20170930

Quen mercou o edifico de Vegalsa? De fondo en fondo e toco fondo

Coido que non esaxero ó dicir que a instauración dun centro comercial no Vilar cambiou 'para sempre' o comercio de Ribadeo e influiu de xeito decisivo no futuro da vila. Para ben, mal ou regular, iso é outro tema, pero a importancia é innegable.
E xa ten algo de historia. Cando se abriu, a comunicación coa rotonda do Voar foi a clave da súa comunicación. Logo veu a cesion da travesía de Fomento ó concello e a realización da nova rotonda coincidindo coa apertura de Lidl, que se veu a sumar a Bricoking, compartiu rotonda cunha grande superficie de capital chinés, engaidu Decathlon (agora Koodza) e Merkal, viu xurdir despois en lugar próximo un Mercadona, á distancia que permite ADMotos, Hiperauto e Puerta Norte... desprazando o centro comercial de Ribadeo.
Pero isa é a historia 'visible'. Resulta que primeiro instalado, Eroski, vendeu ó pouco o local que seguiu xestionando. Non sei cantas persoas no pobo se enteraron, pero coido que non demasiadas. O comprador de local e terreo foi un fondo de inversións, Tristan Capital, inglés, e dentro do que cabe, cunha certa transparencia sobre os seus negocios, de xeito que ata aparece na wikipedia en inglés, asignándolle un monto de inversións duns 7500 millóns de euros.
Logo de tempo, veu a venda de Eroski a Vegalsa, claro, non do edificio, que xa estaba vendido, senón da tenda en si e da xestión. Foi Vegalsa a que puxo os cartos para a reforma que sufriu, pero a propiedade de terreo e edificio seguía a ser inglesa. Agora, unha compañía chipriota, MDSR investments LTD, da que non atopei páxina web directa nin máis referencias doutro tipo, mercou por 149 millóns de euros un paquete que inclúe a propiedade inmobiliaria no Vilar. Di algunha nota de prensa que a compañía é israelí, pero parece que aínda que poda ser de capital israelí, a nivel legal, non o é. E mentres as novas se trasladan polos círculos iniciados, aquí rematamos de enterarnos que Vegalsa, compañía con sede en galicia, opera nunhas instalacións inmobiliarias de propiedade chipriota e situadas en Ribadeo.
Polo momento.

20170929

Orzamentos participativos para Ribadeo

Xa foi. Os orzamentos de Ribadeo non admiten polo momento unha partida para a participación cidadá. Quedará pois para 'a próxima' a participación cidadá nos orzamentos.
Ven o tema a conto dunha nova de hai pouco tempo, que cifraba en 100 000 000 € o importe destinado polo concello de Madrid a temas propostos pola cidadanía (sobre un total do orzamento para 2018 de menos de 5 000 000 000 €, isto é, cousa de un 2%). Coas cifras de Ribadeo, menos de 10 000 000 €, dun xeito proporcional correspondería cousa de 200 000 € a cumprir as aspiracións expresadas e apoiadas directamente pola cidadanía.
Coido que en Ribadeo sería máis doado de facer que en Madrid, aínda que para facelo se necesite un sistema para facer saír as propostas, visibilizalas e ver o apoio que teñen, e polo tanto, unha vontade anterior de que o pobo participe. E, polo momento, non sei de manifestacións a favor de ningún dos grupos.
Por se queres investigar, aquí unha ligazón.

20170928

Chocolates Moreno, innovando con premio

A raíz dunha nova na prensa, entro na páxina de Chocolates Moreno. A presentación xa di moito:

Bienvenid@


EL CHOCOLATE DE TODA LA VIDA.
La calidad y la elaboración artesanal sigue siendo la carta de presentación de Chocolates Moreno, que lucha desde Ribadeo por mantener vivo el chocolate tradicional que ha sido un referente para varias generaciones.
Unha sección, sobre a elaboración do chocolate remata cunha confesión: 'en definitiva, se decesitan dos días para elaborar una tableta de chocolate'. Ou sexa, abondo máis que para zampala!
Outra remite a 'tacto, olfato y honradez' como clave do éxito. E debe dar resultado, pois os seus bombóns de algas son candidatos na primeira convocatoria dos premios Economía Azul.


PLENO BALEIRO : PREGUNTA SEN RESPOSTA. Colectivo 'Por nuestro Faro'


   No Pleno Municipal do pasado 21 de Setembro  a concelleira do PSOE Dna. Aurora González preguntou ao Sr. Alcalde pola sua resposta ao informe do Defensor del Pueblo recibido o 22 de agosto. Nese informe o Defensor del Pueblo ratificouse no emitido o día 16 de febreiro de 2017 no que xa se tivera pronunciado sobre a falla do informe de non afeccion a Rede Natura 2000 no expediente que conduciu a concesión da illa Pancha para dous apartamentos turísticos e posterior licencia de obras outorgada polo Concello. Compre suliñar que, no seu primeiro documento do 16 de febreiro, o Defensor suxería a paralización das obras ata que se subsanasen as deficiencias detectadas, pero Concello, Xunta e Puertos fixeron caso omiso, abrironse os apartamentos, e volveron pecharse por outras deficiencias, pero o informe cuxa carencia denunciou o Defensor segue sen aparecer. Compre lembrar que xa no pleno do 23 de Marzo de 2017 a mesma concelleira preguntou polo mesmo asunto con referencia á comunicación do Defensor do 16 de febreiro sen conquerir máis que evasivas, chegando o alcalde a afirmar que o Defensor podía ser un incompetente.
   A resposta do pasado 21 de setembro poderíase calificar de alucinante se non andivesemos por terreos xa moi pisados: o Sr. Alcalde volta a acubillarse á defensiva baixo o tópico de que  as  licencias son actividades regradas, cousa que ninguén lle discute nen lle preguntou, a pregunta é qué fai o Concello cando se lle advirte que falta un informe preceptivo e vinculante dado que esa carencia cuestiona a legalidade de todo o proceso que remata na concesión da licencia. E aquí, como hai seis meses, non hai resposta coherente senon simples evasivas: que o Defensor é un simple consultor sen competencias executivas, en última instancia que a sua opinion é de inferior calidade que a dos servizos xurídicos da Autoridade Portuaria, que ademáis de ser a promotora do programa “Faros de España” goza do privilexio da infalibilidade según criterio do Sr. Alcalde de Ribadeo. En fin, o Sr. Alcalde pretende convencernos de que mirar para outro lado ou ponerse de perfil non son decisións políticas pero non nos explica por qué consultou ao Defensor cando foi o asunto das luces da ponte. Ao mellor non se sabía daquela que só era un consultor intrascendente. Para rematar, a imaxe que da o Sr. Alcalde de Ribadeo é a de quen non pode xustificar a súa politica contraditoria, esvaída, partidaria de privatizar o noso patrimonio e, sí, unha vez ao ano ir contemplar como voan os paxariños, foto promocional incluida.
Colectivo “Por nuestro faro”

Cataluña, dende Galicia


Atopo o cartel no correo e nalgún lugar máis. Signos dos tempos, diría alguén. Algún purista, que non é Cataluña o que hai que debatir, senón a 'cuestión catalana' e a deriva actual...
Coido que é a primeira 'cousa' que poño no blog relacionada co 1-O, porque, ó fin, se non fora pola convocatoria dun referendo nin o cartel nin o que anuncia estaría agora en axenda. E póñoo porque é un xeito de compensar a intoxicación a que vimos sendo submetidos polos medios de comunicación dende hai tempo, pero coido que 'o de Cataluña' só é un subproduto que está sendo espoleado e aproveitado dende zonas de poder para non perder iso, o poder. Algo que tería que desenvolver para deixalo máis claro, pero que me leva a un certo afastamento da 'cuestión catalana' aínda sendo consciente de que na xestión dun sistema as cousas pequenas son importantes e ... Ben, seguro que esta tarde falan moito máis, aínda que o que non sei é se podería asumir as súas verbas (antes) ou se as asumirei (se vou, despois), xa se sabe que o diálogo pode facer cambiar visións.

20170927

En novembro, a residencia de anciáns estará equipada

Así se desprende da nota de prensa que apareceu onte á noite na web do concello. É un paso máis (non a 'conclusión da primeira fase') cara a que Ribadeo dispoña dunha residencia de anciáns adecuada a máis da moi escasa e con lagoas que hai na actualidade. Dende a comisión pro Residencia seguimos traballando.
Son 203 000 € de importe para as zonas comúns e habitacións, e 75 000 € máis para a cociña, con contrato asinado onte e tempo de entrega 'algo máis dun mes'.
Deixo abaixo a nota de prensa, lembrando que é iso, unha nota de prensa do concello.

Foto sinatura equipamento
ASÍ CONCLÚE A 1ª FASE "DESTE SOÑO COLECTIVO", DIXO BARCIA

Equipamento para a residencia

26/09/2017
No Concello tivo lugar esta tarde a sinatura dos contratos coas empresas que procederán a equipar de mobiliario á nova residencia de maiores. O investimento total ascende a 278 000 euros. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que "foi un proceso administrativo complexo e longo debido á súa magnitude económica".
 O rexedor declarou que "no día de hoxe materializamos un novo paso neste soño colectivo, que é a residencia municipal de maiores de Ribadeo, coa sinatura destes dous contratos para o seu equipamento. Foi un proceso administrativo complexo e longo polo seu montante económico, dado que empezamos en maio a tramitar coa publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial da Unión Europea, pola magnitude económica". 
Suárez Barcia dixo que "despois dun longo proceso de publicación, de presentación de ofertas, de selección, de dotación das garantías necesarias, etcétera, con todos os parabéns técnicos e xurídicos, no día de hoxe vimos de asinar este contrato coa empresa Lógica para o que ten que ver co equipamento de camas, camas articuladas, mesiñas, cortinaxes, todo o mobiliario para as salas de estar e para as zonas comúns, etcétera, por un importe de 203 000 euros. E tamén vimos de asinar un contrato coa empresa Alarsa por importe de 75 000 euros para todo o que ten que ver coa cociña, os electrodomésticos, a lavandería, etcétera, que contan con moitos avances e incluso con facilidades ergonómicas tanto para os traballadores como para os usuarios, ademais todo cunha capacidade sobrada para todas as persoas que traballen e vivan alí".
O alcalde indicou que "en definitiva son 278 000 euros de diñeiro público, que unha parte moi importante, coma sempre, está participada pola Deputación Provincial de Lugo, que se portou moi ben cos veciños e veciñas de Ribadeo nestes últimos anos. Aínda que non foi así por parte do resto de administracións, a Deputación sempre estivo moi achegada aos problemas e necesidades de Ribadeo e ás reivindicacións que desde o Concello lle fixemos, sempre contando coa participación de todos os grupos políticos, aínda que neste mandato o grupo municipal do Partido Popular desgraciadamente non quixo estar nesta loita colectiva que levamos mantido entre todos".
Fernando Suárez engadiu que "agora o prazo para a dotación deste equipamento será dun mes e pico. E así estamos iniciando o principio do final desta primeira fase, que consistía na disposición dos terreos, na licitación e construción do edificio, coa demolición previa das vivendas dos profesores e agora culminamos esta primeira fase co equipamento. A partir de aí iniciaremos unha segunda fase, que será a consecución das autorizacións previas da Xunta de Galicia para a súa posta en funcionamento á maior brevidade posible".
No acto celebrado esta tarde no Concello estiveron ademais do alcalde, a concelleira de Servizos Socisanitarios, o secretario municipal e representantes das empresas asinantes.

Nota final: Tentei procurar o Diario Oficial da Unión Europea do día 8 de abril, no que supostamente saiu  un anuncio relacionado coa residencia, mais nin no do 8 nin no do 7 vin nada.

20170926

Queres participar nun concurso de debuxo na Galipedia?

File:Drawinglove.png by Daria Arbuz ; File:Wikipedia-logo-v2-gl.png by Wikimedia Foundation; Derivative work by Elisardojm -Lic. Creative Commons recoñecemento compartir igual 4.0 internacional -

Non se necesita ser profesional, senón a vontade de participar. Deixo abaixo a nota enviada ós medios:
"

Boas, son un dos editores da Galipedia, a enciclopedia libre en galego, e póñome en contacto con vostedes para pedirlles que difundan entre os seus lectores unha nova actividade que pode serlles de interese.

Estamos a organizar un concurso de debuxo para ilustrar o artigo de María Victoria Moreno, a próxima homenaxeada no Día das Letras Galegas en 2018, e queremos conseguir a máxima participación posible.
Todos os detalles están na páxina https://gl.wikipedia.org/wiki/ Wikipedia:Wikiconcurso_Ilustra _o_D%C3%ADa_das_Letras e tamén un cartel en https://gl.wikipedia.org/wiki/ Ficheiro:Cartel_Wikiconcurso_I lustra_o_D%C3%ADa_das_Letras_2 017.png.

Grazas pola súa atención e se teñen calquera consulta non dubiden en contactar comigo.

Saúdos,
Elisardo Juncal"
Só lembrar que a Galipedia, a Wikipedia en galego, é unha enciclopedia en liña realizada de xeito cooperativo, pola comunidade para a comunidade. Para ti, e tamén por ti, se queres.
 

Reme, 36 anos de abandono dunha leitería

Entérome pola prensa que a leitería de Reme está a punto para o derribo.
Deixou de funcionar hai 36 anos, no 1981, e xa hai dez que se acusou o mal estado das instalacións antes xestionadas por Kraft e agora pertencentes a Industrias Lácteas Asturianas, ILAs, con base en Anleo, Navia, e filial de Reny-Picot.
A leitería de Reme, fotografada no 2014 por Google.
Dende que parou de funcionar, conha plantilla daquela de 49 persoas, a fábrica foi máis ou menos baleirada de canto tivera utilidade, saqueada, usada como parede para artistas gráficos afeizoados ou diana para lanzadores de pedras, pero os edificios e algunha cousa de menor utilidade ou máis difícil de saquear aínda queda en pé, como se pode observar na captura de Google de 2014 que deixo arriba.
A súa situación ó pé do Río Pequeno, visible en toda unha ampla curva da LU-133, fai que a súa existencia e deterioro non pasen desapercibidos.
Datos catastrais da zona centrada na leitería.
Agora afróntase o seu 'desmantelamento e demolición' nunha zona protexida que contribuiu a que estes dez anos foran pasando, aínda que o expediente está aberto só dende o 2015.
No seu momento coñecíaa 'todo o mundo'. Hoxe hai moita xente en Ribadeo que non sabe onde está nin que son 'esas ruínas'.
Por certo, que na zona houbo outra leitería, esta de tipo cooperativo, Mondigoleite, preto de A Ponte de Arante, que funcionou nun curto período a finais dos 80 do pasado século, nunha nave que hoxe é taller de automóbiles. Potencia e riqueza leiteira doutros tempos, non de hoxe.
Imaxe centrada na antiga Mondigoleite, co Santuario das Virtudes na parte superior esquerda.


20170925

Próximamente en sus buzones - Nota de prensa de Por Nuestro Faro

Remitimos a continuación el texto que contamos distribuír por Ribadeo estos días, un mes después de haber recibido la segunda notificación del Defensor del Pueblo:
 
   “Por nuestro faro” es un colectivo que, desde hace más de dos años, lucha por una isla Pancha de todos y para todos, aunque nuestra actividad no siempre es conocida. Sabemos, por ejemplo, que muchos ribadenses no están al corriente de que el Defensor del Pueblo ha editado un segundo informe. Por un lado, una parte de los medios no le ha prestado la atención que merece un organismo del peso del Defensor del Pueblo, adjudicando a menudo a “Por nuestro faro” una interpretación de la realidad cuando no hacíamos más que citar dicho informe. Por otro lado ni Xunta, ni Puertos ni Concello de Ribadeo, que recibieron la segunda resolución del Defensor el 22 de agosto, al mismo tiempo que nosotros, se han manifestado al respecto.
   Ahora el Concello de Ribadeo vuelve a permitir la apertura del hotel dando credibilidad por tercera vez a una declaración responsable de la empresa promotora, cuando las deficiencias detectadas (y tal vez subsanadas) no representan más que una pequeña parte de las irregularidades existentes.
Recordemos que el Concello de Ribadeo concedió la licencia de obras y luego se negó a paralizarlas cuando el primer informe del Defensor señaló la falta de evaluación de impacto ambiental, informe preceptivo y vinculante para conceder la licencia. Y ahora guarda silencio ante el segundo informe en el que el Defensor vuelve a insistir en que, legalmente, es necesaria dicha evaluación.
   Con el propósito de que la información que nos concierne a todos sea difundida integral y objetivamente, transcribimos aquí de forma literal la conclusión del escrito del Defensor del Pueblo. Su totalidad (7 páginas) está colgada en nuestro grupo de facebook y en ribadeando.blogspot.com
   “Decisión
   De conformidad con los artículos 28 y 30 de la Ley Orgánica 3/1981, de 6 de abril, del Defensor del Pueblo, se ha formulado a la Autoridad Portuaria una nueva Sugerencia en los siguientes términos:
   1. Requerir al promotor del proyecto la presentación de la documentación necesaria para completar la evaluación efectuada, y determinar si existe una afección apreciable al espacio protegido teniendo en cuenta todos los impactos de ejecución y explotación, incluido el turístico, y los objetivos de conservación del espacio.
   2. En caso de que la afección al espacio resulte apreciable, instar el inicio de una evaluación ambiental simplificada.
   De la respuesta que a tal Resolución se reciba, será usted informado, así como de las actuaciones que procedan.”

O pleno de xoves, para a posteridade

O pleno do xoves pódese ver agora en vídeo, xentileza do PSOE ribadense, e póñoo a continuación despois da entrada anterior, coa parte do pleno correspondente á pregunta sobre a illa Pancha:
É de esperar que a calidade vaia mellorando... e a respostas, tamén.
Como contraste e comparación, deixo abaixo a nota de prensa do concello, posterior ó pleno, pensando no que di, no que non di, e en como o di:
"
APROBÁRONSE UNHA MOCIÓN DO PSOE E OUTRA DO BNG

Pleno, onte

22/09/2017
O alcalde, Fernando Suárez, amósase sorprendido e indignado polo abandono por parte dos concelleiros do Partido Popular do pleno celebrado onte, cando membros da plataforma sanitaria acudiron á sesión portando unha pancarta en defensa da área sanitaria da Mariña. O rexedor considera que é un asunto que preocupa moito á veciñanza de Ribadeo e que había que debater. Suárez Barcia subliña que o PP onde é oposición, como en Asturias, critica a fusión encuberta das áreas sanitarias e onde é goberno, como en Galicia, di todo o contrario e nega que isto sexa así.
O alcalde ribadense cualificou a sesión de "interesante" en referencia a "este pleno ordinario que tivo lugar onte á noite en Ribadeo, onde moitos dos asuntos eran técnicos e económicos sobre todo para dar conta da marcha da economía municipal que, sen ser a mellor do mundo, imos tirando con moita dignidade con remanentes de tesourería positivos e con períodos medios de pago máis que decentes".
Fernando Suárez dixo que "había outros puntos na orde do día dun pleno que non son tan técnicos, son de debate sobre cuestións que lle afectan tamén aos nosos veciños e ás nosas veciñas e aínda que non teñan que ver directamente co Concello de Ribadeo si que a Corporación, como órgano colexiado e político, quere poñer o seu grao de area para dar a súa opinión sobre algo se lle gusta ou non. Estoume referindo á proposta que trouxemos sobre o mantemento da área sanitaria da Mariña".
O rexedor ribadense subliñou que "é algo que está no debate público, e que moitísima xente e moitísimos profesionais da sanidade pública do Hospital da Costa nos manifestan a diario, e estamos vendo que hai unha clara intención do goberno galego a través da aprobación desta nova lei de saúde pública de que desapareza a área sanitaria da Mariña e de que o Hospital da Costa sexa un mero apéndice e un mero ambulatorio do HULA de Lugo".
Para Suárez Barcia "a nosa sorpresa foi cando o grupo municipal do Partido Popular abandonou o pleno porque varios integrantes da Plataforma da Sanidade Pública da Mariña entraron no salón de plenos cunha pancarta que poñía Non á supresión da área sanitaria da Mariña. Entraron con educación, sen abrir a boca e en absoluto increparon a ninguén, simplemente despregaron unha pancarta. Eu levo varios anos xa no Concello de Ribadeo e vivín cando había plenos con duascentas persoas, cando había tensión nos plenos, incluso vivín no mandato anterior cando esta mesma Plataforma Sanitaria entrou cunha pancarta e non pasou nada. Quizais eran outras as persoas que estaban na Corporación anteriormente".
O alcalde ribadense explicou que "o que me indigna a min, e entendo que ao resto de grupos da Corporación que alí quedaron, é o marcharse para faltar a un debate. Noutros mandatos anteriores había valentía de todos os grupos para manter as posicións propias aínda que foran contrarias ao sentir xeral do pleno ou ao do público asistente, pero o que vimos onte non ten parangón. Os membros do grupo municipal do PP non son capaces de romper a disciplina de partido, nin de defender algo que é obvio nun tema que tanto afecta á xente da Mariña e particularmente a nós, á xente de Ribadeo".
Fernando Suárez insistiu en que "o que estamos dicindo, e o que di a Plataforma da Sanidade Pública da Mariña e os profesionais de Burela con respecto a esta modificación da lei é que antes os recursos estaban en función das necesidades da poboación e que agora con este proxecto de lei que está en trámite, estarán en función dos recursos económicos existentes que o goberno de turno, é dicir o goberno do PP da Xunta de Galicia, queira incorporar, e iso é algo que é fundamental. Polo tanto non querer debater, non querer asumir ou non querer dar a cara nestes debates deixa moito que desexar destes representantes do pobo. A min tamén me molesta cando me critican, ou cando poida haber xente no público que non estea de acordo co que nosoutros opinamos, pero non por iso nos marchamos. Iso é algo que para ser concelleiro había que telo claro desde o momento en que un se quere presentar a unhas eleccións".
O alcalde ribadense engadiu que "o resto de grupos da Corporación estivemos de acordo, o Bloque, o PSOE e Ciudadanos, en que queremos poñer o noso grao de area e opinión pública en que non queremos a supresión da área sanitaria da Mariña, e non o dicimos nós porque non sexamos parte do goberno galego. Facíame moita graza escoitar onte mesmo á presidenta do PP asturiano como se laiaba de que o Principado de Asturias, que non está gobernado polo PP, estea facendo unha fusión encuberta de áreas sanitarias, o mesmiño que aquí. Alí o PP está na oposición e por iso se laia tanto, pero aquí en Galicia como o PP goberna na Xunta todos os seus lacaios no resto de Concellos en vez de romper unha lanza en favor do sentido común prefiren marchar do pleno e non debater convenientemente as diferentes opinións políticas".
Mocións
Fernando Suárez tamén se referiu a outros asuntos tratados no pleno de onte que "o resto de grupos que quedamos alí acordamos aprobar por unanimidade unha moción do PSOE para instar á Xunta de Galicia ao incremento económico dos plans de mellora de camiños municipais, e unha moción do BNG sobre o Pazo de Meirás e a Fundación Francisco Franco no senso de facer unha condena pública das actuacións e das actitudes da Fundación Franco e da súa familia ao respecto da situación de vergoña e espolio na que manteñen o Pazo de Meirás. No apartado de rogos e preguntas houbo varios feitos pola oposición nas que algunhas teñen razón e intentaremos corrixir e outras coas que non estamos de acordo explicamos cal é a nosa motivación". 

 "
 Por último, aínda agora non podo acompañar a entrada coa convocatoria porque non está dispoñible na rede.

Álzase o faro no pleno

Como estaba anunciado, o PSOE colgou o vídeo do pleno. Deixo en baixo a parte correspondente á pregunta do PSOE sobre a illa Pancha e a contestación. Continuarán no blog tanto o pleno como o faro. Que o desfrutedes se non o víchedes aínda. E sempre, que vos anime a participar (tamén hai unha pregunta sobre iso no pleno) no que é de todos, como o concello.

20170922

Non fuches ó pleno

E perdícheste. Perdícheste as actuacións, deixaches os tes dereitos totalmente noutras mans, sen facer un seguemento deles... A minusvaloración do Hospital da Costa, despregue dunha pancarta e saída dun grupo do pleno en consecuencia. Ou o suposto consenso esgrimido polo alcalde nas actuacións sobre a illa Pancha e o (di a prensa) seu 'incerto futuro'.
Vas ter unha segunda oportunidade. O PSOE gravou o pleno. E vas podelo ver en breve. Presta atención. Os teus asuntos incúmbente.
Ver o vídeo non vai ser o mesmo que estar presente, pero achégase.

20170921

Imaxes dende Ribadeo

As veces non nos decatamos de onde vivimos. Temos que reflexionar ó pasar polos sitios para car na conta da beleza ou infamia que representan. E, de cando en vez, é un exercicio de autorecoñecemento  que ven moi ben.
Aquí quedan algunha fotos tomadas estes días de lugares uns máis coñecidos, outros descoñecidos, uns de todos os días, outros, do momento, cunha característica común: tomadas en Ribadeo. Cara ó ceo, á ría, ou a detalles da vila. Non tratan de ser artísticas, senón de lembrar que eses lugares existen e miralos está ó noso alcance.
Madeira acumulada no porto de Mirasol, co tesón e As Figueiras ó fondo. Non chega a haber as cantidades que houbo pouco tempo atrás, pero non deixa de ser unha estampa ribadense..

A V de vicotria parece formarse ó rematar a auga de tapar o tesón fronte a Mirasol.


Os novos aparcadoiros de bicicletas.

Arco da vella sobre San Roque, á mañá.

Xardíns colgantes no tellado, un clásico de Ribadeo

O costal sen árbores (e con escaleira) dende o cemiterio. Quen se lembra da urbanización que hai unha ducía de anos se pretendía poñer alí?

Os vidros reflicten o ceo por baixo da vexetación

20170920

Pleno con dous días de antelación

Hoxe decateime de algo moi raro nesta administración local: apareceu unha nota de prensa onte con información do pleno de mañá. Que a nota sexa en plan triunfalista por ter acumulado cartos en relación a anos pasados e marcando unha liña ascendente non desmerece que sexa información sobre un pleno dada cunha antelación decoñecida.
Pode que a antelación teña que ver o anuncio dun grupo político, o PSOE, de gravar os plenos para logo colgalos en internet a disposición dos veciños, o que certamente ten visos de mellorar en moito o que teño feito longo tempo de presentar aquí unha crónica a modo de acta do día seguinte, e para o que fixen unha etiqueta (aínda que preste acubillo a outros comentarios sobre os plenos, coma este): plenos. Non sei o que durará, pois o lóxico sería que o goberno municipal, que coido xa grava dende hai tempo o son dos plenos para facilitar as actas, puxera a disposición dos veciños dito son, en troque de retrasar o colgado de actas de xeito que na actualidade a última acta que se pode ver na páxina web do concello é de setembro de 2015. E agora, coa competencia do PSOE, puxera o vídeo despois de emitilo en directo. Veremos.

E, logo, de que vai o pleno do xoves, de mañá?
Ben, a convocatoria non está colgada, logo temos que recorrer á nota de propaganda:
Novas
TAMÉN SE VERÁN NESTA SESIÓN OS FESTIVOS LOCAIS DE 2018
Pleno ordinario, este xoves
19/09/2017
O Concello conta cun remanente positivo de 1 500 000 euros e un resultado orzamentario positivo en 930 000 euros. Estas son as cifras da conta xeral de 2016, que se someterá a aprobación no pleno ordinario que terá lugar este xoves, 21 de setembro. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que o período medio de pago a provedores está en 9 días, unha vez que as facturas son aprobadas.
O rexedor contou que "para este pleno ordinario, que se vai celebrar aquí en Ribadeo o vindeiro xoves, 21 de setembro, ás 20:30 horas hai unha serie de asuntos, pero eu quixera destacar os de índole económica, entre os que figura a aprobación da conta xeral de 2016. Trátase dun documento técnico que hai que remitir, como nos últimos anos, ao Tribunal de Contas e nas cales inclúe a liquidación do ano pasado".
Para Fernando Suárez "debemos dicir con orgullo de que se continúa na liña de estes últimos anos. Volvemos ter un remanente positivo, é dicir unha acumulación de liquidez importante, incluso superior á do ano pasado, xa que chega ao millón cincocentos mil euros, mentres que no 2016 era de 1 300 000 euros. O resultado orzamentario sigue sendo positivo en 930 000 euros. É dicir, que en todo o exercicio anterior tivemos máis ingresos que gastos, de aí que tivéramos un balance positivo ao final do ano".
O alcalde ribadense dixo que "todo isto é positivo porque temos un plan económico financieiro de estabilidade, que aínda sigue vixente, pero neste ano cumprimos todos os seus obxectivos e estamos encarando sen dúbida o último ano de vixencia deste plan. E neste ano contamos cumprir para quede sen efecto este plan, que non deixa de ser un corsé".
Suárez Barcia subliñou que "aproveitamos o remanente que estou a comentar para amortizar moitísimo a débeda bancaria, practicamente en dous anos (neste e no anterior) amortizamos 1 200 000 euros, moito deste diñeiro de maneira anticipada e non só coas cotas que tiñamos asignadas de xeito periódico. Polo tanto este préstamo do plan de pagamento a provedores, que tivemos que solicitar hai un tempo, contamos liquidalo no ano que ven".
O rexedor engadiu que "ao mesmo tempo destas cifras macroeconómicas as máis microeconómicas, as que os provedores moitas veces miran con lupa, que é o período medio da pagamento que temos, e que para este segundo trimestre se sitúa nuns nove días. Hai que ter en conta que os Concellos temos 30 días para aprobar as facturas que nos entran, pero a media, unha vez superado este trámite de aprobación da factura, está en nove días, que é algo realmente moi positivo e que, como digo moitas veces, hai dez anos cando a honra de ter a alcaldía por primeira vez estas cifras mareaban porque estaban os prazos de pago practicamente a un ano vista. Nada que ver con aquel momento, si temos moitos retos por diante, si necesitamos ter o músculo que se precisa para todos os proxectos que temos en marcha. E estamos convencidos de que os iremos levando adiante, tal e como fomos levando adiante todo o que nos propuxemos".
Ao pleno deste xoves tamén irán os festivos locais de 2018: "volvemos propoñer, e ademais foi un acordo unánime na comisión informativa previa, o día de San Roque (xoves 16 de agosto) e o día da patroa (sábado 8 de setembro)".
E o resto de temas a tratar? Como non se publicou a convocatoria na web, haberá que esperar (ou bucear entre os papeis diversos á entrada do concello, onde debera estar como podemos colixir unha vez vista a nota de prensa).
Unha aclaración sobre os pagos: 30 días de aprobación de factura máis 9 días son 39 días entre presentación de factura e pago, por termo medio, o que non está nada mal, pero o remarcar '9 días' préstase a confusión.
Por último, dicir que ler unha nota de prensa e comparala co presentado polos xornais é un exercicio saudable que aconsello.
Nota: Para adecuar á normativa de presentación de cifras, quiteille os . cada agrupamento de números (1 300 000 e non 1.300.000) como veño facendo, e algunha pequena corrección máis.

20170919

Deporte e transporte parécense

Aparcadoiro de bicicletas do modelo posto de xeito recente en Ribadeo (pza. 8 de Marzo)

Este fin de semana houbo en Ribadeo dúas actividades deportivas multitudinarias.
A primeira delas (segunda no tempo), a festa da bicicleta, reuniu a varios centos de persoas que un ano máis se deron un paseo festivo o domingo pola mañá por Ribadeo, recorrendo o pobo, foi auspiciada de xeito privado e non foi reivindicativa como outras, máis minoritarias, que reclamaron o pasado ano outra consideración para os ciclistas, incluídos carril bici e aparcamentos.
Bici no auditorio (2008)

A consideración depende de cada un, e vaise logrando moi pouco a pouco, como puiden comprobar onte mesmo na rotonda na que a N-642 desemboca na N-640. O carril bici en Ribadeo segue a estar ausente e non se lle espera. Aparcamentos de deseño foron postos hai non tanto en varias zonas, ó pouco de instalar os carteis de vila amiga das bicicletas.
E mais a bicicleta parece ser o vehículo do futuro, e non só pola dificultade na procura de petróleo, senón porque a dificultade cada vez maior de dispoñer de transporte público na zona rural ten menos espazo na prensa e patrocinios que a bicicleta. Do transporte público só se fala para información xeral e pola xente que se vai quedar sen emprego. É lamentalbe a perda de emprego, pero tamén un indicativo de que a mala comunicación no rural non parece ser moi importante como servizo se non se pode exprimir moito beneficio.
A segunda cita deportiva, o sábado á tarde, foi a IV edición da Media Maratón Ribadeo - As Catedrais. Mais numerosa, con máis de 700 deportistas correndo, pasou a maior parte do tempo polo camiño do Cantábrico. Tamén promocional e festiva, desta volta, reivindicativa das catedrais ribadenses, o seu recorrido corre á beira dun trasporte colectivo en patente abandono e derribo. Tanto que din que o tren é unha ruína cando nin se fai por cobrar, nin se poñen maquinistas e moitas veces hai que levar á xente en autobús ou taxi contratado, e mesmo é un perigo polo descuido da vía e o esu entorno. Unha carreira que remata nun lugar para o que se pediu un apeadeiro ou estación para facilitar o acceso, pero o que leva funcionando xa varios anos é un aumento de aparcamento de tempada. Un lugar para o que se pediu transporte público, pero que incrementou as prazas de aparcamento para transporte individual.
Si, que ambas verbas rematen en 'porte' non parece asegurar que haxa unha conexión no seu uso máis aló da existencia dun movemento.

20170918

Comenzo de curso no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

Hoxe desenvolveranse as primeiras clases do novo curso no IES de Ribadeo dionisio Gamallo. Como xa ven sendo habitual, desenvolverase asemade unha conferencia inaugural, que neste caso será impartida polo que foi profesor do centro, Roberto Rodríguez Rodríguez cun título moi achegado a Ribadeo: “Unha visión de Suso Peña e o seu legado”. Terá lugar ás 12:30  no salón de actos do centro educativo.
As conferencias inugurais de anos anteriores están tamén dispoñibles na web do IES. Foron impartidas por:
CURSO 2016-17
XAVIER RODRÍGUEZ BAIXERAS: Algúns aspectos da poesía de Luz Pozo.

CURSO 2015-16
FRANCISCO DÍAZ-FIERROS VIQUEIRA: Xeoloxía e paisaxe. Na memoria de Isidoro Asensio Amor.

CURSO 2014-15
ANTONIO DEAÑO: Dionisio Gamallo.
Foto do cartel do X cabodano do pasamento de Suso Peña.

20170915

Rede para a mobilidade e innovación na formación profesional made in Ribadeo

Hoxe venres, presentación:


Nota informativa do colectivo Por Nuestro Faro (20170914)

Deixo aquí a nota de prensa do colectivo Por Nuestro Faro emitida onte, con algún comentario meu engadido ó final.
Ribadeo, 14 de setembro de 2017.
   Ao fio da última nota informativa do Concello de Ribadeo encol do Proxecto de Apartamentos no Faro da Illa Pancha vémonos na obriga de crarexar o seguinte:
   En primeiro lugar o Sr. Alcalde manifesta defender a legalidade pero pasa amplamente dos informes do Defensor del Pueblo, que, por segunda vez, o día 22 de Agosto notificoulle a falla de Informe de Impacto á Rede Natura 2000, requisito impresindible para xestionar a concesión e conceder a licencia. Non se entende qué legalidade defende o concello de Ribadeo, despois de que a falla de ese informe lle fose notificada duas veces por un organismo oficial da categoría da oficina do Defensor. O Sr. Alcalde nen tan siquera fai unha mínima mención ou alusión ao Defensor. Limítase a esquecelo como se non existise, e despois fai gabanza dunha suposta legalidade que interpreta á sua maneira, sen mais explicacións.
   Polo demais a nota do Concello incurre en vaguedades que amosan a sua intención de abrir os apartamentos, desdecíndose do seu compromiso de exixir á Adminsitración Portuaria o acceso libre dos veciños e visitantes. Concretamente quixéramos que nos crarexase a seguinte frase do seu comunicado:
   “O rexedor asegurou que o concesionario presentou hai pouco unha terceira declaración responsable na que garante o acceso público así con ter arranzado as deficiencias detectadas polos técnicos municipais.
   O problema é moi doado de entender: ¿Pode un concesionario particular “garantir” o libre acceso á Illa Pancha?. ¿Non quedamos en que ese asunto era competencia da Autoridade Portuaría? E ainda máis: A concesión foi de cincocentos metros cadrados según consta na resolución da Autoridade Portuaria. ¿Pode legalmente un particular garantir o acceso aos 4300 metros cadrados da illa?.
   Demasiados inquéritos e demasiada ambigüidade nas declaración do Sr. Alcalde para contradecirse unha volta si e outra tamén. Lémbrese cando dixo que o Defensor podía ser un incompetente, para despois solicitar información e personarse no expediente deste organismo e rematar pasando dos sus informes. E agora admitindo a posibilidade de que un particular sexa o garante do acceso a unha illa, ate agora pechada ao público pola Autoridade Portuaria.
   E logo ¿ estas reviravoltas non forman parte dunha política destinada a darlle paso aos apartamentos deixando no aer moitos inquéritos sobre a legalidade da tramitación?. O informe técnico de Medio Ambiente sobre o impacto na rede Natura 2000 ¿Non era preceptivo e vinculante? ¿E non dixo o Defensor, repetidamente que non existe? ¿Onde vai a letanía sobre os informes preceptivos e vinculantes?. ¿ E non é unha decisión política calculada con obxectivos electorais pasar duns informes e darlle prevalencia a outros?.
    Dende logo nos non entendemos nada, así que haberá que agardar a que veña o diaño e nolo explique. Pero mentres non chegue o día seguiremos denunciando a falla de información e pensando que aquí ainda hai moito que crarexar.
COLECTIVO POR NUESTRO FARO

Comentario:
Asumindo a nota de prensa dun colectivo do que formo parte, coido que en un medio coma este pódese desenvolver algunha das partes de xeito máis amplo do que aparece no mesmo. Por suposto, coa historia que xa ten o colectivo, pódense aportar moitos máis datos, o que non farei para non cansar nin repetir. O mesmo pasa coa idea de fondo e razoamentos sobre a illa como ben común e protexido, cousas que tamén se esquecen na nota de pensa do concello. Dito o anterior:
- A nota do alcalde fala de tres notas de declaración responsable diferentes. Por suposto, debe entenderse que cada nota anularía a anterior. Tamén, que cada rectificación aporta menos credibilidade sobre unha actuación responsable.
- Na nota da alcaldía fálase da legalidade cando se están esquecendo os propios argumentos legais para a concesión da apertura polo concello. É certo que con unha declaración responsable pódese abrir, pero se se pecha e logo non se esixe todo o que se ten que esixir (e aí está o informe do Defensor e ata onde sabemos, o incumprimento das condicións do contrato), é un fallo do concello, tanto na licenza como para uso legal posterior.
- O propio esquecemento do re-remarcado polo Defensor del Pueblo, resta argumentos a unha hipotética defensa da actuación do concello. Algo que por unha parte vai en interese do todos, non xa como copropietarios da illa, senón tamén na defensa dos nosos propios cartos, que son os que o concesionario pretende coa reclamación interposta ó concello.
- As declaracións que, segundo o alcalde, fixo o concesionario topan de frente e contradinse cun documento que prevalecería sobre elas e que o alcalde ten no seu poder, o contrato de concesión, que en ningures fala de que fora modificado, e que especifica que o portal de acceso á illa  permanecerá cerrado sempre, salvo cando o abran os dende os seus vehículos os clientes do hotel.
- A declaración responsable entendo que non se fai xusto cando se vai abrir, como se insinúa na nota, senón ó presentar o papeleo para obrar. Iso implicaría que se no seu momento non se axustaba á legalidade, como di a nota, non se lle debera xa conceder permiso de obra.
En fin. Continuaremos.

20170914

Buronlandia (e Buronlandia II). Francisco José Campos Dorado Campos

Deixo aquí dous artigos xa vellos de Pancho Campos, publicados en La Comarca del Eo en outubro e novembro de 2011, o segundo en resposta a un comentario aparecido entre medias no mesmo semanario. Quedaban por publicar, e complementan a parte final da entrada anterior, aínda que foron feitos de xeito totalmente independente dela.

Burónlandia

Hoxe, 21 de setembro, atopeime na rotonda de “Os Irmandiños” co cartel de espacio da Biosfera- Oscos-Río Eo e Terras de Burón. ¡Non fún capaz de concebir o soño na siesta...! así era, e é, o cabreo que teño. Non me importa decilo e manifestalo. Encóntrome cabreado, indignado e incluso humillado polos feitos que unha cuadrilla de señoritos cantamañanas están a facer desde fai uns anos, arroupados polo beneplácito e a desídia dos alcaldes de Ribadeo, que solo pensan na súa persoal carreira política. Comenzaron a “meterlla” con moito “jaboncillo” e paseos dun lado para outro, e votarlle uns cantos “polvos” seguidos a D.José Carlos Andina, así estes lodos, con aquelo da Casa da Ría (obviando de Ribadeo), a continuación a Casa da Ría del Encuentro (obviando de novo o de Ribadeo), e logo pasaron a crear o tinglado este de Oscos- Rio Eo e Terras de Burón para o asunto da Biosfera da UNESCO ou de casadiós, que tanto monta... (e obviando por descontado o nome de Ribadeo, en tódalas súas facetas). Destas imbecilidades consentidas, resulta que de forma malévola e torticera, xa plantaron a “pica en Flandes” (léase, na rotonda dos Irmandiños).
Levo falando, desde fai vinte anos, do cinismo e teimuda actitude astur e da pasividade servil e ignominiosa galega sobre o patrimonio de Galiza. A pérdida de denominación da Ria de Ribadeo, é unha pérda de idéntidade galega, que é de todas-todas inasumible, é que non podemos consentir.
Fai algo máis de un ano, que con paso firme é seguro, esta cuadrilla das Terras de Burón, coa escusa da Biosfera, fixeron a Casa da Ría do Eo en Castropol, para ver as “avefrías” sobre o “tesón do rio Eo”, é como broche de ouro, trouxeron para inaugurala o inútil e totalmente estúpido, Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia... ¡¡que manda ovos...!!! esquecime do seu nome porque cando un persoeiro me da noxo... nono apunto na axenda, pois mellor esquecelo canto antes, por aquelo de que afecta o meu ritmo cardíaco e perxudícame a saúde..., non por outra cousa.. ¡¡faltaría máis...!!
Estes “compadritos” das Terras de Burón and Company (chusma, con moito poder adquisitivo provinte dos “chanchullos de pasillo” nas sedes da Comunidade Europea... influencias a mazo, pois, según oídas, teñen un ou dous parlamentarios en Bruselas), acaban de terminar de dar unhas charlas na Casa das Letras, coa presentación e prolegómenos do alcalde de Ribadeo, D. Fernando Barcia, para “realzar” o despropósito (houbo foto, é saíu guapo... manda güevos!! ¿como puiden equivocarme tanto na estimación, como para votar como alcaldable a este elemento... ??). E como este señor é, un “nacionalista” sociata, pancista, e esperemos que dentro de pouco de influencia irrelevante para as cousas e “antiguallas de Ribadeo”, non lle da importancia, a que a ría é a Ría de Ribadeo, que as terras de “Burón”, son as Terras de Ribadeo e as Terras de Miranda, cuio descendente D. Pedro Miranda e Miranda, é o dono de Rio Cainzos, Boa Vista, etc. en cuia casa patrucial da calle Amando Perez de Ribadeo, se poden ver dous escudos da súa nobreza, nun de cuios cuarteles aparece o tributo das Cen Doncelas, que data de Mauregato ano 783-789, ou sexa, de fai máis de doce séculos, “algo” anterior os Oscos-Eo e a Burónlandia...
A todos estes persoeiros de encefalograma plano e de peto ancho, esperemos que poidamos irlles mentendo mano dún en ún, ou si me apuran, en manada, que me é igual, e tanto monta. Implicaron o Ministerio de Medio Ambiente, por enchufismo de estómagos agradecidos ou por desidia ministerial, pois por suposto, nada histórico ten tal denominación inventada como slogan, e xa están os carteis de “Burónlandia” e “Ministerio de Medio Ambiente de España” en tódolos cabazos e obras de reconstrucción feitas nos concellos de Trabada, Ribadeo, etc. ¿esta tropa terá algo que ver cos destructores do Patrimonio de Ribadeo, leáse, Escolas Taller do LIDER ....que van a “reconstruir” con un presuposto de 12.000 € as vidrieiras do cimenterio de casi 500.000 € de valor estimado.... ? Como levo decindo, desde fai anos, no século XV, ano 1414, foi creado por Juan I de Castela, o Principado de Asturias, e desde aquela foron apropiándose das Terras de Reboredo ou Terras de Ribadeo desde o río Navia o Eo, logo, a primeiros do século XX cambiaron o nome da Veiga de Ribadeo, este século XXI tócalle a Ría de Ribadeo e o Concello de Ribadeo completo, pois as terras do Concello xa son, polo que parece, as de Burónlandia, para o século XXII será Barreiros, a Espiñeira, e Villaronte..., no século XXIII Foz... e non sei cando chegarán a Catedral de Santiago.. para ver si se enteran alí dunha puta vez, do que están a facer con Galiza... debido a súa indolencia, negligencia e abandono do galego.
E como no reino de Asturias, que non existiu tal reino na puta vida, pois para facerse ver como iniciadores da Reconquista, inventaronse a lenda de “Pelaio rei”, cando en realidade foi un pastor de ovellas e cabras de Tuy, que se liou a pedradas contra os moros que lle roubaban as cabras.... ¿ou algúen pensa que donde está ubicada a cova da Santina, era lugar para vivir un rei.... ? ¡pois, como inventaron mal a historia, equivocáronse no relato, varias veces, e nun deles, dicen que Pelaio xa estaba na montaña... polo tanto, non foi él a buscar os moros... sinón que os moros foron a roubalo a él... ¡así que....! ¿onde están as ruinas do pazo ou da casa de Pelaio? están enterrados e sin descubrir todavía...? qué raro sona esto... coa “eficiencia e profesionalidade” que ten esta xente... que foi capaz de descubrir fai vinte anos, a Diadema de Ribadeo nos Oscos... ou fai tres anos que rexistraron no Principado o pecio da Galga Andaluza que foi afundida polos ingleses en 27 de septembro de 1719 no porto galego de Ribadeo ... co que deberan de haberse quedado os ingleses, en vez de cobrar rescate dos comerciantes de Ribadeo, así hoxe, polo menos falaríamos inglés...! En fín. Todas estas cousas ocurren, pola desidia da administración galega, e quizáis pola desidia de nós, os propios galegos, porque se obviou e se borrou do mapa da península o Reino de Galicia, e se lle puxo “Xunta de Galicia”, cousa coa que estaba totalmente en contra Castelao, pois consideraba a “Xunta” un instrumento da burguesía central, para ser unha sucursal do poder Castelán-Madrileño que el tanto aborrecía...
Non é relevante engadir máis. De momento denunciar ante vós, veciños das Terras Ribadeo, o que eu vin e estou a ver. Espero que entre tódolos ribadenses auténticos, non entre vendidos e sinvergüenzas que anidaron sin ningún escrúpulo no noso pobo, poidamos enmendar esta canallada contra a nosa identidade, e sí podedes, facede algo para remediar este asqueroso desaguisado, si algún día queredes legar algo os vosos fillos do patrimonio auténtico que herdamos dos nosos maiores.


Biosfera; Programa LEADER

UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura). Organismo fundado o 4 de novembro de 1946 e o que pertencen a maioría dos estados membros da ONU. Está constituido por tres organismos: A Conferencia Xeral; o Consello Executivo e o Secretariado. A Conferencia reúnese cada dous anos en sesión ordinaria e pode ser convocada a extraordinario a pedido dun tercio dos representantes. Está integrada por representantes de tódolos países e decide programas destinados a promover os valores culturales dos diversos países, a investigación científica, a colaboración internacional a través da educación, da ciencia e da cultura, da eliminación de prexuicios raciales e para o fortalecemento da libertade de información.
O Consello Executivo, formado por 34 membros, renóvase cada cuatro anos e prepara o programa que será sometido á Conferencia e “vixila o seu cumprimento” unha vez aceptado. O Secretariado está presidido por un Director Xeral elexido por seis anos e cuia actividade está dirixida a someter os proxectos o Consello Executivo, e presentar informes sobre a actividad da organización. Ten a súa sede en Paris.

Nota: UNESCO (Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura). Organismo fundado el 4 de noviembre de 1946 y al que pertenecen la mayoría de los estados miembros de la ONU. Está constituido por tres organismos: la Conferencia General; el Consejo Ejecutivo y el Secretariado. La Conferencia se reúne cada dos años en sesión ordinaria y puede ser convocada a extraordinario a pedido de un tercio de los representantes. Está integrada por representantes de todos los países y decide programas destinados a promover los valores culturales de los diversos países, la investigación científica, la colaboración internacional a través de la educación, la ciencia y la cultura, la eliminación de los prejuicios raciales y el fortalecimiento de la libertad de información.
El Consejo Ejecutivo, formado por 34 miembros, se renueva cada cuatro años y prepara el programa que ha de ser sometido a la Conferencia y vigila su cumplimento una vez aceptado. El Secretariado está presidido por el director general elegido por seis años y cuya actividad está dirigida a someter los proyectos al Consejo Ejecutivo y presentar informes sobre la actividad de la organización. Tiene su sede en Paris.

--

BURONLANDIA (II): A un Juan Sin Nome

Non me sorprendeu o artigo que recibín no meu correo electrónico. Nada. Eu sabía que habería algunha resposta o rudo e brusco artigo que fai un mes escribín cun enfado descomunal, e que o deixei tal cual saíra da primeira fornada, porque considerei e considero, que vai sendo hora de poñer coto a estes burdos e complacientes fábulistas que día a día usurpan e falsifican a nosa historia patrimonial, dados a engrandecer pola súa conta os mentores que pagan a súa fachenda. O meu artigo, pecou de modales, sin duda, pero tuvo algo do que o seu, Juan Sin Nome, carece por completo: foi sincero e honesto.
Non sospeitaba cun “catedrático en xeanoloxía” entrara ó trapo. Alédome de que así sexa, pois haberá debate, nono dude. Estiven esperando estas últimas catro semanas para ver si tiña o aquelo de publicalo en “La Comarca del Eo” para que con luz e taquígrafos, todo o mundo poidera ler as barbaridades históricas coas que se regusta describir, para rebatir as verdades que eu comentaba.
Empezarei abríndome un cuadrante da miña ideoloxía política galeguista, para que non teña nada que respetar, si non a comparte. Pois eu son, como vostede se complace en chamarme: “sectorial, radical e talibán”, e eu a ideoloxía nazi nin a respeto nin a comparto, exactamente igual que me pasa cos catedráticos de Historia que dan “clases de historietas”, polo que, intentarei baixar uns seis mil pes para poñerme a súa altura de historiador contacontos, con perdón dos contacontos.
A misión do Historiador é restablecer a verdade dos feitos, por eso as cátedras de Historia deben ser diacrónicas, esto é, que a súa enseñanza esté baseada en estudos reales de feitos que ocurriron o largo do tempo, non en trapalladas que dixo algún “erudito” contemporáneo e que copiaron tódolos seguintes que estudaron esa historia elaborada para xustificar a idea imperialista da España do Franquismo, sin contrastar nunca un punto nin unha coma daquel primixenio relato. Algo que está a ocurrir de cotío copiando de Internet todo tipo de falcatruadas.
Pero, o meu entender, o Catedrático debe ser unha persoa entregadada o Estudo para lograr a Excelencia, e poder facer, co seu exemplo, que os alumnos beban o Respeto nas aulas, pois teñen que darse conta de que só con Autodisplicina e Dedicación se logra ter a Confianza da materia que estudan. Pero para eso, hai que estudar moitas horas diarias, para non engañar con burda charlatanería os alumnos. Na Cátedra nunca se minte. A Universidade é símbolo de Verdade e de Liberdade por derriba de todo, polo tanto os catedráticos rebosan Sobriedade, pois están, ou deberan de estar, a altura da nobleza da enseñanza.
Pero vostede falsea os relatos históricos e para demostrallo, vou utilizar o mesmo aforismo que vostede: “os datos non se discuten, contrástanse”.
Explica con todo luxo de detalles onde se atopan as Terras de Burón. A min non facía falla que me explicara nada, eu xa o sabía. Están nos Concellos da Fonsagrada e en Negueira de Muñiz, non nas Terras de Ribadeo, polo que ven a darme a razón, pero non contesta o que eu decía: ¿que é o que fai o cartel de Reserva da Biosfera: Rio-Eo, Oscos e Terras de Burón na rotonda dos Irmandiños?
Non, non contesta a pregunta e tampouco explica, para nada, como foron capaces de engatusar os dous alcaldes de Ribadeo, que eu puxen a caer dun burro, con gran pesar, poden crerme, pois vexo que na maior representanción do noso pobo, como é a Alcaldía, non fixeron os deberes a tempo, e vai a ser árdua tarea cambiar o que xa está escrito. E sigo pensando, que si non se poñen a traballar xa, sobre o asunto, non lles pode saír politicamente gratis, pois cando non se está a altura das circunstancias pérdese a Confianza na xestión e no xestor.
En fin. Para rematar a súa parrafada, e sin haber dito nada do tema que nos atinxe, dice que o arcedianato chamado de Ribadeo, “del obispado de Oviedo, sin relación alguna con la localidad de dicho nombre”. ¿Vostede algunha vez soupo que Ribadeo, foi obispado entre 1182-1218? ¿que con ánimo de ser catedral, se construíu unha Colegiata? ¿vostede non sabe que o antigo cura da parroquia de Ribadeo, D.Enrique López Galuá, era Arcipreste? ¿Vostede sabe que o Condado de Ribadeo de 1369, chegaba o rio Frejulfe o lado do Navia, e que a sede mindoniense chegaba ata alí mismo ata fai cincuenta anos? ¿Como é posible que un catedrático, que encima é veciño noso, ignore esto? Non, nono ignora. Non me cabe duda. Vostede ningunea, ningunea as procedencias toponímicas, para ningunear a Ribadeo, vostede é un antiribadense recalcitrante para ningunear a identidade galega. ¿Ten algo contra do galego? porque eu a favor de Asturias incluso teño unha pequeniña parte da miña sangre. ¿Pero porqué este despropósito, nun profesor que debera ser distinguido pola Veracidade? ¿engrandécese ante adláteres daquel tipo de pelaxe?
No seguinte párrafo, utiliza de novo a técnica de embrollar o relato e tratar de embelesar con erudición valdía, dando un montón de datos que calquera rapaz de segundo de básica, é capaz de mellorar con solo entrar na voz da Wikipedia: “cronoloxía de reinos da península ibérica”. Pero mire vostede por donde, eu son aficionado a Historia e a Numismática, recopilo datos históricos como un coleccionista, e teño recopilados máis reis, que os que traen esas listas cronolóxicas, feitas por xente como vostede, e que por tanto, teñen a importancia que teñen, pero que non son dignas de Cátedra. Para eso, hai que ir as fontes serias da historia, esto é: prehistoria, arqueoloxía, numismática, documentos de arquivos históricos sitos en bibliotecas semi-olvidadas públicas e privadas, bibliografía militar, política e relixiosa...En unha palabra, hai que traballar.
O Reino de Asturias, abalado por toda esa lista de nomes de historiadores prestixiosos que vostede da, nunca existiu. Foi un mito creado polos poderes da nobleza política-relixiosa para repartir o territorio da Gallaecia e establecer límites a usura de uns e outros nobles da época. Tódolos relatos musulmáns, invariablemente falan de: “Djalykiah”, “Djalikiyah”, ou de “al-Yalalika”, cuxa tradución é: Gallaecia, que era o que realmente existía. Gallaecia era Hispania, desde os tempos romanos e que como vostede ten que saber, comprendía tódalas terras o Norte do Douro desde Braga ata Reinosa. Válgalle como dato dos agravios históricos de Sanchez Albornoz, tan querido por vostede, que ao escribir sobre unha carta que o papa Juan IX dirixe a Afonso III (866-910), como “Adefonsus Regi Gallaeciarum”, titulou o seu traballo como: “Sobre una epístola del papa Juan IX a Alfonso III de Asturias”, ¡que manda truco! Alfonso II “O Casto” (791-842), que non era rei de Asturias, senon de Gallaecia, gana en Lugo unha batalla contra dos árabes, e no seu reinado, se dice aquelo de: “aparece unha estreliña que marca o lugar donde esta enterrado o apóstolo Santiago”. Ano de 808. Cuxo lugar foi donde se construío a primeira Catedral de Santiago Fíxese que, ó facer este “descubrimento”, a sede relixiosa principal do mundo cristián, quedou establecida en Santiago de Compostela, mire por donde, patrón de tódolos reinos de España. ¿Non lle parece raro, que si Alfonso II fora rei de Asturias, a barca de pedra que din, atraca en Noia co corpo do Apóstolo Santiago, non houbera atracado en Cudillero ou no porto de Xixón, para trasladar o corpo a Oviedo, e facer alí a “catedral de España”?
Sigue tergiversando os datos. Juan I de Castela (1379-1390), crea o título de Principado de Asturias, pero non para él, sinón para o seu fillo que será Enrique III “el Doliente” (1390-1406), que tampouco o utiliza, ata Juan II de Castela (1406-1454) en 1414. E antes de ser Principado, non era reino, sería absurdo rebaixar o seu título, era sin duda, unha parte máis da Gallaecia.
Por outra banda, o Diploma do rei Silo do ano 775, dona propiedades no lugar de Tabulata, que hoxe NON é Trabada, senon un lugar sobre a Ría de Ribadeo, no lugar da Graña de Ove. En Ribadeo, por sorte, e debido as moitas horas de estudo de documentos historicos orixinales, hai quen sabe das confusións homófonas entre nomes e adxetivos. Son xente que estuda e non inventa historias partidistas e excluintes para sacar proveito delas. Os da pe, como eu, só sufrimos a época na que nos toca vivir, e non inventamos nada.
A Ria de Ribadeo, por pérfidas políticas do medievo entre señores feudales, nas que non vou entrar agora, puido pertencer a xurisdición de Castropol, pero coa denominación de “Rria” de Ribadeo, por suposto, pois as cartas náuticas que fixeron a posteriori os cartógrafos militares da Armada Española, non se saltaban un pelo o protocolo, e puxéronlles a todas elas Ría de Ribadeo. Por outra banda, o Ministerio da Gobernación de Franco fixo a delimitación interprovincial de 1958 da Ría de Ribadeo, por suposto, véxanse as cartas náuticas de antes,durante e despois dese ano. E si vivíramos nos tempos de Franco, como se lle enche a boca cando fala del, a boa hora ían ter a “fachenda” de pasar por derriba da historia, ou dun informe dun Ministerio, como o de Fomento, sobre a resolución da nome da Ría de Ribadeo ou sobre a resolución do Marquesado da Ría de Ribadeo ¡A boa hora!
Eu lin o Ribadeo Antiguo de Paco Lanza, antes de ca vostede, lle saíran os dentes, e referente a Diadema de Ribadeo, descuberta fai máis de 200 anos, no Castro das Grovas, non sei como se pode ter tal desfachatez “académica”, como para decir, que fai uns vinte anos, “reconocidos arqueólogos e historiadores” (innombrables pola miña parte) avalan a súa procedencia astur. ¿Qué pasou agora? ¿acaso encontraron seus “insignes adláteres”, dentro das vitrinas do Louvre, terra dos Oscos-Rio Eo e Terras de Burón, pegada na filigrana da Diadema de Ribadeo? ¡por favor!
 ¿O pecio da “Galga Andaluza” en augas xurisdicionales asturianas? ¿sabe vostede o que son augas xurisdicionales?. E logo dice: “la Dirección General de Patrimonio Cultural del Principado la ha registrado en pleno derecho y obligación conservadora”, ¿cando, como e en pleno dereito de qué? ¿vostede e capaz de ver “algo” dereito fora dos seus propios prexuicios? Agora que se van facer catas arqueolóxicas na Ría de Ribadeo ¿quen vai ser o Controlador de Patrimonio? ¿A Xunta ou o Principado? ¡Ribadeo perderá patrimonio, como sempre!

20170912

Escudos de Armas da antiga Fortaleza de Ribadeo. Francisco José Campos Dorado




A antiga Fortaleza de Ribadeo, que se encontraba onde hoxe se levanta a Torre dos Moreno, estaba formada por dúas torres, murallas e casas vivenda, descrita con todo luxo de detalles na inestimable obra, “Ribadeo Antiguo” de Francisco Lanza Álvarez (páx. 133-142). Nesta antiga edificación, había dous escudos xemelgos e acolados (que se arriman por un lado) (Fig.1) e que reproducimos aquí de dita obra, para clarexar mellor as explicacións deste artigo.
O primeiro acolado, mostra tres lises, que Francisco Lanza en páx. 135, di que: “segundo a Crónica, pertencían ó liñaxe do cabaleiro Lobesgue”, referíndose a Pierre Lobesgue de Villaines ou Pierre Le Begue de Villaines, primeiro Conde de Ribadeo, título que lle concedeu o rei Henrique II de Trastámara o 20 de Decembro de 1369, despois dos acontecementos de Montiel onde mataron, o seu medio irmán, o rei Pedro I “O Cruel”, quen fixera matar vilmente a Dª Leonor Núñez de Guzmán Ponce de León, mantida do rei Alfonso XI de Castela “O Xusticeiro”, e nai de Henrique II, cuarto dos dez fillos que tiveron xuntos, coñecidos como a familia Trastámara, cuxa dinastía reinou en Castela desde 1369 a 1504 en que faleceu Sabela a Católica.
Este dato, da orixe das tres lises, que aporta Francisco Lanza, non parece correcto pois segundo datos actuais da Gran Enciclopedia Gallega de D. Silverio Cañada, 1974 (Tomo XXVI, páx.213) a liñaxe de Pierre de Villaines represéntase co escudo da (Fig.3): en campo de prata (si é metal), ou ben, en campo en branco, liso e sen sinal (si é esmalte), tres leóns rampantes armados, de sable e ben ordenados (tres leóns levantados nas patas traseiras, de cor negro mirando á destra e coas garras de distinto esmalte, de gules, colocados dous en xefe e un en punta) e no franco-cuartel (cantón destro de honor) as armas de Castela e León, de Henrique II de Castela (rei 1369-1379), que cargan sobre o león do primeiro cantón. (Nota: ó ser un escudo estranxeiro, non sabemos si o campo é de prata ou de esmalte branco, ou ben, deixado en branco sen sinal algunha) (Ciencia del Blasón, D. Modesto Costa y Turell, ano 1858, páx.27)
O escudo das lises parece pertencer, ás Armas dos Borbón (Heráldica, Genealogía y Nobiliaria de Galicia, Tomo LIV, páx.362). ¿E como podían estar gravadas na antiga fortaleza de Ribadeo, que databa de finais do século XIV ou de primeiros do XV, as armas da Casa de Borbón, que como sabemos, esta dinastía de reis, chegou a España con D. Felipe de Anjou, neto de Luis XIV de Francia, e reinou no século XVIII co título de Felipe V (rei 1724-1746)?
As tres flores de lis da Casa de Borbón do rei Felipe V son as que aparecen no escusón do abismo ou do sobretodo do escudo actual de España, e parecen as mesmas lises gravadas na fortaleza de Ribadeo desde tan antigo, debido a que son as Armas de Dª Margarita de Borbón, filla do Duque de Borbón, que contraeu matrimonio o 24-Mayo-1433 en primeiras nupcias con D. Rodrigo de Villandrando (1378-1448) que desde o 22-Decembro-1431 foi o terceiro Conde de Ribadeo, título que lle outorgara o rei Xoán II de Castela (rei 1406-1454) ao que lle salvou a vida de ser asasinado en Toledo por parciais do infante Henrique de Aragón en 1431. Isto ocorría o día da Epifanía, polo que o rei lle firmou en Torrijos o curioso privilexio de darlle tódolos anos o traxe que usara ese día. Así mesmo, concédelle en Zamora, ese mesmo ano de 1431, o Condado de Ribadeo (Blasones y Linajes de Galicia, D. Jose Santiago Crespo del Pozo, Volumen V, páx.257) e cuxo título lle validou o 22-Abril-1435.
Na figura 2, vemos o Escudo de Armas de D. Rodrigo de Villandrando, timbrado coa coroa condal de Conde de Ribadeo. Descríbese como un escudo español, cuartelado en cruz: 1º e 4º) En campo de prata, un crecente tornado (coas puntas cara á destra) xaquelado de sable e ouro (semellando a cuadrícula dun taboleiro de xadrez en negro e ouro). En 2º e 3º) en campo de ouro tres faixas de azur. Bordura de azur, cargada con oito castelos de ouro.
D. Rodrigo foi un grandísimo, terrible e extraordinario cabaleiro, nacido en Illa, parroquia de Eutrimo (Ourense) que loitou o lado de Xoana de Arco contra Inglaterra ó servizo do rei Carlos VII de Francia, e cubriuse de gloria en Anthon ó derrotar ao Príncipe de Orange. Carlos VII nomeouno Chambelán (xentilhome distinguido que podía acompañar ao rei na súa cámara ou en actos públicos) e os ingleses concedéronlle a Orde da Xarreteira (Blasones y Linajes de Galicia, J.S. Crespo del Pozo, Volumen V, páx. 257). (Nota: a Orde da Xarreteira é unha das máis buscadas de Europa, fundada no ano 1335 por Eduardo III de Inglaterra. “Ciencia del Blasón”, D. Modesto Costa y Turell, ano 1858, páx. 396). É moi posible, que gracias a esta boa relación que tiña cos ingleses, lle pedira autorización a Juan II, para poder comerciar libremente por vía marítima con Inglaterra, e incluso que moito daquel comercio entrara por Ribadeo, pois daquela era vila de realengo, que exercía os seus foros, como competía ao seu estado e calidade...” (Ribadeo Antigo, páx.48-49)
Ó chegar aquí, preséntasenos unha ¿feble? dúbida. O escudo das tres lises, parece de certo das Armas dos Borbón, polo matrimonio de D. Rodrigo con Dª Margarita de Borbón, como vemos na bibliografía consultada, pero, facémonos a pregunta ¿porqué en vez de estar acolados os escudos de Borbón con Villandrando, que corresponden as Armas do matrimonio, están as de Borbón con Castela-León? ¿Estarán equivocados os razoamentos que se fixeron ata ó da aquí?. Vexamos outra teoría que nos xurde e que tamén puidera ser certa. D. Rodrigo pelexou en Francia o servizo do rei Carlos VII, e particularmente, o lado de Xoana de Arco (1412-1431) heroína militar, chamada a “Doncela de Orleáns”, pois ademais de outros enfrontamentos, gañou a batalla de Patay contra dos ingleses no sitio de Orleáns. ¿Non puideran ser as lises, as das Armas de Orleáns, como un recordo de D. Rodrigo cara a Xoana, a quen queimaron viva o 30-Maio-1431, na praza de Ruán, os 19 anos, pois foi acusada de herexía polos cregos, e sentenciada a morte polo Duque de Bedford?. Como vemos, as lises están acoladas as de Castela-León do rei Xoán II, ámbalas dúas son Armas e brasóns, das dignidades militares ás que serviu e defendeu D. Rodrigo, e ¿será por iso que as mandou acolar xuntas, como recordo de dúas inesquecibles accións guerreiras en combate, que o elevaron á clase alta da nobreza?. Visto desde esta perspectiva militar do cabaleiro D. Rodrigo, parece incluso máis lóxico o acolado Orleáns-Castela León, que Borbón-Castela León, aínda que estas tamén fagan referencia as dúas casas reais coas que D. Rodrigo tivo vínculos de sangue e de servizo, respectivamente. Pero sen outra documentación, quédanos apuntada a dúbida.
Quero facer notar aquí, para que conste, que o Condado de Ribadeo, é o título condal máis antigo que se conserva en España, contradicindo o que se di no libro, “Tratado de Genealogía, Heráldica y Derecho Nobiliario” (Curso de Licencia, Instituto Luís de Salazar y Castro -C.S.I.C.-, Madrid 1961, páx. 226): “el título condal más antiguo de los que hoy se conservan es el de Niebla, concedido por el Rey Don Enrique, el de las Mercedes, en el año 1371, a Don Juan Alfonso de Guzmán el Bueno, IV Señor de San Lúcar de Barrameda”. Como xa vimos, este mesmo rei, Don Enrique II de Trastámara “O das Mercedes”, xa lle concedera dous anos antes, en 1369, a Pierre de Villaines, o título de Conde de Ribadeo. Polo tanto, segundo isto o título de Conde de Ribadeo é máis antigo que o de Conde de Niebla.
Continuando có que íamos. Dª Margarita de Borbón falece no ano 1438 (Heráldica, Genealogía y Nobiliaria de Galicia, Tomo LIV, páx.362) e con ela, D. Rodrigo, tivo tres fillos: D. Carlos que se quedou en Francia, herdeiro dos bens por liña materna (parece ser que morreu novo), Dª Sabela e Dª María que se viñeron con D. Rodrigo para España cando o chamaron para entrar ó servizo do rei Xoán II de Castela. Dª Sabela casou con D. Lorenzo de Figueroa, primeiro Conde de A Coruña, e Dª María foi relixiosa no convento de San Quirce de Valladolid.
D. Rodrigo de Villandrando casou en segundas nupcias, polo ano 1440, con Dª Beatriz de Zúñiga, filla de D. Diego López de Zúñiga ou de Estúñiga, II Señor de Monterrey e Xustiza Maior de Castela e de Dª Elvira de Biedma, que entre outros títulos, era Señora de Ribera e do Coto de Bermuid, e dos estados de Limia e de Monterrey (“Rodrigo de Villandrando Conde de Ribadeo”, Benito Pereira Domínguez, ano 2000, páx.127-128. Edicións Glifos). Con Dª Beatriz tivo dous fillos: D. Pedro e Dª Mariana. A D. Pedro como primoxénito, deixoulle tódolos bens, seguindo a costume da nobreza, e foi o cuarto Conde de Ribadeo por herdanza de seu pai, e cuxo privilexio lle foi confirmado polos Reis Católicos o 20 Marzo de 1484. Estivo casado con Dª Leonor Rodríguez, coa que non tivo descendencia. D. Pedro, testou en 1516, en favor de súa irmá, Dª Mariana de Villandrando e Zúñiga, que herdou o título de Condesa de Ribadeo (Heráldica, Genealogía y Nobiliaria de Galicia, Tomo LIV, páx.363). Si D. Pedro foi o cuarto Conde, Dª Mariana, tería que ser a quinta Condesa de Ribadeo, pero segundo Francisco Lanza (páx.58) o título de Conde, D. Pedro, deixoullo o seu sobriño, D. Diego (fillo de Dª Mariana).
Chegados a este apartado de Dª Mariana, hai unha verdadeira confusión xenealóxica, pois dependendo da fonte en que bebamos, nos saen a relucir señores distintos, case co mesmo nome. Creo que todas estas xenealoxías embarulladas fixéronse a posta e de forma interesada para tapar, si é que puideran, os feitos fraudulentos que se desenrolaron en contra das Terras de Ribadeo e dos privilexios que tiña o Condado, que de forma moi elegante, pero sen pelos na lingua, denuncia Francisco Lanza Álvarez no Ribadeo Antiguo. Vexamos a que nos estamos a referir.
1) No Ribadeo Antiguo (páx.58), dise que D. Pedro de Villandrando, deixou o condado ao seu sobriño, D. Diego Gómez de Sarmiento, primeiro Conde de Salinas. Como veremos, este D. Diego, 1º conde de Salinas, non é seu sobriño, se non seu cuñado, e si llo deixou a seu sobriño, este é o 2º Conde de Salinas e non o primeiro.
2) Na obra, “Heráldica, Genealogía y Nobiliaria de Galicia” (Tomo LIV, páx.363) din que Dª Mariana casou con D. Diego Gómez de Sarmiento, 2º Conde de Salinas, pois o 1º Conde de Salinas foi seu pai D. Diego Sarmiento e Mendoza, desde o ano 1470.
3) Na obra “Blasones y Linajes de Galicia” (J.S. Crespo del Pozo, Volumen V, páx. 258) dise que D. Rodrigo de Villandrando, do segundo matrimonio con Dª Beatriz, tivo por fillo a D. Rodrigo de Villandrando y Estúñiga, 2º Conde de Ribadeo (cousa que non é certa, pois si seu pai era xa o 3º Conde de Ribadeo, seu fillo tivo que ser o 4º, e por certo, tampouco se chamaba Rodrigo, se non, Pedro Villandrando e Zúñiga). O título pasou a D. Diego Gómez Sarmiento (polo tanto 5º Conde de Ribadeo e non ó 3º como frei J. Crespo apunta) fillo de Dª Mariana de Villandrando que estaba casada con D. Diego Gómez Sarmiento. Aquí dinnos que D. Diego, chamado 3º Conde de Ribadeo foi 2º Conde de Salinas, por tanto, quen foi 1º Conde de Salinas, foi seu pai que estaba casado con Dª Mariana. Dato que para min é o máis lóxico, pois consultado o “Dicionario Heráldico y Nobiliario de Fernando González-Doria” (páx.218) o título de Conde Salinas, foi concedido por D. Henrique IV de Castela, en 1470, a D. Diego Gómez Sarmiento y Mendoza. Este apelido Mendoza, ten que ser do marido de Dª Mariana, pois os apelidos do seu fillo D. Diego, serán, Gómez Sarmiento de Villandrando e Zúñiga.
Vemos que no apartado 2) D. Diego Gómez de Sarmiento, marido de Dª Mariana é o 2º Conde Salinas, cousa que contradí o apartado 3), pois baixo o noso punto de vista, o marido de Dª Mariana é D. Diego Gómez Sarmiento y Mendoza, o 1º Conde Salinas.
Por outra banda, si lemos a xenealoxía do libriño “Los Trajes del Rey” 1878-1975 (Casa das Letras, Fundación Caixa Galicia, Xullo 2007, páx. 16) a confusión aumenta, pois Dª Mariana (chamada nesta obra, Dª María) cásase có seu tío segundo D. Pedro Ruiz Sarmiento e o seu primoxénito Diego Pérez Sarmiento de Villandrando, cásase con Dª María de Ulloa, cuxo fillo de ámbolos dous, D. Diego Gómez Sarmiento y Villandrando foi o 4º Conde de Ribadeo (dato non certo, pois D. Rodrigo era o 3º Conde, seu fillo o 4º, súa irmá a 5ª, pois “(ella) se convirtiera en la segunda titular del que, según las cuentas oficiales de la corona castellana, era un nuevo condado ribadense” (ibidem, páx.16) polo tanto, e por este camiño, seu fillo era o 6º Conde de Ribadeo.
Pero os datos confusos, non só están na secuencia dos Condes de Ribadeo, que tamén, se non na numeración dos Condes de Salinas, que neste caso, para min é máis relevante o dato de quen foi o 1º e o 2ª Conde de Salinas, pois este “personaje”, como amablemente Francisco Lanza lle chama a este tipo (Ribadeo Antiguo, páx.59), vendeu impunemente as Terras da Pobra de Navia entrerríos Eo-Navia, usurpando os dereitos e conculcando a propiedade das Terras de Ribadeo. ¿Que amaños e chanchullos deberon levarse a acabo para vender en 8500 ducados ditas terras e servidumes? Todos os que fixeron falta.
A escritura de compra-venta firmouse no ano 1551, en Medina del Campo (¡o lado da casa!) estando representado o Conde de Ribadeo (polo tanto estaba “desaparecido” do acto), polo Alcalde Maior, Barco Martínez, que ninguén sabe de onde veu, pero algo nos esclarece sobre a súa orixe, o tema “Los Alcaldes” (Ribadeo Antiguo, páx.78-79) onde se nos di que o Alcalde: “prestaba juramento por Dios y sobre la señal de la cruz, prometiendo hacer bien y fielmente su oficio...” “...Pese a tanta obligación, a tanta promesa y a tanto juramento, los alcaldes -(eran) criados de los condes, extraños casi siempre al país, desconocedores del idioma, usos y costumbres de la tierra que venían a gobernar- apenas hicieron otra cosa que usurpar los derechos y conculcar las libertades tradicionales de Ribadeo, siempre, claro está, en beneficio propio y para mayor gloria y provecho de sus amos” (ibidem, páx.80).
Francisco Lanza (páx.58-59) dinos que o último Conde de Ribadeo que tamén foi Señor da Pobla de Navia, foi D. Diego Gómez de Sarmiento ¿Mendoza ou Villandrando?.
Polas datas da compravenda (1551) tivo que ser Villandrando, e así o confirman na obra “Los Trajes del Rey” (páx. 16).
A venta que fixo este personaxe, Diego Gómez Sarmiento de Villandrando, como arriba vimos, fillo de Dª Mariana, 6º Conde de Ribadeo e 2º Conde Salinas, fixo modificar os lindes do señorío de Ribadeo, pero ¿como é posible que a venta de parte dun señorío, de un señor para outro, fixera cambiar os dominios do Reino de Galiza, e as fronteiras civís e eclesiásticas, pasando a ser o río Eo e a Ría de Ribadeo, fronteira nobiliaria (entre o Reino de Galiza e o Principado de Asturias) e fronteira eclesiástica entre a dioceses de Mondoñedo e a de Oviedo ou entre os conventus Lucensis e o convento Asturicensi?.
A mediados do século XII, debido a “deslealdade e cobiza de algúns bispos” perdeu a Mitra mindoniense o concello de Reboredo (orixe do de Castropol), ou terras inter-fluviales Navia-Eo, que pasaron a ser da mitra oventense (Ribadeo Antigo, páx.64). A pesar das liortas e “arreglos” bispais, as Terras de Ribadeo seguiron nomeándose como tales, durante todo o señorío dos condes, pois a estes pertencía a Pobra de Navia, que eran esas mesmas terras, o que fixo incorrer en notables erros a “moitos dos que escribiron sobre as antigüidades do noso país” (ibidem), pois “Ribadeo non pertenceu nunca a dioceses de Oviedo, nin ó señorío dos seus bispos, e estes, polo tanto, nada tiveron que dar nin que emendar” (ibidem, páx.65).
Pero ¿tiña no ano 1551, aquel personaxe D. Diego, Conde de Ribadeo e Conde Salinas, algunha base para alegar que vendía as Terras Eo-Navia, “porque estaba cansado dos obstáculos que sempre lle poñían os seus revoltosos vasallos...”. Si, había moitas bases ben orquestradas por Preitos Civís, que estaban a litigar arreo, os señores de Navia, polos impostos e diezmos da entrada de sal que tiñan que pagarlle ó Conde Ribadeo, por cada descarga naquel porto. No século XV, Castela estaba desangrada economicamente polas guerras continuas contra dos árabes. Tiña que sacar cartos de onde fora, e aumentaba os impostos de tódolos produtos comerciais. Un dos máis rendibles, era o imposto do sal, pois era a materia prima imprescindible para conservar os alimentos de carne e de pescado, para conservar as peles dos animais, antes de curtilas, e outros moitos usos. O sal era comercializado en grandes cantidades por vía marítima, e no Mar Cantábrico a Ría de Ribadeo era un dos portos de descarga de sal por excelencia, cuxos impostos cobraba o Conde de Ribadeo. Pero en Navia, tamén se descargaban pequenas cantidades de sal, das que tiñan que pagarlle os impostos ao Conde de Ribadeo, e pagar impostos nunca lle gustou pagalos a ninguén, e ós señores comerciantes, tampouco.
Na Real Chancillería de Valladolid hai varios preitos sobre este tema, dos que destacamos: 1) Preito dos anos 1502 e 1503, do Concello, xustiza e rexemento de Navia, contra D. Pedro de Villandrando, Conde de Ribadeo e de Navia. Sobre Petición do concello de Navia para que D. Pedro de Villandrando, señor de dita vila non os perturbe no dereito que teñen do sal e vendela na mesma (Ref. ES.47186.ARCHV/ 8.12.7.6 // PL.CIVILES, PÉREZ ALONSO (F),CAJA 302,2.).
2) Preito entre os anos 1539–1557, de xustiza e rexemento do Concello de Castropol, contra do Concello, xustiza e rexemento de Ribadeo e contra D. Diego Gómez Sarmiento y de Villandrando, conde de Salinas e de Ribadeo, reclamando a execución dunha carta executoria que se pronunciaba sobre o diezmo das mercadorías que se cargaban e descargaban no Porto de Ribadeo, sobre o diezmo da sal e sobre o dereito dos navíos pequenos a cargar e descargar libremente no porto de Castropol. (Ref. ES.47186.ARCHV/8.12.3.2//PL CIVILES,FERNANDO ALONSO (F),CAJA 1275,1/1276,1)
Aquel “arranxo” bispal do século XII, en contra dos intereses de Ribadeo, foi corrixido e aumentado por dito Conde, D. Diego, en 1551, e por D. Juan de Grijalba, xuíz da comisión que en 1580, veu resolver o preito dos límites e xurisdición das vilas de Ribadeo e Castropol, que sostiveron D. Sancho Méndez por Castropol, e por Ribadeo o Alcalde Maior, o “moi magnífico señor” D. Xulián de Carranza, o cal, lendo entre liñas (ibidem páx.66) era un “moi vendido sinvergüenza”.
Pero os Condes de Ribadeo, a parte de non facer nada polo Concello nin polo pobo de Ribadeo, excepto cobrar rendas (non moi elevadas), si tomaron como si foran da súa propiedade privada algunhas posesións, como a Fortaleza, que outro dos condes de Riabdeo, pertencente a Casa de Hijar e o Ducado de Alba, vendeu aos irmáns Moreno, entremediando no trato o “excelsa” Banca de Casas, para destruír a Fortaleza de Ribadeo, e construír a Torre dos Moreno. E pregúntome eu, a día de hoxe ¿non poderían haber construído os Moreno, a mesma torre noutra parte do Campo de San Francisco, sen necesidade de destruír aquela magnífica torre medieval, do século XIV primeiros do XV? Si, seguro que había outro sitio onde facela, pero cando se xuntan caciques e cartos, fanse cacicadas e estas vense o cabo dun tempo, nas desfeitas realizadas polas súas mentes avarentas, cobizosas e sen vergoña.
Outro exemplo da incultura en Historia das institucións correspondentes da Xunta de Galicia e da municipalidade do Concello de Ribadeo, e a denominación do espazo da Biosfera, “Oscos-Río Eo e Terras de Burón” que desde Setembro de 2011, campa polas Terras de Ribadeo e de Miranda, chegando xa os Irmandiños, ou sexa, A Devesa, os límites do Oeste do municipio de Ribadeo (xa conquistaron o Este, agora van por todo), denunciado por min en dous artigos “Buronlandia” (La Comarca del Eo 1-Outubro-2011) e “Buronlandia (II) a un Juan Sen Nome” (ibidem, 12-Novembro-211) ¿Canto queda para empezaren a referirse a posesión de Santiago e de S. Miguel de Reinante? Eu creo que a este ritmo, cincuenta anos, non máis.
 Pobre Ribadeo, que tes que pelexar polas túas pertenzas, tódolos días do ano, e como nos descoidemos, xa verás como a “Illa Pancha” vai pasar, gracias as manobras de Portos de Galicia, de ben público a pasar a ser alugada para ben privado, e dentro de pouco a ser do Arquipélago Británico... ¡non por nada! Pero os ingleses teñen moitas posibilidades de reivindicar incluso o Condado, pois como D. Rodrigo de Villandrando pertencía a Orde da Xarreteira, quizais “por tradición dos privilexios concedidos ao Conde de Ribadeo...”. ¡Xa veremos, pero hai xente para todo...!