20170314

ESCUDO e LAUDE DA CAPELA DA VIRXE DO ROSARIO DE Sta. MARIA DO CAMPO. Francisco José Campos Dorado

Dentro da Igrexa Parroquial de Sta. María do Campo de Ribadeo, ó lado destro da ábsida do altar maior, está a Capela da Virxe do Rosario e a continuación a Sancristía. No frontal esquerdo, xunto do seu altar, está esta pedra armeira, case cadrada que presenta un escudo de armas semicortado e partido, cuxa composición sirve para representar a liñaxe de tres ramas familiares: 1) Avó paterno. 2) Avó materno e 3) Avoa paterna (Compendio Heráldico, Arte de Escudos de Armas, Presbytero D. Pedro Joseph de Aldazaval y Murguía, 1775, Libro I, páx.46)

O adorno exterior é tan sinxelo como expresivo, pois semellan ser enclaves de afirmación, dispostos para cravar con cravos o escudo á cartela de pedra que lle sirve de base. Para a numeración e descrición dos cuarteis, tomamos a orde establecida na obra citada, e tamén da “Heráldica Española, El Diseño Heráldico” (D.Luis F.Messia de la Cerda y Pita, páx.131). Por outra banda, para unha mellor definición das armas, daremos os esmaltes de cada brasón, segundo se describen nos nobiliarios, pois este escudo carece deles.
Primeiro cuartel (cantón destro do xefe), aparece unha cruz cargada de cinco veneras. Son armas dos ARMESTO (en campo de azur unha cruz de prata cargada de cinco veneras de ouro, unha en cada brazo e a quinta no centro // outros ARMESTO presentan: en campo de azur unha cruz gamada de ouro, cargada de cinco veneras de prata e gules).
Segundo cuartel (cantón destro da punta), sobre ondas unha torre de catro ameas donxonada con torre de homenaxe de tres ameas, ambas de portas adxuradas (abertas) e dúas árbores arrincadas (desenraizadas ou coas raíces á vista) unha a cada flanco da torre. Parecen ser armas da Casa de D. Sancho Marqués e de Dª Inés López de Vaamonde, veciños de Ribadeo, cuxa filla Dª María Marquesa de Miranda, falecida en 1639, funda a Capela da Inmaculada Concepción da Catedral de Mondoñedo (Heráldica del Municipio de Mondoñedo, Dª Olalla Rúa Veloso, 2005, páx.34). Tamén puideran ser armas dos Castrillón, que desde moi antigo emparentaron con ramas familiares dos Miranda.
O terceiro cuartel, neste caso, a partición sinistra, está ocupada enteiramente por unha torre redonda con seis ameas triangulares ou á xibelina (de ameas fendidas), donxonada dunha torre de homenaxe con catro ameas tamén triangulares, e o todo mazonado (gravado con liñas que significan as gretas da xunta entre pedras de cantería). No adarve da torre asoma a cabeza dun home que toca un corno de caza, e cargado no castelo, tres bustos con brazos, de homes sentados de fronte a un lado dunha mesa, sobre a que están dúas fogazas de pan ás cabezas e no centro un coitelo inclinado coa punta alta e o fío cara a sinistra. Claramente, son tres comensais dispostos a comer á mesa. Posiblemente, esteamos ante un escudo cun brasón único, dos máis completos e descritivos do por que do brasón das antiquísimas armas da Casa de RON, que son orixinarias das Terras do Condado de Ribadeo, que abarcaban un amplo territorio do antigo Reino de Galiza (algunhas, hoxe do Principado de Asturias).
Na bordura desta partición sinistra, reza a lenda: “A (en xefe) ESTE SON COMEN (flanco sinistro) LOS DE RON”(en punta) (A ESTE SON COMEN LOS DE RON). Esta lenda descúbrenos, sen dúbida, unha das ramas xenealóxicas principais das liñaxes a quen pertence o escudo. D. José Santiago Crespo del Pozo, na súa extraordinaria obra Heráldica: “Blasones y Linajes de Galicia”, Volume IV, páx. 371, fai constar que: “xa o Licenciado Molina advertía que os desta Casa de Ron, facían tocar un corno polas rúas para que todos os que quixeran comer, fosen a súa casa” (Descrición do Reyno de Galizia, ano de 1550). O que nos da fe do humanos, solidarios ou caritativos que debían ser os membros desta familia coa xente do pobo onde habitaban, pois invitaban a comer os veciños, supoñemos que despois das cacerías, e polo que da a entender a relevancia do brasón, con bastante frecuencia.
Polas súas Armas, o escudo presenta a liñaxe de D. Gonzalo de Armesto, da Casa de Veiga de Forcas, ascendente dos Marqueses de Viance e dos de Villaverde de Limia. Testou en 1630, e estaba casado con Dª Ana Ron Valcarcel, filla de D.Pedro Valcarcel Ron e de Dª María Armesto Balboa, neta de D. Juan Saco de Armesto e de Dª Beatriz de Balboa. Un fillo, D. Antonio de Armesto e Ron, sigue a liña dos Marqueses de Viance e de Villaverde de Limia. Outro fillo, D. Matías de Armesto e Ron Valcarcel, sigue a liña da Casa de Veiga de Forcas. (Notas xenealóxicas sacadas do arquivo de D. Alexandro Pedrosa Neyra, citadas por D. José Santiago Crespo del Pozo, “Blasones y Linajes de Galicia”, Volumen II, páx. 127).
No frontal destro xunto deste altar da Virxe do Rosario hai unha laude (pedra cunha inscrición) na que podemos ler: “ESTA CAPILLA DENDE SU FVNDACION ES DE LOS SEÑORES DE LA CASA DE MIRANDA QUE ESTAS SITA EN BILLA (?)EIML(?) DE MIRANDA I NADIE SE PVEDA ENTE(R)RAR SIN LICENCIA DEL MAIORAZGO (?)I LA(?) I HIZO DE NVEVO D. PEDRO DE MIRANDA SEÑOR I MAIORAZO DE LA DICHA CASA ANO 1616”.
Os maiorazgos, eran institucións feudais que pretendían manter o esplendor da clase nobre, e para a súa fundación necesitábase a autorización do Rei. Tiñan unha vinculación civil perpetua, por virtude da cal realizábase unha sucesión na posesión e disfrute dos bens segundo regras especiais da vontade do testador ou do fundador do maiorazgo. Os maiorazgos foron suprimidos do Dereito Civil pola lei do 11-Outubro-1820 (Tratado de Genealogía, Heráldica y Derecho Nobiliario, Instituto Luís de Salazar y Castro –C.S.I.C.- Hidalguía, Madrid 1961, páx.103)
Esta laude, a primeira vista parece non ter que ver co escudo colocado o outro lado do altar da capela, pois no escudo de armas non está o brasón das Cinco Doncelas, relevante da Casa dos Miranda, e podería pensarse que nalgunha das reparacións ou reformas sufridas no último século pola capela, se colocaron ámbalas dúas pezas xuntas, baixo a advocación da Virxe do Rosario, pero soamente co criterio de conservalas, posto que ninguén ía ser enterrado alí nun futuro, e non se ía romper ningún compromiso cos antigos donos do maiorazgo. Pero no mesmo arquivo de D. Alexandro Pedrosa Neyra, citado por D. José Santiago Crespo del Pozo, “Blasones y Linajes de Galicia”, Volumen IV, páx. 372, atopámonos con: D. Pedro Miranda de Ron, ó que debe referirse a parte do laude: “I HIZO DE NVEVO D. PEDRO MIRANDA SEÑOR I MAIORAZO...”. D. Pedro era irmán de D. Alvaro Díaz de Ron, de Dª Mayor e de Dª Leonor Miranda de Ron (señores das Casas de Barreiros, Santalla de Oscos e de Caldaloba, cuxa casa solar estaba emparentada cos Pesoz de Ibias, e cos Valcarcel dos Barrios). D. Pedro tivo tres fillas: Dª Inés de Vaamonde que casou con D. Sancho López de Moscoso y del Río; Dª María de Vaamonde que casou con D. Juan Díaz Pardo de Donlebún e Dª María de Bolaño que casou con D. Alvaro Pérez de Navia. Por outra banda, D. Alvaro Díaz de Ron é padre de D. Diego Sánchez de Ron que casou con Dª Teresa González de Rodil, da Casa de Villagudel, señora do maiorazgo de Barreiros. Tiveron por fillo a D. Fernando Rodil de Ron que sigue a liñaxe, casando con Dª María Mayor Tobar y Vaamonde de Ribadeneira (irmá de D. Gonzalo de Mesía e de Dª Blanca Pimentel de Ribadeneira)... etc. etc.
Como podemos ver na secuencia xenealóxica relatada das xeracións deste escudo de armas, os parentescos entrecruzados por matrimonio entre os brasóns dos Escudos de Armas de Ribadeo, son evidentes. Non cabe dúbida de que as árbores xenealóxicas dos Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, requiren un estudio aparte, moito máis profundo do que este traballo pretende, pois nós soamente queremos divulgar un pouquiño da Heráldica, Xenealoxía e Nobiliario de Ribadeo, e darémonos por contentos se espertamos o interese dalgúns, incluso só duns poucos, pois iso quererá dicir que sempre haberá alguén que recolla a testemuña para seguir estudando e loitando para nunca esquecer a Historia do noso magnífico e exquisito Patrimonio, e que non é doado de sacar a luz, pois está reflectido en múltiples disciplinas do saber, que requiren de tempo e perseveranza para ler e entender os escritos que nos dan os datos. Queda unha gran labor de estudo nos campos da Paleografía, Diplomática, Simboloxía, Sixilografía, Historiografía, Arqueoloxía, Lingüística, etc. etc.
Non queremos deixar sen comentar unha particularidade que vemos neste escudo. Está suxeito a parede con grampóns, e non empotrado nela, o que parece dar a entender, que o escudo pode non ser orixinario dunha capelanía do Convento de San Francisco, fundado no ano 1214, se non que pode proceder da antiga Colexiata de Santa María do Campo (1207-1852) cando os confrades trasladan algunhas das capelanías, ó tempo que o bispado de Mondoñedo lle reclama o Cura Párroco de Ribadeo os arquivos, documentos de fundacións, foros e convenios, libros, xoias, incluíndo o báculo e zapatillas do bispo D. Pelaio de Cebeira, roupas litúrxicas e demais enseres, cando ía ser desmantelada para facer unha nova Colexiata, que nunca foi levantada (La Colegiata de Ribadeo, D.José María Rodríguez Díaz-2011, pax.52). Este mesmo sistema de suxeición aparece na laude, e podemos velo tamén no Escudo de Armas da Capela da Virxe das Dores, que describiremos nun próximo artigo. Vemos, que antes ou despois, sempre nos atopamos coa “mala sorte” de Ribadeo, como no caso das pertenzas da Colexiata, que poderían estar en Ribadeo, formando parte do “tesouro parroquial”, como ocorre no Mosteiro de Lourenzá, na Catedral de Mondoñedo, ou como en calquera outro lugar que tivo e ten un lugar relevante na Historia de Galiza. Pero non, a Ribadeo o máis normal, é que se lle levanten “por orden de birlibirloque ou de bóbilis bóbilis” todos cantos bens patrimoniais ten, e “sen unha queixa”, pois, Ribadeo é un pobo culto, tolerante e non gusta de liortas. ¡En fin!
Xa vai sendo hora de que as nosas autoridades locais, sobre todo, provinciais e autonómicas se dean conta de que teñen a obriga de traballar polo noso patrimonio e de conservalo no propio territorio, nos pobos ós que pertence. Subliño, sen ningunha dúbida, o dito: “Ribadeo First” (Primeiro Ribadeo) pois aínda que non estea de acordo coas moitas das ideas peculiares do Presidente Trump, si o estou co seu slogan de defender primeiro o seu, o da súa casa. Nós non podemos seguir perdendo, ano tras ano, todos cantos bens patrimoniais temos, de forma practicamente irrecuperable, pois son parte da nosa riquísima Historia. Non vemos que haxa ningunha iniciativa para crear un listado inventariado de ditos bens, onde se diga, p.e.: “ben patrimonial XXL de Ribadeo, descrición, foto, soporte documental, está en tal sitio, gardado en depósito...” ¿Cantos restos arqueolóxicos da Ría de Ribadeo desaparecen “sen deixar rastro”? ¿Cando se van escavar os Castros e poñelos en valor? ¿Cando retornarán os achádegos do xacemento de Louselas? ¡Pero bueno, ese é outro tema! ¿Cantos bens de produción de riqueza nos deixaron os nosos ancestros, e só nos interesen os bens de servizo...? ¡Pero bueno, ese é outro tema! ¿ata cando seguirá sendo todo, outro tema? ¿Para cando vai ser a construción dese magnífico Museo Arqueolóxico, dese Teatro, dese Pazo-Auditorio-Escola Superior da Música...? ¿que non hai nin sequera proxecto de ningún deles? ¡Pois estamos apañados cos nosos políticos, sen proxectos culturais, industriais ou portuarios de futuro!. Iso si, ¡Portos de Galiza choiando por destruír a Illa Pancha e o Faro, e Fomento sen dar luz a Ponte dos Santos, nin ós Santos da Ponte...! ¿E estes son dous organismos oficiais que “velan polo interese da cidadanía”? Portos pretendendo palear a terra e a roca viva da Pancha, como si foran escombros, e Fomento destruíndo a Ría de Ribadeo con obra cada día máis “incivil” e deixando a ponte a escuras, para que “paseemos moi, pero que moi, namorados a luz das estrelas”! ¿Será por isto...? ¡Ó mellor ata lle lo temos que agradecer! ¡manda truco! ¿non?
Nota a posteriori: No artigo anterior dos Escudos do Altar Maior de Sta. María do Campo, facíamos referencia a Capela da Misericordia, e segundo nos comentaron algúns veciños, situámola mal. Polo que moi agradecidos pola advertencia, corriximos o erro: “A Capela de Nosa Señora da Misericordia, estaba a case un terzo da rúa Rodríguez Murias, na casa Nº7 (hoxe de Nistal), entre a Casa de Sarmiento que sobresae á rúa e fai esquina, e a Boutique Valentina. Fronte a ela está instalada unha fonte pública de auga, que podería chamarse, como recordo: “Fonte da Misericordia”, igual que a Fonte da S. Roque, a Fonte da Virxe do Camiño, a fonte de S. Lázaro ou a fonte de Santiago de Vigo, todas elas denominadas pola súa situación o lado da capela do santo respectivo. A Capela da Misericordia e a casa do lado onde vivía o capelán, derrubáronse “a piqueta” no mes de Abril de 1964 debido o seu estado ruinoso (La Comarca, 26-Abril-1964)”. Moitas grazas a todos vos polas correccións.

8 comentarios:

Santi Iglesias dixo...

Buenas tardes :

Lo primero, agradecer el artículo. Después, comentar unos asuntos, respecto a la información contenida en "Blasones y linajes de Galicia", del padre Crespo :

Pedro de Miranda de Ron "el viejo", hijo de Lope Núñez de Ron, y de su esposa, Dª Mayor de Miranda y Baamonde, casó con Dª Isabel de Castro, hija de los Señores de San Sadurniño, Fernando de Andrade y de Dª Inés de castro y Lanzós.

Según el testamento del dicho Pedro de Miranda de Ron, otorgado en Ribadeo en 1537, hijas suyas, y de su esposa Dª Isabel, fueron las siguientes :

* Dª María de Bolaño y Baamonde (de Bolaño Miranda y Baamonde), que casó con Juan Núñez Pardo de Donlebún, vecino del concejo de Castropol, que tuvieron por hijos, a :

- Pedro de Miranda de Ron "el nuevo", fundador del vínculo y mayorazgo del Palacio de Vilaemil, en el concejo de Miranda.
- Álvaro Díaz (de Ron o de Miranda).
- Dª Leonor.
- Dª Mayor.

* Dª Inés de Bolaño y Baamonde (o de Miranda), que casó con Sancho López de Moscoso.

Fuera del matrimonio, Pedro de Miranda de Ron, fue padre (según lo declarado por él, en su testamento), de :

- Gómez (de Miranda o Ares de Miranda). De este hijo, no menciona a su madre. Le lega ciertos bienes (entre ellos, su caballo).

- Pedro de Miranda, que lo tuvo con Catalina de Montefurado, su criada.

- Catalina, mucho menor que sus otras dos hermanas (y que pudo ser también hija de Catalina de Montefurado, no lo deja claro en su testamento), que dejó al cuidado de su hermana Dª María.

Con respecto a Dª María Mayor de Tovar Ribadeneira, esposa de Fernando Rodil de Ron, Señor del coto de Barreiros, aclarar otra cuestión :
Dª María Mayor de Tovar Ribadeneira, no era hermana de Dª Blanca Pimentel Ribadeneira, sino su hija. Dª Blanca Pimentel Ribadeneira, hija del noble hombre Antonio de Tovar(gobernador y tenedor de la villa y condado de Ribadeo, en 1530, por delegación de su conde, gentilhombre del emperador Carlos I y Señor del Pazo de Tovar, en el coto de Canedo, en el valle de Lourenzá), y Dª Blanca Pimentel Ribadeneira (ella hija de Fernán Díaz de Ribadeneira, Señor de la fortaleza de Torés, y de Dª María Pimentel y Cabeza de Vaca, descendiente directa, del primer conde de Benavente), casó con Álvaro Pulleiro de Mesía, Señor del coto de Medín, siendo padres, de dos hijos, Dª María Mayor de Tovar Ribadeneira, que casó con Fernando Rodil de Ron, y Gonzalo de Mesía (y Tovar), que casó en dos ocasiones, la primera con Dª Inés Vázquez de Mosqueira, y la segunda, con Dª Catalina García.

Con respecto a la madre de Fernando Rodil de Ron, primer Señor del coto de Barreiros (o segundo, si tenemos en cuenta al fundador del mayorazgo en el que estaba incluido dicho coto), Dª teresa González de Rodil, tengo que decir, que ella nunca fue Señora de Barreiros, ya que, el mayorazgo que incluía, tanto, el coto de Barreiros, como el de Carballido, lo fundó Gonzalo Rodil, clérigo, hermano de la dicha Dª Teresa, al otorgar su testamento, en el año 1565; y en dicho mayorazgo y vínculo, nombró primer sucesor, a su sobrino, Fernando Rodil de Ron, por lo que la madre de éste, nunca ejerció tal señorío. Después de Fernando Rodil, sucedió en el señorío su hijo, D. Álvaro Díaz de Rodil y Ron, que casó con Dª Francisca de Aguiar y Ouria. Hermanos de este D. Álvaro, fueron, otro Gonzalo de Mesía, fallecido antes de 1640, y Dª Inés de Ron y Ribadeneira, que casó con Gonzalo Becerra de Santalla y Teixeiro.

Saludos,

Santiago Iglesias Labat

Agremon dixo...

Grazas!

pancho dixo...

DªMaría Mayor Tobar e Vaamonde de Ribadeneira casada con D. Fernando Rodil de Ron, segundo frei José Crespo, Volumen IV, páx.372.era irmá "enteira" de D. Gonzalo de Mesía e de Dª Blanca Pimentel de Ribadeneira, tal como eu o explico.
Dª Teresa González de Rodil, estaba casada con D. Diego Sánchez de Ron, e segundo o padre Crespo, Volumen IV, páx. 372, era dueña do maiorazgo de Barreiros, fundado por seu irmán D. Gonzalo de Rodil, cura de Carballido, Santalla e da Veiga.
Na mesma páx.372, encontramos que D.Fernando de Rodil de Ron casado con Dª María Mayor de Tobar e Vaamonde de Ribadeneira, tiveron por fillos a D. Alvaro Díaz de Ron que casou con Dª Francisca Aguiar e Logares,maiorazga da Casa de Santalla.
Irmán de D.Alvaro, foi D. Pedro de Miranda e Ron, que se querelou co cura de Carballido, e con seu irmán D.Antonio, e o 27-Febreiro de 1673 o bispado de Oviedo reconoceulle os seus dereitos.
Tomo nota do que vostede di, que seguramente será veraz, respecto dos testamentos que cita, pero eu no artigo do Escudo da Capela da Virxe do Rosario cíngome a información que teño do padre D. José Santiago Crespo del Pozo, que é posible que nalgún detalle estea equivocado, pero que é a mellor fonte de información xenealóxica de Galiza, sen lugar a dúbidas.
Saudiños
Francisco José Campos Dorado

Santi Iglesias dixo...

Buenas noches :

Que es la mejor fuente bibliográfica de Genealogía de Galicia, no hay duda ninguna, pero al elaborar un trabajo de esa magnitud, lo normal es que se comentan errores.

Hablando de esa misma página, tampoco hay ninguna prueba documental, de que Dª Francisca de Aguiar y Ouria, esposa de Álvaro Díaz de Rodil y Ron, segundo señor del mayorazgo de Barreiros, fuera la poseedora del mayorazgo de Santalla; llevó como dote la mitad de los frutos del mayorazgo de Logares, lo que nos indica que tuvo que ser hija del dueño y señor del mayorazgo de Logares, Álvaro de Logares y Baamonde, pero de que fuar la dueña del mayorazgo de Santalla, nada se dice, en lo varios documentos consultados en los que interviene, ella o sus descendientes. Ninguno de sus tres hijos, Fernando Rodil de Ron (o Díaz de Rodil y Ron) c.c. Dª María de Ginzo y Estua, Dª María de Ron y Tovar c.c. Diego Fernández de Ginzo, Dª Catalina de Ron y Tovar c.c. Francisco Vázquez de Andrade, llevó como dote, ningún bien ni fruto del mayorazgo de Santalla, lo que nos debe hacer a la fuerza dudar de tal posesión.

En esa misma página, creo, también se confunde (y ya repito, que con sus errores, para mi también es la mejor fuente bibliográfica genealógica de Galicia), en el año del matrimonio de los citados Álvaro y Dª Francisca, así como en los años en los que detentó el señorío de Barreiros, ya que testó en el año 1640, y falleció antes de 1642. Y todos sus hijos, estaban ya casados en ese año 1640.

Álvaro Díaz de Rodil y Ron no tuvo ningún hermano que se llamara Pedro, ni Antonio. Pedro de Miranda y Ron, era su tío paterno, hermano menor de su padre. Y mucho menos, les podrían reconocer sus derechos en 1673. En ese año, todos los hijos de Fernando Rodil de Ron y Dª María Mayor de Tovar Ribadeneira, habían ya fallecido e incluso varios de sus nietos. Fernando Rodil de Ron, esposo de Dª María Mayor de Tovar, falleció el 20 de enero de 1592, según declaró su propio hijo, Álvaro Díaz de Rodil y Ron, en ese mismo año.

Yo no me baso en ninguna obra para afirmar lo que digo, sino en los documentos originales por mi consultados, en el Archivo del Reino de Galicia y en el Archivo Histórico Provincial de Lugo. Y a estas personas las tengo totalmente investigadas, ya que son mis antepasados directos.

En el Archivo del Reino de Galicia, en la Sección Real Audiencia, se conservan varios pleitos en los que litigaron, donde está contenida bastante de la información que he dado.

Saludos,

Santiago Iglesias Labat

Santi Iglesias dixo...

Buenas noches :

Que es la mejor fuente bibliográfica de Genealogía de Galicia, no hay duda ninguna, pero al elaborar un trabajo de esa magnitud, lo normal es que se comentan errores.

Hablando de esa misma página, tampoco hay ninguna prueba documental, de que Dª Francisca de Aguiar y Ouria, esposa de Álvaro Díaz de Rodil y Ron, segundo señor del mayorazgo de Barreiros, fuera la poseedora del mayorazgo de Santalla; llevó como dote la mitad de los frutos del mayorazgo de Logares, lo que nos indica que tuvo que ser hija del dueño y señor del mayorazgo de Logares, Álvaro de Logares y Baamonde, pero de que fuera la dueña del mayorazgo de Santalla, nada se dice, en los distintos documentos consultados en los que intervienen, ella o sus descendientes. Ninguno de sus tres hijos, Fernando Rodil de Ron (o Díaz de Rodil y Ron) c.c. Dª María de Ginzo y Estua, Dª María de Ron y Tovar c.c. Diego Fernández de Ginzo, Dª Catalina de Ron y Tovar c.c. Francisco Vázquez de Andrade, llevó como dote, ningún bien ni fruto del mayorazgo de Santalla, lo que nos debe hacer, a la fuerza, dudar de tal posesión.

En esa misma página, creo, también se confunde (y ya repito, que con sus errores, para mi también es la mejor fuente bibliográfica genealógica de Galicia), en el año del matrimonio de los citados Álvaro y Dª Francisca, así como en los años en los que detentó el señorío de Barreiros, ya que testó en el año 1640, y falleció antes de 1642. Y todos sus hijos, estaban ya casados en ese año 1640.

Álvaro Díaz de Rodil y Ron no tuvo ningún hermano que se llamara Pedro, ni Antonio. Pedro de Miranda y Ron, era su tío paterno, hermano menor de su padre. Y mucho menos, le podrían reconocer sus derechos en 1673. En ese año, todos los hijos de Fernando Rodil de Ron y Dª María Mayor de Tovar Ribadeneira, habían ya fallecido e incluso varios de sus nietos. Fernando Rodil de Ron, esposo de Dª María Mayor de Tovar, falleció el 20 de enero de 1592, según declaró su propio hijo, Álvaro Díaz de Rodil y Ron, en ese mismo año.

Yo no me baso en ninguna obra para afirmar lo que escribo, sino en los documentos originales por mi consultados, en el Archivo del Reino de Galicia y en el Archivo Histórico Provincial de Lugo. Y a estas personas las tengo perfectamente investigadas, ya que son mis antepasados directos.

En el Archivo del Reino de Galicia, en la Sección Real Audiencia, se conservan varios pleitos en los que litigaron, donde está contenida bastante de la información que he dado.

Saludos,

Santiago Iglesias Labat

pancho dixo...

Boas noites:
estou encantado de ver que empezan a emerxer datos reais e fidedignos daquelas familias fidalgas que deixaron a súa pegada nos Escudos Brasonados de Ribadeo. Para min, vostede, Santiago Iglesias Labat e o que me di dos seus devanceiros, é un regalo, un froito parcial do que levo buscando desde fai máis dun ano cun traballo concienciudo (non lle queipa dúbida), despois daquel meu primeiro artigo de "A Aduana Vella de Ribadeo" (La Comarca del Eo 16-Abril-2016).
Non é fácil investigar solo e exclusivamente a través da Heráldica, como eu estou facendo, mirando e interpretando os brasóns dos Escudos de Armas de Ribadeo, e chegar a facerlles cadrar coas posibles Arbores Xenealóxicas dos habitantes de Ribadeo, e por tanto daquelas familias fidalgas que deixaron a súa pegada nas paredes das súas casonas, dos seus pazos ou nas Capelas dos seus maiorazgos.
Como pode ver nos meus artigos, emprego, quizais demasiado, as expresións: parece, posiblemente, supoñemos, puidera ser... Estes termos quixeran ser historia certa, pero non o son, pois ó basearse o traballo en símbolos heráldicos que pertencen a varias familias, pois a maioría carecen de esmaltes, sinto moito reparo en asignar un ou outro brasóns a esta ou a aquela rama familiar, pero non me queda máis remedio que arriscar. Si por outra banda, os libros e obras varias (moitas) de Xenealoxía que consulto, particularmente a do padre José Santiago Crespo del Pozo, está equivocada nos parentescos, non me queda outra que equivocarme nos parentescos pero supoño, e polo que vexo, só en matices.
Gustaríame saber ¿onde entroncan os ARMESTO do primeiro cuartel cos RON? pois o brasón é dos ARMESTO e non dos RIBADENEIRA, pois para ser este fáltanlle tres ondas de mar, ou tres faixas con un peixe en cada unha.
Si algún día se publican os Escudos de Armas de Ribadeo, espero que sexa cos textos corrixidos, aínda que de momento falta a reseña histórica Xenealóxica, pois cada devanceiro ten que levar o documento no que se atopa, ou o código do Arquivo.
O miña árbore xenealóxica levoume ata 1593, e está documentada nos libros do Arquivo Diocesano de Mondoñedo, e cada un dos centos de devanceiros está reseñado coa fecha do libro de Bautismos, Matrimonios ou Defuncións e co número de folio. Así non hai perda e é fácil de atopar calquera deles, ademais de engadir os testamentos, escrituras e códigos dos preitos da Chancilleria nos que a algúns nomean.
Si algún día puideramos tomar un café xuntas, poderíamos concretar máis o texto do Escudo da Capela do Rosario.
Saudiños e moitas grazas polos comentarios
Francisco José Campos Dorado

Santi Iglesias dixo...

Buenas noches :

Según tengo entendido (esta línea no la tengo demasiado investigada), el primer entroncamiento entre los Ron y los Armesto, resultaría del matrimonio, entre :

- Gonzalo Bernaldo de Ron y Quirós, hijo de Lope Núñez de Ron, Señor del mayorazgo de Cecos, y de Dª Aldonza Rodríguez de Quirós e Ibias. Nieto por la línea paterna, de Álvaro Díaz de Ron,Señor de la Casa de Ron, y de Dª Sancha de Parga (a su vez, este Álvaro Díaz de Ron, sería hermano de Pedro de Miranda de Ron "el viejo" c.c. Dª Isabel de Castro, y testador en Ribadeo en 1537); bisnieto paterno paterno, de Lope Núñez de Ron, Señor de la Casa de Ron, y de Dª Mayor de Miranda y Baamonde (esta Dª Mayor, hija de Pedro de Miranda "el Ruín", o "el renegado", Señor de la Casa de Miranda de Goios, y según la tradición, decapitado junto al mariscal Pedro Pardo de Cela, en Mondoñedo).
- Dª María de Armesto y Valcárcel, hija de Gonzalo de Armesto, Señor del coto de la Vega de Forcás, y de Dª Constanza López de Valcárcel. Nieta, por la línea paterna, de Lope de Armesto, Señor del mismo coto que su hijo y nieto. Nieta por la línea materna, de Gómez de Valcárcel, y Dª Elena de Losada.

A su vez, esta Dª María de Armesto y Valcárcel c.c. Gonzalo bernaldo de Ron y Quirós, era tía paterna, de Gonzalo de Armesto, testador en 1630, y esposo de Dª Ana de Valcárcel y Ron. Y Dª Ana de Valcárcel y Ron, probablemente (esto tengo, todavía, que investigarlo), era, aparte de esposa, pariente de su esposo Gonzalo. Los hijos de Dª Aldonza de Ron (ella, hija de Gonzalo Bernaldo de Quirós, y de Dª María de Armesto y Valcárcel), y de Francisco de Valcárcel y Balboa, llevaron los apellidos "de Valcárcel y Ron", excepto, el que heredó el mayorazgo de Cecos, "D. Antonio de Ron y Valcárcel" c.c. Dª Leonor de navia y Valdés, que tuvo que cambiar el orden de los apellidos, por las clúsulas del mayorazgo que heredó.

Se conservan algunos pleitos litigados, ante la Real Chancillería de Valladolid, entre Gonzalo Bernaldo de Quirós, y su hermano mayor, Álvaro Díaz de Ron; y otro en el que litigó el primero, con las monjas del convento de Santa Clara de Ribadeo.

Espero que algún día, tomemos ese café en Ribadeo, y aparte, de concretar más el texto del Escudo del Rosario, podamos tratar otros asuntos históricos.

Saludos, y gracias a usted, por sus artículos.

Santiago Iglesias labat

pancho dixo...

Boas noites,
grazas polas aclaracións xenealóxicas Santiago Iglesias. Non se estrañe que Dª Ana de Valcárcel e Ron, sexa prima carnal ou sobriña de D. Gonzalo, pois a endogamia era bastante frecuente entre as familias fidalgas, moitas veces por ser matrimonios acordados, ou ben, por motivos de confianza para certos tipos de negocios familiares, como podía ser a banca.
Cando vaia vir a Ribadeo avise, que tomaremos ese café, e daremos unha volta polos lugares históricos de Ribadeo, practicamente esquecidos.
Un saúdo
Francisco José Campos Dorado