20160415

Es princesa, es rosa, es consumista, es nai.

Mentras a a portada da web de ACISA Ribadeo segue cun 'volvemos pronto' chantado nunha bonita imaxe da illa Pancha coa planta invasiva en flor (así, dende abril de 2015, aínda que polo interior hai 'cousas'), o seu Facebook non deixa de sorprendernos con actividades do máis diverso. A última polo momento, unha campaña enfocada ó 'día da nai', cunha representación da nai (e das fillas!) moi clara: princesiñas de rosa e consumistas. O título da campaña xa o deixa moi claro, 'fashion nai', e o cartel, máis aínda:
toma de pantalla co modelo de cartel coa ligazón para participar no concurso.
Bonecas rosas, competindo por consumir fashion sendo animadas a golpe de subvención. A resposta na rede non se deixou esperar nun día no que se celebraba 'laretas de igualdade', no que participaban por exemplo, vídeos coma este:
Algo abondo diferente. Non, non resulta raro algún comentario como 'campaña ridícula: o nome, os corazonciños, a cor rosa, os tules das faldiñas, a nena vestida de maior, os lazos, o escote dos vestidos, a mamá maquillando a neniña...''a zorregarnos o sexismo polas orellas, a lembrarnos que as nais somos só imaxe, obxecto de consumo, superficiais'. Claro, os pais non saímos na campaña, é para nais; nós debemos ter asignado outro papel, como o de afirmar que a campaña queda moi bonita, coas mulleres no seu posto...
Ou sexa, unha campaña afondando diferencias que xa existen de antes, quizáis se podería dicir 'a favor da corrente' para vender máis.
Unha nota final para poñer un pouco de perspectiva a 'fashion nai'. Traduzo fashion da wikipedia en inglés: Unha corrente ou tendencia, en constante cambio, favorecida por razóns frívolas, en lugar de prácticas, lóxicas ou intelectuais.
---
Nota unha semana posterior: entérome de que a campaña fashion nai foi retirada. Unha semana despois dos comentarios, non fun requerido para retirar ningunha imaxe.

6 comentarios:

Elfarero dixo...

Esa mesma foto que puxeches no teu blog sen permiso.
Podemos tamén perdille explicacions a meu pai por prantar esa planta invaisa.. ah no! que está morto! mágoa! porque visto o visto arremetes contra todo...

Agremon dixo...

Cando queiras quedamos para que me digas que fotos queres que retire.

MARÍA CHAO dixo...

1º Como muller traballadora que o son dende que teño idade para facelo, como muller independente e loitadora, como muller nai por riba de todo síntome identificada có cartel da campaña. Por moitos dulces e rosas momentos entre nais e fillas, péselle a quen lle pese.

2º É o día da Nai, os pais xa tiveron o seu día

3º O fin último da campaña e que unha muller nai merque nun comercio local, oxalá todas tiveramos oportunidade de mercar o que nos gusta ou o que nos apetece, pero igual temos que escoller si alimentar os nosos fillos ou mercar algo que nos apetece. Pois, unha delas terá a oportunidade de verse guapa e o custe adicalo a outro fin.

Para min chapó coa campaña

Agremon dixo...

María, en relación ó punto 1 e ó 3, e á frase final, non teño nada que dicir: son os teus sentementos e opinións. En relación ó 2, teño claro que o que está posto no blog non é pedindo entrar nese día, senón non querendo entrar nin de xeito pasivo.

Antonio Andina Penabad dixo...

Estimado Farero, si fixera albanazas da campaña, probablemente non protestarias. En ultimo caso indica a procedencia da foto e fai un comentario que Antonio estima pertinente ó respecto. Outro asunto seria que usara a foto para outros fines non referidos nin a Acisa nin a campaña.
Si nos poñemos tan estrictos naide poderia usar o mesmo cartel nos perfis de Fb como fai todo o mundo cos carteis da xunta, do concello, de calquera negocio e mesmo Acisa, agora ben seria interesante a aclaración de saber si e que Acisa prohibe compartir os seus carteis a partir de ahora

Agremon dixo...

Preguntarei a ACISA o que comentas,Antonio.