20170427

Escrito do colectivo “Por Nuestro Faro” ao Alcalde de Ribadeo

Licenza de apertura e promesa incumprida por parte do Concello do acceso público; documento de Puertos (o a súa ausencia) que xustifique o peche ata o de agora da illa; variación de hotel a apartamentos e as súas implicacións legais... A tramitación segue chea de furados, así como as actitudes dos "implicados"... O escrito a continuación, que recolle só algún dos furados foi presentado onte no Concello:
"
Sr. Alcalde de Ribadeo
O pasado 26 de novembro de 2016 os medios de comunicación difundían unha nota do Concello de Ribadeo en relación cas licencias de obra e actividade para a reforma do faro da Illa pancha con destino a “Hotel”. Na nota sinálabase que o concello exixiría o acceso libre á illa como condición para conceder a licenza de actividade.
Pasados cáseque 20 días dende a apertura do devandito estabelecemento agradeceríamos que nos facilitase a seguinte información:
1.- Se xa se concedeu a licenza de apertura e neste caso se decaeu a condición de acceso libre que obviamente non se está a cumprir a día de hoxe.
2.-Se ainda non se concedeu a licenza de apertura cales son os trámites pendentes e en qué prazo se agarda cumprilos.
3.- Habida conta que finalmente o estabelecemento devandito non é un hotel, nen ten os servizos nen o persoal propio dun hotel (so un posto de traballo), e se a licenza de obra e a concesión da autoridade portuaria fan referencia expresa e repetidamente a un “Hotel”, pero o que está funcionando son dous apartamentos quixeramos saber se é legalmente viable conceder a pertinente licenza para unha actividade sustancialmente diferente da que figuraba nos proxectos e documentos que figuran no expediente.
Pola outra banda o Colectivo “Por Nuestro Faro” ven de dirixir o escrito que adxuntamos á Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao solicitando unha copia do expediente administrativo que permitiu, no seu día, o peche ao público da porta de acceso á illa, dado que en caso de que non exista o devandito expediente por partir dunha orde verbal ou, en caso de existir non axustarse á lexislación vixente entendemos que debera exixirse o cumprimento inmediato do artigo 27,1 da lei de Costas que estipula a “servidumbre de tránsito” nunha franxa de seis metros por fora da línea de delimitación marítimo terrestre e onde non proceder á clausura indefinida do estabelecemento por parte do Concello de Ribadeo.
"
Costa arredor da illa Pancha, no Google Maps

1 comentario:

Unknown dixo...

Antonio:si les pasa Isto de pechar o pasó os da Devesa,xa está a porta aberta fai moito tempo,pero,siendo legáis,o deslinde está feit,que e a línea de pleamar da mayor marea do ano,están os cubos de hormigón Portos nas penas,e a partirse delos son seis metros que antes chamaban de "pasó de pescadores" que non sabes ti orgullosos e celosos que estaban.Non son abogado,e as cousas que non se saben hay que preguntarlas a que as sabe,pra no facer o ridiculous,pero pensó que a illa,tendo un Faro funcionando seguro que Costas poderia protexelo.Agora as condiciones mudaron en vez do Faro Hai apartamento.Pero o do pasó,soio teño seguro a cargada Do alcalde de Ribadeo,dicindo que non aceptaría o hotel-según a sua terminología-Pensó que hay que meter mais trincha na fenda,do libre paso,que el dixo e que o obrigaNos rios pasa o mesmo Hai un paso de guardería,que teñen que deiar libre os gandeiros.A o principio diste proceso,dixenche que contar con Evaristo e ter un puntal,con ideología,claridad,e moita esperencia.E un puntal,e Unha persoa coñecida no Pobo.Un acertó.Como e o ter e o de Covadonga,que vexovos crecer co tempo,e este traballos que facedes,poñendo a visa valía o servicio de todos,e merecedor do recoñecemento e admiración.Unha aperta