20170224

Hai vinte anos, a lei xa non se cumpría

E daqueles tempos a hoxe, o refinamento do incumprimento vai a maiores. Agora, facer a lei a medida, e se non hai tempo, cambiar a fiscales ou xuíces se non sae 'a devolver' é algo que estase convertindo en normal. Normal de norma de quen o fai porque llo permitimos. Todos. E se sae a devolver, podes irte a Suíza tranquilamente en troques de cumprir o cárcere, e se non te cae ben o día que teñas que comparecer para que non te escapes da Terra, xa irás outro día: que esteñan tranquilos, que non vas escapar! Claro, non o intentes facer se o delito é protestar por como nos están tratando, por non confiar no goberno, que iso non ten salvación. É pasarse da raia.
Adxunto unha peza publicada en papel hai máis de vinte anos, e a súa transcrición no blog de hai case nove. Algunha das cousas que cita xa non está no candeleiro, e por suposto, apareceron moitas novas. Mais creo que o fondo, dende aquela, só fixo 'mellorar' :


Despois de citalo moitas veces sen poñelo no blog a última a pasada semana, aí vai un vello artigo (publicado en “A Mariña” de O “El Progreso” o 14 de novembro de 1996, p.2, segundo copia no lateral). Un artigo que coido que pode relerse hoxe en relación a outras moitas circunstancias, aínda que esteña escrito con referencias de hai doce anos:

Cando a lei non se cumpre

“... No es terrorismo de estado el combatir el terrorismo, incluso si se hace mal, incluso si se hace ilegalmente. No es terrorismo de estado, es otra cosa” (Declaracións de D. Manuel Fraga ó “El País”, 6/10/96). Preguntóme, ¿que outra cousa? Non é a primeira vez que oigo cousas semellantes, pero creo que si que é a primeira que o vexo escrito. Parece ademáis evidente que está dicindo o que pensa.
O de menos é que quen di esto sexa unha persoa en concreto, aínda que, como neste caso, corresponda ó presidente da Xunta de Galicia. O de máis é que se manifesta publicamente un apoio á ilegalidade, a unha ilegalidade violenta, dáselle publicidade e aquí non pasa nada. Máis aínda, eu suponía que os representantes das institucións públicas, actuando como tais, deberan cando menos acatar a leí. (Atención. Non confundir acatar con atacar.)
Meténdome ó oficio de prospector afeccionado, situacións como a anterior serán presumiblemente cada vez máis frecuentes. ¿O motivo? As palabras xa non serven nin teñen valor, e os feitos cúbrense cun tenue velo que non permite ver o detalle, e, polo tanto, apreciar as pequeñas cousas que delatan as ilegalidades.
Tempos aqueles nos que se podía dicir “miña palabra é de lei” e todo o mundo o cría! Hoxe, do que se di, do que se oe, ¿que cousas se poden creer? ¿Canto hai que interpretar para acadar chegar a unha verdade ?
E falando de verdades, de verdades “de lei”, hai que distinguir entre o que dicía a canción, “a miña palabra é a lei”, que é o que se leva agora (como na canción do "tractor amarillo") da realidade de ser persoa, a palabra “é lei” como o ouro, que pola súa escasez cada vez se considera máis e cobra maior valor.
Xa que hoxe vai de palabras, vaiamos ó principio e recollamos palabras de políticos. Hai actualmente un doble incumprimento por esa banda: non legalizar o prometido, non cumprir o legalizado; é dicir, non facer lei do que se prometeu e non cumprir tampouco as leis que xa hai. A frase lembra aquel dito popular que reza “prometer ata meter, e despois de metido, olvidar o prometido” que nos leva a unha palabra: foder. Non só iso é malo; tornen ó é que os políticos sexan necesarios, aínda que cambien ás veces o amor polo (seu) pracer.
Os incumprimentos acadan tales magnitudes que denunciar publicamente é en balde. Hai demasiadas cousas que non marchan como corresponde, unhas apoian as outras e “aquí non pasa ná”.
Cal é a saída? Dende logo, non podemos esperar que saia do sombreiro dun mago, como un sinxelo coello. A solución, a saída deste círculo vicioso de incumprimentos e deterioro da persoa a nivel social, non só ten que ser boa, senón, máis difícil aínda, ser aplicada por unha persoa boa e que teña esa imaxe. Moita coincidencia.
De calquera xeito, o 0,7%, incremento incumplido, o número de alumnos por aula, reducidos na letra grande e permitido o seu aumento na letra pequeña, os “grandes incumprimentos”, están relacionados con outras cousas a escalas máis achegadas as persoas de “a pé”. Partindo da relación con familia ou amigos, reprodúcense os mesmos patróns, aínda que a esta escala siga funcionando a confesión, o arrepentemento, o perdón, a penitencia; é unha sorte que temos, e que podemos aproveitar para rexerar a sociedade dende abaixo, se somos abondo ilusos. Nas outras escalas de grandes responsabilidades, decisións e soldos, pode que non haxa arrepentemento, difícilmente confesión, e as penitencias soen ser suaves aínda que os feitos sexan imperdoables.
Antonio Gregorio

Ningún comentario: