20170430

A puntuación do Ribadeo FC (actualización)

Despois de deixar hoxe mesmo, pola mañá, colgado o artigo 'A puntuación do Ribadeo FC', tivo lugar o encotro co Sada no Pepe Barrera. Unha victoria que esixe a actualización do post. Comezo por actualizar o gráfico e a táboa:

Pouco máis que dicir que o xa apuntado no post anterior. Mais, a falta de comentarios na web do club, o partido ganado hoxe lanza a proxección a fin de liga cara ós 62 puntos... aínda que a previsión de goles non medre, senón que merme (non poño gráfico, xa dixen que esperaba que seguira esa liña quen entenda máis ca min de fútbol).

A puntuación do Ribadeo FC

Hoxe, ás 5 da tarde, terá lugar o enfrontamento entre o Ribadeo FC e o Sporting Sada no Pepe Barrera.
Coido que é a primeira vez que falo de fútbol nos máis de 5000 post que levo no blog, erpo é que procurando outra cousa, cheguei a que non hai unha gráfica que represente a evolución na liga do Ribadeo FC, e decidín encher o oco dun xeito provisional -porque espero que a páxina do club, https://www.ribadeofc.com/ , non tarde en enchelo.
Engadínlle polo momento só un pequeno detalle: a liña de tendencia, que especifica que de seguir coa tónica do resto da liga, a puntuación final na xoranda 40 será de 60 puntos, pois tras un mal comezo e un bo rendemento despois, a tendencia final é a ralentizar o rendemento. Así pois, queda  embaixo a gráfica e a táboa de puntuación, deixando cousas como goles metidos e encaixados ou clasificación semana a semana para xente que siga o fútbol con máis asiduidade ca min.


20170428

A conto da poboación de Ribadeo

Días pasados, a raíz da publicación de novos datos estatísticos polas entidades que se encargan desas cousas, a prensa ten publicado sobre a media de idade de diversos concellos da provincia, e, de xeito independiente, de España. Resulta que a media de idade española está a subir, e dentro da provincia, despois de Burela e Lugo cidade, o terceiro concello coa media de idade máis baixa é Ribadeo. Aínda así, a media ribadense non chega a ser máis baixa que a media estatal.
Sabendo o anterior, púxenme a mirar algún dato, e coido que é curiosa a evolución da poboación ribadense ó longo destes últimos vinte anos, collendo como referencia a idade da poboación. O gráfico:
No gráfico amósase a poboación acumulada ó ir aumentado a idade. A poboación total foi aumentando de xeito perceptible dende 1998 que comeza a estatística a esta década, na que máis ou menos se estabiliza. Aínda así, vemos que a liña de poboación que indica o número de persoas por baixo dos 29 anos (azul craro que se mantén entre 2000 e 4000) prácticamentre non deixa de baixar.
Se pasamos a porcentaxes,aparécenos:
Onde se pode ver que tódalase series entre 25 e 50 anos teñen ano tras ano maior porcentaxe de xente por riba, de máis idade, ó igual que por riba dos 80 anos.
Dicía o xornal estes días que, de novo, os políticos propoñen solucións. Coido que a solución pasa por ter un futuro para a xente e non por dicir algo así como 'provreade, malditos!', que é máis ben o que se está a facer. E ti, que opinas?
Deixo a continuación a táboa cos datos para que cada quen avalíe (ou sinxelamente, mire en que grupo está metido en cada ano...):

20170427

Escrito do colectivo “Por Nuestro Faro” ao Alcalde de Ribadeo

Licenza de apertura e promesa incumprida por parte do Concello do acceso público; documento de Puertos (o a súa ausencia) que xustifique o peche ata o de agora da illa; variación de hotel a apartamentos e as súas implicacións legais... A tramitación segue chea de furados, así como as actitudes dos "implicados"... O escrito a continuación, que recolle só algún dos furados foi presentado onte no Concello:
"
Sr. Alcalde de Ribadeo
O pasado 26 de novembro de 2016 os medios de comunicación difundían unha nota do Concello de Ribadeo en relación cas licencias de obra e actividade para a reforma do faro da Illa pancha con destino a “Hotel”. Na nota sinálabase que o concello exixiría o acceso libre á illa como condición para conceder a licenza de actividade.
Pasados cáseque 20 días dende a apertura do devandito estabelecemento agradeceríamos que nos facilitase a seguinte información:
1.- Se xa se concedeu a licenza de apertura e neste caso se decaeu a condición de acceso libre que obviamente non se está a cumprir a día de hoxe.
2.-Se ainda non se concedeu a licenza de apertura cales son os trámites pendentes e en qué prazo se agarda cumprilos.
3.- Habida conta que finalmente o estabelecemento devandito non é un hotel, nen ten os servizos nen o persoal propio dun hotel (so un posto de traballo), e se a licenza de obra e a concesión da autoridade portuaria fan referencia expresa e repetidamente a un “Hotel”, pero o que está funcionando son dous apartamentos quixeramos saber se é legalmente viable conceder a pertinente licenza para unha actividade sustancialmente diferente da que figuraba nos proxectos e documentos que figuran no expediente.
Pola outra banda o Colectivo “Por Nuestro Faro” ven de dirixir o escrito que adxuntamos á Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao solicitando unha copia do expediente administrativo que permitiu, no seu día, o peche ao público da porta de acceso á illa, dado que en caso de que non exista o devandito expediente por partir dunha orde verbal ou, en caso de existir non axustarse á lexislación vixente entendemos que debera exixirse o cumprimento inmediato do artigo 27,1 da lei de Costas que estipula a “servidumbre de tránsito” nunha franxa de seis metros por fora da línea de delimitación marítimo terrestre e onde non proceder á clausura indefinida do estabelecemento por parte do Concello de Ribadeo.
"
Costa arredor da illa Pancha, no Google Maps

20170426

Os Aventados: 20 anos cazando o vento da cultura

Di o tango de Carlitos Gardel, interpretado por Eugenio Del Valle que "veinte años no son nada...". Pero dende 1997 teñen pasado unhas cuantas primaveras e moitos compañeiros/as de singladura na procura do Vélaro de Ouro, que para nós sempre será o patrimonio histórico-cultural-ecolóxico da nosa fermosa Britonia.
Aqueles Aventados que viñeron de Euskadi: O poeta Gregorio San Juán; o novelista Amado Gómez Ugarte; o director de cine Kepa Sojo; o historiador Antón Sáez de Santa María. A ceramista de Cantabria, Ana Bedia. O pintor Felipe Criado. O escultor Quique Guerra. O mariñeiro Alberto Pillado. Manuel Pérez Outeda; Pedro San José; Jesús Murados; Modesto Rivera; o Mestre -Don Francisco Rivera Casás-. Todos deixaron a súa impronta dende o faro da Atalaia ás Reais Fábricas de Sargadelos.
Temos Aventados dende a Ría de Ribadeo ata o faro de A Estaca de Bares, pasando por Mondoñedo e Lugo. Ceramistas, pintores, escultores, profesores, enxeñeiros, poetas, historiadores, fotógrafos, dibuxantes, cronistas, músicos, capitáns de buque, escritores, camiñantes, mariñeiros, xentes de chuvia e calma, comprometidos co país, rebeldes fronte ás inxusticias, dispostos a cambiar o mundo coa palabra e o voto. Dispoñeemos de cónsules de A Mariña en Madrid, Alcalá de Henares, El Escorial, Barcelona, nos catro puntos cardinais da sinal da cruz, e no lume de San Telmo a proa, ou nas adegas de popa preparadas para a creatividade, coas amuras listas para cacear no medio do océano da vida.
Pintores como Guerreiro que dan vida a estacións emocionadas polas despedidas. Fotógrafos como Fabián Reino, que como Robert Capa, inmoviliza cada instante da vida en Mondoñedo. Ceramistas como Sito Otero Regal, Picassiano capaz de recrear nun mural a entrada dun cabalo nuna cacharrería. Poetas como Paco Rivas, que transforman cada gota do salseiro Cantábrico na estrofa dun poema. Investigadores como o Cronista Oficial de Viveiro,- Carlos Nuevo Cal- capaz de saber e compartir, como ninguén, a vida e o espírito de Maruja Mallo, aquela galega universal que namorou á xeneración do 27. E para non perdernos, capitáns de mil singladuras entre portos e tempestades, como Andrés Díaz Ferro -digno sucesor do seu pai El Rubito-.
Como di Vicente Miguez dos "Chitones" de Celeiro, vivimos inmersos nun mar de cultura e, coidados, queridos, protexidos poas fillas da mar, as nosas damas Dulcineas. Mary Boix, dende Morás. Chus López Laje, dende Foz e Mondoñedo. Chefa Penabad e Esperanza Pérez Camba dende San Xoán de Covas. Mari Cruz Otero contarallo ós seus alumnos e Federico Mon, fará de imparcial escribano para Cervo-Sargadelos.
E darán fe cos seus apuntes para a paisaxe, Roque Fanego, Pablo Livio, Hipólito Xeada, Juanel. Mentres a crónica faráa Suso de Foz, coa música de fondo que interpretan Lino Rico, David Catá, Carmen Lillo e Maika Alonso.
Non volo perdades. Este sábado último de abril, cumprimos catro lustros cazando a ese Nordeste tan de aquí... E se alguén se indispóne, temos ó Galeno Aventado Dr. Gordo Fraile, coa súa alma dividida entre La Rioja española e o seu Santiago de Chile.
Aventados, nunha actividade no museo do mar de S. Cibrao

Fáigase a luz! ... e amenceu. O secuestro eléctrico de Ribadeo


De traca. Unha burla. Tómannos polo pito do sereno. Son só algunhas das frases cualificativas do desleixo no que as compañías elećtricas teñen a Ribadeo. Na entrada de onte, cando a din podido publicar, ten a referencia dalgúns cortes arredor das 8 da mañá, pero seguíronse a producir pola mañá (como di a nota do alcalde) e pola tarde. Estropeando traballos, facendo perder tempo, fastidiando equipos... son algunhas das consecuencias.
Coido que non vale a resposta da nota do alcalde índose queixar á Xunta. É totalmente insuficiente. A recollida de datos é indispensable para poñer unha demanda a BEGASA/EON/VIESGO, que non importa moito a propiedade, senón a falta de servizo (imos deixar o do atraco vía facturación paras outra). No blog hai abondo, pero son moitos máis os que se teñen escapado deste reconto persoal ó que van contribuíndo algunhas amizades. Ó igual que outras veces, o pobo está unido en relación ó que está sucendendo coa electricidade. E non se está a aproveitar para conseguir un subministro adecuado.
Vale de queixas, e máis actuación. Esta entrada queda tamén coa etiqueta 'historia', porque coido que na historia de Ribadeo os cortes de luz xa teñen o seu oco.

20170425

Revolución máis que conmemoración


7:39, 7:41, 7:45... tres cortes de luz e a conexión a internet desapareceu dende o primeiro e non se recuperou. Tampouco o teléfono fixo. E sei que afecta a toda a zona, ao menos coa empresa coa que teño o contrato, porque chamei e comprobei. Tempo perdido, corte no traballo que estaba a facer... e lembranza do 25 de abril en Portugal, tempo de revolución. Aquí parece que os caraveis vense substituídos polo dente de león, ó que xa se lle foi o tempo de florecer, o que tras perder as follas xa está a estender a súa semente, como na foto tomada en Santa Cruz onte. Porque aínda andamos nesas: tempo de semente para un cambio político, social, económico, ambiental, moral que moita xente ve como necesario pero que non remata de chegar.
8:14. Outro corte de luz, este longo (2 minutos). E seguimos a esperar a revolución mentres a necesidade é facela.
... colgarei a entrada cando poda...

20170423

Reseña de dúas actividades conectadas: roteiro a partir da illa Pancha e presentación de BirdFlyway

Hai uns días deixei a convocatoria das dúas actividades, promovidas por 'Por Nuestro Faro' e agora paso a deixar un breve resume do acontecido nas mesmas.

A primeira realizada, venres 21 de abril ó anoitecer (dous días antes do día do libro, hoxe), na casa das letras, foi a presentación de BirdFlyway, libro de Antonio Sandoval, introducido por Óscar Chao.
Un salón da Casa das Letras mediado deu acubillo á presentación dunha novela que diría de conexión do mundo das aves e dos humanos. Sensacións e emocións sobre a ruta das aves migratorias  enfocada a traverso do filtro dunha familia heteroxénea, resultando unha educación en termos de vínculo emocional. Salpicada con referencias a Selma Lagerlöff (co seu Nils Olgerson e o cobrar mentalidade propia do pobo sueco) ou Konrad Lorenz, pasando por Jack London, a charla e o rico coloquio posterior recorreron diversos lugares físicos e de ideas, como o futuro ornitolóxico á vista da privatización e espolio dos lugares máis atractivos (como sucede coa illa Pancha) ou o abrirse paso da idea de que preto dos centros escolares debe haber algún espazo de importancia como ecosistema e acubillo de biodiversidade para poder aplicar aquelo de que se pode amar o que se coñece, pero é imposible amar o que se descoñece.
A actividade de 'por nuestro faro' en defensa da illa Pancha apareceu encadrada nun movemento a nivel mundial que está a realizarse cada vez con máis forza para dar a coñecer e protexer espazos que corren perigo fronte a privatización dos comúns da humanidade [Nota: non confundir 'ben común' con 'administración pública'].
O libro pretende a adquisición dun coñecemento emocional para dar a querer o mundo das aves e de aí, o noso propio hábitat: a ecoloxía das aves non está separada na esfera terrestre de calquera outra ecoloxía que se estude, tampouco da ecoloxía humana.
O coloquio, con referencias diversas ós comúns e cerramento de espazos, a empatía, ós postos de traballo como coartada para todo ou á liberdade, deixou un bo sabor de boca.
O sábado 22, día da Terra e día no que se celebrou en todo o globo a 'Marcha pola ciencia', tivo lugar o roteiro. Partiuse ás 10 da mañá da baixada á illa Pancha, recorreuse logo a península ata chegar á praia de Rochas Brancas e logo seguiuse pola estrada cara á igrexa de Vilaselán, voltando polo Espín. Pasadas as doce, volveuse en grupos dispersos ó aparcamento.
No recorrido foron observadas diversas aves, máis comúns ou máis raras, dende as omnipresentes gaivotas, ou rulas, merlos, paporoibos e andoriñas a outras como miñatos, corvos mariños, mazaricos chiadores, papuxas cabecinegras e capirotadas ou chascos... entre outras!
Na xornada, xunto coa vivencia e inmersión no mundo das aves, visionándoas no seu entorno, tamén se tivo unha lembranza para Suso Peña, cuxa praca conmemorativa descansa na illa Pancha, en lugar non concedido por contrato pero ocupado na práctica polo espolio privatizador. Asemade, comentáronse as diversas prohibicións que aparecen sinalizadas no entorno da illa Pancha co motivo da súa privatización.
Fotos dalgúns momentos do roteiro:


20170422

#cortesdeluzRibadeo a partir de 20170421

Comezando unha nova relación de #cortesdeluzRibadeo
20170421 23:25 corte de luz de cousa de un minuto e microcorte a continuación. Cara ás dez houbo outro de varios segundos na mesma zona, catro calles
23:00 e ao menos outras dez veces esa noite, a diversas horas. Zona: Piñeira
20170424 14.00 (aprox, hora de comezo) + de dúas horas, Reinante (Barreiros)
20170425 entre outros, de duración diversa e afectando uns a todo Ribadeo e outros por zonas: 7:39, 7:41, 7:45, 8:14 nas catro calles, 09:40, institutos, 11:49, 12:32, O Valín; 20:00, Reinante (Barreiros) dous cortes. Cedofeita, a Pena, Ove, ...
20170426 sobre as 16h, O Valín, varios cortes
20170427 16:35, tres microcortes espaciados en varios minutos na zona Avda. América
20170509 Microcorte 19:25 Rúa Reinante
20170518 Microcorte 12:59 h. Rúa Reinante. Sobre esa hora e ata cousa da unha e media, abondos na zona dos IES
20170521 22:03 microcorte zona centro
20170612 10:30 aprox, corte de 1 s en zona institutos
20170613 12:05 Microcorte zona centro
20170615 15:20h-16:25h Zona Centro 
20170616 12:31 Microcorte Rúa Reinante 
20170629 8:04 Microcorte zona catro calles 
20170704 16: 43 O Valin (Ove). Microcorte; 21:15 Microcorte. Rúa Rodríguez Murias. 
20170705 4.33 - 4: 34h 1 min. Zona Cuatro Calles

Anteriores, en http://ribadeando.blogspot.com.es/2017/01/se-segue-sendo-normal-cortes-de-luz.html

A historia dos cortes de luz en Ribadeo #cortesdeluzRibadeo

20170421 23:25 corte de luz de cousa de un minuto e microcorte a continuación. Cara ás dez houbo outro de varios segundos na mesma zona, catro calles, que se sentiu na presentación de BirdFlyway.
Ata o de agora, o último do que teño referencia. Algo que non é moito, tendo en conta que pasaron oito horas escasas e que corresponden ó sono. Pero si menos que hai tan só dous días, cando por todo Ribadeo se deixaron sentir cortes de luz continuados de diferente duración.
Nembargantes, a forza da costume é xa ampla, e aínda que ten aparecido algo nos xornais, e mesmo algunha vez algunha queixa do concello (unha insitución que hasta hai relativamente pouco tiña mentalizado como institución de mando, non de queixa). Nada parello á nova que atopei onte por casualidade en internet, 'Un apagamento deixa a máis de 4.000 marinenses sen luz', falando no interior de datos máis concretos: 4100. E a compañía eléctrica atribuiuno a unha avaría. A nova é de 1 de febreiro deste ano, e especifica que o 22% dos afectados tiveron restitución de corrente eléctrica de inmediato, mentras que algún chegou a esperar 64 minutos. Algunha vez alguén viu unha nova tan precisa en relación ós múltiples e vergoñentos cortes de luz en Ribadeo?
Pola miña parte, sigo a usar o haghstag #cortesdeluzRibadeo para ir acumulando datos, tanto no blog como en Facebook... e xa hai uns cantos acumulados a disposición de quen quera usalos.
Imaxe da NOAA, no dominio público

20170421

Vento

Parou o vento, de pronto. Tres días seguidos de vento forte, boa parte nordés, tiñan cansada á xente. Non, non é o efecto dos 'aventados', senón máis ben falta de costume.
Mais, se collemos as estatísticas, non pode considerarse excepcional, aínda que a estas alturas do ano, si ben raro. E en conxunto, este mes de abril difícil o vai ter para aproximarse un pouco ó conxunto de vento que tivemos en febreiro de 2014, no que o vento recorreu abondo máis do doble do que leva recorrido a 21 deste mes de abril.
Deixo dous gráficos para amosar a) que este ano máis ben é pouco ventoso en xeral, e b) que o vento parece participar do cambio climático, incrementándose de media na zona ó longo do século (se ben, tanto por extensión da zona como por pequena serie estatística, a afirmación hai que tomala con moita precaución)

Na gráfica anterior, a liña grosa representa os datos deste ano, polo que a partir da data de hoxe presenta un perfil horizontal.
Vese que a liña de tendencia é inclinada cara arriba, pero que os altibaixos que ten polo momento son maiores que a tendencia expresada.

20170418

Presentación para venres, roteiro para sábado e defensa da illa sempre

O libro, de Antonio Sandoval, será o segundo presentado por el en Ribadeo.

... se che fai falta información, deixa un comentario incluíndo algún medio de contacto (naturalmente, non será publicado)

ESCUDO DA CAPELA DE ÁNIMAS E DA VIRXE DO CARMEN de Sta. MARÍA DO CAMPO. Francisco José Campos Dorado


  Na igrexa parroquial de Santa María do Campo de Ribadeo, entrando a man esquerda, e chegando ó cruceiro, atópase a Capela da Virxe do Carme e das “Ánimas”. Facendo un inciso, diremos que poden ser das “Ánimas do Purgatorio” ou ben, das “Ánimas de Bibos y de Difuntos”. Esta denominación aparece a 27 de Marzo de 1681, tardiamente á data deste escudo, no Libro da Irmandade e Confraría de Nosa Señora do Carmelo, da Igrexa Colexiata de Nosa Señora de Sta. María do Campo, cuxos estatutos foron redactados o 23 Marzo 1684 por D. Antonio Sánchez, presbítero, e polo Capitán D. Juan Antonio Sarmiento Rivadeneyra, fundadores desta Confraría de Nosa Señora do Monte Carmelo (Confrarías da Colexiata de Sta. María do Campo de Ribadeo, Arquivo Diocesano de Mondoñedo). Este apunte, de data tan posterior, fainos crer que este escudo brasonado pertence realmente a unha capelanía do antigo Convento de San Francisco (1214-1835), e non veu trasladado da antiga Igrexa Colexiata de Sta. María do Campo. Ademais, facer notar, que este escudo está empotrado na parede, e non colocado con fixas, como no caso dos escudos das Capelas da Virxe do Rosario e da Virxe das Dores, polo que da a entender que forma parte orixinal do templo.
Nesta Capela do Carme e das Ánimas, atópase a pedra armeira que presentamos (foto supra) cuxo escudo brasonado non se axusta ás normas heráldicas, pero que presume dunha preciosa e antiga pátina negra que o ennobrece no tempo, producida pola súa situación alta, sobre o fume das candeas e dos cirios, que o afumaron ó longo de catrocentos anos de existencia, e que o conservou en excelente estado para que as figuras do campo poidan ser interpretadas.
No contorno da cartela, entre as volutas do adorno exterior, está escrito: ¿HARO? - MALDO (flanco destro); NADOS – MIRAN (en xefe); DAS, CAS (flanco sinistro); TRI LLÓN (en punta). Estes son os nomes das familias as que pertencen os brasóns do escudo: HARO, MALDONADOS, MIRANDAS e CASTRILLÓN.
Na parte inferior hai unha laude (pedra cunha inscrición, infra) na que a duras penas se pode ler o que di, pois parte dela está encalichada, pintada e repintada coa mesma lechada de cal que se deu as paredes desde vello, o que produxo nalgunhas zonas unha carapela que cubre os caneiros do gravado das letras. Obsérvase que nas últimas remodelacións preservouse sen pintar, pero non se limpou, posiblemente previndo que por falta de man especializada que puidera facelo, prexudicar ou estragar a inscrición. Hoxe grazas a que a alta resolución das fotos é moi boa, con cámaras fotográficas profesionais, no laude podemos interpretar o seguinte: “ESTA CAPILLA LA FVNDARON PEDRO DE MIRANDA I FARTO DE CASTRILLON Y Dª MARIA CATALINA OSORIO PONCE DE LEON SV MVGER S...DA PONER ELLA UNA MISA CANTADA I SERMON I BISPERAS EL DÍA DE LA CONCEPCION DARASE VNA MISA CANTADA CADA SAVADO PERPETVAMENTE, AÑO 1604.
No arquivo da Chancillería de Valladolid, atópase un Xuro ou Dereito Perpetuo de Propiedade, que nos corrobora a lectura correcta dos apelidos de D.Pedro: “Juro a favor de Pedro de Miranda Farto de Castrillón. Primera mitad del siglo XVII. Código de identificación: ES.47161.AGS/2.13.2.3/CME,780,27.

Os descendentes de D. Pedro de Miranda i Farto, mantiveron o maiorazgo no Convento de San Francisco ata o ano 1835 en que se exclaustraron os monxes franciscanos e o templo pasou a ser, polo ano 1852, a Igrexa Parroquial de Ribadeo, coa mesma advocación a Santa María do Campo da antiga Igrexa Colexiata. O campo do escudo esta cuartelado en cruz ou en catro cuarteis:
Primeiro cuartel: cinco lises en aspa (dúas, unha, dúas). Son armas dos MALDONADO ás que se refire a lenda do brasón (si tivera esmaltes serían: en campo de gules, cinco flores de lis de ouro en sotuer (dúas, unha, dúas). As armas dos MALDONADO son as dos ALDAO, ALDAN ou ALDANA que algúns tratadistas as remontan a un rei suevo de Galicia, Amarico, ou a Hilderico (rei entre 523-530). Sabemos que a partir do rei suevo Remismundo (rei entre 459-469), hai unha lagoa cronolóxica de case un século da Historia do Reino Suevo de Galicia, debido a intransixencia relixiosa de S. Isidoro de Sevilla, que non quixo poñer nas súas Crónicas os nomes do reis suevos, pois eran arrianos, e ó non ser católicos el non os considerou como tales. Hoxe coñecemos o seu nome e cronoloxía grazas a outras fontes históricas, como a numismática (Monedas acuñadas en Galicia, D. Jaime Paz Bernardo, 1ª edición 1991, páx.25).
As Armas dos ALDAO andan unidas as dos ARIAS, unha das familias máis antigas e nobres de Galicia. D. Pedro Arias de Aldao, señor da Casa de Aldán (con solar na península do Morrazo, Pontevedra) estaba casado con Dª Teresa Nuñez de Temes, camareira da Reina Dª Urraca (reina en 1109-1126). Seu fillo, D. Hernán (ou Nuño) Pérez de Aldao ou de Aldana foi quen cambiou o seu apelido Aldao por Maldonado, despois de vencer e matar a Guillerme de Normandía (“un forte home avarento”) en presenza do seu amigo o rei de Francia D. Felipe, quen ó verse obrigado a conceder o cabaleiro galego as Armas da Familia Real Francesa díxolle: “Maldonadas che sexan”, pois concedeullas de moi mala gana, o que deu orixe, a que o moi ousado e valente galego fixera á variación do apelido e das súas Armas, polas da real liñaxe gañadas en liza. As primitivas Armas dos ALDAO, eran: en campo de ouro, dous lobos de púrpura (Blasones y Linajes de Galicia, frei José Santiago Crespo del Pozo, Publicacións do Mosteiro de Poio, Tomo II, páx. 40-41). D. Nuño Pérez de Aldao-Maldonado, serviu ó rei Afonso VII de Gallaecia (rei de 1126-1157), fillo de Dª Urraca (1109-1126), e coroado rei en Santiago de Compostela polo grandísimo político, prelado e Arcebispo D. Diego Xelmirez no ano 1111, quizais, o último gran caudillo do Reino de Galicia. D. Nuño Pérez Aldao-Maldonado, casou con Dª. Aldara Fernández Turrichao ou Churruchao, que son os mesmos que na xenealoxía se atopan como os Suárez de Deza. Algo así como os Sotomayor eran chamados Chariños (ibidem, páx.362).
Un dato claro da laude, é que Dª Catalina Osorio é quinta filla, dos dez fillos que tivo D. Gaspar Maldonado Ponce de León, “El Viejo”, capitán e cabaleiro da Orde de Santiago, dono no ano 1576, do coto de S.Martiño da Fraga, da Casa de Roupar e da Casa de Maldonado (Pontedeume). Os Maldonado son os proxenitores dos Marqueses de Parga e de Camarasa (Arquivo de Medinaceli-Camarasa, sección I, cartafol 1º, nº13). D. Gaspar, estaba casado con Dª Marina Osorio, filla do licenciado D. Bernardino Rengifo de Santo Domingo e de Dª Catalina Osorio, quen, xa viúva, lle outorgou escritura de dote na Cidade de Mondoñedo o 24-Agosto-1567. D.Gaspar, gañou a executoria de fidalguía na Chancillería de Valladolid no ano 1597 (Blasones y Linajes de Galicia, José Santiago Crespo del Pozo, Volumen II, páx.46-47).
Na cartela do escudo a lenda de MALDONADOS está clara, e non ten dúbida a descrición antedita, pero estas mesmas Armas apuntan a que puideran ser Armas familiares dos OYA (en campo de azur, cinco lises de ouro colocadas en aspa ou sotuer) cuxo cambio de esmalte no campo puidera ser debido a unha forma de brisar as armas un fillo segundo (Heráldica y Derecho Nobiliario, Curso de Licencia, Hidalguía 1961, páx.133). Non é este o caso, pero queremos deixar esta pequena nota, pois as Armas primitivas dos OYA, aparecen no capela de San Antonio e San Xosé desta mesma Igrexa de Sta. María do Campo, que veremos nun próximo artigo.
Por outra banda, puideran tamén ser Armas familiares dos ALVARADO: en campo de ouro, cinco lises de azur en aspa; cuxas Armas primitivas eran: en campo de azur un castelo de ouro, surmontado dunha aguia de ouro. Estas Armas primitivas dos ALVARADO, parecen ser as que aparecen no quinto cuartel do “Escudo de armas da Rúa da Atalaia” (tamén en La Comarca del Eo 4-Febreiro-2017).
Segundo cuartel: as cinco doncelas dos MIRANDA (cuartel explicado en “Escudos de armas da Casa dos Miranda”, tamén en La Comarca del Eo, 3 de Decembro de 2016)
Terceiro cuartel: unha árbore sinistrada dunha torre ameada con homenaxe (con outra torre ameada encima) na que parece haber sumado un pavillón arborado ondeando cara sinistra, e o todo sobre unha terraza (un solo ou chan) e ondas de auga. Son Armas dos CASTRILLÓN, da familia de D. Pedro Miranda i Farto, como nos di a laude. Queremos facer notar, que a árbore dos CASTRILLON descrita nos nobiliarios é un loureiro de tronco recto, pero esta árbore que aquí vemos ten dúas ramas tronzadas moi grosas, polo que representa un loureiro moi vello, posiblemente das Armas Primitivas dos CASTRILLÓN, pois neste brasón, aparece o pavillón sumado ó homenaxe e faltan dous lobos pasantes en pau (dous lobos camiñando, un sobre do outro).
Cuarto cuartel: dous lobos ravisantes ou cebados (que traen unha presa na boca, un cordeiro pequeno) parados cara a destra e colocados en pau (colocados un sobre do outro). Son armas dos HARO, como parece dicir a lenda do flanco destro, pois case non podemos lela, e si o brasón tivera esmaltes, serían: en campo de prata dous lobos de sable pasantes, en pau, cebados dun cordeiro. Dubidamos, porque para que as armas dos HARO estiveran completas, deberían estar enmarcadas en bordura de gules, con oito aspas de ouro. O apelido HARO é vasco, cuxo membro destacado D. Diego López de Haro, foi VIII Señor de Vizcaya, de Haro, Álava, Najera, Buradón e Grañon (Dicionario Nobiliario, Fernando González-Doria).
Este cuarto brasón dos lobos, puideran (¿mal?) interpretarse como dous lobos pasantes lampasados (andando cara a destra e véndoselles a lingua, xeralmente de esmalte distinto o corpo). A lingua destes leóns, non parece tal, pois é moi grande, e parece verse ben, un animal pequeno entre as fauces de cada un dos lobos. Si en vez de ravisantes ou cebados, foran lampasados, serían Armas dos OSORIO: en campo de ouro dous lobos de gules, pasantes, colocados en pau (de cor vermella e colocados un sobre do outro) (ver “Escudos de armas da Casa dos Miranda, tamén en La Comarca del Eo, 03-Decembro-2016). Quizais, grosso modo, se non se contradixera á lenda da cartela, puidera dicirse que esta conformación, OSORIO, sería correcta, pois estaría xustificada polos apelidos do matrimonio, que nos describe a laude, entre D. Pedro Miranda i Farto e Dª Catalina Osorio Ponce de León.
Na Chancillería de Valladolid, hai executoria dun preito litigado por D. Diego de Toledo, como marido de Dª María Osorio Ponce de León, veciños de Toledo, con D. Juan Ponce de León, irmán da anterior, señor de Polvoranca (Madrid) sobre restitución de bens do vínculo e maiorazgo fundado por D. Antonio Ponce de León e Dª Ana Osorio, seus pais (Ano de 1598). ¿Quizais Dª Catalina (casada en Ribadeo con D.Pedro) sexa parente próxima de Dª María e de D. Juan Ponce de León, señor de Polvoranca, de Madrid?. Non sería tan raro, que así fora, pois veciños de Ribadeo en Madrid hai varios centos, dos actuais, e dos de fai centos anos. Dicíase, aló polos anos sesenta, que máis do cinco por cento do Corpo Diplomático Español era de Ribadeo, e... ¡polo que estamos vendo, quizais se quedara moi curta a apreciación!. Como podemos ver, á Heráldica do Concello de Ribadeo, debemos dedicarlle un máis profundo estudo, pois salvo raras excepcións, Ribadeo mostra polas súas rúas, igrexas e capelas, os máis altos brasóns da Nobleza do Reino de Galicia. ¿Por que Ribadeo era, e debería de seguir sendo, tan atractivo nos séculos XV, XVI, XVII as familias fidalgas do Reino?.
Ten unha resposta obvia e moi sinxela de responder: Ribadeo era o Porto Natural Marítimo Comercial máis importante da cornixa Cantábrica, onde se movía moito diñeiro, tanto para o comercio da Ruta das Indias, como para servir de base de aprovisionamento e pertrechamento para as navegacións da Ruta de Flandres, pois a principios de 1627 había 14 barcos de Flandres distribuídos entre A Coruña, Ribadeo e Pasaxes (España, Flandes y el Mar del Norte, D. José Alcalá-Zamora y Queipo de Llano, páx.200). Hoxe en día, Ribadeo non está aproveitando a súa magnífica situación xeográfica, e Portos de Galicia está facendo portos artificiais ó seu redor, gastando centos de millóns de euros, e non entenden absolutamente nada para o Comercio Marítimo de Ribadeo, e dentro de un par de anos máis, os barcos que entren en Ribadeo van ter que entrar con rodas en vez de con hélices de propulsión.

20170417

Terremot'illo'

Esta madrugada produciuse un terremoto de magnitude 3,5 en Triacastela. Non é nova de impacto na prensa de hoxe pero si aparece nalgún resume dixital.
A verba terremoto lévanos a algo serio, pero depende. depende da intensidade e duración do terremoto. Neste caso, 3,5 na escala de Richter, indícanos que é un máis dos case 50 000 anuais que se producen cada ano a nivel mundial con magnitudes entre 3 e 3,9. Ben máis de 100 diarios (ou de 4 á hora). E un máis dos que se ten producido en Triacastela desa magnitude.
Claro que os xornais teñen mesmo dado referencia de terremotos de escala menor que 2, unhas duascentas veces máis débiles aínda...
 Unha mostra cos terremotos producidos nos últimos trinta días na zona, segundo o ign amosa que se teñen producido terremotos abondo máis potentes tanto nas illas como no norte de África, ou mesmo na costa mediterránea da península. É máis, nas últimas horas aparecen tamén listados un par deles que superan en potencia ó de Triacastela, un en Azores e outro no norte de África. Neste mapa, o de Triacastela aparece cunha estrela por ser o último collido.
--
Entradas relacionadas cos terremotos:
A voltas cos Terremotos
Terremoto en Triacastela
Terremoto en Haití
Terremoto en China
Terremoto en Ribadeo

NOTA DE PRENSA DO COLECTIVO POR NUESTRO FARO (20170410)


 Como saben os lectores, dende o pasado sábado, día 21 de abril, están abertos os apartamentos no Faro da Illa Pancha. Nada de hotel como se veu decindo perante varios anos. Xa temos escrito dabondo da tramitación dun expediente trufado de irregularidades, como o deixou ben claro o Defensor del Pueblo no seu informe do 16 de febreiro, que tamén suxería a paralización das obras. Cáseque dous meses despois a Autoridade Portuaria da a calada por resposta, a Xunta de Galicia non sabe non contesta e o concello de Ribadeo –terceiro en concordia- deixa a decisión aos anteriores e lávase as mans. Do compromiso do Sr. Alcalde (26.11.16) de non dar a licencia de apertura se non se autorizaba o uso público da illa nunca mais se soupo.
 Folga suliñar que o colectivo “Por Nuestro Faro” vai seguir traballando ata conquerir que o faro sexa un espazo de uso público e denunciando tódalas eivas que deron paso á concesión da licencia para un hotel que ficou en dos apartamentos privados. Agora está pendente o seguimento polo “Defensor del Pueblo” das respostas ao seu informe e mesmo do noso escrito que ampliaba as primeiras denuncias. Por certo, damos conta de que nas últimas horas estanse presentando numerosas solicitudes de ingreso no noso grupo (vinte na tarde do domingo).
 Seguindo cos mesmos obxectivos, no día de hoxe diríximonos á Autoridade Portuaria para solicitar unha copia do expediente ou resolución que xustificou nos anos sesenta o peche definitivo da porta da Illa Pancha. Esa decisión foi moi anterior á promulgación da lei de Costas (1988), á reforma da mesma (2013) e ao regulamento que a desenvolve (2014). Mesmo á reforma da lei de portos que tamén nos afecta é do ano 2011. Solicitamos unha copia íntegra do expediente para comprobar se se axusta á normativa vixente na actualidade, dado que en caso de non existir nengunha documentación porque fose unha orde verbal ou non axustarse á lexislación actual, exiximos que se aplique urxentemente o artigo 27, apartado 1 da lei de Costas que establece, con carácter preceptivo, o libre tránsito nunha banda de seis metros a carón do mar, cousa que non se cumple actualmente na Illa Pancha, dado que os veciños e visitantes teñen que quedarse na porta mentres os usuarios dos apartamentos teñen toda a illa ao seu dispor. Ainda mais, a Autoridade Portuaria, dacordo ca Lei de transparencia 19/2013 está obligada a facilitar esa información por ser de interés xeral e non formar parte das listaxes de exclusión.
 En conclusión imos dirixir este escrito á Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao e pasarlle copia ao Sr. Alcalde de Ribadeo, lembrandolle o seu compromiso de non dar a licencia de apertura se os veciños non tiñan libre acceso, como está a suceder ate o día de hoxe.

20170409

O mentireiro ribadense

Hai anos, unha publicacion anual, 'O mentireiro verdadeiro' tiña unha acollida que batía marcas no campo galego. o seu apelido desmentía o nome, deixando a súa valía nun limbo acomodable.
Hoxe deixou de editarse, en parte superdo polas novas tecnoloxías, pero tamén debido a outros factores. Un que creo que influeu foi a asunción das mentiras como potenciables verdades. Esta tempada topamos en Ribadeo conxuntos de mentiras para potenciar verdades á carta. O exemplo paradigmático é o tratamento de autoridades e medios en relación á illa Pancha.
Pártese dunha situación no século XIX no que sinxelamente se constrúe un faro nunha illa baldía. Faro construído pola administración sobre algo de todos 'e de ninguén'. despois, a ponte facilitou o uso e desfrute da illa pola xente, máis aló de ser o asentamento do faro. E así chegou e pasou a república, a guerra, a ditadura, a democracia... e aló nos 90 do século XX a illa sufriu unha primeira susbtración por parte da administración: a ponte pasou a ter cancela e quedar cerrada. De onde saiu a idea, ou se houbo xustificación legal, descoñézoo. A xustificación parece que foi a seguridade.
Mais a illa seguía sendo máis ou menos practicable por amizade ou outros medios non moi vixiados. Mais pouco a pouco, a dificultadepsicolóxica foi aumentando: as verxas, aínda que se podan cruzar, se se manteñen cerradas, van creando co tempo unha 'orde de afastamento', de que aquelo vai máis aló do que un pode ir, de que é algo que non é seu, que non lle concerne.
Chegamos así a un segundo estadio no cambio de mans dun ben común. Despois de arrogarse a administración o poder sobre a illa (considerándose propietaria e non administradora), considera que pode dispor dela, e entrégaa a mans privadas en aluguer. A illa, non os 500 metros cadrados que aparecen no documento, por leva aparellado o ter as chaves da verxa e polo tanto, dispoñer do resto do espazo con poucas limitacións. Neste caso, a xustificación é que era un ben baldío que non hai cartos para manter. Por iso, transacción económica: 18 000 €/ano por unha illa cunha construcción co interior destrozado, pero coa estrutura en prefecto estado. Para completar as facilidades, no documento aparecen 500 m2, co que non habería necesidade de concorrencia na licitación, pero no documento de permiso de traballos dado polo concello úsase a medida da parcela no sigpac: terreo con vexetación  (cousa da metade), máis de 4000 m2. Din que se publicitou en Ribadeo. En agosto de 2014 vin o anuncio, perdido entre moitos outros papeis nun taboeiro do concello dun escrito con data 13 de maio e data de exposición 2 de maio que daba 20 días para ir a Ferrol, en horario de mañá, a ver a solicitude formulada pola empresa. Esa foi a difusión que se lle deu en Ribadeo.
Comezou así unha longa ristra de mentiras acompañadas de ilegalidades de todo tipo e condición, incluíndo a difusión nos medios co apoio de Faros de España da illa Pancha cun fondo de 5 estrelas a modo de hotel xa construído e con esa categoría, a publicación en 'La Alacena Roja' en xaneiro de 2016 un artículo con fotos do interior do hotel gabando a súa magnífica adega, concesión de novos prazos para rematar unha obra que aínda non se tiña comezado e tempo despois de que rematara o prazo concedido con anterioridade, división fraudulenta dun proxecto en dous, tratamento de plantas invasoras amontoando terra fóra de lugar, furamento en rede natura despois de dicir que non se interviría no medio, ausencia de documentos requeridos para traballar en zona protexida dicindo que estaba todo en regra, paso de documentación sen revisión para logo dicir que non se podía gastar tempo niso, aviso de que non se concedería o permiso de apertura cando segundo a normativa vai implícito no permiso de obra, acusación de que se pretendía cerrar a porta a varios postos de traballo cando se van 'cambiar as sabas cada tres días', ... e moitas outras que xa están apuntadas na historia do pobo e para vergoña de quen o permitiu ou mesmo facilitou e para exemplo do que noutros tempos chamarían caciquismo ou pode que contubernio. O mentireiro ribadense...
A última da saga? A comezos de semana publicitouse a web, e con ela, unha nota de prensa de Faros de España a diversos medios de Madrid dicindo que xa estaba lista a apertura, ocupado ó 100% en semana Santa... cando naquel momento na web, o calendario estaba totalmente baleiro (e aínda hoxe venres pon que está ocupado precisamente os días non festivos...), que hai que pagar o 40% por adiantado, cando non pon nin o prezo (iso si, o prezo dos extras si está á vista e o concesionario hai pouco dixo que con 100 días de ocupación cubría, que con 101 xa ganaba cartos) que dispón de pista de pádel e de tenis... cando será que ten un acordo para uso das pistas a uns 3 km ...
Máis? Houbo, hai, e posiblemente siga a haber. Pero non se debe esquecer que iso son as tretas para conseguir un fin: arrebatar o faro á cidadanía, ademáis con menosprezo do entorno.

20170408

¿En serio?

Eh, esas instituciones ¿no me digáis que vais a dejar que se abra un hotel basado en un proyecto al que le faltan informes, y tramitado de forma irregular? Estamos esperando a que alguien reaccione. Es que no movéis un músculo. El Defensor del Pueblo pone en evidencia la chapuza y ¿qué sucede? Puertos dice hace más de un mes que va a consultar a su gabinete jurídico para elaborar una respuesta, y no se sabe qué pasó desde entonces. La Xunta dice que todo está en orden pero que no es de su competencia..., pues si no lo es que explique en qué basa su certeza. El alcalde de Ribadeo dice que lo que hagan Puertos y la Xunta con la Isla Pancha no es asunto suyo. Que, para él, tomar cartas en el asunto, implicarse, mojarse, es ser un kamikaze. Menudo suicidio político, lo entiendo. Revisar otros informes además de los propios, qué desgaste, qué despilfarro, qué sinvivir, una petición completamente fuera de lugar para el alcalde de la Isla Pancha. Sobre todo si lo pide el Defensor del Pueblo, quién es ése, como si lo dice un feriante un miércoles al mediodía, a pleno sol, después de un vino y una tapa de callos. El Defensor de quién, ¿del Pueblo? Que concepto más antiguo, ya no se lleva eso. Que las instituciones defiendan al pueblo, en su conjunto, o lo que le pertenece, o el patrimonio, o chorradas de ese calibre. Si las instituciones son públicas no es porque nos representen, es porque el pueblo las mantiene, las paga, les vota, esa es la realidad, el resto es caridad cristiana. Las administraciones públicas defienden cada vez más lo privado, la iniciativa privada, lo exclusivo, con mayor o menor ruido, van soltando lastre económico para desentenderse después. Salvo cuando hay -tiene gracia- público. Entonces, algunos van hasta a decir que no se concederá la licencia de actividad al hotel en el faro si no se deja entrar al pueblo en la isla (25/11/2016). Pues señor alcalde, estamos esperando. Sea coherente. Estamos esperando a que se ponga delante de la puerta de la isla a gritar “Illa Pancha somos todos”, como lo hicimos nosotros el 14 de agosto de 2016 en las puertas de su ayuntamiento, el suyo, gente que también tiene trabajo, familia, y están censados en Ribadeo, como usted. Aún no lo acabo de entender. Perdone que me dirija especialmente a usted, pero es que sé que usted lee este periódico, ya sé que no es el único responsable de que un proyecto como éste salga adelante, pero no se quite importancia definiéndose como el último eslabón de la cadena, porque eso significa también tener la última palabra, una palabra reglada y móvil como una licencia, ya sea de obras o de actividad.
Esto no es una simple “polémica”, una polémica no dura 2 años sin motivo. Estamos esperando responsabilidades y decisiones de esas instituciones que recibieron el aviso del Defensor del Pueblo de que pararan las obras hasta arreglar el desaguisado. Defiéndanse ustedes con actos definitorios, con pruebas y con informes, no con evasivas, con silencios o con abstenciones, porque una falta de reacción significaría el desprecio de las leyes y de la democracia más básica. Porque nosotros, en “Por nuestro faro”, seguimos en movimiento. Y no nos desviaremos ni un ápice de aquello en lo que creemos. Y esto no sé si las instituciones lo saben, pero el pueblo, sí.
Covadonga Suárez, colectivo “Por nuestro faro”

20170407

A preocupación pola corrupción

A preocupación, actuación. Iso, coido, debera ser. Mais aquí as cousas van por outro lado. O de 'que inventen eles' debeu xeralizarse para que agora quede en 'que actúen eles'. E moi amrdazado está o país para que, cos nivis rampantes de corrupción coñecida, aquí non pase nada.
Onte saiu á luz a última enquisa do CIS. Podes ver nos xornais cantos tratan o tema do medre da corrupción, segundo problema en ser percibido polos españois (pasou de 37,3% a 44,8%, un aumento relativo de un 20,1% entre febreiro e marzo). Por iso, collín os datos dalgúns dos principais e representeinos en serie dende o 2001 (á esquerda do gráfico) ata hoxe (á dereita do gráfico)
Resulta ilustrativo ver as preguntas que fan e o desglose, agregando preguntas semellantes, pero iso queda para outra ocasión. O número de enquisados, arredor de 2500 en cada punto, tampouco dan moita garantía, pero ó longo do tempo, si dan unha idea boa.
E, mirando á gráfica que deixo, pode verse o cambio de sensibilidade ó comezo da crise (case no medio das series) ou o estalido de casos de corrupción, en plena maioría absoluta do PP. Estalido que case coincide no tempo coas liñas que indicarían a percepción de que a economía como tal non vai tan mal, se se controlara a corrupción e poidéramos deixar de preocuparnos polos políticos.

20170406

Comentario sobre unha comunicación da Xunta de Galicia en relación á a illa Pancha

   Con data de saida do 24 de marzo, cinco semanas fora do prazo legal de resposta, un representante de Por Nuestro Faro recibiu a contestación a un xa lonxano par de escritos (de 9/12/16 e un segundo de 16/1/17, lembrando o anterior) no que se pedía que se comunicara a existencia dun informe de non afección á Rede Natura 2000 e Estudo de Impacto Ambiental en relación ó proxecto de instalación dun hotel de dúas suites e unha cafetería exterior, aparcamento, etc, na illa pancha. O documento contén abonda prosa en xerga administrativa e acompaña unha resolución.
   Despois de facer unha análise do recibido, chegamos a varias conclusións. Entre elas:
   1.- Como xa ten comentado o Defensor del Pueblo, non ten o informe de non afección a Rede Natura 2000, a pesar de que, di o documento, foi pedido no 10 de outubro pasado. O feito é ese. Aínda máis, omítese o aparcamento ou a máis mínima referencia aos esixidos estudos de impacto da actividade. A discordancia entre petición e non cumprimento da mesma pode ser debido á chapuza de Medio Ambiente ou a outras posibilidades que preferimos non mencionar.
   2.- Segundo a documentación, no apartado 'Obxecto da actuación' da resolución de data 21 de outubro de 2016, produciuse un novo cambio na petición sobre as actuacións no faro, pois fala de 'dous apartamentos turísticos de 16,59 m2 e 36,92 m2', que non corresponderían a dous apartamentos semellantes mesmo en prezo que son anunciados, a máis do contraste que ofrecen ditas medidas con que a planta do edificio, segundo o documento, teña 134 m2, cambios e contrastes que non son comentados pola administración.
   3.- Curiosamente, as dúas peticións da empresa ás que fai referencia o documento recibido prodúcense a finais de setembro e en outubro pasados, sendo na última na que se fala de que o proxecto é de outubro de 2016, meses despois de concedida a licenza de obra polo concello. Licenza que, tamén curiosamente, é incluída entre os documentos da primeira das peticións referidas, e citada expresamente na contestación recibida por nós a modo de respaldo do procedemento.
  4.- O documento fala dunha condición, que se cita expresamente: “Extremaranse as precaucións na retirada da capa vexetal e na escavación necesaria para a instalación da fosa séptica co fin de evitar a propagación ou dispersión de 'Carpobrotus edulis' (uña de gato)”. Nas fotos tomadas como testemuña da remoción de terra e traslado da mesma fóra da illa, que denunciamos no seu momento, aparece entre a mesma a uña de gato amontoada xunto coa terra removida, esperando o seu traslado días despois. Polo que parece, non demasiadas precaucións. 
   Non nos queda máis que concluír que séguense a acumular irregularidades de diversa gravidade en torno á illa Pancha para lograr escamotear, de xeito definitivo, o común e as normas ambientais en favor dun par de apartamentos -antes prevíase un hotel- privados.
Antonio Gregorio, Por Nuestro Faro
Comezo da entrada 'Faro da illa Pancha' na Galipedia. Baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0

20170405

Unha ollada ós orzamentos que retornan de Madrid

Todos sabemos que os orzamentos públicos fanse a través ds impostos, polo que se trataría de facer unha redistribución de cartos en beneficio da sociedade. esa é a teoría.
Din que este ano o estado ten previsto invertir na Mariña 4,57 millóns de euros. Varias cousas sobre o dito: coido que debera quedar en algo así como 'o goberno quere asignar 4,57 M€ a inversións na Mariña'. Pois 'o estado' non decide, e non está votado. Esa cantidade corresponde á metade do presuposto do concello de Ribadeo, para que nos orientemos.
O principal montante desa previsión é 1,78 millóns (o 0,7% do costo previsto) na vía Barreiros- S. Cibrao, cualificada de vía rápida primeiro e agora de autovía, cando quedou incumprido un orzamento semellante previsto o pasado ano... Imos ben. A ese paso, en 150 anos, rematada a estrada (claro que os bzches xa serían do tamaño do largo da estrada).
Segue en importancia un millón para O Fiouco. A máis de que esa inversión contará, por limítrofe, tamén nas novas doutra zona diferente á Mariña, é das típicas novas coas que non se sabe ben se poñerse serio un rir. O malgasto que se fixo na autovía deixa abondo pequena esa inversión, e tamén todo o mundo sabe que con un millón de euros pouco van poder facer, en caso de que chegue a executarse algo. É dicir, este ano non quedrá solucionado o problema da néboa no Fiouco.
Como inversión en concellos, a Ribadeo (igual que ó resto, menos Mondoñedo), non lle toca. E ó tren na Mariña, pode dicirse que tampouco: 15 000 € coido que queda lonxe do 1% da inversión que necesitaría. Quizáis nos próximos 99 anos...
Medio millón de euros en control de regresión da costa. Quizáis se volven cambiar as leis para poder construír máis achegados á costa no futuro invirtan máis.
200 000 euros en protección e accesos á costa. Vale... será para non permitir chegar ata a liña da auga, subvencionando peches. En Ribadeo temos exemplos.
A Mariña, na gl.wikipedia.org. Autor, José Ramón García Ares, lic. CC by-sa 3.0

20170404

Oito anos despois, os vectores da economía ribadense

O 2 de xullo de 2009 escribín no blog unha entrada con título 'Vectores da economía ribadense'. Falaba daquela de datos tomados sobre facturación, curiosidades sobre empresas con 0 empregados e outras, como que, de xeito xusto, os informes non consideraban as empresas con sede social en Madrid como empresas 'de aquí', non dando polo tanto datos sobre elas.
Oito anos son abondos, case como para considerar os datos como históricos. A visión xeral ten cambiado, pero non tanto. A raíz da publicación de 'Ardán Galicia 2016', un informe anual do Consorcio da Zona Franca de Vigo sobre economía e competitividade de 10 000 empresas galegas, os xornais sacan a relocer algunhas cousas das empresas máis achegadas. Así o fixo El Progreso a nivel provincial o pasado día 22, e a Voz o pasado domingo a nivel mariñán.
Nelas segue aparecendo a coletilla de que as principais empresas provinciais e mariñáns non aparecen porque están radicadas administrativamente fóra da comunidade. Así pasa con alcoa ou Vestas. O que deixa a Lactalis, grupo leiteiro de capital francés, afincada en Vilalba, con 425 000 000 € de facturación e 50 empregados como a principal empresa provincial (Arenal ocupa o primeiro posto por contratación, con 412 empregados). A nivel mariñán queda en primeiro lugar Armadores de Burela, con 75,5 millóns de € de factuaración e 44 empregados.
Entre esas 10 000 empresas, en canto a Ribadeo, aparece en primeiro posto por facturación Os Irmandiños, SCL, con dato de 2014 sen actualizar a 2015 como o resto, con 87 empregados e 36 673 004 € de facturación nese ano.
Fertieuropa, con 6 empregados e 17 545 750 € de facturación é a outra ribadense que aparece a nivel provincial entre as 50 primeiras por facturación. Tampouco aparece ningunha ribadense máis entre as que facturan máis de 5 millóns de Euros.
Como curiosidade, no buscador de Ardán pódense conseguir algúns datos máis. Por exemplo, en consoancia coa variación da carga de traballo do porto de Ribadeo, pódese ver tamén a variación de facturación de Pertejo SL., ou a recuperación en facturación e rendibilidade de Agroquímica Fertipor entre 2014 e 2015, ou que o Grupo Voar aumenta pouco a pouco ano tras ano a facturación e mellora asemade o rendemento.
En comparación dos datos de 2008 referidos na entrada de 'Vectores da economía ribadense', un par de datos: Fertieuropa viña reseñada como
Fertieuropa, posto 52 de facturación na provincia, con máis de 16M€ e facturación, e 1 empregado
Na actualidade (2015) aparece no posto 31 con 17,5M€ e 6 empregados
En canto a Os Irmandiños, non aparece no artigo de 2008, e os datos públicos e libres que aparecen en Ardán resúmense no cadro a continuación (a lembrar que non dispoñen de datos de 2015):
 Unha curiosidade máis:
Empresas coa verba 'Ribadeo' no nome que aparecen no listado de procura de empresas de Ardán.



20170403

50 por cada 1

Hai máis de dúas semanas que 'os abelleiros' puxeron en marcha este cartel:
Pasáraseme, pero coido que paga a pena poñelo.
Como seres vivos cun ciclo vital, esas dúas semanas que pasaron son importantes, mais aínda está a tempo o aviso de surtir algún efecto.
O cartel fala dunhas meidas para os niños. É posible que xa sexan un pouquiño maiores, pero como referencia, que é como están a usarse, veñen ben. Tamén é unha referencia o dos 50 niños, e niso héime deter algo máis.
Resulta que estamos a tentar conter unha praga, a súa expansión. Facémolo, claro está, con toda a boa vontade, pero como algo defensivo, non de xeito prevntivo, porque a praga xa está a expandirse, e ademáis, como temos visto, de xeito rápido.
Máis ou menos, o razonamento é, 'como xa está aquí, temos que combater'. Mentras, outras pragas, como a unlla de gato ou a herba da pampa, dúas bonitas plantas que poden servir para decoración pero que están a arrasar a vexetación autćtona, necesitan dun combate semellante. E en conxunto, son unha morea de plantas e animais que están a cambiar o lugar onde viven, invadindo.
Grúa con niños de avespa en Google maps en Area, nov. 2013
a invasión é natural. Sempre a houbo. Pero agora, coa xeralización das viaxes e a súa rapidez, aumentou a posibilidade de difusión. E o cambio nas condicións dos terreos pola acción humana, e o cambio climático, que permite que as condicións sexan peores para as plantas e animais' de sempre' na zona e mellores para outras especies doutros lugares, fan o resto.
Aínda non temos a conciencia de que estamos a moidificar o planeta, e que somos xa algo así como os xardineiros de todo o planeta. Estamos 'terraformando' todo o noso entorno, e, senon poñemos coidado, facémolo de calquera xeito, mesmo en contra dos nosos propios intereses. Dos de todos a medio e longo prazo. Porque a curto, hai xente á que lle parece que facendo as cousas para si, todo conforme. Por moito que ós máis os parta un raio, non importa, porque son -somos- invisibles antes unha ganancia material que os fai sorrir do listos, do espelidos que son o poder mirar ós máis por riba duns cantos billetes.
No caso da velutina, somos conscientes de que ninguén gana, que nin a curto prazo hai xente que poda sacar beneficio. Pero de aí destruír un niño ou tomar o teléfono para avisar...

20170402

A concesión do pleno a Hernán Naval do nome do auditorio (20060710)

Quero eliminar un vello blog no que deixei de publicar hai tempo, 'Ribadeo historia'. Como paso previo, necesitro ir pasando os datos para conservalos. Esta foi a entrada do 10/07/2006 (imaxes ampliables):




En Issuu:

Engadido: Comunicando, de Hernán Naval

20170401

Nova marca de visitas mensuais a Ribadeando

De xeito inesperado para min, despois duns meses de comportamento irregular no número de visitas, o blog marcou un novo máximo dende que lle teño contador. 5178 visitas o pasado mes de marzo, achegándose ás 170 diarias, supera en máis de 10 visitas/día ó anterior teito establecido.
Grazas a toda a xente que visitou o blog: para que sirva, para as visitas é para o que está feito.