20180611

A MORTE VIVA. Francisco José Campos Dorado


Dentro da Ermida de Nosa Señora Santa María das Virtudes da Ponte de Arante, encóntrase esta figura que forma parte, entre outras, das preciosas, e mal, moi mal e moi precariamente conservadas pinturas murais, que mandou facer en 1516, D. PERO PARDO DE AGVIAR SENNOR DEL COTO DE SAN MARVGO, como reza a lenda baixo ditas pinturas (véxase a súa xenealoxía no artigo “ESCUDO HERÁLDICO DA ERMIDA DE NOSA SEÑORA DA PONTE DE ARANTE”, tamén en La Comarca del Eo, 23-Decembro-2017).
Estas pinturas, sen lugar á miña dubida, foron feitas por un gran mestre pintor, por desgracia anónimo ata o día de hoxe. Digo que foron feitas por un gran mestre, non so porque están ben feitas, coa agudeza dos trazos ben perfilados, definidos e ben debuxados, senón porque, co cualificativo “gran” quero expresar que ademais do coñecemento da técnica e arte da pintura, tamén ten coñecemento do misterioso mundo esotérico dos símbolos.
Esta figura representa á MORTE VIVA: “situada na nave ó lado dos fieis para que estes non poidan eludir a súa presencia, sempre a esquerda, orientada ao Norte, no reino do Demo, do frío e das tebras” (Cadernos de Investigación IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo, Nº6, 2005, páx.17). Excelente descrición da situación da figura, pero ese esqueleto que está medio en sentadillas cun arco tensado en disposición de querer disparar unha frecha cara ó altar, parece querernos dicir algo máis.
En primeiro lugar o esqueleto ten un corazón vivo, de cor vermello, de aí o de a Morte VIVA. Por outro lado, interpretouse o símbolo da frecha como a terrible lacra da PESTE, algo que na Idade Media propagaba a Morte a milleiros de individuos. Outros interpretan a escena, como: “unha alegoría da morte... coa pretensión de resaltar o papel de María como intercesora que redime os fieis dos seus pecados, por iso apunta ao presbiterio onde está a imaxe de Nosa Señora das Virtudes...” (Nosa Señora das Virtudes, Emilio Piñeiroa Lozano, 2018, páx.36)
Esta última interpretación cristiá pode ser a máis acertada. Pero no caso de que se pensara fora a PESTE, nesta figura, persoalmente dubídoo, ¿por qué?. Porque o esqueleto está pintado apuntando a frecha cara ao altar, e si a Morte propagaba a peste coas súas frechas, a figura tería que estar disparando a frecha cara aos fregueses, pois é aos homes e as mulleres a quen quere matar, e polo tanto non estaría disparando cara o Sagrario, a Deus e ós Santos que están no altar.
Entón ¿que representa esta figura da MORTE VIVA?
O adxectivo “esotérico" proben do grego “esoterikos” que significa: “reservado aos únicos adeptos”, e aplícase a todo o que é misterioso e incomprensible para a maioría das persoas, o que impide revelar aos non iniciados algunhas partes dun rito ou dunha doutrina, sobre todo relixiosa. A este adxectivo oponse, “exotérico” do grego “exoterikos” que significa: “destinado ao público”....., “exotérico” remítenos a “forma”, mentres que “esotérico” relaciónanos co “contido” (El Simbolismo Esotérico, M. Centini, Editorial de Vecchi, 2001, páx.9-10). Así, tan sutil diferencia como a destas dúas palabras, que son practicamente iguais a excepción dunha “s” que cambia por unha “x”, pode ser o significado e interpretación das figuras simbólicas. Na Heráldica, isto ocorre de cotío, e a forma de cada figura, a súa posición a destra, a sinistra, arriba, abaixo ou de fronte, significan algo distinto, o cal debe terse moi en conta a hora de interpretar cada brasón.
Pois ben. No mundo hinduísta e no budismo, esa figura da Morte dispara tamén unha frecha cun arco, pero a súa interpretación e moi distinta. Neste caso a morte ten collido fortemente pola cintura ao Home, representado polo Arco, co que lanza a sílaba sagrada OM, esa vibración cósmica que deu vida o universo, e que no mundo cristián podería interpretarse como o sopro divino que deu vida o home, a ALMA do home, a cal, unha vez disparada, cruza o espazo baleiro da IGNORANCIA para alcanzar ao SER SUPREMO, ó Máis Alto, ó verdadeiro DEUS que está no altar, no sagrario.
Outra interpretación paralela, dinos que a frecha é o EGO, o propio EU da persoa, do home, que é lanzado pola MORTE VIVA, para liberalo da individualidade, do EGOÍSMO, para abrirse paso ao encontro do ABSOLUTO, do CREADOR, para alcanzar a auténtica e suprema SABIDURÍA.
Esta interpretación oriental parece ser máis acertada que aquela da PESTE, pois a Morte disparando cara o altar para facer dano a aquelo que o altar representa, non parece consecuente, nin lóxico. Por esta mesma razón lanzar a ALMA cara a María para que sexa intercesora ante DEUS, pode ser tamén unha boa interpretación.
Pero entón xúrdennos outras preguntas, e non sinxelas de responder. ¿Quen foi o autor, o mestre que realizou tal pintura? ¿Seguro que tódalas pinturas son da mesma época, e foron feitas polo mesmo mestre?
Haberá moitas dúbidas o respecto. Pois si ben, D. Pero Pardo de Aguiar, mandou facer un mural onde as figuras representan escenas exclusivamente de devoción relixiosa cristiá, a MORTE VIVA, en cambio, é representación dunha figura que ensina FILOSOFÍA, e pola interpretación, antes dita, Filosofía Oriental, que puido ser traducida o saber cristián, como se fixo con decenas de outras. ¿Quen era entón ese home que tiña este tipo de coñecementos na nosa bisbarra? Puidera ser que houbera algún veciño con coñecementos tan exclusivos para a época, quizais un Mestre pintor que rexentara unha Escola de Pintura e que estivera inmerso no movemento de renovación do Renacemento?. Non o sabemos, pois ó ser Ribadeo porto de mar desde a máis remota antigüidade, non sabemos que veciños chegou a haber en Ribadeo, e non hai padróns completos e específicos de cada veciño, nin das profesións, nin dos gremios artesáns aos que cada un pertencía.
Pero quizais, incluso, o Mestre non era de Ribadeo nin dos contornos, e puidera ser un Peregrino que percorría o Camiño de Santiago en busca das súas propias revelacións para poñer en claro o seu propio elucidario, e que por circunstancias descoñecidas, puido verse involucrado no deseño e creación das pinturas da Ermida de Nosa Señora Santa María das Virtudes da Ponte de Arante, nas que participou, e deixou a súa impronta filosófica na figura da MORTE VIVA, e ¿nalgunha figura máis? ¿Quen era aquel sabio peregrino? Seguramente nunca o saberemos, pero sen dúbida deixounos unha magnífica obra para admirar e, sobre todo, para facernos reflexionar, pois despois de toda unha vida de traballos e sacrificios, o final, aínda non sabemos nada.

20180607

Arte en Ribadeo

O castelo San Damián (parece que cada vez menos), a antiga oficina de Turismo, ou a nova, son algúns lugares que se usan en Ribadeo para exposicións. Con menos recorrido social, pero ás veces abondo máis público, o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo tamén é usado para exposicións, xeralmente dos propios alumnos. Non me estou a referir actividades como a exposición de paneis sobre Mª Victoria Moreno que aínda cobre as escaleiras centrais do centro educativo, senón a outras, como a que está na actualidade exposta e a partir do próximo martes participará no CENIMA focense nunha exposición impulsada arredor da figura de Juan Puchades Quilis.
Preguntados sobre as súas obras, algúns dos autores e autoras e tamén visitantes, asígnanlles unha interpretación, emntres que para outros é só unha representación estética. Velaeiquí algunhas das obras expostas:








20180605

O acto de presentación do libro e mesa redonda en memoria de José María, en vídeo

Realizado o sábado no acto por José Antonio Abella Albo.

No día mundial do medio ambiente, Ribadeo...

5 de xuño. Día mundial do medio ambiente. Hai moitas loitas por cubrir a favor do medio ambiente, mais hoxe por hoxe, a fronte máis importante, a elixida como tema para 2018, é a contaminación por plásticos. Nin siquiera os gases de invernadoiro, que están levando a un cataclismo ó planeta con data case fixada.
O lema, rexeita o que non podas reusar, pon o acento en que a xente debe liberarse da excesiva confianza nas cousas dun só uso ou rexeitables, pois teñen severas consecuencias para o medio ambiente. Debemos liberar a natureza, a vida silvestre e a nosa saúde dos plásticos.
Un sumidoiro, na r/ Villafranca, tapado con plástico por dentro. Publicado en 'De todo, no verán e e en Ribadeo' (2009)

Algunhas entradas do blog con alusións ós plásticos:
Navegando mares de plástico.
Ribadeo e a reciclaxe.
Saca o teu gran.
Cando menos curioso: Coge3, concienciación/acción
As nosas costas: navegando mares de plástico
Galicia: operación acordeón e síndrome de Estocolmo
Santa Cruz pre xira.
Do (noso) mar... contaminado.
Paraugas de vidro.
Unha vista de domingo.
Lagoas.
Xornais de turismo en secano.

20180604

Pensións adecuadas? Non aínda.

Non, un cambio da sociedade non é automático despois dun cambio de goberno. Nin as leis cambian de xeito automático. Por moitas esperanzas que se teñan postas. Aí está o Premio Nobel a priori de Obama, que terá sido bo presidente  ou non, mais o premio Nobel da Paz parece excesivo.
Por iso o movemento a favor das pensións públicas continúa. Porque polo momento, pouco ten cambiado.
En Ribadeo o sábado 2 de xuño tivo lugar a última reunión. Pode compararse con outras anteriores (a pesar de que por esta volta, case se solapa coa anterior):
Perparándose para o acto.





Esta, collida do Facebook de Modepen-Ribadeo.
E agora e fotos de Suso Fernández, concentracións do 16 de abril:
Do 21 de febreiro:
No medio houbo unhas cantas concentracións máis, claro. E máis que se pretenden no futuro, ḿentres a cousa non cambie. E iso non significa cambio d goberno, senón máis ben de sistema.


20180603

Presentación do libro e mesa redonda: José María Rodríguez Díaz

Onte domingo no salón de actos da Casa do Mar tivo lugar a mesa redonda e presentación do libro 'José María Rodríguez Díaz, In memoriam'. A poucos metros, no mesmo edificio no que traballou durante anos no Instituto Social da Mariña.
O acto desenvolveuse como estaba previsto: fun presentando ós participantes na mesa, ó alcalde de Ribadeo, a José Antonio Ares, unha das dúas persoas que acoderon a José María  e coas que comezou o proceso para lograr a residencia, participante na plataforma veciñal e na comisión oficial, a Pablo Mosquera, presidente dos Aventados e colaborador con José María en diversas ocasións, a título persoal ou a traverso das asociacións, a Pancho Campos, presidente de O Tesón, sociedade na que José María deixou impronta, pasando boa parte dos seus últimos anos na directiva, e a Marta Rodríguez, que como filla de José María non necesitaría doutras credenciais para estar na mesa. Interviu tamén, de xeito extraordinario Sabela Martínez, filla de Antón Aneiros, gran amigo de José María.
Cincoenta persoas atenderon ó acto, no que se resaltaron aspectos diversos da persoa que foi José María. Non se tratou dunha homenaxe, de honralo, que era honrado xa de por si, senón dun acto de lembranza, de cariño e de recoñecemento un ano despois do seu pasamento co motivo da presentación dunha obra inédita, que inclúe dous libros, sobre 'o gardarríos' e a 'versión Ribadeo' que el deixou preparada da súa obra sobre 'O cura vello', xunto con aproximacións a José María de diversas persoas e un listado de artigos publicados por el xa no século XXI.
Na masa redonda destacáronse cousas como a súa adicación ó interese público, amosada unha e outra vez, ó tempo historia interminable e interminada da súa vida, prolongada en diversos detalles como se viu na mesa, e no caso particular da residencia de anciáns ribadense, interminable dende hai xa abondos anos, e non rematada pero próxima a estalo na actualidade. Saíu a colación a cita de Platón 'necesitamos que os nosos dirixentes sexan cultos e decentes', algo ó que José Maríaempurrou suavemente ós políticos, ó tempo que lles amosou o camiño como dirixente veciñal, como un home incómodo, e máis incómodo por ser máis culto. Tamén, a residencia de maiores como dereito, non como doazón xenerosa dalgún poder; dereito que houbo que lembrar por medio mesmo dunha manifestación á que se convocou ó pobo de Ribadeo. Quedou claro que José María devolveu á sociedade o que a sociedade lle deu: estudos diversos, si, cunha base sólida, pero tamén un ímpetu que dentro das súas forzas convertiu en social. E lembrouse tamén que, de estar entre nós, seguiría a 'poñernos deberes' para facer un mundo mellor.
O acto, de algo máis dunha hora, cerrouse coa foto de todos os participantes que o quixeron, incluídos na mesa e na sala de butacas.
O libro xa está a venda, e coincide que en tres semanas haberá unha xornada sobre Luís Trigo, 'o gardarríos' en Mondoñedo no que a bon seguro José María terá participación.
De esquerda a dereita na foto, José Antonio Ares, Pancho Campos, Fernando suárez, Marta Rodríguez e Pablo Mosquera.

Parte da sala durante o acto.

20180602

Jose María Rodríguez Díaz


Jose María Rodríguez Díaz. Gallego bueno y generoso. Mindoniense de pro. Hoy le rendimos homenaje en La Casa del Mar de Ribadeo. Un gran Britoniense.
Alumno y Profesor en Santa Catalina, por tanto hombre de letras impregnado con ese ambiente mágico que sólo puede encontrarse en ciudades inmortales como Mondoñedo.
Uno de aquellos dignos e indispensables miembros del movimiento vecinal, que sin duda ha sido una fórmula propia del papel que corresponder tener en la participación de la democracia a la sociedad civil.
Como dijo Platón, hombre culto y decente. Estamos ante un gallego que nos deja herencia. La mejor que se puede dejar, investigando, divulgando, promocionando el patrimonio cultural de nuestro fabuloso entorno. Y digo fabuloso en el doble sentido de la palabra. Aquellas fábulas del gran Cunqueiro que justifican el slogan de Mariña mágica. Pero fabuloso entorno por todo lo que forma parte de nuestro pasado, como digna provincia en el antiguo Reino de Galicia. La decencia consiste en devolverle a la sociedad lo que está nos ha dado. Y eso lo hizo José María Rodríguez Díaz, hasta los últimos momentos. En su faceta de articulista, comentarista de radio, movilizador para las conciencias ciudadanas, predicando con su ejemplo y su iniciativa.
Pero, en mi fuero personal, me descubrió San Martiño y todo su esplendor. Nuestra Basílica Britoniense, que junto a Sargadelos, son los dos elementos patrimoniales más importantes de esta comarca que limita con Irlanda mar por medio.

Recuerdo una visita a Sargadelos, y una foto delante del cartel que Luis Seoane dedica a Ibáñez, y que siempre me ha recordado la figura del denario ibérico. Recuerdo nuestro trabajo a favor de poner en disposición el espacio socio sanitario -Una Residencia para los mayores- respondiendo al fenómeno demográfico del envejecimiento poblacional.
Este Diplomado en música sacra por el Instituto Gregoriano de París, sacerdote ordenado en 1959, ganó la oposición de salmista para la Catedral de Mondoñedo. En 1979 secularizado y funcionario del Estado.
Lo mismo defendía desde un pregón, en la Gira de Santa Cruz, al mundo rural, impactado por el sonido de la gaita. Que se esforzaba en la defensa los Faros en Isla Pancha como Patrimonio de la Humanidad. O a través de su pluma, nos animaba a seguir descubriendo y conservando nuestra raíces, de pueblo viejo y orgulloso.

Ribadeo, a ría e Ramsar

Hai máis de 5 anos, o blog 'Ría de Ribadeo' alertaba sobre degradación da ría, que a levaba á lista de espazos RAMSAR ameazados, a pesar doutras proteccións medioambientais de diverso tipo e paisaxísticas. Hai unha semana, a prensa reproducía un artigo co título 'La ría de Ribadeo podría ser expulsada del convenio Ramsar'.
O certo é que, neste tempo transcorrido, si houbo medidas cosméticas para a ría, tentando facela máis atractiva turísticamente, ó tempo que ese mesmo turismo a poñía un pouco máis contra as cordas. Mais precisamente a base dese turismo, a sustentabilidade, parece que está a fallar. Sexa o tratamento de residuos na marxe leste, o acaparamento de ría para actividades portuarias ou outras na parte oeste, a invasión da zona central durante o verán, a colonización por especies invasoras, desfeitas varias... as agresións, máis grandes ou máis pequenas, son contínuas a pesar da existencia de grupos para a súa defensa. E a ría ten unha capacidade de recuperación que se ve superada non tanto por unha acción concreta como pola acumulación de pequenas  e grandes accións de orixe humana.