20151120

O mesmo que os cans, artigo de José Mª Rodríguez

Ben, continúo co mesmo pensamento que encabezaba o artigo de hai uns días "Vaia espectáculo!", pero coa mesma crenza en que debo seguir publicando as contestacións a un ataque que non entendo fóra da oportunidade política ó que considero é unha conquista do noso pobo en común, aínda que evidentemente, non se poidera conseguir a perfección.
"O MESMO QUE OS CANS
Cando un can ladra pola noite, todolos cans do entorno ladran o mesmo tempo con el: latrante uno latrant confesim omnes, di o refrán.
Sospeito que debe de haber eleccións próximamente porque as hostes do PP, o mesmiño cos cans, puxéronse todas en pé de guerra contra os promotores da nova residencia de Ribadeo. Empezaron os cans de palleiro do PP de Ribadeo, seguidos logo polos ladridos do gran mastín provincial, o Sr. Balseiro. E, pra rematar a sinfonía canina, úneselles agora ó presidente de Novas Xeracións do PP de Lugo, o “alevín” Daniel Vega. Sae a ouvear contra o alcalde o os demais promotores da residencia. A imaxe, xa rematada e esbelta, do edificio da nova residencia puxo nerviosos ós peperos, que non resisten a afronta que pra eles representa haber estado contra dos intereses do pobo de Ribadeo.
As súas armas, as de sempre. A mentira. Acusar ó alcalde de non facer o seu traballo coa residencia. Pra que é o edificio levantado da rúa Paco Lanza, Sr. Vega?
Afirma o Sr. Vega que a Xunta non só non pon obstáculos, senón que cre na necesidade dunha residencia pra maiores no noso concello. Alégrame coñecer o cambio de actitude da Xunta. Pena non sabelo antes, pois, houbéramos aforrado moito traballo. Pro tanto eu como todos os membros da Comisión pro Residencia somos testemuñas vivas da postura de rexeitamento á residencia que mantiña a Conselleira de Benestar cando se lle expuxo en Santiago esta urxente necesidade. E si Vde. non o cre, non ten mais ca preguntarlle ó Sr. Valín, representante da aquel PP local que hoxe non hai.
De onde saca Vde., Sr. Vega, que o alcalde pretende privatizar a residencia? Quen lle contou esa troula? Quen leva a batuta, pregunto, das privatizacións dos servizos públicos en Galicia e aínda en España? O PSOE, o BNG ou o PP?
Pensa Vde. que a xente vai crer as súas malévolas invencións de que as prazas da residencia están destinadas ás rendas máis altas? Pro, de verdade, están tan nervisosos e carentes de argumentos pra imponer á xente as súas mentiras difamadoras?
Pode Vde. explicarlles ós ribadenses pra quen serían as 40 prazas concertadas que Vde. pide? Prós veciños de Ribadeo ou pra toda Galicia? Agardo a súa resposta.
Acusa este “alevín” do PP ó alcalde e á Comisión de rexeitar que a residencia fose pra todos, e querela so para uns privilexiados. Pódese ter tanta cara para contar tamañas mentiras e quedarse tan fresco? Pro non se quedaron aquí as súas mentiras, senón que fixou o prezo dás prazas futuras: 1.400 euros, nada menos. E avala esa mentira, disque con datos “constatables”. Pode amosalos, Sr. Vega?
Pro hai un punto ó final do seu panfleto no que coincido con Vde. e aplaudo o seu arrepentido cambio de postura. “Si á residencia con maiúsculas, - di - si á residencia para todos os nosos maiores e si á residencia para Ribadeo”. Menos mal que nisto, si, estamos de acordo, aínda que Vdes. nada fixesen pola residencia, salvo poñer trancas nas rodas.
Pro si Vde. pensa, Sr. Vega, que o mellor camiño pra conseguir algo pro pobo é o engano e a mentira, alá Vde. O noso camiño foi outro: o do consenso e o da concordia entre todos. Antepoñer os intereses do pobo ós interes dos partidos. Un xesto de grandeza por parte dos outros portavoces que Vde., no seu servilismo ó partido, non poderá entender.
E si as miñas “homilías” lle fan tanto dano, Sr. Vega, non veña escoitalas a esta igrexa, que eu non o invitei. Porque estas “homilías” so están dirixidas “ás persoas de boa vontade”."
Aspecto da zona no Google street view xusto ó comezo da preparación para a residencia   
-

 Obras de José Mª Rodríguez

Ningún comentario: