20180123

Actualización do concello

Esta mañá escribín sobre o concello de Ribadeo, sobre a súa web e o erro ó entrar nunha sección, a de arquivo. Doce horas despois comprobo que a web segue igual, sen corrixir. Pero entrei na web do concello de novo non por iso, senón porque remato de enterarme que hoxe hai pleno. Para mirar a orde o día, a hora... e non atopo nada. Unha vez máis. O que si atopo é unha nota no apartado de novas, datada de hoxe, na que aparece que a rúa S. Roque se vai mellorar (algo que xa se sabía) e que xa se abre o prazo para licitación (algo que non se sabía, pero que apareceu hoxe na Voz, antes da nota do concello na web e do BOP). Por certo, que na nota dase conta das obras en S. Roque en en Piñeiro (Cedofeita), pero non da convocatoria para o 'SERVIZO DE MENSAXERIA INSTANTÁNEA A TRAVÉS DUNHA APLICACIÓN MÓBIL OU DE ESCRITORIO PARA UN NÚMERO DE ALUMNADO NON SUPERIOR A 500 PERSOAS', con 15 días naturais para a presentación de ofertas.
Embaixo quedas os tres anuncios no BOP de hoxe:







Ningún comentario: