20170831

O DEFENSOR DEL PUEBLO APOIA DE NOVO AO COLECTIVO POR NUESTRO FARO


A mediados de xullo de 2016 o colectivo “Por Nuestro Faro”, asesorado, sen ocultalo, pola Sociedade Española de Ornitoloxía remitiu a primeira denuncia ao Defensor del Pueblo sobre irregularidades na tramitación do expediente de concesión e licencia de obra para o proxecto de Hotel no faro da Illa Pancha. O 16 de febrero de 2017, cando as obras xa estaban moi avanzadas, o Defensor emitiu o seu primeiro informe dándonos a razón sobre a falla de Estudo de Impacto na Rede Natura 2000 e sobre o desdoblamento irregular dos proxectos para hotel e cafetaría e mesmo suxerindo a paralización das obras. Este primeiro informe iba dirixido fundamentalmente a Autoridade Portuaría e collía de cheo ao concello de Ribadeo por desdoblar o expediente e conceder a licencia e á Xunta de Galicia polas suas competencias en medio ambiente. Nengún destes organismos se deu por aludido, apoiandose uns nos outros e dando largas ata que se remataron as obras. A mediados me maio a Autoridade Portuaria ainda non dera resposta ao informe do 16 de febrero.
A información que temos agora é a seguinte: Dende o día 22 de Agosto está pendurada na páxina web do Defensor del Pueblo a sua resposta ao informe dos servizos xurídicos da Autoridade Portuaria, no que se manifestaba sobre o primeiro documento emitido pola oficina do Defensor o 16 de febreiro de 2017. Para acceder a esta páxina hai que dispor dunha clave específica, pero remitimos o documento íntegro aos medios de comunicación e publicámolo na nosa páxina de facebook. A oficina do Defensor remitiu este novo informe á Autoridade Portuaria, Xunta de Galicia, Concello de Ribadeo e ao noso colectivo. Despois de nove días de pacente agarda a ver se alguén piaba, nengún dos organismos aludidos deu sinais de vida, polo tanto temos que ser nos, mais unha vez, os que póñamos a información a dispor do vecindario. Están desculpados, comprendemos perfectamente que hai outras prioridades, concertos, festas, enchentes, etc.
De xeito moi resumido temos que suliñar que o Defensor volve darnos a razón de pe a pa en canto a que no expediente falta o informe preceptivo de afección á Rede Natura 2000, requisito imprescindible para tramitar a concesión e dar a licencia de obra. O Defensor reitera a sua argumentación xurídica anterior e desmonta a parafernalia de disculpas tontas da Autoridade Portuaria que segue insistindo en que as obras se limitan á reforma interior do antigo faro versus non hai afección a Rede Natura 2000, nen a pode haber. Díxolo Xan, punto redondo.
O certo e que as obras están rebasando amplamente a suposta “reforma interior”para a que foi xestionada a concesión e concedida a licencia municipal, como puido comprobar nas últimas semanas todo aquel que teña ollos na cara ou consulte os medios,anque cecais a divulgación non foi excesiva. Muretes, excavacions, barandillas, etc, non son inventos nosos, están á vista do público, así como visitas, festas ou posibeis actividades por fora do edificio. Pero Puertos non toma nota das nosas denuncias e o Concello de Ribadeo so atende ao que diga Puertos, polo tanto, como o papel terma polo que lle boten, aquí non hai mais que falar da suposta reforma interior.
Pero o ultimo informe do Defensor vai moito mais alá. Describe con pelos e sinais as normas que esixen unha avaliación dos impactos futuros da actividade turística, a presencia human, o sistema de eliminación de residuos, as actividades propias do uso hosteleiro, as entradas e saídas de automoveis, etc. A omisión reiterada desta avaliación por parte da Autoridade Portuaria e tan palmaria como o a calada do concello de Ribadeo que ainda non sabemos para que se presentou como parte interesada no expediente do Defensor, despois de calificalo de incompetente.
En resumen outra pescozada a este nefando proxecto e outra confirmación irrebatibel das denuncias do colectivo Por Nuestro Faro que seguirá prantexando a riola de irregularidades que ainda están sen analizar, como son a concesión por via directa de 500 metros cadrados no canto dos 4300 que ten a illa ou a falla dunha memoria de sostibilidade económica que exixen as leis vixentes.
Evaristo Lombardero Rico, “Colectivo Por Nuestro Faro”
E aquí, o escrito do Defensor del Pueblo:












Directamente en Issu:
En slideshare:

Visión doble de la Isla Pancha

En arte, la tendencia a indagar en la realidad, a profundizar en ella, es un rasgo intimamente ligado a la sensibilidad, y el que obtiene resultados no sólo se lleva el aplauso de un público sino que está demostrando su talento y su valía. Siempre me pregunté por qué no estará igual de bien vista esa tendencia a recuperar la autenticidad, la visión de lo real en nuestro entorno inmediato, en definitiva, acceder a la esencia de las cosas, sin que se perciba como un acto agresivo a la par que estéril, una especie de cacería infructuosa, en lo que nos afecta de manera más directa. 
 El sentido práctico a la hora de servir una información en cualquier ámbito roza cada vez más la irrealidad. La objetividad que nos rodea nunca estuvo más falseada, ni los formatos de la mentira tuvieron un rostro tan atractivo e impoluto. La materialidad de lo cotidiano cada vez se parece más al mundo de la publicidad. Y así pasamos el verano. De fiesta en fiesta, de evento en evento, nada sucede en verano, nada que altere nuestra versión azulada y luminosa de lo que deben ser dos meses en los que nadie está enfermo, nadie se muere, el sol brilla, el paro baja y nadamos en la abundancia embarullada. Cada esquina es un póster que se inserta en la retina con banda sonora. 
Quién fuera Lynch y quedar bien. El director de cine, consciente de la existencia de dos niveles de realidad, destacaba la belleza sublime de un jardín del National Geographic, o la de un árbol sobre un cielo azul con un par de nubes algodonosas, y subrayaba con un simple zoom del cerebro un mundo subterráneo en el cerezo rezumando resina, a veces negra, a veces amarilla, y millones de hormigas rojas arrastrándose por él. En este tierno verano, que toca a su fin, no puedo evitar pensar en el paisaje idílico de la isla Pancha y en su mundo subterráneo. Un lugar precintado y vedado al límite de lo poético sobre el papel baritado de la foto eterna, como un tesoro que se quisiera preservar. Y, sin embargo las hormigas rojas siguen trabajando en su interior, se ven muretes de cemento y otras obras si se aplica un pequeño zoom, pero aquí Lynch necesitaría proceder a una disección para acceder realmente a su interior y completar su visión de una realidad más avasalladora, aquella que sigue su curso sin cortapisas, sin declaraciones, sin justificaciones. Existe una libertad en el mundo subterráneo de la isla cuyo silencio interno ensordecedor es proporcional a la ceguera paralizante de su belleza exterior. Cómo me gustaría saber, o que alguien, en el mundo de los justos y de las llaves maestras, me comunicara su sabiduría. 
En la primera secuencia de la película “Terciopelo azul” podemos ver, detrás del idílico caparazón de un barrio, a los insectos que bullen bajo el césped en el jardín delantero de la casa. Un mundo existe más allá de las apariencias. Buscarlo no debería ser colapsado en ningún nivel de poder ni de conciencia, es más, la esfera de la transparencia debería ser la realidad objetiva. En el mundo en que esto fuera posible la isla Pancha sería de todos.
Covadonga Suárez, Por Nuestro Faro

20170826

Un fito curioso

Non está no concello de Ribadeo, senón en Barreiros. Non está nunha estrada, senón no pico dunha entrada asfaltada. Non é novo, senón con moitos anos ó lombo. A quilometraxe non corresponde ó lugar nin tendo en conta variacións de lonxitude da estrada ó longo da historia... pero vese dende a estrada, chama a atención...


20170825

Sobre a seca, en Ribadeo

Aínda que por outros problemas percibidos polos medios non se fala moito da seca, xurde de cando en vez que este ano hai seca. Este ano. Entón, poden comezan as comparacións e rematar dicíndo, ó estilo do que se facía noutros tempos, que a seca é pertinaz, pasando de ano en ano. Máis raro aínda, un paso máis, é que se chegue a relacionar co cambio climático. E máis aínda, que non só se fale de medidas paliativas, as tomadas a posteriori, senón de medidas preventivas, para evitar que suceda o quedarse sen auga. Falar de todo xunto, indicando que o consumo de auga segue a aumentar e distinguindo accións individuais, sociais e globais xa é demasiado. Coido que non o vin nunca ata o momento. Pero terá lugar, porque é necesario...

A secuencia de novas que remato de poñer indica cando menos, que a seca non deixa de ser un problema secundario, a máis de que se considere descontextualizado e polo tanto, non teña encaixe nun sistema de ideas lóxico da humanidade en relación coa natureza.
Vaiamos ós datos de Ribadeo. A estas alturas de ano, como pode verse tanto na gráfica de evolución como nos datos correspondentes ó día 236 de cada ano (onte) deste século, o ano está resultando seco, mais non extremo, e cunha distribución de chuvia abondo axeitada. Polo que pode verse pola gráfica que relaciona a chuvia caída a fin de ano, en Ribadeo neste século, polo momento, hai unha lixeira tendencia a que aumente a cantidade de chuvia caída e non á diminución. Pero é suave, e de seguir así, este ano viría a suavizala aínda máis. A próxima vez que vexas na televisión unha nova sobre a seca, vaina relacionando co aumento de temperaturas a nivel global e pensando que non se soluciona construíndo máis embalses, senón cambiando o noso xeito de vida tanto no consumo de auga como na produción de gases de efecto invernodoiro. E iso, aínda que aparentemente ti esteas protexido e non te afecte.

20170824

Como poñer unha imaxe de palabras?

Non de unha verba, senón de moitas. Non poñer a verba en imaxe, senón do sentido das verbas... iso quixera hoxe, para anunciar un acto, un ano máis, basado nas verbas. Non escritas, senón transmitidas sen soporte duradeiro, expresadas de viva voz.
Hoxe haberá unha representación desas verbas pasandeiras. En Ribadeo, nas escaleiras do parque de San Francisco, ás 19:00, terá lugar. Será algo moi sinxelo: tomaranse as verbas do papel e espallaranse no ar, lendoen alto, escoitando, participando en medio da gallaroufa que soe inundar a zona nesta época en galego, pero sobre todo en castelán, e tamén noutras linguas: "Ás 7 da tarde, nas escaleiras do parque de San Francisco de Ribadeo, honraremos a aquelas persoas que, vivindo fóra da Galiza oficial, honran o galego utilizándoo na súa poesía." Unha sinxela convocatoria para un sinxelo acto.
Complemento das 'palabras no balcón' que estes días de novo voltan a embelecer balcóns da vila ó tempo que o esprito común, ofrecen a posibilidade de paliar esa falta de representación da verba que escorre entre os beizos:

20170823

Os bloques, invadidos

Á praia dos bloques parece que lle botaran o mal de ollo. Non só se se ve invadida polo limo (algo do que xa avisara no seu momento Isidoro Asensio) e as algas que o colonizan, ou invadida e dificultado o movemento no seu espazo por lanchas, motos ou espectáculos, a máis do defecto de creación (deixarían agora costas e Medio Ambiente facer o recheo?) cando as escaleiras e as rochas que conforman a suxección de area se ven invadidas. A cousa comezou sen consecuencias hai algún tempo cos mexillóns, lapas e caracois. Pero este ano as larvas de mexillón, se non se varren, en pouco tempo será moi dificultoso o sacalas, tanto como baixar polas escaleiras cara á auga. E peor, pola perigosidade, as ostras que se afianzan xa de xeito duradeiro no tramo baixo das escaleiras. Moluscos que hai días a prensa traía a nova de que produciran algún corte nas praias de Barreiros, e dos que non trascendeu que tamén nos bloques produciran cortes que levaron a puntos de aproximación in situ e logo no hospital.
Claro que hai que ir un pouco máis aló e preguntarse por que agora si hai ostras nos bloques e antes non as había.
Unha mostra do que había ata o de agora



Larvas de mexillón nas escaleiras


Ostras nos chanzos inferiores dos bloques.
--
Nota posterior no mesmo día:
Sobre o mesmo tema da invasión de ostras 'Cassostrea gigas' (diferente da ostra común, a orixinaria da ría), imprescindible botarlle unha ollada a http://ria-de-ribadeo.blogspot.com.es/2017/01/invasion-de-ostra-rizada-na-ria-de.html
E este artigo citado no post anterior: http://www.smdu.org.uy/93/dosSantos_Fiori_245-252_CSMU93.pdf

20170822

#cortesdeluzRibadeo Historia dos cortes de luz en Ribadeo. A partir do 20170822

Un corte de luz en pleno verán, a primeira hora da mañá, con sol radiante, sen vento... iso é o que remata de ocorrer. Unha vez máis.
20170822 9:31 microcorte Ribadeo núcleo urbano, Vilaframil, Piñeira
20170826 19:05 microcorte Rúa Reinante
20170829 20:40 microcorte Piñeira, Ribadeo, Campoxurado... Ás 20:45 está referido outro na zona catro calles.
20170830 9:05 corte (1 min) Rúa Virxen do Camiño + tres veces na zona catro calles
20170830 9:10 microcorte Piñeira
20170830 11:09 microcorte Rúa Reinante
20170831 9:30 microcorte Piñeira
-
Anteriores: #cortesdeluzRibadeo

20170821

Exposición dos 25 anos da Banda de Música Municipal de Ribadeo

Esta tarde tiven a oportunidade de ir por alí...
Mírao mellor en pantalla grande, ocupando todo o espazo visible.

Hoxe, eclipse de Sol

En norteamérica será a nova do día. Aquí, case nin nos enteraremos.
A eclipse terá lugar en Ribadeo a partir das 20:45 aproximadamente (hora legal), co máximo de visibilidade na posta de Sol.
Xeitos de velo? Eu sempre aconsello por reflexión, isto é, collendo un espello e proxectando a imaxe do Sol nunha superficie branca plana (un papel ou unha parece lonxe do espello, que sempre se pode un achegar a ela e vela mellor e máis grande), co que evitamos mirar direitamente ó sol, sempre unha mala idea.
De calquera xeito, aquí verase como máximo (isto é, á posta de Sol) un por baixo dun 12% de Sol tapado pola Lúa, o que na práctica, ó estal o sol tan baixo,non se vai notar e haberá que fixarse ben para poder ver algo.
A imaxe, tomada dunha páxina da NASA, amosa os datos para Ribadeo. O asterisco significa que xa sería despois de poñerse o Sol. UT, tempo universal, que en horario de verán corresponde coas 20:43 hora legal. A previsión é que estará despexado, pero un vento lixeiro do surleste significa que tenderá a haber bruma... co que non esperaría ver moito da eclipse.
Por certo, nestes últimos trinta anos lembro tres eclipses de Sol en Ribadeo, con mellor visibilidade que o que terá o de hoxe no mellor dos casos de temperie.
A seguinte eclipse de Sol visible dende Ribadeo será dentro de catro anos (10 de xuño de 2021), e poderá, se a temperie o permite, verse tapada unha parte do Sol dobre que a que se poderá ver hoxe.
--
Eclipses de Sol en Ribadeo:
http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/03/pasou-eclipse.html
http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/03/actividades-para-observacion-da-eclipse.html
http://fqribadeo.blogspot.com.es/2015/03/actividades-para-eclipse-de-sol-de-2015.html
http://fqribadeo.blogspot.com.es/2007/07/catro-traballos-xa-vellos-sobre.html
http://fqribadeo.blogspot.com.es/2007/07/catro-traballos-xa-vellos-sobre_22.html
http://fqribadeo.blogspot.com.es/2007/07/catro-traballos-xa-vellos-sobre_1337.html
http://fqribadeo.blogspot.com.es/2007/07/catro-traballos-xa-vellos-sobre_1835.html
http://fqribadeo.blogspot.com.es/2007/03/hoxe-eclipse-en-ribadeo.html

--
A eclipse, na ESA: http://links.govdelivery.com/track?type=click&enid=ZWFzPTEmbXNpZD0mYXVpZD0mbWFpbGluZ2lkPTIwMTcwODIxLjc3MTY2MTYxJm1lc3NhZ2VpZD1NREItUFJELUJVTC0yMDE3MDgyMS43NzE2NjE2MSZkYXRhYmFzZWlkPTEwMDEmc2VyaWFsPTE2OTE5ODcxJmVtYWlsaWQ9YWdyZW1vbjIwMDFAeWFob28uZXMmdXNlcmlkPWFncmVtb24yMDAxQHlhaG9vLmVzJnRhcmdldGlkPSZmbD0mZXh0cmE9TXVsdGl2YXJpYXRlSWQ9JiYm&&&100&&&http://www.esa.int/spaceinimages/Images/2017/08/The_Sun_21_August_2017

20170819

Gravación do concerto de 25 aniversario da Banda Municipal de Ribadeo (20170819)

Vídeo 1: polo momento, non se pode reproducir por cuestión de dereitos.

Vídeo 2:

Mural:

Foto de Suso Fernández:

Foto de Suso Fernández cos compoñentes da banda (en algún momento da súa historia) presentes:

Unha curiosidade: ausencia do alcalde

O alcalde non está nin se lle espera antes do 31 de agosto.
Chámame a atención este tipo de avisos, feitos con tempo (31 de 'agosto', sen corrección polo momento) que se ven incumpridos (o alcalde foi avistado con certeza por Ribadeo o 16, incluído no aviso, e parece que mesmo onte tamén estaría) de xeito abondo natural por tratarse dunhas vacacións.

concerto 25 aniversario da banda

Por se facía falla... tamén churrascada

20170818

Estiven alí


Onte, a media tarde, a miña idea era falar de outra cousa, 'máis de Ribadeo'. Aínda despois do ataque, pensei en non falar del, coa idea de que unha das razóns da bestialidade é precisamente a súa difusión. Pero non poido deixar de darlle voltas a unhas cantas cousas, e diso vou falar.
A primeira que me veu á cabeza, a lembranza de ver a un pai ensinar a odiar, educar dese xeito ó seu fillo. Non en Barcelona, senón en Ribadeo. Non a ningún mahometano. E o sentimento meu de compasión polo neno, a pesar de ser ben consciente do que pode resultar de aí no futuro. De algo parecido a noxo polo pai. De impotencia pola miña parte, pois coido que é máis complicado actuar cando o afectado é un que cando ve que lle afecta ós demáis: neste segundo caso é testemuña, e non a palabra dun en solitario. E tamén un sentimento de incomprensión de cara ás testemuñas, polo seu pasotismo equivalente no meu parecer á insolidaridade co afectado e polo tanto, deixar facer e solidaridade co exercicio de educación ó odio.
E isto último lévame a outra liña de reflexión: un ataque como o de Barcelona require da sociedade unha fortaleza imposible de xeito individual. Se te ves afectado por un ataque así, morres ou te ves ferido, a resposta é autónoma a ti, corresponde ó teu corpo. Pero o corpo social ten unha resposta que depende de todos, da nosa relación e ideas previas. E coido que non se debe basar no odio reflectido, senón na fortaleza social. Algo que non se constrúe con pasotismo nin co propio recurso ó odio.
Por outra banda, o mesmo día do ataque, a prensa facíase eco de centeas de mortos no Mediterráneo. Algo que foi eclipsado nada máis coñecerse a nova de barcelona. A memoria ética borrada, nin siquiera xustificada. Por suposto, tamén borrada a memoria de corrupcións diversas, nunha magnificación interesada dun 'todos a unha' que sería interesante se se tomara de xeito voluntario xunto coa conciencia da complexidade dun problema social. Pero que separado do que non sexa 'atacáronnos', implica unha actuación en masa que ten moito de resposta animal e pouco de resposta humana, por moito que os constituíntes desa masa nos chamemos así, humanos.

20170817

ESCUDO DE ARMAS DO PAZO-TORRE DE CEDOFEITA. Francisco José Campos Dorado


Este Escudo de Armas español en punta (foto 1) cuxa forma aparece en Galiza a primeiros do século XVI (O Libro da Heráldica Galega, D. Luciano Fariña Couto, Fundación Barrié de la Maza, 2001, páx.29), está tallado en madeira escura e colocado nun espazo rebaixado do paramento da Torre do Pazo, na fachada principal Sur ou do mediodía, na parte media, cara á dereita segundo se mira. É un escudo partido, que presenta na primeira partición, unha torre donxonada (unha torre sobre doutra) cun brazo armado empuñando unha espada núa (desenvaiñada) que sae do homenaxe (torre superior) e que apunta á sinistra. Este brazo empuñando unha espada saíndo do ameado, ou dunha fiestra ou do portón dunha torre, atópase en brasóns de varios liñaxes de Galiza: CID (saíndo do portón); INCLAN (saíndo dunha fiestra); PARDIÑAS (saíndo do ameado); RIESTRA (saíndo do ameado); ROUCO (saíndo do portón); e tamén aparece como parte dun dos brasóns dos HERNÁNDEZ de Castela.
 A segunda partición está cuartelada en cruz:
1º cuartel) Un león rampante mirando a destra.
2º cuartel) Cinco roeis ou cinco bezantes en sotuer (en aspa): dous en xefe, un central e dous en punta.
3º cuartel) Cinco roeis ou cinco bezantes igual dispostos que os do segundo cuartel (Nota: os bezantes e os roeis son figuras circulares que se distinguen en que os bezantes sempre son de metal: ouro ou prata, e os roeis son de cor: gules, sinople, azur, púrpura ou sable).
4º cuartel) Un león rampante mirando a destra, máis pequeniño, pero de igual disposición que o do primeiro cuartel.
Parecen Armas de QUINDÓS (1º e 4º, en campo de ouro un león rampante de gules; 2º e 3º, en campo de gules “oito” bezantes de prata colocados en dous paos de catro; neste brasón, cinco en aspa). Está timbrado cunha celada mirando a destra de fidalgo de tres liñas paternas e maternas (viseira levantada ensinando tres grilletas) e surmontada dun burelete adornado de seis plumas. Os adornos laterais da celada, así como, os dos flancos do escudo, consisten en volutas elegantemente talladas, e en punta, sostido por unha concha de vieira (de posible referencia ó Camiño de Santiago)

Á fachada Sur do Pazo-Torre (tamén coñecido en Cedofeita como a Casa Grande) accédese desde o exterior por un portón con grosa porta reforzada con cravos, que da a un patio interior de servizo á Torre, e a unha íntima e sinxela capela particular, onde se atopa no centro do retablo a imaxe da Virxe de Nosa Señora da Soedade da súa devoción, vestida cun manto de veludo negro, dentro dun fornelo acristalado rodeado de anxos e rematado na parte superior por un escudo perfilado de ouro (foto 2 arriba) timbrado con coroa real e brasonado en campo de azur coas Armas de Santa María: no centro o anagrama de María (letras MA entrelazadas) en gules, entre os símbolos da Paixón: en xefe, a coroa de espiñas en sinople, e en punta, os tres cravos da crucifixión de Xesús en gules, colocados, un central en pao ó que se unen inclinados por ambos lados os outros dous, tocándose coas puntas. Á esquerda do altar hai a imaxe dun Ecce Homo nun cadro en alto relevo e unha imaxe enteira da Virxe do Carme. Na meseta do propio altar, unha taboiña escrita (foto 2 abaixo) recorda a concesión que: “El Ilmo. Sr. D. Francisco Cuadrillero y la Mora del Consexo de S.M. Obispo y Sr. de la Ziudad de Mondoñedo, conzedió quarenta días de induljenzia, a todas las personas que rrezaren una Salbe delante de esta Santísima Himajen de Nuestra Sra. de la Soledad, Año de 1785”.
A situación do Escudo de Armas na fachada, nesa ampla cavidade feita á posta no muro, e que o material utilizado para construílo sexa madeira, parece darnos a entender que todo está preparado e pensado para que o escudo de madeira fora aloxado alí, por un período de tempo relativamente corto, resgardado da choiva torrencial e da inclemencia do tempo, antes de ser cambiado por un escudo de pedra. Estas características teñen unha lectura moi peculiar que vamos explicar facendo un pequeno resumo dunha lección desenrolada polo Barón de Cobos de Belchite.
Por un lado, explica o Barón de Cobos, un escudo heráldico, non é proba de nobreza do liñaxe que presenta, non embargante, por costume, un Escudo de Armas sempre é signo de Nobreza. E se un escudo, tallado en pedra de cantería, ornamenta a fachada dunha casona ou dun pazo ¿Quen é capaz de crer que os seus antigos moradores, non eran fidalgos coñecidos, incluso con certo anhelo de arrogancia que exteriorizaban no seu escudo? ¿Como se pode admitir, que en pequenos pobos (como Cedofeita, neste caso) o Estado Nobre (os fidalgos locais), e aínda a clase plebea, lle permitiran a un intruso calquera colocar un Escudo de Armas, insultante para moitos fidalgos, que si tiñan dereito a colocalo e, que por motivos de dificultade económica non o facían, e estaban empadroados no Estado Llano en vez de no Estado Nobre?. Por esta sinxela razón, tódalas pedras armeiras anteriores a 1830, poden considerarse proba secundaria ou complementaria de Nobreza.
Por outro lado, moitas veces os interesados en demostrar a súa nobreza, cando ó seu dereito lle conviña, poñían na súa casa un escudo de madeira, con carácter provisional, e entonces procedíase á denuncia por “posesión ilícita de Escudo de Armas” do Fiscal ante a Corte, por delito e indicio de infracción criminal das leis do Reino. Entón, a parte denunciada presentaba a proba ou probas documentais e testemuñais, remitindo as posesorias de Fidalguía por actos distintivos de baronía, tales como: cargos privativos dos Nobres nos Municipios onde había distinción de Estados, reputación, nome e emprego distinguidos, exención de alcabalas, goces de veciñanza, etc, e con elas a inspección ocular do solar coñecido e notorio dos Fidalgos, xa de sangue, xa de privilexio, brasóns antigos, etc. A toda esta documentación, contrapoñíase a aportada pola parte contraditoria, e á súa vista, ditábase Sentencia baixo as reservas ordinarias dos xuízos de propiedade plenaria. A Sentencia pasaba de ser, cousa xulgada, para sentar Executoria, posto que este Tribunal que xulgaba era Supremo e as súas decisións eran firmes e inapelables. Chegados a este momento, os fidalgos, eran absoltos da “denuncia de Escudo de Armas ilexítimo”, e xa podían usalo con plena liberdade, esculpíndoo en pedra nas súas casas ou pazos e ostentándoo publicamente en sepulturas, carruaxes, selos, tapices e alfaias (Apuntes de Nobiliaria y Nociones de Genealogía y Heráldica, Curso de Grado, Instituto Luís de Salazar y Castro –C.S.I.C.- Madrid 1960, Tema XII desenrolado polo Barón de Cobos de Belchite, páx. 188-189).
¿Que pasou para que os moradores do Pazo de Cedofeita non cambiaran o material do Escudo de Armas de madeira para pedra? Parece ser que o escudo, “foi posto alí por D. Diego Pertierra, e que antes puido estar nunha dependencia da fortaleza” (Fortalezas de Lugo y su Provincia, D. Manuel Vázquez Seijas, Tomo IV, páx. 92, Museo Provincial de Lugo, 1967)
Sabemos (ibidem, páx. 83 e Tomo III, páx. 88) que en 1202 o bispo mindoniense D. Paio de Cebeyra, cuxa sé bispal estaba establecida en Ribadeo, fixo unha permuta co rei Afonso IX, na que este lle deu todo o coto de Villaronte e o castelo de Portela a cambio do de Folgoso e das Terras de Ribadeo onde se comprendía o Coto de Cedofeita, Covelas, As Anzas, Vilela, Casal de Mon, Fuleirós e Pagadi, o coto de Sta. Eulalia da Devesa, Vilamariz, Cinxe, Piñeira e Vilaselán entre outras herdades (ibidem, Tomo III, páx.88) (Nota: todas estas posesións entregoullas o rei D. Afonso IX aos cidadáns e poboación de Ribadeo, reservando soamente para o bispado as primicias e diezmos, de tal forma que ó Concello de Ribadeo, xamais lle estivese permitido vender, pignorar -empeñar ou dar en prenda- conmutar, ou dar de outro modo as mencionadas herdades, a ningunha orde ou relixión, a non ser á sé ou ó bispo de Mondoñedo, nin tampouco ó bispo nin a igrexa, se lles permitía conceder encomenda, a non ser á propia sé ou o Concello de Ribadeo...) (ibidem Tomo III, páx.88-89) ¿Estará aínda vixente esta disposición de D. Afonso IX, de que ó Concello de Ribadeo: “xamais lle estivese permitido vender, empeñar, conmutar ou dar a outro...” o concernente á explotación da pequena herdade da Illa Pancha?
Os antecesores da liñaxe dos Cedofeita, remóntanse a D. Pedro de Cedofeita, abade do Mosteiro de Lourenzá, desde 1430-1462. D. Álvaro de Cedofeita, sobriño de D. Pedro que foi o seu sucesor, e que a gobernou ata 1471. En 1535 era dona do coto de Cedofeita, Dª Blanca RIBADENEIRA E PIMENTEL, muller de D. Antonio de TOVAR, señor do pazo fortaleza de Tovar en Canedo (Santo Tomé de Lourenzá) e xentil home do rei Carlos I. Súa filla Dª Brianda, casou con D. Fernán PÉREZ DE SEIXAS, señor da fortaleza de San Paio de Narla. Logo o Coto pasou a mans de D. Afonso ORDOÑEZ DE SEIXAS, e máis tarde, á liñaxe dos POUSADA de Mondoñedo. Un sacerdote desta familia vivía cunha sobriña e cun servinte chamado D. Diego PERTIERRA, quen se casou con ela a desgusto do tío. D. Diego era do Franco, Asturias, e quedoulle o Coto de Cedofeita pola herdanza da súa muller. Tiveron varios fillos, e un deles casouse cunha señora da familia GUZMAN, posiblemente da liñaxe de San Martín dos Oscos.
Segundo Real Carta Executoria de 6-Febreiro- 1738, D. Domingo Antonio García Pertierra, veciño de Cedofeita, orixinario de S. Pedro de Andés, Concello de Navia, presentou amparo de nobreza na Real Chancillería de Valladolid, facendo constar que seu pai D. Manuel García da Áspera, casado con Dª Dominga Alonso Pérez, era Fidalgo Notorio de Sangue, igual que o fora seu avó D. Domingo García de Santamarina, casado con Dª Teresa Álvarez, e máis ascendentes por liña recta de varón que vivirán na citada feligresía de S. Pedro de Andés. Non obstante, aqueles Homes-Bos, non lle quixeron dar o Estado de Nobreza por haberse pasado a vivir a Cedofeita. D. Domingo suplicáballes servisen despachar Real Provisión para que o Consello de Homes-Bos de Cedofeita, lle recoñecesen a nobreza que lle correspondía. Os Alcaldes dos Fidalgos, despacháronlle Real Provisión: “...que era público e notorio que estaban nos listados de fidalgos, os tales ascendentes, na parroquia de San Pedro de Andés: D. Pedro GARCÍA PERTIERRA en 1668, 1674, 1680, 1686, 1692 (Nota: os Padróns de Nobres, facíanse cada sesenio ou setenio); D. Domingo García Pertierra en 1704, 1710; D. Domingo GARCIA SANTAMARINA e seu irmán D. Antonio 1717, 1722; Manuel García 1731, 1737 e D. Domingo García. O 10-Novembro-1778 figura como veciño do coto de Cedofeita D. Diego PERTIERRA E RUBIÑOS. En 25-Decembro-1867 outórganse partixas dos bens de Dª Nicolasa CANCIO PERTIERRA viúva de D. Antonio GUZMAN E CANCIO, ao seu neto, inmediato sucesor, D. Ramón GUZMÁN E BERMÚDEZ.
En 1955, eran donos do Pazo-Torre de Cedofeita, D. Antonio Guzmán, que era Xuíz na Fonsagrada, e estaba casado con súa prima Dª Dominica Martínez Guzmán, a quen lle quedou o Pazo en usufruto ó quedar viúva. No ano 2000, era súa dona, Dª Valentina Guzmán Prieto, aveciñada en Ribadeo, que o herdara de seu pai D. Federico Guzmán, pois D. Antonio non tivo fillos e pasoulle a herdanza familiar ó seu irmán.
No Pazo de Cedofeita, a Torre non foi construída para ser fortaleza, se non que foi levantada, como varias outras na Galiza, como símbolo señorial de poderío e grandeza. Recordando a aqueles antigos señores nobres, sabemos que os irmáns fidalgos D. Juan “O Novo” e D. Gregorio de Cedofeita, sostiveron preitos de fidalguía na Real Chancillería de Valladolid, no ano 1538 (caixa 656,10) e no ano 1542 (caixa 143,4). Por isto, o Padre Crespo (Linajes y Blasones de Galicia, Volume II-páx. 320) opina que D. Juan de Cedofeita “O Vello” obtivo a executoria dos Reis Católicos. Os señores do Pazo de Cedofeita chegaron a verse tan poderosos e autónomos no seu señorío, que nos comezos do reinado de Sabela II (reina 1833-1868), xuntáronse cos señores do Pazo de Quintalonga de Vilaosende, e cós señores de Arante, Cubelas e Couxela, así como, cós veciños das súas respectivas parroquias, e constituíronse en concello independente do de Ribadeo, titulándoo Concello de Cedofeita con sé en Sante. A Xunta do Concello de Ribadeo tivo que terminar ameazándoos con mandarlles as tropas que había en Ribadeo para que se disolveran, pero un ano máis tarde, en 1864, solicitáronlle a súa pretensión directamente á raíña Sabela II, quen por Decreto Real, suprimiu os Concellos de Cedofeita e de Reinante (Ribadeo Antigo, Francisco Lanza, páx. 78). Cedofeita seguiu sendo do Concello de Ribadeo, e Reinante (San Miguel e Santiago) pasou a ser de Barreiros, pero... ¡esa é outra historia!
Desde aquí darlle as máis expresivas grazas á actual dona do Pazo, Dª Ana Suárez Guzmán, quen tivo a amabilidade e xentileza de pasarse unha tarde enteira ensinándome as particularidades da construción das diferentes estancias do pazo, das escaleiras da torre, da Capela e do grande e magnífico pombal da finca, así mesmo, grazas por relatarme as historias e vicisitudes do tan vetusto Pazo-Torre de Cedofeita.

20170816

Hoxe é San Roque: Cartel San Roque 2017 Ribadeo


ESCUDO DE ARMAS DA CASA DE QUINTALONGA DE SANTALLA DE VILAOSENDE E ESCUDOS POLICROMADOS DA CAPELA DE SAN ROQUE DE RIBADEO. Francisco José Campos Dorado


Este Escudo de Armas está colocado na fachada oriental da Casa-Pazo de Quintalonga na parroquia de Santalla de Vilaosende. É un escudo con forma ovalada, medio partido e cortado, con bordura gravada de tal forma, que coincide a lenda có correspondente brasón de cada cuartel: “MONTENEGRO” (flanco destro, 1º cuartel)- EN LAS ARMAS Y EL BENCER LAMAS ES DE SOSTENER (rodea toda a partición baixa ou 3º cuartel)- BAAMONDE(S) (flanco sinistro, 2º cuartel). Este tipo de distribución dun escudo de armas cos brasóns das liñaxes familiares, soen estar distribuídas para representar: 1º) as armas do avó paterno; 2º) armas do avó materno, e as veces, as armas da avoa materna; 3º) as armas da avoa paterna.
A forma ovalada do escudo, como arma de defensa, foi usada polos antigos gregos, e na Heráldica española, é costume que a usen as damas e os eclesiásticos. Neste caso, ó estar timbrado cun casco de fidalgo, que só é admitido na regra Heráldica aos cabaleiros, debe corresponder o escudo familiar dunha dama. A viseira levantada ensinando tres grilletas, é a dun fidalgo de tres liñas paternas e maternas. O casco mostra un burelete adornado de catro plumas, e o adorno exterior consiste nunha cartela que soporta o escudo, asemellando volutas dun pergamiño nos soportes, e carece de adorno no sostén (pola parte baixa)
1º cuartel: unha “M” coroada das Armas dos MONTENEGRO (se tivera esmaltes sería: en campo de sinople, unha “M” de prata surmontada dunha coroa real de ouro)
2º cuartel: unha “M” coroada e rodeada de sete peixes das Armas dos BAAMONDE (se tivera esmaltes sería: en campo de azur, unha “M” de ouro, coroada do mesmo metal, bordura de gules con sete peixes de prata). Este brasón tamén o podemos ver no segundo cuartel do Escudo de Armas da Capela de Lourdes da Igrexa de Sta. María do Campode Ribadeo (tamén en La Comarca del Eo, 6-Maio-2017).
3º cuartel: esta partición baixa, presenta as Armas dos LAMAS, que son as mesmas que as do escudo exterior da Capela de San Roque (tamén en La Comarca del Eo, 30-Xullo-2016) coa advertencia de que están invertidas en xefe, as armas dos LUACES e dos DONIS. Neste escudo: 1º) son de DONIS (tres lises ben ordenadas); 2º) LUACES (cinco estrelas de seis puntas surmontadas por un crecente ranversado); 3º) LAMAS (cinco lapas de lume ou “llamas”). No escudo da Capela de San Roque: 1º) son de LUACES; 2º) DONIS e 3º) LAMAS.
As armas dos LUACES son as da Casa de Camarasa (en campo de azur, cinco estrelas de ouro surmontadas dun crecente ranversado de prata).
Na Internet, na páxina de “Xenealoxía.org. Investigando a HistoriaFamiliar en Galicia” e noutras varias fontes, atopamos a seguinte xenealoxía:
D. Pedro NUÑEZ (ou ÁLVAREZ) DE LAMAS BAAMONDE, que presenta Preito de Fidalguía na Real Chancillería de Valladolid no ano 1539 (Sala de Fidalgos, Caixa 1506,1), foi quen creou vínculo e maiorazgo dos bens da Casa de Quintalonga na parroquia de Santalla de Vilaosende do Concello de Ribadeo. A acta fundacional di que fixera moitos servizos, probablemente de armas, o emperador Carlos I de España e V de Alemaña (rei entre 1517-1556). D. Pedro casou con Dª Teresa RODRIGUEZ DE CORA E BAAMONDE, e faleceu sen descendencia, polo que seguiu a liña sucesoria seu irmán D. Lope ALVAREZ DE LAMAS BAAMONDE, que aparece empadroado como fidalgo nos padróns da parroquia de Sante concello de Trabada en 1580. Casou con Dª María DE LINARES. Tiveron por fillos a D. Fernando que faleceu en América en 1590 e a D. Rodrigo que herdou Quintalonga.
D. Rodrigo tivo por fillo a D. Gaspar LAMAS BAAMONDE que casou con Dª Catalina DEL BUSTO ANDRADE. (Nota: á vista desta xenealoxía, parece que no Escudo de Armas dos BUSTO, que explicaba no artigo “Casa brasonada da Rúa Viejo Pancho” (La Comarca del Eo, 24-Decembro-2016) o primeiro cuartel, parece ser, brasón dos ANDRADE). D. Gaspar e Dª. Catalina tiveron por fillo a D. Antonio Lamas Baamonde, Señor da Casa de Quintalonga de Vilaosende que casou con Dª. María MONTENEGRO SANJURJO, filla de D. Pedro NÚÑEZ DE MONTENEGRO SANJURJO e LANTOIRA e de Dª María de AGUIAR e PEDROSA. D. Antonio faleceu o 27-Marzo-1705.
D. Antonio e Dª María Montenegro, tiveron seis fillos: 1) D. Antonio de LAMAS E MONTENEGRO que casou con Dª. Isabel MENENDEZ DE NAVIA E VILLAAMIL, natural de Ribadeo, filla de D. Baltasar MENÉNDEZ DE NAVIA E VILLAAMIL e de Dª María de ESTRADA E MANRRIQUEZ.
2) D. Gaspar de Lamas Montenegro, foi cura reitor propio da freguesía de Cabarcos en 1722, é Comisario do Santo Oficio da Inquisición. Como nota interesante atopamos que D. Gaspar, sendo xa cura de Cabarcos, foi unha das testemuñas da voda de Dª María PARDO DE ULLOA E LOSADA (filla do Capitán D. Juan PARDO DE CELA E TABOADA e de Dª Antonia ULLOA LOSADA E VALLEDOR, seguramente os donos da Casa de Pumarín de S. Miguel de Reinante) que casou con D. Diego DEL BUSTO E VILLAAMIL (fillo de D. Domingo DEL BUSTO E VILLAAMIL e de Dª María DE SIERRA E OSORIO, seguramente veciños de Ribadeo) cuxo matrimonio se celebrou o 3-Xuño-1700 en San Miguel de Reinante (Libro Matrimonios Nº1 (1670-1738) Folio 175-V).
3) D. José de Lamas, que foi cura da freguesía de Santalla de Vilaosende. 4) Dª. María de Montenegro e Sanjurjo, foi monxa no convento de Santa Clara de Ribadeo, e pasou de monxa de velo branco a monxa de velo negro o 10-Outubro-1686. 5) Dª. Juana Marta de Lamas e Montenegro. Casou o 11-Decembro-1695 con D. Pedro Teodoro MIRANDA E SANJURJO. 6) D. Francisco de Lamas e Montenegro.
D. Antonio de LAMAS E MONTENEGRO (primoxénito de D. Antonio Lamas Baamonde e de Dª María Montenegro Sanjurjo), casou con Dª. Isabel MENENDEZ DE NAVIA E VILLAAMIL, e tiveron tres fillos: 1) D. José Antonio LAMAS E MENÉNDEZ, dono da Casa de Quintalonga onde faleceu o 1 de Xaneiro de 1755, que casou con D. Maria Luisa MOSCOSO E LEMOS (ver máis abaixo)
2) D. Gaspar Antonio de Lamas e Menéndez que casou con D.ª Micaela Rosa BUSTO E SIERRA e tiveron por filla a Dª. Maria Ignacia LAMAS E BUSTO que casou en Ribadeo, 11-Outubro-1745, con D. Jacìnto VALLEDOR PRESNO QUEIPO DE LLANO, fillo de D. García Francisco Valledor Presno e D.ª Melchora María Queipo de Llano.
3) D.ª Maria Francisca de Lamas, casou o 31 de xullo de 1707 con D. Francisco PLÁCIDO POSSE SAAVEDRA E VILLAR DE FRANCO, fillo de D. Roque Posse e Villar de Franco e D.ª Margarita Saavedra, rexedor perpetuo da cidade de Betanzos.
Hai un preito do ano 1722, na Real Chancillería de Valladolid que corrobora parte dos membros desta xenealoxía: Preito de D. José Antonio de Lamas Menéndez, veciño da freguesía de Santa Eulalia de Vilaosende, con D. Gaspar de Lamas Montenegro, cura de San Julián de Cabarcos, D. José Bernardo de Lamas, cura da freguesía de Santa Eulalia de Vilaosende, D. Pedro Teodoro de Miranda y Sanjurjo e súa muller Dª. Juana Marta de Lamas Montenegro, veciños da freguesía de Santa María de Conforto, posuidores e herdeiros dos bens que quedaron de D. Antonio de Lamas Bahamonde, sobre o pago de certos pesos de prata chegados de Indias como agregados ó vínculo que fundou D. Antonio de Lamas Bahamonde (Código de referencia: ES.47186.ARCHV/8.12.3.2//PL CIVILES,FERNANDO ALONSO (F),CAJA 2204,2)
Chegados a este punto, pasemos a estudar os ESCUDOS POLICROMADOS DA CAPELA DE SAN ROQUE, pois pertencen a esta familia, nas ramas familiares do maiorazgo desta capela.



Estes escudos están, un a cada lado, no alto do retablo do altar maior da Capela de San Roque. O escudo esquerdo, segundo miramos o altar (foto 2ª do artigo) é un escudo español cuartelado en catro, e obsérvese que a boca do escudo (o borde ou liña que delimita o interior ou campo), está formada por unha sarta de cinco deceas de contas dun rosario eclesiástico. A mesma característica ocorre no escudo dereito (foto 3ª). Isto parece indicar que ámbolos dous escudos pertencen a familias de relixiosos con nobreza de fidalgos. Non obstante, debemos notar que na Heráldica, os cascos son privativos da armería masculina, quedando excluídos para timbrar con el as armas das damas e do clero, polo que son escudos brasonados de familia (Tratado de Genealogía, Heráldica y Derecho Nobiliario, Curso de Licencia, Instituto Luis de Salazar y Castro –C.S.I.C- Madrid 1961, p.139)
O escudo esquerdo (foto 2ª) está timbrado cun casco de cabaleiro, pero non vemos que presente algunha das Armas dos señores que profesaban nas Ordes Militares que dependían da Igrexa, como: a Orde de Malta, á do Santo Sepulcro ou a Orde de Santiago. Estas Armas (cruces características de cada Orde) deberían estar acoladas ou sitas por detrás do escudo. Por isto, o escudo esquerdo debe ser o dun cabaleiro relacionado coa Igrexa ou cun abade que está baixo a xurisdición dun bispo ou dun arcebispo, e timbra as súas armas cun casco de Fidalgo, por ser o seu escudo familiar (como xa dixemos, os eclesiásticos nunca timbran o Escudo de Armas cun casco).
Escudo esquerdo, primeiro cuartel: parecen armas dos PARDO ou dos PARDO DE CELA (axadrezado de doce xaqueles en campo de gules, seis alzados: 1 central, 2, 1, 2, con tres ordes de contraveros de ouro e seis afundidos alternados). Estas armas xunto coa aguia dos terceiro cuartel, están falando dun matrimonio dos PARDO DE AGUIAR.
Segundo cuartel: en campo de azur, unha cabeza de lobo degolada de ouro, lampasada de gules. Esta cabeza de lobo está representada de forma moi expresiva, pois claramente se ven as gotas de sangre saíndo do corte da “decapitación”. Son armas dos MOSCOSO, con brisura nos esmaltes (con cambio da cor dos esmaltes), pois o brasón da primoxenitura dos MOSCOSO preséntase: en campo de ouro unha cabeza de lobo degolada de sable (de cor negro) lampasada de gules (coa lingua á vista e con esmalte de cor vermello, distinto á cor negro do resto da cabeza)
Terceiro cuartel: en campo de azur, unha aguia de ouro mirando a sinistra. Son armas dos AGUIAR, das máis primitivas da casa soar de Galicia, situada cerca de Lugo.
Cuarto cuartel: en campo de gules un castelo de oito ameas, con tres torres de ouro, a central de homenaxe de cinco ameas, donxonada (que ten outra menor sobre ela) e o todo acostado (acompañado en ambos flancos) con dúas torres de ouro, sobre ondas do mesmo metal. Parecen armas dos NOVOA que teñen parentesco desde moi antigo cos MOSCOSO.
Deste escudo dos MOSCOSO (foto 2) atopamos a xenealoxía na Casa de Quintalonga. Como arriba vimos, D. José Antonio Lamas Menéndez (f.1-Xaneiro-1755) dono da Casa de Quintalonga, estaba casado con Dª María Luisa Moscoso e Lemos. Tiveron por fillos a: 1) D. Luís LAMAS MOSCOSO (n.4-xullo-1734 en Santalla de Vilaosende). 2) D José Antonio Lamas Moscoso que casou coa súa prima irmá Dª Ignacia Lamas. 3) Dª Gertrudis Lamas Moscoso, nacida en Vilaosende que casou con D. Antonio VENTURA DE AGUIAR, natural de Ribadeo, e tiveron por filla a Dª Ramona Vicenta AGUIAR LAMAS E MOSCOSO, que casou o 1-Xuño-1785 co seu primo D. Antonio Jacinto POSSE VALLEDOR. 4) D. Vicente Antonio Lamas e Moscoso, nacido en Vilaosende, 17-Marzo-1730, Señor da Casa de Quintalonga, casou o 27-Decembro-1763 con Dª. María Josefa DE LA TORRE E PONTE, do Concello de Bergondo (A Coruña). Ela era filla de D. Cayetano Josef DE LA TORRE E ROMERO e de Dª. María Josefa DE PONTE VARELA E REYMONDEZ. Ambos da parroquia de Bergondo.
Un irmán de D. José Antonio Lamas Ménendez, D. Gaspar, casou con Dª. Micaela Rosa BUSTO E SIERRA, e tiveron por filla a Dª Maria Ignacia LAMAS E BUSTO que casou en Ribadeo o 11-Outubro-1745, con D. Jacìnto Valledor Presno y Queipo de Llano, fillo de D. García Francisco Valledor Presno e de Dª. Melchora Maria Queipo de Llano.
Por outro lado, o escudo da dereita segundo miramos para o retablo do altar maior (foto 4) é dos MENÉNDEZ NAVIA VILLAAMIL SIERRA Y FUERTES, cuartelado exactamente igual e cos mesmos mobles ou figuras que os escudos de armas de Ribadeo, da Casa do Patín e da casa patrucial de D. Baltasar e Dª Antonia (casa do antigo Comercio de Maseda), e igual que o da Casa do Outeiro de San Miguel de Reinante. Podemos ver a xenealoxía ata Dª. María Teresa LAMAS SANJURJO (1886-1970) casada con D. José Navarro Reverter, no artigo “Casa Brasonada do Parque de Ribadeo" (tamén en La Comarca del Eo, 21-Maio-2016)
Como sabemos polo testamento de 1668, explicado en “Escudos do AltarMaior de Santa María do Campo” (tamén en La Comarca del Eo, 4-Marzo-2017), D. Baltasar MENÉNDEZ NAVIA VILLAAMIL SIERRA Y FUERTES, fundador do maiorazgo da Capela de San Roque (Ribadeo Antiguo de Francisco Lanza (páx.259), era fillo de D. Sancho Menéndez Navia y Villaamil e de Dª Magdalena RODRIGUEZ DE SIERRA Y FUERTES naturais da vila de Navia. D. Baltasar casou con Dª Antonia de HESTRADA Y RÍO, filla de D.Francisco RODRIGUEZ DE RÍO e de Dª Antonia HESTRADA MANRIQUEZ veciños de Ribadeo.
O escudo (foto 2) tamén parece relacionado coa liñaxe da familia de Dª Antonia Estrada Manrique, descendente de D. Hernando Duque de Estrada, que tivo por filla a Dª Juana de ESTRADA MANRIQUE E MOSCOSO, irmá maior do Arzobispo de Sevilla, casada co capitán D. Sancho PARDO OSORIO, Cabaleiro de Santiago, General das Galeras de Indias, procedente da Casa PARDO DE VALLEDOR de Asturias e señor da Casa de Donlebún de Figueiras. Dª Juana viviu no século XVI pois fai doazón duns bens o 23-Agosto-1597, e tivo unha filla, Dª Francisca PARDO OSORIO Y ESTRADA que casou con D. Pedro BOLAÑO PIMENTEL, señor de Torés.
Un tío de Dª.Francisca, D. Juan PARDO OSORIO, falece en 1630 nun barco de guerra, pelexando contra dos holandeses (resumido: Blasones y Linajes de Galicia, J.S. Crespo del Pozo, Tomo II páx.395, e Tomo IV páx.127)
Este relato xenealóxico recompilado, en parte, na páxina de Internet “Xenealoxía.org. Investigando a Historia Familiar en Galicia”, non cabe dúbida de que é intricado de ler e quizais haberá que corrixilo nalgún punto. Pero dado o grado de interés que representan os enlaces matrimoniais e de parentesco entre as distintas Casas Brasonadas do Concello de Ribadeo, así como, entre os membros das familias fidalgas que hoxe son veciños que non dispoñen de Escudo de Armas nas súas casas, nunca me privo de facer unha recompilación o máis detallada e escrupulosa que me é posible, pois seguramente facilitará algún estudo posterior da Heráldica, Xenealoxía e Nobiliaria dos Escudos de Armas de Ribadeo, que sen dúbida, si queremos poñer en valor este riquísimo patrimonio, alguén terá que facer algún día, pois eu soamente o albisco, e intento “reflotar” ou aflorar á superficie un tema esquecido e apaixonante, que haberá que investigalo en toda a súa dimensión histórica, pois, sen dúbida, todos estes señores marcaron a maioría dos pasos de desenrolo económico e social daquel Ribadeo Antigo e moitos do Ribadeo actual.

PREGUNTA DO COLECTIVO “POR NUESTRO FARO” Á AUTORIDADE PORTUARIA, CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE DA XUNTA DE GALICIA E CONCELLO DE RIBADEO

Foto de Carmen López Pérez

 Nos últimos días puidemos observar que na Illa Pancha xurdeu como por ensalmo un murete de obra que remata o valado da ponte na beira que da ao norte e que, dende o noso ponto de vista, racha abertamente ca estética do conxunto e introduce materiais alleos aos que se utilizaron anteriormente neste espazo. Agora, ao que non deixa de ser unha aberración como privatizar un ben público que debera ser un espazo público, ven a sumarse unha aberración constructiva que semella abrollar no chan como unha mala herba de exótica natureza. Como ven sendo habitual, sen que se saiba se é o resultado dunha decisión arbitraria ou conta con algún tipo de autorización ou mesmo forman parte das condicions esixidas polo concello para concedela licenza de actividade. O misterio e o segredo, versus a falla de información seguen dominando o escenario. A obriña, polo demais, é dun mal gosto evidente, atenta contra os valores paisaxísticos da illa e ven sendo como on grao disarmónico na face do conxunto arquitéctonico.
  Agradeceríamos que nos comunicasen se esta nova obra estaba no proxecto inicial que deu pase á concesión e se foi avaliada dacordo ca normativa vixente, sobranceiramente reiterada. Tamén sería interesante saber se nunha zona protexida pola Rede Natura 2000 pode abrollar do chan esta muralla e mañan outra e pasado mañana outras duas e despois medrar medio metro e despois outro medio e asi ata chegar a unha torre de Babel de límites infinitos e descontrolados. E mesmo se formase parte das condicións esixidas polo concello debérase informar aos veciños polo menos ca mesma relevancia que se lle deu ao carrito dos turistas. Asemade sería saudoso que se coñecese quen ou que organismo se fai responsable do seguimento e vixilancia do cumplimento das prescripcións municipais. En fin, unha información básica do que se pensa facer nos espazos mais salientabeis de Ribadeo, antes de que se fixera irreversible.
 Con respecto ao concello de Ribadeo seguimos na agarda de recibir resposta a dous escritos anteriores sobre a entrada na illa de persoas, se está vixente o precinto anunciado e cómo estas visitas, en días festivos, poden explicarse nun espazo precintado pola administración municipal.
 Pola outra banda na estrada de Vilaselán ao faro, estase abrindo unha xanza pola cuneta, supostamente para conectar a toma de auga para os apartamentos. A obra carece de cartel e non esta do anunciado o corte do trafego rodado, polo tanto, mentras traballan as máquinas, xúntase unha fileira de ata doce coches nalgúnn intre. O resultado é que os visitantes deben ir a pe ata a illa pasando xunto da obra cativos e maiores co que eso significa. A información do concello aos veciños e visitantes é nula como no caso do murete e tamén resulta incomprensible a xestión dos permisos tratándose dunha zona afectada pola lei de costas e da rede natura 2000.
 Nos dous casos insistimos en comparar o interés do concello por publicitar actividades de escaso ou nulo interés para a comunidade, con fotos do alcalde e concellais, moitas veces acompañados dos promotores, funcionarios e publicistas e o xeito precipitado, sen anuncios, en pleno mes de Agosto, para iniciar esta obra de interés exclusivamente particular.
11 Agosto 2017
Colectivo Por Nuestro Faro