20160308

8M. Reivindicando outra celebración

    Día da muller traballadora. Para reivindicar a muller mediante o seu dereito ó traballo?
Arco da vella, imaxe de esperanza

    Coido que nunha lóxica capitalista, onde uns poucos non necesitan reivindicarse co traballo porque teñen capital, a reivindicación polo traballo vai como anel ó dedo ó pensamento hexemónico: somos se temos traballo asalariado, e se non, invisivilizámonos, deixamos de contar. Así, quedan xustificadas cousas como que se non entras polo aro do traballo que te ofertan e quedas sen traballo, non tes dereito; logo tes que coller si ou si o que queiran ofertarte nas condicións que queiran. Repito, queda xustificado.
    E o día celebra e reivindica a inclusión da muller nese sistema.
    Pode que no seu momento, a concepción do día 8 de marzo como día da muller traballadora tivera (tivo) outras connotacións con relativamente máis aspectos positivos. Coido que hoxe  serve de tapadeira tanto para non considerar o traballo en xeral, metendo a media humanidade 'que faltaba' no mesmo sistema, como para non considerar o traballo social e familiar que queda entón minorizado e invisibilizado a pesares de ser unha estrutura que mantén a sociedade. En calquera país non só queda oculto ese traballo, fóra do sistema, senón segue a recaer nas mulleres a parte fundamental, aínda que traballen 'fóra', para o que se podería denominar sistema asalariado.
    Día da muller traballadora? Cando segue habendo discriminación de sexo, hai que poñerlle o adxectivo para celebralo? Hai que impulsar á muller fóra da casa para conseguir dous soldos que valen o que un hai unha xeración? Ou hai que dignificar o traballo que agora non se considera porque 'non é pago', algo que dignificaría ás persoas en xeral, e particularmente ás mulleres, maioría nese campo? Por suposto, a dignificación do traballo agora 'oculto' escapa á lóxica actual do salario, e non mantería á muller na casa e submisa se non quere. Liquidaría un instrumento de submisión da muller ó tempo que debilitaría o sistema de submisión da maioría.
Poder para a muller. Imaxe no dominio público
    Si, o 'traballo da casa' e o traballo oculto que mantén a sociedade tamén é traballo. Pero non o traballo que se reivindica. Coido que se debera repensar o tema e enfocar a reivindicación...

Ningún comentario: