20160607

Rotonda

Ben, xa está. A residencia de maiores ribadense terá anexa unha rotonda. Polo que parece, 'necesitábase':
A rotonda leva implícita o facer máis roma a esquina, claro. De calquera xeito, a nota de prensa coido que era para outra cousa: ante o incumprimento da Xunta, que non da os cartos despois de prometelos como xa se leva dito  e se repetirá as veces que faga falta, e ante a situación de impasse da Deputación que se ve imposibilitada polo momento para facer fronte a unha parte suplementaria, o concello queda só para dar remate ós pagos e rematar así a Residencia, dotándoa. E iso vai requerir unha petición de creto.
Acompaña a nova (xa da semana pasada, xa saiu nos xornais, ... segue de actualidade porque o creto seguirá) que o edificio que faltaba de derribar das antigas casas de profesores verá os restos no chan.
E así, a zona rematará cunha nova perspectiva. E vale, o ter máis espazo para a residencia a costa dun edificio que só quedaba como testemuña e sen función, vale. Mais a rotonda, para min, un exemplo máis da 'febre de rotondas' que se leva instaurado en España dende hai tempo, co obxectivo declarado de 'facilitar o tráfico' e moitas veces  servindo só para o aumento do gasto e do cemento/asfalto sen unha mellora real.

Ningún comentario: