20150709

As nosas costas: navegando mares de plástico

A imaxe anterior está tomada da web 'navegando mares de plástico'. Cada punto representa 20 kg de plástico á deriva na superficie mariña. Vemos que as costas atlánticas están máis limpas, e canto máis nos adentramos no golfo de Biscaia, maior densidade de lixo. Hai un global estimado de 268 millóns de kg flotando á deriva, formando illas inmensas nalgúns lugares (en particular, o vórtice do Pacífico e o do Atlántico Norte, mais que nas costas asiáticas e no Mediterráneo). Son máis de 5 000 000 000 de pezas, a maioría menores de 0,5 cm de dimensión principal. So son uns 30 g por habitante do planeta, pero implica un desastre ecolóxico que está aumentando minuto a minuto, indo a parar ó mar cada vez máis residuos plásticos (que arrastran vento e auga ata chegar á maior superficie libre do planeta, o mar).
Só unha lembranza aquí para a iniciativa coge3, da que xa teño falado e que segue en marcha, tentando limpara as nosas costas como un paso no bo sentido.

4 comentarios:

Emilio Rodríguez dixo...

Non o podo creer!! Se é así como pinta a páxina "Sailing Seas of Plasticnon", entón tiña que ser moito mais visible y Eu non acho tal concentración de lixo nas costas da Mariña. Paréceme esaxerado o volumen de lixo e a súa dispersion espacial.

Agremon dixo...

Fronte á costa de Ribadeo a densidade aparenta ser no mapa de 1 punto cada 5x5 km2, ou sexa, menos de 1 kg/km2, ou menos de 1 g cada 30 m2, o que non me parece excesivo. Máis ben, abondo menos do que é na realidade, se contamos non só o mar, senón tamén a costa.
Saúdos!

Emilio Rodríguez dixo...

Ben, agora con os datos que proporcionas (<1g/30m2) albisco no só a posibilidade da concentración de lixo/plastico senón da miña percepción errada...ás veces a infografía mal ponderada xoga malas pasadas...disculpas

Agremon dixo...

... de feito, a cousa é menor aínda do que puxen. Debería ter posto 30 m x 30 m en troques de 30 m2...