20160707

A Gaceta Ribadense

A Gaceta Ribadense. Edición especial III Festa Indiana. A data de portada é a de mañá, coincidindo co comezo da III festa dos indianos de Ribadeo, aínda que a súa saída á rúa foi antonte. A publicación medra triplicando o número de páxinas, de anuncios e de colaboracións. Se a festa dos indianos é un éxito, esta publicación, con 4000 números distribuídos, diríase que é un éxito maior aínda se non fora porque ve á luz á sombra do festival.
A falta dun índice (ó fin, ten formato de publicación periódica nas que non se estilaba tal), unha pequena semblanza para chamar a atención do seu interior:
Comeza cunha presentación en portada, nas dúas páxinas seguintes son artigos correspondentes os rectores das tres principais entidades que impulsan a festa, e partir da páxina 4 comeza 'o serio'.
O programa da paso a unha lembranza xeral dun puñado de indianos baixo a sinatura de juan Soto, e logo, a un artigo titulado 'Un museo da emigración para Ribadeo', de Martín Fernández, que continúa a lembranza con outras persoas menos coñecidas.
Pablo Vivín desgrana a historia do 'Pataqueiro' e Carmen Cruzado a vida Ribadense de hai cen anos a traverso de 'Anacos da vida de catro mozos ribadenses de principios do século XX'.
'Nicolás Fierros, médico da emigración', leva a sinatura de Toni Deaño, mentres beni Mántaras da vida a 'Pepe Barrera, o indiano ribadense máis popular'.
Carlos Álvarez Lebredo ambienta a vida dos emigrantes en Cuba con 'Ida e volta do son cubano'.
A segunda metade do século XIX ribadense vese reflectida na historia de 'La Guardia Civil en Ribadeo', de Paco Nieto, e Mª José Fernández Azpeitia actualiza os indianos con 'La rapaciña indiana vestida de cine en aquella foto olvidada'.
Remata a publicación con tres páxinas de fotos da festa de indianos correspondentes ó pasado ano.
Velaí a revista que se anuncia cun prezo de subscripción de 0 € e con puntos de subscripción en bos Aires, a cargos do irmáns Moreno Ulloa, e na Habana, a cargo de Pepe Barrera.

Ningún comentario: