20180531

Fervenza do Pozo Mouro

Entre outras moitas novas, ás veces é convinte fixarse nalgunha das menos relevantes. Non porque teñan algo oculto destacable, senón por aspectos que non son nova, pero que marcan un contínuo aproveitable, un respiradoiro no medio do fragor das outras novas que marcan o día a día. Ese é o sentido da foto que amoso a continuación, do Pozo Mouro, no río Lexoso, que me chegou por correo electrónico e que non é máis que cunha máis entre as moitas que se poden tomar no lugar. Refrescante  despois das chuvias.
Pozo Mouro. Río Lexoso. Foto de Manuel Bao (Barreiros)

20180530

Un Alcalde ou un carteiro. Colectivo Por Nuestro Faro

Vella imaxe da ila Pancha
No pleno do concello de Ribadeo do pasado 25 de maio a concelleira do PSOE Aurora González Ginzo facía unha pregunta sobre o acceso á Illa Pancha de persoas aparentemente non relacionadas cos apartamentos turísticos. A resposta do Sr. Alcalde, como ven sendo o cotían, poñéndose de perfil, é que llo vai transmitir á Autoridade Portuaria. Suponse que el non sabía nada de nada porque se fixo de novas, eludiu calquer comentario e pediulle a Aurora que lle aportase documentación. O certo é que nas redes sociais hai fotos e vídeos de persoas e colectivos que entraron na illa sen que se saiba quen lles abriu a porta e mesmo accederon a zonas non concesionadas ao proxecto turístico. Nun vídeo de facebook do 26.10.17 vese a un grupo duns vinte nenos co seguinte comentario : “Hoy hemos tenido una visita muy especial, los niños de 3º de EP del colegio Sagrado Corazón de Ribadeo”. Os cativos están xogando arredor do novo faro, zona, como se sabe, non concesionada. Hai mais casos, deles o mais recente é unha foto publicada en facebook (6.5.18), na mesma zona, na que se ve un neno vestido de mariñeiro, probablemente de primeira comunión. O problema xa foi transmitido polo grupo “Por nuestro Faro” tanto aos medios como á Autoridade Portuaria hai un par de semanas. A cuestión é moi sinxela: ¿Porqué uns si e outros non?. O tema non ten moitas voltas que darlle e xa está dabondo explicado e difundido. Que a responsabilidade de controlar o acceso é da Autoridade Portuaria caese do seu peso.
O problema, dende o noso punto de vista, e un trato discriminatorio, un agravio comparativo que non atopa outro caso no noso concello. Vexamos un exemplo que tamén afecta a puertos. O acceso ao porto de Figueirúa, anteriormente libre, quedou limitado por unha norma europea despois do atentado das torres xemelgas. Gustaranos mais ou menos, podemos discrepar, pero vemos que non hai privilexios, que funciona dacordo cun regulamento e hai un persoal responsable. Nada que ver co acceso aleatorio e sinladeiro á illa Pancha.
¿E cal é o papel do concello?. ¿Cecais non representa aos ribadenses e os seus intereses, ou só a unha parte moi concreta dos mesmos? ¿Cecais non é unha desconsideración, por non dicir un insulto, o trato discriminatorio á gran maioría da veciñanza?. ¿O Sr. Alcalde non ten máis que facer de carteiro? ¿Logo xa esqueceu os compromisos e declaracións anteriores? Por se así fose ímoslle lembrar algunhas notas da páxina xeb do concello.
25.11.16: “que no seu momento deberase garantir o acceso público a toda a Illa para que o Concello poida dar a licenza de actividade”.
“”isto non é Grecia, onde se privatizan as illas. Polo tanto, e aínda que cumpre con todas as autorizacións a conversión dese edificio en hotel, desde logo deberán ter o acceso aberto para todo o público por parte do Concello, senón o Concello non poderá dar a licenza de actividade necesaria para poder operar”.
8.6.17 “O alcalde, Fernando Suárez, envioulle un novo escrito á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao pedíndolle que garanta o libre acceso á Illa Pancha”
“é necesario manter o acceso público libre, en especial para cumprir con toda esta regulamentación que acabo de indicar” …” A lei é para todos igual, están afectos tanto na illa como en terra, todo o mundo””
Finalmente o 12.9.17 o concello concede a licencia de actividade esquecendo o seu compromiso anterior de garantir o acceso da veciñanza.
As contradicións do Sr. Alcalde son tan evidentes que costa traballo despegalas dun cheirume un tanto sospeitoso por non dicir algo mais forte. Porque non estamos apelando a unhas declaracións verbais, ditas ao voo en campaña electoral. Estamos apelando á paxina web do concello, escrita negro sobre branco e con argumentos reiterados que os veciños poden constatar polo menos se non hai orden de borralos.
En conclusión, sabemos de sobras que os responsables da administración portuaria están en Ferrol e Madrid. Esiximos ao Sr. Alcalde de Ribadeo que actúe no que é da sua competencia: defender os intereses dos ribadenses e que cumprir a sua palabra dada e reiterada dende hai ano e medio.
Colectivo POR NUESTRO FARO

20180529

Santiago, Mondoñedo, e agora, Ribadeo

    Tes visitado o cemiterio vello de Mondoñedo? Bonito e histórico, honrando ós mortos. Algo así diría que se pretende agora en Ribadeo, se ben en Mondoñedo naceu diso, da honra ós mortos e en Ribadeo pretende dárselle un empurrón a base do turismo a un cemiterio que non é feo, con vistas á ría e no que están enterrados diversos persoeiros relacionados con Ribadeo.
    O concello remata de liberar unha nota de prensa na que anuncia unha guía para o cemiterio e pide o seu coidado en bo estado. Paréceme ben, e máis se o mesmo concello, anos despois de repoñer as vidreiras, (no seu momento -2011- fixen un libriño con fotos sobre as vidreiras da capela do cemiterio), repón as dúas pequenas torres de respiración da casiña de autopsias, agora simples cicatrices no seu tellado, e recupera o seu interior, agora -coido- almacén do cemiterio.
A cruz da tumba de Calvo Sotelo, proxectada sobre ela.

A nota de prensa:

FREIJE PIDE QUE AS TUMBAS SE CONSERVEN EN BO ESTADO
Cemiterio municipal
28/05/2018
O Concello editará un folleto sobre o cemiterio municipal con información dalgunhas das personalidades que alí se atopan soterradas. O concelleiro de Cemiterios, Jorge Díaz Freije, subliña que se atenden así as demandas realizadas pola veciñanza ribadense e tamén polos turistas. A publicación incluirá datos sobre a Capela e sobre o cemiterio, unha obra que fora patrocinada polos irmáns Moreno Ulloa.
O edil nacionalista anunciou que "o Concello vai acometer un proceso de revalorización do cemiterio municipal do mesmo xeito que se fai con estes recintos en moitas vilas e cidades. E así imos editar un pequeno folleto indicativo dalgunhas das personalidades que nel están soterradas, como mostra de lembranza e homenaxe, e deste xeito satisfacer unha demanda de moita xente tanto ribadense como foránea, que nos dicían que porque non facíamos unha cousa así".
O concelleiro de Cemiterios explicou que "imos comezar cunha cousa aberta e sinxela, pero creo que interesante. Esta publicación facilita información sobre o proxecto, a capela e outras circunstancias desta obra patrocinada polos irmáns Moreno Ulloa".
Díaz Freije engadiu que "con este motivo se reitera o chamamento que se fixo para que os propietarios de tumbas, nichos e mausoleos manteñan estas propiedade en boas condicións de conservación e ornato, non só porque é unha obriga senón por tratarse da memoria propia e a de todos. Desde o Concello levamos xa uns días con varios traballos, arranxando beirarrúas e algún nicho que quedou en mans nosas xa o melloramos".
Jorge Díaz sinalou sobre esa publicación que "vai ser moi sinxela, moi modesta e moi aberta. Será presentada en breve prazo nos próximos días. Esperemos que guste e que siga no tempo, e que todas esas familias e toda esa xente que se involucrou por Ribadeo sexa un xesto máis de agradecer todo ese esforzo para o Concello".

20180528

Celebración do aniversario de José Mª Rodríguez Díaz

AVV O Tesón
20190528
Nota de prensa
Celebración do aniversario de
José Mª Rodríguez Díaz
Conforme foi anunciado, o próximo sábado 2 de xuño, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo, terá lugar a presentación do libro ‘José Mª Rodríguez Díaz, in memoriam’, que recolle dúas obras súas, ‘Semblanza de un guerrillero: Luís María Trigo Chao (“El Guardarríos”)’ e ‘Don Secundino Martínez Montenegro (“O Cura Vello”, de Ribadeo)’ xunto con textos introdutorios á súa vida e unha relación de artigos dos seus últimos anos.
Na presentación haberá unha mesa redonda sobre a figura de José María, na que participarán Marta Rodríguez Sampedro, a súa filla, Fernando Suárez Barcia, alcalde de Ribadeo, José Antonio Ares Taboada, veciño da comisión da Residencia de maiores, Pancho Campos Dorado, presidente de O Tesón, e Pablo Mosquera Mata, presidente dos Aventados.

Ribadeo, domingo pola mañá

    O domingo pola mañá os xornais reflectían que ACISA e hostaleiros estaban contentos coa celebración dun campionato que polo que parece, trouxo a Ribadeo a 1000 visitantes. Aquí preséntase outra cara da moeda, o ter que pasar con coidado para non pisar vidros, tentar fuxir se se pode do cheiro forte dos mexos, a falta de limpeza que inclúe merda humana (por certo, algunha desa non achacable ós visitantes do campionato, que leva no mesmo lugar máis dunha semana) despois de escoitar berros por cánticos ás doce da noite o mesmo que ás 5 da mañá.
    Por iso, é o mesmo domingo pola mañá que sae a nova nos xornais cando un se pregunta se Hijos de J. Ribera e Cia. virá limpar as rúas de vidro e mexos, se o concello vai seguir deixando facer polas noites, se o desenvolvemento é algo máis que quitarlle os cartos unha xente a outra xente...
Convivencia de vasos de diferentes forma, tamaño, estado e material, cunha botella nunha repisa improvisada na rúa.
Lugar multiusos: papeleira, depósito de vidro...
Un banco para un museo de arte moderno no centro do pobo.
'Vidros acompañados de mexos e cagada'
Arte na parede, comodidade no chan, lixo entre medias.
De esquerda a dereita, a orixe do mexo e o mexo da orixe.

    ... Que non te pos en situación do que é un campo de refuxiados? Nalgún aspecto, podo axudarte: pásate un domingo pola mañá despois de varias noites sen chuvia por diante dun garaxe como o de Pasarón y Lastra e pensa en multiplicar o cheiro por centos de veces. Non sexas refuxiado, baby!

20180526

Tres mañás dun 26 de maio

Hoxe, 26 de maio, Ribadeo. Estaban previstos tres actos. A descoberta dunha placa na casa de Carlos A. Fernández Cid, Degustación gratuíta e outras cousas no mercado para celebrar o día dos mercados e unha concentración de pensionistas.
A máis doutras cousas persoais, claro.
Quedaba a opción de ir de romaría polas actividades, pero non, decidín coller unha e vivila. Estiven co movemento por unhas pensións públicas xustas. Non, non estou xubilado, e non, non espero ter unha pensión das baixas. Pero si, considero que hai que loitar pola xustiza distributiva, e as pensións é un dos puntos quentes na actualidade desa xustiza...
Ó pé, tres fotos de Suso Fernández que dan unha visión da concentración neste día onde ou te metías baixo un teito de obra (como no mercado ou a casa do concello os pensionistas) ou doutro tipo (como a carpa no caso da descoberta da placa, unha tenda).


Non sei se queda claro que non é a primeira vez que hai unha manifestación polas pensións...

Un sábado para guardar. Pablo Mosquera


Se puede guardar un libro, un poema escrito sobre un papel, las hojas de una camelia, fotos antiguas y cartas amarillentas por el paso del tiempo. Los recuerdos como los sonidos se guardan en algún lugar de nuestro sistema nervioso central, que estudiaron Cajal y Fernando de Castro. Al primero le concedieron el Premio Nobel, al segundo, discípulo más joven del anterior y profesor mío en la Complutense, lo humillaron -así nos lo contaba- por no haber logrado el Nobel en 1938, a pesar de sus méritos, pero España era un país maldito, en plena guerra incivil.
 Sábado 26 de mayo. Llueve sobre la ciudad del Landro. El Teatro Pastor Díaz recuerda a un ilustre hijo de A Vila. Loís Tobío. El acto se inaugura con una mesa presidencial, sobre un escenario con minimalista decoración. En media hora, se dan todas las circunstancias que los asistentes podemos y debemos calificar como éxito. Y es que para ser brillante no hace falta pompa o discurso largo. Es necesario disponer de dos elementos: conocimiento sobre el asunto a tratar y capacidad para emocionar comunicando.
El Consello da Cultura Galega acude a la ciudad de los hermanos Vilar Ponte, dónde la Alcaldesa María Loureiro actúa como anfitriona y pronuncia un excelente discurso de bienvenida a los participantes en la jornada que coordina Xulio Ríos. Pero lo mejor está por llegar. Carlos Nuevo Cal, Ramón Villares y Constanza Tobío, van desgranando razones, motivos, méritos, recuerdos y vivencias personales sobre un hombre que nació entre las galerías de madera y cristal que buscan la mar Cantábrica, que tuvo mucho que ver con Seminarios de Estudos o que se ganó la inmortalidad para ponerle su nombre a un centro educativo.
En poco tiempo se produce el encantamiento. Nos trasladan con la palabra por los mundos del ilustre erudito. Humanista, comprometido, periodista, diplomático, viajero universal, y sobre todo gallego que recogió entre retina, piel, alma y conversaciones, la Europa del siglo XX, o la historia de Galicia que es también la historia de la diáspora gallega por el mundo.
Un sábado para sentir el orgullo de ser de aquí. De una provincia norteña, que ha dado gentes que se merecen la inmortalidad. Pero para ello nada mejor que una historia bien contada. Como lo hizo Carlos Nuevo Cal, en sus dos vertientes. La del historiador que busca la verdad, y la del amigo que escuchó los latidos del hombre, sus pisadas por las calles de su ciudad en la que fue feliz. De ahí la calificación que tan acertadamente dio, nuestro Carlos, a su brillante alocución. Se trata de una vida plena entre la ética y la amistad, para quien Galicia debe ser casa común para todos los que sienten el orgullo nacional y quieren ser partícipes en la romántica tarea de construir un espacio de progreso y libertad, sin ningún tipo de exclusión.

20180525

Por fin, o anuncio de que o Vilar será conectado para peóns

Hai anos que O Tesón o pediu e que no blog se expuxo a necesidade. Agora o concello prepara a licitación que fará posible ós peóns o chegar á zona do Vilar e en xeral, á Avenida Ría de Ribadeo, a antiga estrada nacional, cedida dende hai anos ó concello. O anuncio está feito. Agora, espérase que siga a cousa paseniño ata que se complete a obra, con axuda da Deputación. A nota de prensa do Concello é clara:
BARCIA DI QUE SE MELLORARÁ A SEGURIDADE DOS VIANDANTES
Avenida Ría de Ribadeo
24/05/2018

O Concello ven de sacar a licitación as obras de acondicionamento e urbanización da avenida Ría de Ribadeo. O investimento ascenderá a 512.000 euros, dos que a Deputación de Lugo aporta 380.000.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, explicou que "se trata da licitación das obras de acondicionamento e urbanización da avenida da Ría de Ribadeo, grazas a este convenio de colaboración que asinamos coa Deputación de Lugo. Dun total de 512.000 euros do custo do proxecto, a Deputación vai aportar 380.000 euros".
O rexedor salientou que "con estas importantísimas obras de mellora e de humanización contribuiremos tamén a dotar dunha seguridade necesaria para todos os viandantes desta longa avenida, que foi pensada no seu momento fundamentalmente para o paso de vehículos rodados, máis hoxe en día cada vez é máis frecuentada por peóns e viandantes dado que a afluencia a todos estes talleres, tendas, bazares e centros comerciais fai que cada vez haxa máis xente andando por lugares que non son apropiados tal e como están deseñados".
Suárez Barcia detallou que "as obras neste máis de 1 quilómetro de actuación, van ser a dotación de beirarrúas onde aínda non estean, a construción de pasos de peón elevados para maior seguridade dos viandantes, a canalización soterrada desas torres de media tensión que afean a paisaxe neste momento, e novo alumeado público, é dicir, a substitución das luminarias por outras led máis modernas. Ademais procederase á colocación de tubaxe, de pluviais e de saneamento, e dos sumidoiros necesarios para completar a totalidade dos servizos urbanísticos da zona, novo arborado e nova capa de aglomerado e pintado en todo o longo desta avenida".
O alcalde indicou que "o procedemento de licitación desta importantísima obra vai ser aberto e unha tramitación urxente, polo tanto todas as empresas interesadas, e coa cualificación necesaria, terán trece días de prazo para presentar as súas ofertas, e poderán velas no perfil do contratante da nosa páxina web e tamén na plataforma de contratos do Estado".
Fernando Suárez engadiu que "o que estas obras perseguen é que calquera viandante do centro urbano de Ribadeo poida ir con comodidade e con seguridade ata o límite urbano de Ribadeo, que é practicamente na rotonda de Dompiñor".
 Algunhas entradas anteriores (dos últimos anos) sobre o Vilar:
Ribadeo e competencia.
Vilar non se escribe con b de bicicleta.
Mercadona, enfocando a solución.
De lixo e outras merdas.
Unha ollada non só ó Vilar 
 

20180524

Decisión dos votantes de En Marea: a muller do César non só ten que ser honrada, senón que ten que parecelo.


Hoxe, 20180524, pleno

Non o procures na web do concello. Tes que ir alí e mirar entre os múltiples papeis diversos  para atopar a convocatoria. Unha convocatoria que inclúe a aprobación de dúas actas, unha expropiación forzosa en Ove para un depósito de auga e outra nas Aceas para o paseo peonil. A revotación cunha variación mínima do convenio coa Deputación para a Residencia de maiores (despois da marexada interna na Deputación)e diversas aprobacións relacionadas co estado financieiro do concello e facturas. A máis, claro, do caixón de xastre obrigado final, incluíndo decretos, mocións, rogos e preguntas. Mocións hai unha: da coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións sobre o rexeitamento dun produto paneuropeo de pensións individuais.

20180523

Dunha obra menor

Onte, nun santiamén, prepararon un novo corredor na zona do xardín de Sela, pegado á valla do IES.
O esquema da obra vai a continuación:
En negro, o novo corredor. En azul, a beirarúa que conduce dende o paso de peóns usado polo 90% da xente que vai ó IES ata a entrada do mesmo. En Vermello, o paso, en liña máis ou menos recta a traverso da herba, que usa boa parte da xente para chegar ó IES. Esquema que coido que fai saltar tres alternativas: ou ben se logra unha educación da xente para que use unha das dúas alternativas preparadas, a beirarúa e o corredor, ou ben de impide o paso pola zona vermella do plano ou ben seguirá a pisarse e destrozarse a herba no ventro desa zona verde. Tempo ó tempo. Ah! e aí están tamén os canapés...

20180522

Mapa provisional da circulación de Ribadeo

Na actualidade, coido que pode ser útil. É cambiante, e seguro que falta algunha restrición, que podes aumentarlle ti, pero para facerse unha idea...
Sobre un plano de Open Street Map


26 de maio, convocatoria de manifestación polas pensións

E, se queres saber máis podes comezar co "¡Qué ganas de hacerles un corte de mangas de cojones y decirles: 'Pues os jodéis'. (Martínez de Castro secretaria de Estado de Comunicación)" e continuar aprendendo algo sobre a sostibilidade das pensións ou a relación entre pensións de merda e traballos de merda (traballos que, por certo, empréganse para dividir ós traballadores)

20180518

Sentidiño nas catedrais


Co funcionamento actual da protección social cando non ataca ós intereses do poder nin necesita inversión, entraba dentro da lóxica que chegara o que está a pasar: as Catedrais, cerradas.  Si, non están cerradas de todos, senón o cantil e algunha cova. Pero non o están por protección da natureza nin dos humanos (aínda que poda parecelo), senón para evitar problemas á administración. Por outra banda, a asociación de comerciantes aínda pedía esta mesma semana máis pases, esta vez para restaurantes, e agora advirte sobre os efectos para o verán. Tampouco neste caso a protección da natureza nin dos humanos parece ser o obxectivo, senón a economía dos establecementos ribadenses. O concello amosa preocupación nun tema, o das Catedrais, no que pedía protagonismo hai non moito tempo. No pobo, cada quen, dun xeito máis calado un máis vocingleiro, da a súa receita. E, mentres, os papeis dos estudos feitos tarde, coa interpretación político-económica que conviu e aínda sen aplicar en parte, parecen ser ignorados ante a premura dun feito que é tratado implícitamente neles, pero só dese xeito, implícito.
Houbo algún debate serio sobre as catedrais? Si, presentouse o estudo do plan especial, pero o mero feito de non terse presentado alegacións coido que xa indica algo. E, mentres, xa temos o problema aquí.
Nun aparte, dicir que persoalmente coido que o permitir o paso de miles de persoas é unha desprotección, e o cerrar as covas unha sobreprotección. No primeiro caso, desprotección da natureza. No segundo, sobreprotección da administración. As Catedrais non son a Gran Vía madrileña, coido que está claro. E permitir o paso dunha morea de xente non protexe o cantil, así como o peche dalgunha cova do cantil non protexe á xente que se mete noutra cova. Pero, a medida xa está tomada (de xeito provisorio, aínda antes de que sexa permitido) e o debate segue sen darse.

20180517

Celebrando as letras galegas, unha nota breve

Hai moito que dicir, comunicar, comentar, describir, falar, opinar, espallar, indagar, escribir, aprender, gozar... moito, e pouco tempo para facelo. Mais hoxe, un paréntese para lembrar o que nos permite facelo: a nosa lingua.

20180516

PRIMEIRA DENUNCIA NO XULGADO DE MONDOÑEDO DUN PACIENTE DESPOIS DE AGARDAR CASE DOUS ANOS PARA FACER UNHA PROBA DE ESFORZO SEN QUE O CHAMARAN NEN LLE DERAN UNHA SOA EXPLICACIÓN.


O paciente presentou unha reclamación hai un mes no hospital máis non lle fixeron caso, polo que acudiu ao Xulgado de Mondoñedo o pasado 11 de maio.
O paciente ten colocado un stent, segundo relata, na arteria coronaria dereita desde o ano 2006 e precisa ser controlado con probas de esforzo. A última vez que fixo unha foi en xullo de 2015. Como estes controis deben ser anuais tocaríalle en xullo do ano 2016, máis case dous anos despois segue sen ser chamado e sen recibir explicación algunha por parte do SERGAS. Acudiu a Atención ao Paciente en varias ocasións pero, como ven sendo habitual fixéronlle caso omiso. Por iste motivo decide contactar coa Plataforma Sanitaria que lle axuda a redactar unha reclamación rexistrada o día 19 de abril de 2018, con número de entrada 1887.Pasado case un mes desde a súa presentación o paciente segue relegado ao esquecemento por parte da xerencia. A gota que colmou o vaso e que lle empurrou a acudir ao xulgado foi que, cando o pasado mes de abril acudiu á farmacia a retirar a medicación que invariablemente toma desde o ano 2006 “atópome coa sorpresa de que me modificaran a dose dun deles sen previo aviso e sen que ninguén me informara de nada nin fora visto por médico algún. Cando lle preguntei á miña médica de familia, gran profesional e con gran interese polos seus pacientes, díxome que ella recibira ordes escritas de tal cambio“- comenta visiblemente enoxado. O paciente presenta un escrito de denuncia no Xulgado de Mondoñedo o día 11 de maio de 2018 e inmediatamente despois contacta de novo coa Plataforma anunciando que desexa acudir aos medios de comunicación e acusa “á Xerencia do Sergas e á Xunta de Galicia de desprezo aos pacientes pois parece que o servizo de Saúde Pública está en mans de políticos manipuladores da nosa saúde polo simple feito, segundo se lles oe dicir, para aforrar cartos”- relata o paciente na súa denuncia.
Para a Plataforma Sanitaria este caso supera con moito os límites tolerables e a paciencia infinita que @s veciñ@s están a amosar cara á administración que día tras día devolve esta consideración en forma de desprezo, burla e falta de respecto. Desde este colectivo esiximos a esta Xerencia e ao Sergas que se deixe xa de propaganda ambigua e autocomplacente e que se poña a traballar de verdade nunha xestión en función das necesidades da poboación sen primar criterios economicistas porque “todo ten un límite e a paciencia de pacientes e profesionais esta a punto de esgotarse , e cando isto ocorre nunca se sabe por onde pode estoupar a indignación veciñal”- conclúen desde a Plataforma.

A nova directiva de ACISA

A nova directiva de ACISA comeza a moverse. Onte mantiveron unha xuntanza cos representantes do PP no concello e na zona, para facer peticións. Coido que a orde de xuntanzas dunha entidade marca en certo xeito o que son as sús preferencias, a folla de ruta para chegar ós seus obxectivos.
Neste caso, ademais, a nova chega acompañada das súas peticións, bolsas de papel para os comercios e restaurantes (para as sobras) e pases para as Catedrais para estes. Cando se fai un contrato, búscanse contrapartidas, mais neste caso, a prensa fala só de peticións, as expostas, sen contrapartida máis que o anuncio de Ribadeo. Nembargantes, coido que máis aló da subvención 'encuberta' que poden representar as bolsas, os pases para as Catedrais representan, de non cambiar o método actual, un maior descontrol das entradas por inflación da oferta, co que iso leva consigo.
A nova directiva, elixida in extremis, está formada por:

Francisco Miguel Iriarte Quintana (Gráficas Ribadeo, destacada por ACISA no 2013) Presidente -foino asemade en dúas ocasións anteriores-
Juan Antonio Fernández Andina (R23) Vicepresidente -continúa-
María Antonia López Lens (Xeito Decoración), Secretaria
Manuela Torviso Pérez (Mercería Torviso), Tesoureira -foino os dez últimos anos-
Vogais:
Diego Valcarce Behague (Folder)
Eladio Valerio Fernández (Sweet Monkey)
José Antonio Lombardero Bellón (Bar Queimada)
Rocío Pertejo Vispo (O Indiano)
Ramón Loredo Fernández (Hotel Mediante)
Leopoldo Trenor López (La Floristería)
Carmen Cruzado Iglesias (Faro Norte Comunicación)
Roberto Rivas Tomé (Restaurante Marinero) -foi presidente no seu momento-
David Martínez Martínez (Hola Ola) -Presidente os dous últimos anos-
Sen esquecer ó xerente, cargo administrativo, Jesús Pérez.
Non repiten da anterior directiva Emma Álvarez, Manuel Vázquez (El Farero) e Rocío Martínez.
Presidencias anteriores, dende 2008:
Presidente en 2008: Gervasio Cao.
A directiva do 2010 estaba presidida  tamén por Francisco Iriarte.
Presidente en 2014: Roberto Ramos Piñeiro.
Presidente en 2016: David Martínez.
As fotos da xuntanza co PP:

20180514

José María de Britonia: Ética y Estética

   Hace un año nos quedamos sin José María Rodríguez Díaz, hijo del Concello de Ribadeo, excelente docente e investigador. Nos dejó para emprender la singladura del infinito, allí dónde se juntan la mar y el cielo de la costa más al norte. Pero antes del viaje nos regaló la erudición de sus trabajos historiográficos y su conducta ejemplar sobre la ética y la estética.
   Estos días estoy leyendo la obra del Prior de la Iglesia de Mondoñedo, Francisco Antonio Villamil y Saavedra, titulada "Noticias de la Santa Iglesia de Mondoñedo". Una obra manuscrita que describe, a través de los archivos del Cabildo Mindoniense, el desarrollo de la Sede Episcopal del norte en el antiguo Reino de Galicia, entre los años 1701 y 1800. En cada capítulo no tengo por menos que recordar a José María. Me hubiera encantado compartir tal libro con mi erudito colega, del que aprendimos lo que fue Diócesis de Britonia, con la Basílica más antigua al sur de Europa. San Martiño.
   A José María, el pueblo, su pueblo, tiene una deuda con su memoria. Su compromiso social le lleva hasta un logro de incalculable valor. Un equipamiento socio sanitario para nuestros mayores. Cuidar a los más veteranos en su propio entorno socio cultural.
   Son muchas las obras de palabra o por escrito que nos ha dejado. Me quedo con algo muy especial para mí. El orgullo de ser: de un rincón hermoso por naturaleza y rico por patrimonio. La estética la encuentro en la majestuosidad de San Martiño, su historia fundacional y su trayectoria en el Camino hacia la Ciudad Santa de Occidente. Poder enseñarle al viajero la basílica dónde reposa el Obispo Santo. Mucho más interesante, por valor arquitectónico, que Augas Santas.
   Desde el punto de vista de la ética, José María era de esos hombres que se esforzaron hasta el último día para devolverle a la sociedad lo que esta le había dado, en tiempos de escasez respecto al derecho a la igualdad de oportunidades en el saber. De ahí, su amor a esa ciudad que no está muerta, sólo dormida, porque Mondoñedo es inmortal.
   Cofundador de O Tesón. Otra aventura quijotesca. En aumento de la justicia. Para desfacer agravios, enderezar entuertos y proteger doncellas. Por esto último, caballero ejemplar de esa Dulcinea que sin duda alguna es la cultura.
   Su ejemplo nos impulsa a trabajar para le verdad y la justicia social. Amén.
Pablo Mosquera

20180512

RECLAMACION DE “POR NUESTRO FARO” A AUTORIDADE PORTUARIA

Esta semana, a través das redes sociais puidemos constatar de novo a presencia de persoas facendo fotos no interior da illa Pancha. Referímonos a persoas que supostamente non son usuarias dos apartamentos. Non pretendemos personalizar nin temos nada que comentar respecto das persoas concretas, o único que plantexamos e por que uns si e outros (a gran maioría) non. Con anterioridade xa puidemos ver a unhas persoas celebrando unha festa familiar, como unha primeira comunión ou algo semellante e noutra ocasión foron uns nenos dun colexio. Volvemos repetir que nos parece estupendo que estas persoas poidan disfrutar dun entorno tan evocador como é o da Illa Pancha. Pero cáese do seu peso que non son nen usuarias dos apartamentos, nin mariscadoras, nin funcionarias de Puertos. Polo tanto hoxe dirixímonos por escrito á Autoridade Portuaria para esixir que nos expliquen as estrañas circunstancias que permiten o acceso a este espazo reservado para algúns casos particulares mentras que sigue vedado para veciños e visitantes.
Compre lembrar tamén, como dixemos repetidamente, que a illa Pancha ten unha dimensión de 4300 metros cadrados de zona “verde”, que chegan aos cáseque 10 000 contando as zonas de rochas. Destes 4300 metros cadrados a concesión dos apartamentos so inclúe 500, que son o edificio de antigo faro e máis algunhas parcelas a carón. A ponte e o camiño que sube ata o antigo faro non están incluídos na concesión, por paradoxo e inconcebible que resulte. Como tampouco están na concesión os terreos a carón do novo fariño, onde se fixo o retrato que agora vemos na redes.
Non queremos cualificar o trato que están recibindo os ribadenses con este uso privado e aleatorio da Illa Pancha, pero non podemos deixar de lado que se trata dunha discriminación evidente, particularmente rechamante pola reiteración e ostentación. Porque se fose unha vez poderíamos pensar nun despiste, ou algunha circunstancia excepcional que non faría caso, pero xa se ve que, sexa cal sexa o medio ou mecanismo de acceso, debe haber unha chave maestra que elixe este si e a maioría non.
Por este motivo poñeremos o asunto no coñecemento da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, por ser a principal responsable da xestión do uso que se fai dos terreos da illa e mais do acceso restrinxido. Ao mesmo tempo esiximos ao Sr. Alcalde de Ribadeo que cumpra ca súa responsabilidade institucional e deixe de apoiar o uso privado da illa fronte a discriminación sistemática da gran maioría da veciñanza e dos visitantes. Neste punto non podemos esquecer que o Sr. Alcalde esixía, non hai moitos meses, o acceso libre dos veciños para conceder a licenza de actividade, pero non faremos mais comentarios, pola boca se perde o peixe.
Finalmente esixiremos a Puertos que nos mostren o expediente administrativo que xustifique o peche da Illa Pancha. Este expediente contradí a previsión de lei de Costas que obriga a deixar unha franxa de seis metros de “servidume de tránsito” para o acceso libre das persoas. Se por algunha circunstancia esta “servidume de tránsito” estivese suprimida ou restrinxida debe existir un expediente administrativo que o xustifique.
Evaristo Lombardero, colectivo “POR NUESTRO FARO”

20180507

Celebración do aniversario do pasamento de José María Rodríguez Díaz

Mañá, martes 8 de maio, cúmprese un ano do pasamento de José Mª Rodríguez. Con este motivo, están programados en datas próximas varios actos.

AVV O Tesón
Nota de prensa
20180507
Celebración do aniversario do pasamento de José María Rodríguez Díaz
Mañá, martes 8 de maio, cúmprese un ano do pasamento de José Mª Rodríguez, principal impulsor da construcción da nova residencia de Ribadeo, entre outras actividades destacadas. Con este motivo, están programados en datas próximas varios actos.
O primeiro, de carácter relixioso e máis recollido, o funeral de aniversario o próximo sábado 12 ás 20 h na igrexa parroquial de Ribadeo.
Posteriormente, o día 2 de xuño celebrarase a presentación do libro editado coas súas dúas últimas obras, e que incluirá ademais varias visións de José María e un listado de parte dos traballos dos últimos anos. Dito acto estará acompañado da celebración dunha mesa redonda.

Presentación do libro Nosa Señora das Virtudes

Onte domingo tivo lugar a presentación do libro de Emilio Piñeiroa sobre o Santuario da Virxe das Virtudes de A Ponte. Comezou o acto despois da misa (é dicir, sobre as 11:30), desenvolvéndose cunha presentación previa, as palabras de Emilio e a actuación da Coral Polifónica de Ribadeo. A obra, 'Nosa Señora das Virtudes', é unha monografía editada pola Secretaría de Política Lingüística.
Adxunto fotos tomadas por Pancho Campos e a invitación ó acto.
Emilio Piñeiroa, no acto.

Actuación da Coral

Presentador

20180503

Maio do 68

Tres de maio. Tal día como hoxe, hai 210 anos, estaba en marcha a rebelión contra o arrebatamento por parte dos dos franceses do poder en España, despois de ver como unha revolta en Madrid se convertía en fusilamentos, como foi recollido por Goya.
E hoxe, hai xa 50 anos, tamén España cobraba conciencia de que as revoltas que comezaron en París en maio do 1968 ían camiño de ter un lugar na historia, despois de recrudecerse tras o peche da universidade.
Hoxe celébrase a 'guerra da independencia' deixando de lado algunhas facetas inconvintes para o poder establecido e tenta celebrarse o 'maio francés' como un momento exaltado de liberdade liberticida, esquecendo a loita e a súa expansión a nivel mundial. Recollo da wikipedia en francés varios carteis e pintadas que están no dominio público, seguindo a idea propia dos comuneiros parisinos. A primeira é coñecida, as outras, máis longas, non tanto.
Por certo, que lembro que a televisión do réxime de Franco presentou as revoltas algo así como o resultado dunha nación débil e desorientada en contraposición a un réxime forte e cunha misión.
 Sede realistas: pedide o imposible!
 Agricultores, os que están en folga teñen necesidade de vos. vide venderlles os vosos produtos direitamente nas fábricas e nas facultades.
 A liberdade é o crime que contén tódolos crimes. É a nosa arma!
Cabeceiras de prensa: veleno

20180502

Pola recuperación de dereitos

Onte houbo manifestación en Ribadeo. 1º de maio. Collo algunha das fotos de Suso Fernández para lembrar no blog a manifestación. Xente loitando polos nosos dereitos. Algunha xente loitando polos dereitos de todos. Ós que máis se ve son ós das pancartas, pero sen os de atrás, nada se faría.







20180501

Longa noite de pedra. Pablo Mosquera Mata

Mi amigo y compañero del Foro de Ermua, Agustín Ibarrola, creó en Vitoria, un monumento a las víctimas del terrorismo. En cada chiribita está el nombre de una víctima. Lo ideamos juntos en su casa de Oma

Maravillosos e inmortales versos de Celso Emilio Ferreiro-1962-.Son un símbolo del sentimiento humano frente a la violencia, como ejercicio subcultural, aplicado a modo de lo que denomino la "gestión del miedo".
ETA ya es un largo capítulo de la historia. Algo así como un elemento más para sentirnos sujetos de aquella leyenda negra. Los ingredientes: la espiral del miedo y de la violencia, muertos, heridos, amenazados, exilados, iluminados. ETA concluye con un comunicado y la entrega de las armas. Sabe a poco. Pero sabe a paz. Algo que buscábamos desesperadamente. Todos queremos más. Pero yo soy testigo de tiempos en los que nos hubiéramos conformado con menos. Simplemente con dejar de matar.
Ahora todos escriben sobre unha longa noite de pedra. Es lo que queda. Contar historias sobre el particular que duró medio siglo. Yo me quedo con la esperanza. Que mis nietos no tengan que vivir lo que vivimos mi generación y la de mis hijos. Que nadie tenga que hacer la maleta por miedo, a salir de casa y encontrarse con la muerte, para no regresar nunca más. Eso sí, con aquellos comunicados, concentraciones, manifestaciones, entierros, rostros compungidos y fotos espeluznantes, todo ello convertido en macabro escenario ritual que justifica debatir si el hombre es bueno o malo por naturaleza.
A los gallegos que vivimos el conflicto, siempre nos quedó Galicia para refugiarnos, curar las heridas del alma, reponernos del susto, recuperar la entereza y seguir trabajando. Los vascos, y lo digo ahora con la perspectiva del tiempo, no tenían a dónde ir. Su madre tierra era el asiento del terrible enfrentamiento. ¿Cómo dejar lo que son tus raíces, cómo renunciar al patrimonio físico y espiritual por miedo, en pleno siglo XX, cómo emprender el camino de la diáspora por un contencioso convertido en guerra sucia?.
Fueron muchos años, fueron demasiadas las víctimas, son muchas y profundas las heridas. No basta con aquel título de Gironella: ¡Ha estallado la paz!. Hace falta normalizar las relaciones humanas. Hace falta enterrar el rencor. Hace falta generosidad y construir la convivencia, que de por sí es el secreto mejor guardado para la humanidad. Si aun no hemos superado aquella oprobiosa longa noite de pedra que dejó cadáveres en cunetas y tapias de cementerios, tampoco será fácil perder la memoria histórica de lo acontecido en Euskadi o desde Euskadi en nombre de los Derechos Históricos de Euskal Herría.
Mientras contemplo la mar por el levante, me imagino la costa de los arrantzales, así puedo y quiero dar fe de tres hechos. Estuve allí y lo sufrí. Siempre tuve Galicia y la costa mindoniense como paño de lágrimas. Hoy, siento que de alguna forma contribuí a que cesara el uso de la violencia con fines políticos. Y es que deberíamos aprender. Hace falta menos política y más sociedad.
Amén.