20170228

Pasando o antroido na illa Pancha

Mentras na vila resoa o antroido, na illa Pancha hai outro tipo de antroido: o que infrinxe a norma para facer o que lle peta. A falla de seguridade permite estas cousas (atención ó xeito de paso)
A mostra, nas fotos e vídeos:

Á carreira pola illa:
 

A verxa 'de seguridade':

(a partir de 1:48)

Fotos e vídeos de Nacho Oñate.

20170227

Parece que o concello comeza a moverse (aínda que sexa de xeito indirecto)

Hoxe hai unha nova na sección de novas do concello. Reprodúzoa de xeito completo, lembrando que é liberada cunha semana de retraso en relación ó ditame recibido por 'Por nuestro faro':
O DEFENSOR BOTA EN FALLA INFORMACIÓN MEDIOAMBIENTAL

Faro da Illa Pancha

27/02/2017
O Concello ven de dirixirse á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao e á Xunta de Galicia para que revisen as súas resolucións e informes sobre o uso hoteleiro do faro da Illa Pancha. O alcalde, Fernando Suárez, fai estas declaracións despois das argumentacións desfavorables realizadas polo Defensor del Pueblo. O rexedor pide que en caso de que o Defensor del Pueblo teña razón esas administracións procedan a corrixir os seus informes antes de que o Concello tramite a licenza de actividade definitiva do establecemento.
Suárez Barcia dixo hoxe: "en relación con este hotel pretendido aquí na illa Pancha, tivemos coñecemento hai moi pouco tempo, destas argumentacións que o Defensor del Pueblo, desta institución de ámbito estatal, fixo sobre o expediente global a raíz das denuncias deste colectivo Por nuestro faro, que son tamén os que nos fan chegar esta comunicación".
O alcalde sinalou que "o Defensor del Pueblo ven cuestionar a tramitación basicamente de Portos do Estado que depende do Ministerio, e tamén dalgunhas autorizacións autonómicas. No senso, segundo di o Defensor del Pueblo, que necesitaba este expediente información medioambiental que non se produciu, e que tamén pon en solfa o xeito da tramitación da concesión".
Fernando Suárez explicou que "desde o Concello de Ribadeo somos a última administración que deu a licenza de obra en función de todos eses expedientes, informes e autorizacións previas destes organismos. Polo tanto con esta nova documentación que sabemos do Defensor del Pueblo, agora vimos de dirixirnos novamente a todos estes estamentos do Ministerio e da Xunta, solicitándolle a todos estes organismos afectados para que revisen as súas actuacións, que revisen os seus informes, que revisen as súas resolucións. E se está ben que o manifesten e que desmintan todo o que está dicindo o Defensor del Pueblo, e se realmente este ten a razón que procedan a corrixilo cos efectos que proceda xuridicamente, e que o fagan xa, sobre todo antes de tramitar polo Concello a actividade".
O rexedor ribadense manifestou que "o Concello participa indirectamente. O Concello deu a licenza e as autorizacións en función de todo iso. Se iso non está ben, o procedemento non pode seguir para adiante".
Fernando Suárez subliñou que "todo o mundo sabe que as licencias de obras son actos regrados. Se cumpren todos os informes e todas as disposicións, hai que outorgar a licenza si ou si. Pero se agora pasa, como parece que está pasando, que unha institución teoricamente seria como o Defensor del Pueblo cuestiona o modo de cómo se evacuaron eses informes, queremos sabelo antes de seguir dando máis pasos como última administración, pero como administración final que depende tamén de todos eses informes e autorizacións previas anteriores".

ESCUDOS DO ALTAR MAIOR DE SANTA MARIA DO CAMPO. Francisco José Campos Dorado


Escudos do retablo maior
Para facilitarnos a mellor comprensión dos escudos e brasóns que se contemplan no conxunto da ábsida da Igrexa Parroquial de Santa María do Campo de Ribadeo, imos empezar por ler a laude (pedra cunha inscrición) que se encontra sobre o sepulcro sinistro (foto infra) segundo miramos cara o Altar Maior: “TODA ESTA CAPILLA MAIOR ES I FVE DESDE SU FVNDACION DE LOS SSEÑORES DE LA CASA DE NAVIA QUE ESTA SITA EN EL BALLE DE ANLEO I NADIE SE PVEDE ENTER(R)AR EN ELLA SIN LICENCIA DEL MAIORAZGO DE LA DICHA CASSA”.

Escudo sinistro, laude e sepulcro
A primeira vista, parece claro, que todo o que aquí vemos (“TODA ESTA CAPILLA MAIOR ES I FVE...”) ten que ver coa familia dos Navia do val de Anleo (Asturias). Pero no conxunto hai outros aspectos que nos chaman a atención, polo que vamos a pormenorizar o análise. O escudo de liñaxe situado sobre a arcada oxival do sepulcro sinistro, son as Armas primitivas ou máis remotas do brasón dos Navia. Non presenta esmaltes, pero segundo se describen nos Nobiliarios, serían: “en campo de sinople (cor verde) unha banda de ouro engolada por dous dragantes (dous dragóns) do mesmo metal (de ouro)”.
Sepulcro destro do altar maior
O comezo da Heráldica, en liñas xerais, coincide co comezo da arte gótica no século XII, por iso as figuras máis primitivas son estilizadas. Este brasón dos Navia, manifesta o seu primitivismo no resalte dos trazos fundamentais das figuras de liñas rectas e na falta de adornos superfluos. A Heráldica Eclesiástica, aparece no século XIII, un século despois da Militar, e as armas civís que se atopan nas igrexas son: por padroados, por sepulturas ou por doazóns. Sabemos que o Convento de S. Francisco data do ano 1214, polo que este Maiorazgo dos Navia, debe ser dos primeiros que tivo o Convento e un dos máis relevantes, pois sitúase no privilexiado espazo do Altar Maior.
Na parte alta do retablo, encontramos un primeiro enigma do Maiorazgo. Nos dous escudos, tamén dos Navia, un a cada lado da preciosa composición dunha talla de Cristo Crucificado sobre un fresco de fondo azul que representa a paisaxe dunha cidade que non recoñecemos, os campos dos escudos son de azur (cor azul, non de sinople) e a banda de gules (cor vermello, e non de ouro) engolada en dragantes linguados e dentados de sable (cor negro). Ambos escudos están timbrados cunha coroa de xénero descoñecido, moi parecida a que timbra o Escudo do Parador de Turismo (tamén en La Comarca del Eo, 22-10-2016). Esta “confusión” na cor dos esmaltes do campo e da banda, pode ser debida: 1) A unha brisura que caracteriza as Armas dos descendentes dun segundo, terceiro, cuarto... fillo, das Armas dun padre ou dun primoxénito. Dado que o retablo é de Arte Barroca, ditos escudos son dun descendente dos Navia, do século XVI ou do XVII, por tanto moi posteriores a primoxenitura Navia con campo de sinople. 2) O cambio de cor débese, a que os esmaltes sofren o desvarío nas obras de restauración e embelecemento da estrutura do Convento de San Francisco, comezada a obra en 1903 e finalizada para o 28 de Xullo de 1904, cando a visita do rei Alfonso XIII a Ribadeo (D. Secundino Martínez Montenegro “O Cura Vello” (V), artigo de D. José Mª Rodríguez Díaz, La Comarca del Eo, 28 Xaneiro 2017). Na transformación do deteriorado Convento para facer a actual Igrexa de Sta. Mª do Campo, as cores das figuras e do campo dos escudos, supoñemos estarían moi “borradas”, e como a situación dos escudos era no “ceo” da igrexa, puxéronos de cor azul, que supoño que pensaron, era a mellor cor “que pegaba” co fondo do fresco, e os artistas restauradores non pensaron importante cinguirse as cores verde do campo nin o ouro da banda que lles corresponde ós Navia polo seu brasón heráldico. Estas cousas ocorrían e ocorren, polo miúdo, máis do que deberan ocorrer con algúns individuos chamados “restauradores”. O campo de azur e banda engolada de ouro, é brasón dos Tovar. Ditos esmaltes non corresponden, en absoluto, a este caso.
Nun artigo do xenealoxista mindoniense, D. Xosé Isidro Fernández Vilalba (Cidre) publicado na revista galega “Terra e Tempo” o 10-Febreiro-2016, referente a un testamento de 1668, dise que D. Baltasar Menendez Navia y Sierra “familiar do Sto. Oficio da Inquisición de este Reino de Galiza”, era fillo de D. Sancho Menéndez Navia y Villaamil e de Dª Magdalena Rodríguez de Sierra y Fuertes naturais da vila de Navia. D.Baltasar cásase con Dª Antonia de Hestrada y Río, filla de D.Francisco Rodríguez de Río e de Dª Antonia Hestrada Manriquez, veciños de Ribadeo.
D.Baltasar e Dª Antonia, son os fundadores do patronazgo da Capela de S. Roque (Escudo da Capela de S. Roque, La Comarca del Eo 30-Xullo-2016). Este matrimonio tivo sete fillos: 1) Dª María Navia Villamil, casada co Capitán D. Antonio Sarmiento. 2) D.Salvador Menendez Navia e Villamil (presbítero, tesoureiro da Catedral de Mondoñedo en 1719) (ibidem). 3) Dª Antonia Hestrada monxa profesa no Convento de Santa Clara de Ribadeo. 4) D. Francisco Menendez Navia casado con Dª María del Campo Mon y Castrillón. 5) Dª Juana Menendez Navia y Villamil casada có licenciado D. Juan Antonio Castrillón y Cienfuegos. 6) Dª Isabel María Menendez Navia (solteira vivindo en compañía dos pais). 7) Gaspar Menendez Navia.
Dinos tamén D. Xosé Isidro no mesmo artigo, que: “O 21 de Abril de 1683 morre D. Balthasar Menendez Navia e Sierra polo que ese mesmo día, en presenza de D. Antonio Baamonde, escribán de número da vila de Ribadeo, quen tiña en poder o testamento, xunto con varias testemuñas que recoñeceron a firma de D. Balthasar, abriuse o dito testamento, que entre outras cousas di: “que o seu corpo sexa sepultado na Igrexa Conventual de San Francisco na sepultura que tiñan dotado os seus maiores e que está debaixo do púlpito.” Isto parece ser dato convincente de que nun sepulcro do altar maior da Igrexa Parroquial de Ribadeo, está enterrado D. Baltasar Menendez Navia e Sierra, aínda que a día de hoxe este dato pode non ser concluínte de todo, para os restos mortais que puidera haber dentro dun sepulcro, pois anos máis tarde puideron haberse enterrado outros familiares da súa liña sucesoria, hasta que se anularon os Maiorazgos en virtude do Art.13 da Lei de 11 de Outubro de 1820, do Dereito Civil (Heráldica e Dereito Nobiliario, Instituto Luís de Salazar –C.S.I.C- Hidalguía, Madrid 1961, páx.103)
Por outra banda, no mesmo artigo D. Isidro, dinos que D. Baltasar e Dª Antonia de Hestrada e Río, eran veciños de Ribadeo e viven: “a donde dicen fuera de la villa y en el campo (o que quer dicir extramuros da muralla) y frente al Hospital de San Sebastián de esta villa de Ribadeo con su escudo de armas de la descendencia de mi el dicho Balthasar Menendez de la Casa de Navia de los Limones sita en dicha villa de Navia y solar conocido de mi descendencia por línea recta de varón de mi padre, abuelo y más ascendientes y de la villa de Villaamil de cuyos solares me intitulo y de quien pertenecen dichas Armas que estan en dicho escudo y de las de los Fuertes y Sierra de quien también desciendo por hembra”.
Xa na descrición dos escudos dos Menéndez Navia Villamil, que fixemos no artigo “Casa brasonada do Parque de Ribadeo” (tamén en La Comarca del Eo, 21-Maio-2016) relatamos os brasóns e xenealoxía de parte desta familia onde se encontraba un neto deste matrimonio, D.Baltasar, señor da Casa de Navia, do Patín e señor da Casa do Outeiro de S. Miguel de Reinante, casado con: Dª Mª Luisa de Carmen Trelles Prelo Castrillón.
Como vemos no testamento de D. Baltasar, marido de Dª Antonia, está falando de que vivían na casa que fai esquina coa hoxe Praza de España ou do Parque de Ribadeo, onde estaba o Comercio de Maseda, fronte á Casa de Arango que está situada onde antes estaba o Hospital de San Sebastián. Nos novos letreiros das Rúas de Ribadeo, feitos de forma sinxela na elegante e prestixiosa Cerámica de Sargadelos, na Rúa Vilafranca do Bierzo sulíñase que antigamente era a Rúa do Hospital (de San Sebastián) igual que a seguinte Rúa Rodríguez Murias, antigamente da Misericordia, referíndose á Capela de Nosa Señora da Misericordia, que estaba a case un terzo da rúa Rodríguez Murias, na casa Nº7 (hoxe de Nistal), entre a Casa de Sarmiento que sobresae á rúa e fai esquina, e a Boutique Valentina. Fronte a ela está instalada unha fonte pública de auga, que podería chamarse, como recordo: “Fonte da Misericordia”, igual que a Fonte da S. Roque, a Fonte da Virxe do Camiño, a Fonte de S. Lázaro ou a Fonte de Santiago de Vigo, todas elas denominadas pola súa situación o lado da capela do santo respectivo. A Capela da Misericordia e a casa do lado onde vivía o capelán, derrubáronse “a piqueta” no mes de Abril de 1964 debido o seu estado ruinoso (La Comarca, 26-Abril-1964). Era unha pequena ermida fundada en 1680 por D. Mateo Fernández de Cartabio, familiar do Santo Oficio, e adquirida en 1880 por D. José Martínez Bengoechea e Dª Juliana González, que xa fundaran en 1870 a capela de S. Francisco de Asis que facía parte da súa casa na Rúa da Paz (Ribadeo Antigo, Francisco Lanza, páx.261) hoxe, Casa de Bustelo na Rúa Amando Pérez.
Este brasón dos Menendez Navia e Villamil, que se encontra no Altar Maior, ten diferenzas e similitudes con outros brasóns. Así vemos, que son as mesmas armas que as dos Andrade, con dragantes linguados e dentados (Arquivo do Sr. González-Cela de Fene, Ferrol, citado en “Blasones y Linajes de Galicia”, D. José Santiago Crespo del Pozo, Volumen IV, páx.3).
Noutro apartado (ibidem, páx.4) da xenealoxía dos Navia descríbense outros esmaltes nas casas de Lienes e de Navia, segundo Sr. Atienza: “en campo de sinople, unha banda de gules (cor vermella) perfilada de ouro e engolada en dragantes de sinople, dentadas de prata”. Estes esmaltes pertencen as armas de D. Juan Alonso Navia Osorio, veciño de Mondoñedo en 1614. Efectivamente, no brasón deste maiorazgo da igrexa de Sta. María do Campo de Ribadeo, a banda está perfilada (con contorno ou bordeada dun filete) pero os esmaltes descritos, para a banda e os dragóns, non son os mesmos, aínda que sexan do mesmo apelido.
Na ábsida do altar maior hai outra interrogante: ¿quen está enterrado no sarcófago esquerdo e quen no dereito? ¿Son ámbolos dous da mesma familia dos Navia? Quizais si ou quizais non. Se nos fixamos na greca esquerda ou adorno que enfaixa o sepulcro esquerdo, baixo o brasón dos Navia, vemos que está formada por losanxes (rombos co ángulo agudo en vertical) en cuxos centros de enlace hai un círculo. O losanxe é a forma clásica do Escudo Heráldico dunha rapaza solteira ou dunha señora viúva, pois a forma de ovalo é das señoras casadas (Tratado Heráldica y Derecho Nobiliario, Instituto Luís de Salazar -C.S.I.C.- Curso de Licencia, Madrid 1961, Apdo. Heráldica Femenina, páx.174). En cambio no sepulcro da dereita, aparecen oito escudos con banda e sen dragóns, que poden ser esquemáticos do brasón dos Navia, usado polos cabaleiros desta familia. Para nós, parécenos bastante claro, que seguindo esta teoría, no sepulcro dereito están enterrados os cabaleiros e no esquerdo as damas da amplísima familia dos Menendez Navia con dereitos do Maiorazgo.
Pero, ¿podemos estar seguros deste criterio? ¿Seguro que no sepulcro dereito enterraron a D. Baltasar Menendez Navia e Sierra, e no esquerdo a súa dona Dª Antonia Hestrada?
¿Por qué estas interrogantes? Porque podería haber outra teoría, iso si, máis arriscada na interpretación. Esta teoría sería: que a greca de losanxes é a propia dos Navia, e foi feita así, no sepulcro esquerdo, por simple capricho artístico, e a greca formada por oito escudos con banda, do sepulcro dereito é a representación da bordura do brasón dos Ponce de León. ¿Por qué dos Ponce de León? Porque D. Pedro Miranda Farto e Castrillón estaba casado con Dª Mª Catalina Osorio Ponce de León, e aínda que supoñemos están enterrados no seu Maiorazgo da Capela das Ánimas de Vivos e Mortos e da Virxe do Carme, que como veremos nun próximo artigo, está a esquerda do cruceiro desta mesma Igrexa Parroquial. Tamén puidera ser que o seu sarcófago fora trasladado de lugar nunha das tantas reformas que sufriu o templo. ¿Crible esta opción?. Quizais non, por ser os escudos de cabaleiro e non de dama, como explicamos anteriormente, e porque ámbolos dous escudos os lados de Cristo Crucificado son iguais, dos Navia, e non un dunha forma e outro de outra ¡pero...!!
Quero agradecerlle desde aquí a D. Jacinto Pedrosa Deán, Párroco de Ribadeo, a gran amabilidade con que nos recibiu e tratou, ó fotógrafo Suso e a min, cando fomos a sacarlle fotografías, un día a media mañá, a tódolos escudos das Capelas da Igrexa de Santa María do Campo, das cales nos facilitou a gran iluminación interior e nos mostrou o seu gran sentido de cooperación para dar a coñecer o noso patrimonio parroquial. Moitas grazas, sen a súa colaboración para o traballo gráfico resultaríanos moi difícil explicar o que vemos.

20170225

Ah! Se xa pasou! Claro, estamos no antroido...

Onte foi polo día de Rosalía. Foi que? Foi... o que fora. E si, houbo movida. Nos centros educativos, algunha nova na prensa... Mais que Galicia está a desgaleguizarse é algo que se palpa nos actos convocados e a participación que acadan. Claro que non é só que se estea a desgaleguizar. Pero isa é outra cuestión.
Onte, no cine teatro, representación polo día de Rosalía. Unhas 50 persoas. Lectura do manifesto e 'Un té con Kant'. Por certo, Hai 4 anos, entrada na Coruña para a obra de teatro, 5 €. Onte, 4€
Hoxe, presentación do antroido. Coido que non fará falla correr a cortina para diminuír o aforo percibido no cine-teatro. O certo é que onte parecía máis pequeno.

20170224

Hai vinte anos, a lei xa non se cumpría

   E daqueles tempos a hoxe, o refinamento do incumprimento vai a maiores. Agora, facer a lei a medida, e se non hai tempo, cambiar a fiscales ou xuíces se non sae 'a devolver' é algo que estase convertindo en normal. Normal de norma de quen o fai porque llo permitimos. Todos. E se sae a devolver, podes irte a Suíza tranquilamente en troques de cumprir o cárcere, e se non te cae ben o día que teñas que comparecer para que non te escapes da Terra, xa irás outro día: que esteñan tranquilos, que non vas escapar! Claro, non o intentes facer se o delito é protestar por como nos están tratando, por non confiar no goberno, que iso non ten salvación. É pasarse da raia.
    Adxunto unha peza publicada en papel hai máis de vinte anos, e a súa transcrición no blog de hai case nove. Algunha das cousas que cita xa non está no candeleiro, e por suposto, apareceron moitas novas. Mais creo que o fondo, dende aquela, só fixo 'mellorar' :


    Despois de citalo moitas veces sen poñelo no blog a última a pasada semana, aí vai un vello artigo (publicado en “A Mariña” de O “El Progreso” o 14 de novembro de 1996, p.2, segundo copia no lateral). Un artigo que coido que pode relerse hoxe en relación a outras moitas circunstancias, aínda que esteña escrito con referencias de hai doce anos:

Cando a lei non se cumpre

    “... No es terrorismo de estado el combatir el terrorismo, incluso si se hace mal, incluso si se hace ilegalmente. No es terrorismo de estado, es otra cosa” (Declaracións de D. Manuel Fraga ó “El País”, 6/10/96). Pregúntome, ¿que outra cousa? Non é a primeira vez que oigo cousas semellantes, pero creo que si que é a primeira que o vexo escrito. Parece ademáis evidente que está dicindo o que pensa.
    O de menos é que quen di esto sexa unha persoa en concreto, aínda que, como neste caso, corresponda ó presidente da Xunta de Galicia. O de máis é que se manifesta publicamente un apoio á ilegalidade, a unha ilegalidade violenta, dáselle publicidade e aquí non pasa nada. Máis aínda, eu suponía que os representantes das institucións públicas, actuando como tais, deberan cando menos acatar a lei. (Atención. Non confundir acatar con atacar.)
    Meténdome ó oficio de prospector afeccionado, situacións como a anterior serán presumiblemente cada vez máis frecuentes. ¿O motivo? As palabras xa non serven nin teñen valor, e os feitos cúbrense cun tenue velo que non permite ver o detalle, e, polo tanto, aprezar as pequeñas cousas que delatan as ilegalidades.
    Tempos aqueles nos que se podía dicir “miña palabra é de lei” e todo o mundo o cría! Hoxe, do que se di, do que se oe, ¿que cousas se poden crer? ¿Canto hai que interpretar para acadar chegar a unha verdade ?
    E falando de verdades, de verdades “de lei”, hai que distinguir entre o que dicía a canción, “a miña palabra é a lei”, que é o que se leva agora (como na canción do "tractor amarillo") da realidade de ser persoa, a palabra “é lei” como o ouro, que pola súa escasez cada vez se considera máis e cobra maior valor.
    Xa que hoxe vai de palabras, vaiamos ó principio e recollamos palabras de políticos. Hai actualmente un doble incumprimento por esa banda: non legalizar o prometido, non cumprir o legalizado; é dicir, non facer lei do que se prometeu e non cumprir tampouco as leis que xa hai. A frase lembra aquel dito popular que reza “prometer ata meter, e despois de metido, olvidar o prometido” que nos leva a unha palabra: foder. Non só iso é malo; tornen ó é que os políticos sexan necesarios, aínda que cambien ás veces o amor polo (seu) pracer.
    Os incumprimentos acadan tales magnitudes que denunciar publicamente é en balde. Hai demasiadas cousas que non marchan como corresponde, unhas apoian as outras e “aquí non pasa ná”.
    Cal é a saída? Dende logo, non podemos esperar que saia do sombreiro dun mago, como un sinxelo coello. A solución, a saída deste círculo vicioso de incumprimentos e deterioro da persoa a nivel social, non só ten que ser boa, senón, máis difícil aínda, ser aplicada por unha persoa boa e que teña esa imaxe. Moita coincidencia.
    De calquera xeito, o 0,7%, incremento incumplido, o número de alumnos por aula, reducidos na letra grande e permitido o seu aumento na letra pequeña, os “grandes incumprimentos”, están relacionados con outras cousas a escalas máis achegadas as persoas de “a pé”. Partindo da relación con familia ou amigos, reprodúcense os mesmos patróns, aínda que a esta escala siga funcionando a confesión, o arrepentemento, o perdón, a penitencia; é unha sorte que temos, e que podemos aproveitar para rexerar a sociedade dende abaixo, se somos abondo ilusos. Nas outras escalas de grandes responsabilidades, decisións e soldos, pode que non haxa arrepentemento, difícilmente confesión, e as penitencias soen ser suaves aínda que os feitos sexan imperdoables.
Antonio Gregorio

20170223

13 millóns de euros de Ribadeo para os bancos

Esas son as contas: 1300 €/habitante, e Ribadeo ten, en números redondos, 10000 habitantes...
E as contas saen de dividir o custe 'actual' (pode aumentar aínda) do rescate bancario, 60 700 000 000 € (tamén redondeando, claro...) entre o número de persoas con documentación española (uns 46,7 millóns).
O 'rescate' non era un rescate, senón unha axuda que ía saír gratis, pois era temporal porque ía ser devolto. Ahora podemos falar en pasado, pero daquela falábase en presente. Aínda que na realidade, 'falábase' está mal empregado. Moi posiblemente ninguén que lea esto que escribo falara de tal xeito. Porque todos ulíamos a que se nos viña encima.
Comisións de investigación bloqueadas, ou cooptadas e ninguneadas forman parte xa do panorama actual na política española. Por iso faise máis difícil aínda saber como foron na realidade as cousas. 'Cousas' significa neste caso os máis de 122 000 000 000 € de recursos públicos empregados pola administración e como foron usados ('administrados') para salvar entidades bancarias. Parte das que -hai que lembrar- no proceso pasaron tamén de públicas  (xestionadas por delegación administrativa, propiedade de todos) a privadas, nun proceso paralelo que supuxo tamén unha perda para a comunidade. Tampouco se lembra -non figura- nos cartos contabilizados polo 'Tribunal de cuentas' o apoio doutro tipo traducible en cartos, como créditos fiscais (dilación de pago de impostos e/ou minoración do seu importe) ou avais ('poñer a cara' -e o peto de respaldo- para que outras entidades prestaran cartos).
Os datos hai que atopalos 'por aí', o mesmo que hai que lembrar que o sistema bancario español era moi forte, dos mellores e máis fortes do mundo mundial.
Por certo, o sistema financieiro español estaba -e está- regulado. Iso din, pero parece que esa regulación non trae consecuencias, nin para os regulados, nin para os reguladores. Das consecuencias xa nos encargamos nós.
Mentres, xa sacaches 1300 € do peto. Que non os tes, que nunca os tiveches? Engánaste. Sacáronchos quizáis precisamente porque non sabías que eran teus. Porque non sabes o que tes.

20170222

Protección do faro. Nota de prensa sobre a actualidade da illa Pancha

Colectivo 'Por Nuestro Faro'
Nota de prensa 20170221

O pasado 16 de febreiro o colectivo “Por Nuestro Faro” recibiu a resposta do Defensor del Pueblo á queixa presentada hai sete meses. Subliñar que a Valedora do Pobo Galego inhibiuse da cuestión en favor do Defensor del Pueblo. O texto íntegro do informe recibido do Defensor está colgado na rede en varios lugares, como o noso muro en facebook ou o blog Ribadeando.
Basicamente o informe do Defensor tumba rotundamente todo o expediente tramitado pola D.X. de Puertos del Estado, os informes da Xunta de Galicia e a concesión da licenza para a obra do Hotel de dúas suites (agora apartamentos) polo Concello de Ribadeo. Comeza analizando a lexislación aplicada e subliña que non é correcta. Despois destaca que faltan informes esixidos pola lexislación europea, española e galega, e remata suxerindo que se paren as obras mentres non se emitan os documentos que o noso colectivo ven reclamando dende hai moitos meses. Nada novo, porque xa anunciamos con tempo que estábamos ben asesorados.
Un aspecto que compromete especificamente ao Concello de Ribadeo é o desdobramento do expediente separando o proxecto dunha cafetería do proxecto do hotel. Xa denunciamos no seu día (xaneiro de 2016) que iso era unha aberración dende o punto de vista do procedemento e que non ía levar a ningunha parte. Á vista están os resultados.
O noso grupo, como primeira medida, informou ao Concello e pasoulle o documento do Defensor. Ademais propúxolle unha serie de medidas urxentes que tamén están colgadas nas páxinas devanditas. O substancial da nosa proposta é que o concello concedeu a licenza cun método incorrecto, ou sexa ilegal, e que debe retrotraer as actuacións ao intre no que se cometeu ese erro, suspendendo a licenza e estudando de novo os pasos a dar para recuperar a legalidade infrinxida.
Ata o de agora o Sr. Alcalde declarou nos medios que vai agardar a ver o que di a Xunta, sen recoñecer o erro flagrante da súa xestión denunciado polo defensor. Seguiremos agardando que rectifique mentres iniciamos varios contactos a nivel xurídico. As primeiras impresións suxiren que o proxecto de privatizar a Illa Pancha ten os días contados. Insistimos ao Sr. Alcalde que mire ben por onde pisa: nós imos de cara, outros mesmo lle están segando a herba debaixo dos pes.
Para rematar, están no aire outros puntos, dous deles tan decisivos como os anteriores. Falta un informe conforme a dereito sobre a viabilidade económica que esixe o artigo 84 da lei de portos e a concesión directa, sen concurso público, tamén será motivo para suspender todo o expediente. Aforramos mais comentarios, con isto é dabondo para quen o queira coller. Como sempre, estamos abertos ao diálogo e a facilitar unha saída pero a meta é suspender definitivamente ese proxecto demencial. Cada un na súa casa que faga o que queira, pero no terreo público hai que mirar polo de todos.
Protección do faro. Foto de Nacho Oñate

20170221

Ribadeo e Varoufakis

Que eu saiba, Varoufakis non estivo nunca en Ribadeo, nin dixo nunca nada sobre o noso pobo. Nomeándoo. Porque sen nomealo, non é xa a primeira vez que as súas verbas lle afectan.
Nunha última tribuna de opinión, xunto con Benoît Hamon, onde lle pregunta a Draghi, xefe do Banco Central Europeo, de que ten medo ("¿De qué tiene miedo, señor Draghi?", en http://www.eldiario.es/tribunaabierta/miedo-senor-Draghi_6_614598566.html, as verbas están 'fumeando aínda'), non fala case nin de economía, a súa especialidade, senón de poder. E parece que falaría só de poder en relación a Grecia.
Pero non. Está falando do poder en xeral, usando un caso relacionado con Grecia. Está falando de decisións totalmente opacas realizadas por xente que non foi elixida, senón posta a dedo e que afectan non só á xente con quen teñen relación inmediata, senón á práctica totalidade do mundo.
É un artigo máis dos que fala así, poñendo negro sobre branco que cousas como as constitucións dos diversos estados son empregadas como papel para limparse o cú (se están impresas con papel fino; se non, nin para iso)
Logo, un artigo así tamén fala de Ribadeo. Da nula posibilidade de control, da falta total de información, da ilusoria capacidade da xente para contribuír ó seu propio futuro, ó futuro común. Dende a contaminación da auga no CAVI (si, desa que se fala como o Guadiana e que a bo seguro voltará aparecer a non tardar moito) ó incomprensible 'laissez faire' que está machacando a illa Pancha (e do que haberá que falar máis a fondo 'xa') aparecen moitos dos problemas de Ribadeo no escrito de Varoufakis se se le dun xeito comprensivo. Claro que os estudos indican que iso de ler está dexerando, tendendo a un atiborramento de letura-lixo con moito azucre e colesterol. Pode que iso sexa a cusa de que non pase nada coa contaminación do CAVI ou de que a illa Pancha sexa pouco a pouco reformada despois de ser alleada do pobo.
De Jörg Rüger, a traverso de Wikipedia, licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 Unported

Esas fontes do camiño. Da auga como patrimonio. Por Pablo Mosquera

Esas fuentes del camino
(Dedicado a las fuentes de San Román de Vilaestrofe)

Dice Don Ramón María de Valle-Inclán, a través de su obra "Jardín Umbrío", que en las fuentes abandonadas existe un verde maléfico dónde se reúnen las brujas. Mientras, Camilo José Cela en "Mazurca para dos muertos" cuenta como en algunos cementerios de Galicia, brota como manantial el agua clara que lava los huesos de los muertos; en tales fuentes bebe agua la Santa Compaña...
Comparto la causa de mi Concello de Cervo que desde hace tiempo: cuida, limpia, señala y cataloga las fuentes de agua que son historia de cada parroquia, al igual que mis compañeros del Seminario Estudos Terra de Viveiro hicieron con los cruceiros. Forman parte del patrimonio ecológico y paisajístico de nuestra Galicia del norte, en la que Cunqueiro descubrió, para todos los soñadores, el reino de la lluvia. Desde San Román de Vilastrofe salieron hacia los bancos del bonito hombres que antes fueron campesinos, como antaño trabajaban para aquella primera factoría con hornos de fundición en la parroquia de Santiago de Sargadelos. Por el camino saciaban su sed en lugares como: Marrube, Alleira, Quelle, Cerdeira, Vilar, Santomé, Rego da Pena, Páxaro.
Me quedo con la última fuente recuperada. La de Vilaestrofe, próxima al transcurrir del rio Rúa, capaz de mover las piedras circulares de tantos muiños y desde luego, llegar hasta la presa de Sargadelos para dar aguas a la factoría que un ilustrado colocó en nuestro solar por la existencia de caolín, fragas y agua, en las proximidades del puerto natural que conforma la desembocadura del Cobo en Islas San Cyprianus.
En la poesía de Don Antonio Machado siempre están presentes tres símbolos: El río, la fuente y la mar. Río y mar representan la vida y la muerte. La fuente representa el misterio de la vida -transcurrir del agua-, de ahí los diálogos del poeta por el mensaje que percibe del continuo brotar del agua, con su sonido y su destino. Se acerca-nos acercamos para conocer el secreto de cada fuente que guardan las sombras, que a buen seguro fueron, alegres o melancólicas, mientras el agua golpea la piedra y se pierde, como los viejos amores... En la eterna polémica agua-vino terciaron ilustres pensadores. El Padre Feijoo señala al agua natural como poderosísimo remedio contra enfermedades. El profesor Marañón deja escapar que el vino es una de las gracias de Dios, recordando lo que dijo Séneca: "lava nuestras inquietudes, enjuga el alma hasta su fondo y alivia las tristezas".
Me quedo con Leonardo da Vinci: "el agua es la fuerza motriz de toda la naturaleza".

20170220

Bonito crepúsculo

Onte, cara ó oeste, o crepúsculo sorprendeu con cores e tonalidades nas nubes. Fin dun día, anuncio dunha semana que, por estar por comezar, pode dar todo de si.
Unha semana para sementar e tamén para recoller froito. Adiante!





20170217

Escrito de resposta do Defensor del Pueblo a Por nuestro Faro, estimando as súas consideracións en relación á implantación de hotel e cafetería na illa Pancha

Onte o Defensor del Pueblo contestou a Por Nuestro Faro. E contestou estimando as súas consideracións. O grupo emitiu un escrito no que expón sucintamente as consecuencias, ó par que se congratula e agradece os apoios recibidos.
Embaixo queda o escrito do Defensor del Pueblo. É abondo técnico, polo que adxunto algunha consideración antes e engado algunha outra despois.
1.A primeira vez que o grupo se dirixiu ó Defensor del Pueblo foi o 23 de agosto do ano pasado. Dende aquela, a solicitude do Defensor, o grupo enviou o equivalente a medio quilo de documentación, e logo, o Defensor recabou información pola súa parte (a última recibiuna a finais de novembro) e por fin, case seis meses despois, emite o documento que deixo embaixo. Isto implica tamén que deixa fóra consideración relativas a estes últimos meses, como as escavacións desta mesma semana.
2.Antes de recorrer ó Defensor (e despois seguirao a facer) o grupo ten desenvolto diversas accións, sendo conscientes de que refacer común a illa Pancha non é cousa dun día: xa ten a súa historia.
3.O escrito que se presenta está estruturado en varias partes. A primeira, un resume de información recibida polo Defensor. A segunda, consideracións ó Porto do Ferrol (Puertos del Estado, de quen depende o Faro da Illa Pancha) enviadas onte mesmo, que rematan cunha 'suxerencia' (a lembrar que o Defensor non ten poder) que sintetiza a asunción por parte do Defensor do que se lle pedía.
A resposta está a disposición aquí se se quere descargar (ou aquí, en scribd), ou pode lerse a continuación:

Unha vez lida, algunha consideración máis:
1.Cremos que hai abondas máis cousas a tratar, ás que ó Defensor del Pueblo non se lle fixo fincapé, e polo tanto, nas que non entra. Cousas que se poden clasificar en diferentes capítulos, legais, lóxicos, económicos ou éticos.
2.O Defensor pode ser desoído, mais o seu ditame deixa claro xurídicamente a necesidade de informe ambiental e que as obras deberan pararse mentras non se cumpla ese requisito de xeito favorable. De calquera xeito, o informe dá orientación abondo a outras entidades, como o concello, que interveñen no asunto.
3.O caso do Faro de illa Pancha hai que consideralo dentro do proxecto 'Faros de España', e polo tanto, pode compararse con outros casos, con diferenzas evidentes como o concurso público doutros lugares fronte a adxudicación directa.
Polo momento, é o que hai. A conservación do patrimonio común como común non é doada, en particular cando se parte do abandono administrativo e o rexeitamento do pobo de décadas por parte da administración, a encargada de administrar este tipo de bens que son de todos, como especifica a constitución no seu artículo 1: o pobo é soberano, e del emanan os poderes do estado (e da administración como parte del).

20170216

Última hora: NOTA DE PRENSA DO COLECTIVO POR NUESTRO FARO

O colectivo "Por Nuestro Faro" ven de recibir a resposta do Defensor del Pueblo (que se adxunta) á queixa presentada no mes de xullo de 2016 polo incumplimento de diversos trámites no proxecto de Hotel de duas suites no Faro da Illa Pancha. Como se pode apreciar o Defensor de Pueblo danos a razón plenamente en dous aspectos da nosa denuncia. En primeiro lugar no referente á falla dun informe axeitado a dereito en materia de avaliación ambiental en canto á afección a un espazo da Rede Natura 2000, suliñándose as irregularidades por non ter en conta normas europeas, españolas e galegas, tal como vimos denunciando dende hai moitos meses. En segundo lugar pola tramtación por separado dos expedientes relativos á reforma do edificio do antigo faro e da cafetería que se pretendía instalar a carón do mesmo.
Resulta obvio que este informe, pesie a levar un retraso de sete meses tira por terra toda a tramitación deste proxecto tanto no que atinxe á D.X de Portos do estado, como á Xunta de Galicia e ao Concello de Ribadeo. O Defensor del Pueblo remata propoñendo a paralización das obras mentras non se realice unha tramitación correcta e axustada a dereito. Pola outra banda este informe non fai mención da nosa denuncia referente á carencia da Memoria Económica Financiera que exixe o artigo 84 da Ley de Puertos, presuntamente por considerala de menor entidade. O noso colectivo vaise dirixir ao Defensor del Pueblo para lembrarlle este outro aspecto da nosa denuncia e mesmo trasladar o informe ao Concello de Ribadeo para que subsane as deficiencias que son da sua competencia, solicite á paralización urxente das obras á autoridade portuaria e se comprometa na análise rigurosa dos informes pendentes, tanto de afección á rede natura 2000 como o de sustentabilidade económica, porque nengún organismo está en mellor posición que o noso concello para comprender que este proxecto é absurdo e descabellado dende o ponto de vista de viabilidade económica e so pode rematar no desastre e deterioro dun espazo tan prezado como é a Illa Pancha.

Noticia! Dous meses sen novas de verquidos do CAVI!

Hai case dous meses (20/12/2016) que saía nas novas o último dos verquidos do CAVI dos que se deu parte. O título que levaba na 'Voz' dese día deixa clara a situación: "Nuevos vertidos a un río en el que se capta el agua que se consume en Ribadeo Es lo mismo que ocurrió en reiteradas ocasiones en los últimos años". Ditos verquidos, producidos polo Centro de Alimentación de Vacuno Irmandiños, íntegramente dependente da Cooperativa Irmandiños, hoxe integrada en CLUN, rezuman ata a cuneta (non sei se entraría en funcionamento o sistema de depósito para atravesar a LU-133) e rematan no rego de Lexoso, augas arriba do encoro de Vilamariz que subministra auga a Ribadeo (aínda que del se extraia na actualidade unha porcentaxe menor).
Dende aquela non sairon novas aclarando que xa estaba en marcha a corrección, ou que se impuxo unha vixinacia dura (en teoría, vixiancia xa estaría habendo dende hai moito tempo), ou plans da empresa para atallar o problema.
Non. É dicir, volveremos a ter calquera día novas doutro verquido. Apostamos?

20170215

Una excavadora en la Isla Pancha

¿Cuántas veces se dijo que en el colectivo « Por nuestro faro » no conocíamos el proyecto ? Nuestras dudas, legítimas y más que justificadas provenían de la poca información que el Concello de Ribadeo juzgó necesario darnos, después de una larga insistencia que concluyó -cuando todos los plazos anulaban nuestra capacidad para reclamar- con la obtención del contrato de concesión, donde figuraban una lista de reformas destinadas a modificar la Isla Pancha. « Si conocieran el proyecto... »« Esta polémica es ridícula... », decía quien había firmado al pie de las 10 hojas del contrato un terreno ajardinado, un parking, una fosa séptica, alumbrado, cartelería, papeleras,... en los 500 metros aprovechables de una isla en la que, decía, sólo se tocaría el interior del faro. Era un repetir los dogmas del Ministerio de Fomento que, en su proyecto « Faros de España », predicaba la salvación de un faro en perfecto estado con una ligera reforma interior, una democratización de estos edificios con un uso privado, y un respeto del entorno sin evaluación medioambiental.
¿Cuántas veces el alcalde dijo no poder hacer nada, mientras en otros lugares alcaldes y equipos de gobierno participaban y negociaban con Puertos (Corcubión), y en otras se oponían tajantemente a la explotación privada de un bien común (Xàbia) ? ¿Cuánto silencio y desinformación obtuvimos por respuesta?
La casita del farero, que daría a luz dos suites destinadas a salvar el empleo, a propulsar el turismo local con un llenazo de antología en un lugar arrancado a las mareas, hablaba por sí sola. Como habla ahora. Las paladas de tierra se suceden, la excavadora gira en la isla como el único faro posible. Las obras continúan, y seguimos sin respuesta. El 10 de noviembre el grupo « Por nuestro faro » pidió por escrito al Concello una explicación a la presencia de esa excavadora que, sin duda, no estaba destinada a alicatar un cuarto de baño. Silencio. Sin duda, una isla protegida por la Red Natura 2000 bien merecía una respuesta. Sin embargo, el 5 de enero se volvió al ayuntamiento a reiterar nuestra pregunta. Y, de nuevo, silencio. Tenemos constancia gráfica de una gran cantidad de tierra fuera de la isla y de la pala actuando en el interior. Las últimas fotos, fueron tomadas el 13 de febrero a las 14 horas. Silencio.
Parece que esto ya no sea un asunto ribadense, en estos tiempos feudales en los que Ribadeo se trocea y se vende como el monopoly, el Concello ya no contempla otra forma de actuar que la de mirar al este mientras delega Ribadeo en intereses personales. Por lo visto es posible un alcalde que no puede hacer nada mientras ciudadanos de a pie denuncian la violación de un espacio común, la falta de informes, y piden reiteradamente información.
Si el poder no tiene voz y no puede hacer nada, ¿qué podemos esperar los que no tenemos poder de quienes nos representan ? Silencio.
Covadonga Suárez, en nombre del colectivo « Por nuestro faro »


 Fotos de Nacho Oñate, 13/2/2017
Foto de Suso Fernández, 10/2/2017
Aquí podes atopar máis fotos e información en relación á porta, á ponte, a obra na illa, o contrato, irregularidades, etc.

20170214

Provocando?

Non e si. Ses ven ó IES. Esta é letra dunha das súas cancións, para ir aproximándose á actuación (e máis aló). Chama a atención, vai que si? E si, tenta provocar o cambio. Pero non é unha provocación a unha persoa, senón á persoa.

A evolución de Ribadeo en fotos aéreas

Dende o ano 1946 ata 'hoxe'. A disposición. Embaixo deixo varias capturas de pantalla que poden facerse con máis detalle (todas elas) para apreciar por exemplo o decorrer do río de Vilaselán ou da vía de Vilaoudriz, o cargadoiro (que collín en detalle aparte)... e máis fotos entre medias de tempo.
 Do voo americano de 1945-1946
Do voo americano 1956-1957
Do interministerial 1973-1986 (máis ben preto do final da etapa, un pouco mái arriba vese o despexe para a estrada da ponte dos Santos)
As seguintes son ambos de costas, 1991. Pero están en fotogramas soltos, polo que deixo dúas partes de Ribadeo separadas:

 E a última por hoxe, de 2014, PNOA:
Mais un detalle: o cargadoiro en 1957:

Para a xente interesada, 'isto e moito máis' en http://fototeca.cnig.es/ ...

20170213

ESCUDO DA QUINTA DA VILAVELLA. Francisco José Campos Dorado


Este magnífico escudo de armas, único no Concello de Ribadeo polo seu deseño: cuadrilongo, apuntado en xefe, redondeado en punta e ensanchado na parte superior, característica dos escudos de estilo inglés (Heráldica y Derecho Nobiliario, Instituto Luís de Salazar y Castro -C.S.I.C.-, Hidalguía, Madrid 1961, páx.113), estaba situado antigamente na fachada da casa da Quinta da Vilavella, coñecida como a Casa de Gallardo, por ser os membros desta familia os que levaban ou arrendaban a propiedade, alpendres e casa, antes de ser demolida para facer a rotonda e a estrada de circunvalación de Ribadeo, Vilavella- Piñeira.
Situación da casa, esquerda da foto, centrada (sinal triangular azul). Costas, 1991. http://fototeca.cnig.es/

Carece de timbre e de adorno exterior o campo, non está datado, pero si poden lerse na cartela os nomes dos brasóns da súa orixe. Segundo se mira, na parte alta esquerda “AGVIARES”, na destra “VIVERO”, abaixo esquerda “MARQUESES” e abaixo dereita “TEXEIROS”.
Esta cuartelado en cruz ou en catro cuarteis, e antes de continuar a descrición de cada un deles quixera apuntar a diferenciación que existe entre brasóns e labras. En Heráldica o “brasón”, son as armas lexítimas dun cabaleiro ou dunha familia recollidas nun memorial ou pergamiño, e son únicas para cada liñaxe, pois son armas herdadas dos seus antepasados. En cambio, a “labra”, é a reprodución heráldica nunha pedra, xeralmente fincada na parede dunha casa, dun edificio ou gravada na lápida dunha sepultura, e sole agrupar no mesmo contexto artístico varios brasóns diferentes. Isto converte á labra, nas Armas dunha Casa, que son unha sucesión de liñaxes unidos por lazos de consanguinidade e afinidade, que ó longo de xeracións moraron en determinada vivenda (Heráldica, Genealogía y Nobiliaria, Proyecto Galicia, Tomo LIV, Baixa Idade Media. Cap.1: Descrición e identificación de pedras armeiras).
Por outra banda, debemos facer notar, unha vez máis, que na descrición heráldica, a esquerda e a dereita, son a esquerda e a dereita do cabaleiro que empuña o escudo, ambas contrarias a man do observador que está en fronte mirando cara a el.
No primeiro cuartel, vemos unha labra que representa, a destra, unha aguia coroada e espraiada (de ás estendidas ou volante) sinistrada (que ten a esquerda) dunha torre donjonada cunha cúpula rematada dunha gran cruz, en cuxo brazo ou hasta vertical ondea unha bandeirola de dúas zarpas ou puntas (un estandarte de “dragóns” ou de infantería e cabalería lixeira). Cargadas na torre e apoiadas unhas noutras, hai catro e tres lanzas, e no chan, en primeiro plano cinco ou seis pirámides pequeniñas.
O conxunto da torre con cúpula, remate da cruz e bandeirola, lanzas e pirámides, parece a escena dun campamento cristián en Terra Santa, onde a torre ameada con cúpula é típica de Xerusalén e as “pirámides” ou roquetes (figuras triangulares) simbolizan pequenas fogueiras ou as tendas de campaña dos soldados, así como, as lanzas parecen estar estibadas no campamento para ser usadas inmediatamente en calquera momento de alarma xeral ou de “zafarrancho” de combate. Co marxe de dubida correspondente, parece a labra de dous brasóns enlazados, por un lado, dos Aguiar (en campo de azur un aguia parda, volante, coroada e armada de ouro (armada = “coas garras” de ouro, metal distinto á cor do corpo) e por outra banda, as lanzas están labradas de forma tan evidente, que puideran estar falando de armas dos Lanzós. Menos probable é, que as lanzas sexan estacas para construír unha empalizada pois están aguzadas, o que entón serían armas dos Valcarcel. De calquera das maneiras, ambos brasóns están unidos por consanguinidade matrimonial ou de herdanza, ou por lazos de fraternidade entre cabaleiros, que como parece ser, foron xuntos as Cruzadas entre o século XI e XIII.
No segundo cuartel, un soldado de infantería mirando sinistra, armado con alabarda en posición de ataque ou de defensa, pasante (que vai andando) por detrás dun escudete similar ó principal, con cinco barras que non completan o recheo do campo, e sinistrado de tres árbores folladas sobre montículos e ondas de auga. As barras do escudete parecen armas dos Varela ou dos Villarmeá (Heráldica, Genealogía y Nobiliaria, Proyecto Galicia, Tomo LV), e as árbores folladas sobre montículos e ondas de auga son armas dos Vivero ou dos Fajardo (P.Gándara, Armas y Triunfos, 1677). No escudo partido das armas do apelido “Lugo”, de D. Sancho Romáiz de Lugo, constan estas armas primitivas dos Fajardo na primeira partición, e na segunda partición outras dos Vivero (unha cruz angulada de catro espigas de ouro) armas que gañou na batalla das Navas de Tolosa, 16 de Xullo de 1212, ás ordes do rei Afonso VIII contra as tropas do exército almohade de Miramamolín.
No terceiro cuartel, en xefe, un lis centrado e no cantón sinistro un crecente ranversado algo tornado (coas puntas cara abaixo e un pouco mirando a destra) superando catro estrelas de seis puntas, a central no interior do crecente é máis grande cás tres adxacentes (parecen ser do brasón dos Luaces de Viveiro). Na figura central un home con vestimenta folgada en cuxa “camisa mulida” leva recosida unha cruz en relevo, pantalón ancho e “bombacho” e calza botas ou polainas. Na man dereita porta un paxaro e na cabeza leva un gorro de pel de furón ou de esquío. ¿Está o furón ou o esquío vivo sobre a súa cabeza?. Mais ben parece estar vivo, pois apréciase que ten o rabo gordo levantado e parece ter o ollo aberto. A sinistra un can levantado e acolarado (con colar o pescozo), parece xogar coa man esquerda do home. A figura do home está cargada (sobre ou por diante) do que parece un arado romano, cuxa rella asoma pola súa dereita e pola sinistra aparece a rabela ¿apoiada nun soporte vertical?.
Os motivos que aparecen neste cuartel son un misterio, debido a fantasía de quen os escolleu, e por faltar o memorial do brasón, polo que só trataremos de interpretar o sentido representativo das figura ou pezas que vemos. O home parece ser un amante dos animais e semella estar entretido facéndolles festas ou amestrándoos. A súa indumentaria de campo denota unha profesión, como a de “montero”, pero neste caso, faltan as bucinas ou trompetas de caza que ó representan na Heráldica, polo que, máis parece ser un “alimañero real” (de aí, a concesión deste brasón do que parecen “armas cargadas” ou de mercé dun soberano). O alimañero, era quen se encargaba de cazar os animais que prexudicaban “o deporte” da caza menor, utilizando animais amestrados como o can ou o furón, e preparaba reclamos artesanais dunha ou doutra arte, como a triquiñola do paxaro na man, para atraer e atrapar os bexatos vivos que mataban as pombas, para logo adestralos para o arte da cetrería. O lis pode representar á flor do lirio ou ser imitación dunha abella, insecto de onde provén a confusa orixe do xeroglífico do lis (Ciencia del Blasón, D. Modesto Costa y Turell, 1853, páx.104).
No cuarto cuartel, á destra unha árbore (un teixo) cargada dunha torre adxurada (con porta e fiestras abertas) baixo a cal se ven as raíces da árbore, e a sinistra unha aguia coroada, de ás espraiadas e “escamada” no centro do corpo. A árbore e a torre son armas dos Texeiro. Noutros brasóns das armas dos Texeiro, soamente está a árbore á destra, e sinistrada dunha torre surmontada dunha aguia de sabre (cor negro). Neste caso, a aguia vese como con “escamas” e parécese máis á do brasón dos Solarzano ou á dos Azebedo de S.Fernando de Tui, onde Dª Ana Azebedo y Vivero de Castañón vivía no ano de 1547.
O escudo, no seu conxunto, parece que representa unha labra familiar da casa de Dª María Marquesa Pardo Lanzós Aguiar e Montoto, dona e señora dos cotos de San Xulián de Cabarcos e Canedo, casada co capitán D. Pedro Bravo de Oyos e Solarzano, de Reinosa (Santander). Un familiar, D. Gonzalo de Solarzano foi bispo de Mondoñedo (1567-1570) e o seu escudo de armas esta gravado no claustro da catedral baixo un capelo (sombreiro de bispo) e dous cordóns caendo polos flancos do escudo, cada un con seis borlas. Durante o seu mandato, D. Gonzalo concedeu varios foros (contratos polo dominio directo dunha propiedade, pola que se pagaba unha renda anual) nas parroquias da bisbarra, un deles en Santalla de Vilausende en 1570.
Na Chancillería de Valladolid hai un preito que dura desde o ano 1498 o 1544 entre o Convento de San Francisco de Ribadeo, e D. Lope Díez Tejeiro, veciño de Ribadeo. Isto acredita a antigüidade da familia Texeiro en Ribadeo, ademais de darnos a entender un certo “status” ou posición social relevante, pois non cremos que calquera se puxera a preitear con membros da igrexa por aqueles tempos (¡e nin agora tampouco!)
Outros familiares deste escudo de armas son: O que foi señor do val de Cabarcos D. Pedro Pardo de Aguiar casado con súa prima, Dª María Osorio de Aguiar unha das máis nobres señoras do Reino de Galicia que vivía en 1556. Dª María era filla de Dª Mayor Basanta de Aguiar, señora da Casa-fuerte de Samarugo situada no monte Seivane da parroquia de Santiago de Samarugo (Vilalba). Dª Mayor, estaba casada con D. Pedro Álvarez Osorio, fillo do primeiro matrimonio de Dª Constanza de Castro (filla do Mariscal Pardo de Cela e de Dª Sabela de Castro) con D. Galeor Osorio. Dª Constanza casou en segundas nupcias con D. Fernán Ares de Saavedra, fillo de D. Arias Vázquez de Saavedra de Párraga e de Dª Constanza López de Saavedra.
Encontramos outros familiares, na antedita Chancillería, nun preito litigado en 1599, por D. Lope Ares Marqués, como marido de Teresa Pérez, veciños de Ribadeo, co cóengo (canónigo) D. Pedro Domínguez de Trabada, da mesma veciñanza, como titor de D. Pedro Rodríguez de Trabada, e D. Gonzalo Díez de Castropol e San Xulián, como marido de Dª Inés Pérez de la Vega, veciños de Castropol, sobre o testamento e herdanza de D. Fernando Álvarez de la Vega.
Outros parentes aparecen nun Expediente de Probas do cabaleiro da orden de Carlos III, D. Pedro de Viveiro Pardo Teixeiro de Aquiar y Reigosa de Chao, natural de Mondoñedo, Ministro do Tribunal da Contadoría Maior, Mordomo da Real Casa, Rexedor perpetuo máis antigo e Alférez maior da cidade de Mondoñedo; cabaleiro pensionista; Ano 1779.
¡Quédanos moito por descubrir e descifrar da Historia do noso querido Ribadeo! Pero, “A Deus rogando e co mazo dando”, dicía unha das máximas do Colexio dos Hermanos, pois non é cuestión de desesperar, senón de perseverar na busca entre tantas materias relacionadas entre si, e que requiren de moita paciencia para desentalingalas das áncoras que as manteñen fondeadas na “Dársena do Esquecemento”, pero que, sen ningunha dubida, son apaixonantes de estudar, e pouco a pouco irán aflorando...!

Mirando Ribadeo con outros ollos. Educar a mirada

Pregúntalle a 10 persoas menores de 20 anos onde está a Fonte Cavada. Ou a Rúa dos Fornos. Ou a rúa da Muralla. Ó mellor coñecen máis as Ramblas ou a Porta do Sol.
Por se con iso non te queda claro, pregúntalle se desfrutan paseando por Ribadeo, vendo os seus detalles. É posible que te pregunte que detalles. E é posible que o resultado con xente doutras idades mellore, pero non tanto.
Casas de indianos, casas de comerciantes, casas brasonadas, miradoiros... copio dende 'Pensar desde los comunes' (David Bollier): 'a identidade dunha comunidade está inevitablemente asociada á súa xeografía e a súa arquitectura, á súa historia e ós seus líderes'. E falei de xeografía e arquitectura de Ribadeo, pero podería facelo en relación á historia ou ós persoeiros. E non se trata só da posesión da identidade, senón o ser consciente, estar a gusto e desfrutar desa identidade.
Trátase de ver ese detalle da casa de San Roque cada vez que pasas por alí, de saber que podes achegarte á illa Pancha e sentir a beleza da paisaxe ó tempo que o aire na cara, de imaxinarte á xente na feira ó pasar polo Campo, de ver a avenida de Galicia entre campos, sen casas, de chegar ó concello e imaxinar outros tempos onde alí se pensaba no Báltico, ou aqueles outros nos que a creba dunha banca supuxo un quebranto para a xente de Ribadeo...
Procura chamarte a atención a ti mesmo sobre o detalle de Ribadeo, porque son os detalles os que fan a Ribadeo diferente. E a tí.

20170211

Nova ferida na illa Pancha

  Foto cedida por Suso Fernández
    A escavadora facendo traballos na illa, fóra do edificio? Permitida? Que nós saibamos, non. Zona Natura e diversas proteccións, fóra. A Porta? Non ten importancia. O peche da Illa? Culpa de 'Por Nuestro faro', claro, incluído todo o tempo que leva cerrado dende hai anos. A illa 'non é de ninguén', verdade? A administración pode facer o que queira, total, é un ben común que non defende ninguén... Puertos? Puertos non ten que responder diante de ninguén, é un organismo autónomo! A Xunta? A Xunta non ten incumbencia, di. O concello? O que lle importa non é a illa, senón que poda entrar a xente, parece. Claro que se concede o permiso para a cafetería, xa está o detalle solucionado. Quen se encarga da revisión das obras? E por que tería que revisarse precisamente esta obra? Como se non houbera por aí outras obras que revisar!
    ... fai falta que siga? Que lembre que a administración está 'administrando' un ben común, que non é do 'estado', senón de todos nós? Que hai múltiples defectos de forma, omisións, retrasos, mentiras... detrás deste tinglado? Que hai interese persoal do Presidente de Puertos del Estado para que saia adiante un hotel de dúas habitacións como símbolo de que a súa proposta, realizada hai anos e que non ten polo momento ningunha mostra de funcionamento, marcha?

Movemento no porto de Ribadeo

Este artigo comeceino a escribir hai tempo (en decembro de 2016) por iso algunha cousa pode soar rara lida meses despois. E iso, aínda que as súas raíces están abondo máis aló, por exemplo no 2009...)
Aínda non rematou o ano, pero xa se están a botar contas de movemento, por exemplo, do porto de Ribadeo. Ármome de paciencia e comezo a procurar datos non só do 2016, senón de anos anteriores. Redondeando, despois de revisar o blog, prensa e calquera dato que puiden atopar, as saídas de carga do porto de Ribadeo (en toneladas métricas) foron no
2000, 327 000
2004, 400 000
2005, 419 000 
2009, 205 000
2010, 430 000
2011, 495 000
2012, 489 000
2013, 534 000
2014, 568 000
2016, 438 000 (ata decembro; proxectando, unhas 470 000 no conxunto do ano). Non digo que non se poda atopar máis información, pero eu, agora, cheguei ata aquí.
Atópome faltas de diversos anos, e sobre todo, con irregularidades, non me cadran os números. Nalgúns casos só podo dicir algo como 'o máis probable é que a cantidade se achegue a'... e con iso non se pode facer moito. Nin se pode fiscalizar mínimamente a actividade portuaria, nin saber cantos cartos entran, o seu balance económico, avaliar as súas necesidades de servizos, ampliación, impacto de dragado, ... Pero é que os datos non son públicos!
Si, é 'o noso porto'. Si, a administración corresponde á Xunta. Pero resulta que non, a Xunta delega nun organismo 'semiautónomo' (=autónomo cando convén á tranquilidade, dependente para poñer a dedo a xente que gana a pasta e que debe decidir) Portos de Galicia. Por algo a este tipo de entidades, que ten proliferado moito, lle chaman 'chiringuitos'.
E voltemos a Ribadeo, hoxe. Levo nestes momentos máis de mes e medio tentando conseguir unha información que considero de elemental coñecemento a disposición dos cidadáns, noso. Intenteino de varios xeitos, máis aló dos papeis en internet ou hemerotecas, sen froito polo momento. Agora non me poñerei a facer un relatorio, seguirei aínda un tempo a procura. E logo, xa veremos.
Sei que non son o único que anda detrás dunha información semellante, con resultados asemade semellantes. E o de portos é só un caso entre moitos; aí está tamén Puertos, con nula información sobre a illa Pancha, como outro exemplo entre unha morea máis.
Cos datos anteriores, os que puxen ó comezo, pódese construír unha bonita gráfica... inexacta:

O dito, seguiremos intentándoo...

20170210

O comezo da historia de Ribadeo en internet

   O outro día pedíronme o correo electrónico  para unha xestión. A outra persoa quedou sorprendida porque no correo que lle din aparece o 2001. Non lle expliquei que antes desa data xa tivera outras contas de correo, pero quedeime pensando sobre a chegada de internet a Ribadeo.
    Hai unha parte, anterior á web, que polo momento, considero perdida. Houbo algún intento de conexión, pero non teño datos nin sei se se poderán conseguir datos precisos. Mais, a partir da existencia do protocolo hipertexto (html) e da worlwide web (as célebres www), a cousa cambia coa recollida de datos por parte do 'internet archive'. Aí pódense ver diversas páxinas recollidas, copiadas e almacenadas, podendo recobrar algunha versión e tendo apuntado datas de recollida das páxinas por IA. E aí poden atoparse datos sobre a historia das páxinas web de Ribadeo. Sobre todo, se por ter participado nela, se sabe por onde comezar.
   Pensaba que o primeiro sitio tiña sido un sitio familiar feito por min, que chegou a ter unhas 100 páxinas con información sobre Ribadeo, a banda, literatura en galego... e que chegou a ser reseñado  (en 1997? 1998? non estou fixo, tería que poñerme a procurar) no El País precisamente por iso, pola referencia á lectura. E, certamente, algunha das súas páxinas son as primeiras recollidas no arquivo, no que aparecen no muestreo de 2 de decembro de 1998. Así pasa por exemplo coa páxina que lle pedín ó alcalde de aquela como presentación para cando se presentou en Ribadeo un autobús da Xunta para presentar/ensinar no pobo o que era internet. Ó non haber páxina, e estar avisado de que viría, quixen facer unha presentación do pobo nas miñas páxinas, que rematou chegándome a traverso de Paco Rivas o día anterior. Esa páxina en concreto está recollida por internet archive o 2 de decembro de 1998 (é dicir, o que se pode ver almacenado corresponde á versión dese momento), pero fedellando no seu código pódese ver que aparece a data de 18 de xuño de 1996 como a de creación da páxina. A páxina tiña a dirección http://personal.redestb.es/agremon/j_carlos.htm (o sitio non existe xa dende hai anos, pero esa é historia para outra vez) e pódese ver en internet archive en http://web.archive.org/web/19981202065913/http://personal.redestb.es/agremon/j_carlos.htm.

    Outras moitas páxinas do mesmo sitio aparecen tamén referenciadas nos seus datos internos en xuño de 1996, aínda que recollidas por internet archive por primeira vez a finais do 1998 ou xa no 1999. Así, a páxina xeral adicada a Ribadeo, que aparece en http://web.archive.org/web/19981205201602/http://personal.redestb.es/agremon/ribadeo.htm, foi recolida o 5 de decembro de 1998, mais foi creada o mesmo día que a xa citada.

    O sitio avisaba na súa páxina principal, cun banner móbil, 'ten conta que é unha páxina personal...'
algúns outros exemplos das súas páxinas son:
    De calquera xeito, pensaba. Porque ó ir ó outro sitio do que sabía a súa existencia por aquela época, atópome que a súa páxina máis antiga aparece no medio do html como algo anterior, do 2 de abril de 1996, aínda que recollida por primeira vez por IA o 11 de maio de 2000 e accesible no arquivo de internet acrchive a partir de 4 de decembro de 2000. A páxina é esta: http://web.archive.org/web/20001204150500/http://www.ribadeo.com/
    A ela chégase por unha redirección dende eonet (http://web.archive.org/web/20010618044007/http://www.disbumad.es/empresas/eonet) redirección de retardo 2 s, ambas páxinas de Antonio Andina:
    Posto en contacto con el, temos clara a orixe, antes da chegada do célebre autobús, e que ambos comezamos ó tempo. Non cadra unha diferenza de más dun mes entre que unha e outra páxina foran colgadas.
    Ese foi o comezo. A partir de aí, virían moitas cousas máis. Como, anos despois, o primeiro anuncio pagado en Google dende Ribadeo ou multitude de páxinas e blog, moitos deles efémeros.