 4 de enero de 2018 se SUSPENDIERON la actuaciones practicada por esta institución con la Autoridad Portuaria de Ferrol, hasta tanto no se remitiese el estudio realizado sobre el proyecto de rehabilitación del Faro de Isla Pancha y la decisión adoptada sobre el inicio de un procedimiento de evaluación ambiental. Ante la tardanza en recibir la información, se le informa de que con esta misma fecha se ha solicitado su remisión urgente. Una vez que la Administración la remita, se le comunicará su contenido y las actuaciones que en su caso procedan.
Enténdese con toda claridade que o goberno anterior deixou colgado este asunto e non deu resposta á petición do Defensor despois de comprometerse por escrito, tanto con esta institución como na resposta ao deputado Fernán Vello (19/12/17). Mentres non se demostre o contrario o goberno do PP non moveu palla para iniciar a avaliación ambiental que esixe a lexislación europea, española e galega para os proxectos que poidan afectar á Rede Natura 2000. E así estamos dende o 30 de xunio de 2015, cando se aprobou a concesión e dende o 17 de febreiro de 2017, cando o Defensor informou por primeira vez da falla destes informes preceptivos.
Compre suliñar que na páxina web do Defensor hai constancia de que o concello de Ribadeo tamén recibiu este escrito. Agardaremos a ver se segue poñéndose de canto ou vai tomar algunha iniciativa.
Como se pode apreciar o Defensor solicita agora a resposta “urxente”, pendente dende hai seis meses. Segundo se pode ler nalgúns medios o novo goberno socialista procederá a renovar os cargos directivos na Autoridade Portuaria nas próximas semanas.
Deixamos esta información e seguiremos agardando os seguintes movementos.
Colectivo POR NUESTRO FARO
Ribadeo, 4 de Xullo de 2018

Ningún comentario: