20150612

As Catedrais, onte, hoxe, mañá

Unha nota de prensa do concello, daba unha información con dta de mércores. Con data de xoves, unha nova no xornal, "La Xunta rebaja a 4.812 los pases diarios para ver la playa de As Catedrais" daba información supostamente tamén doutra fonte, a Xunta, sobre a mesma praia das Catedrais e a mesma xuntanza. Coido que entre a nova da Voz (a impresa nas páxinas de Galicia, non de A Mariña) e a nota do concello hai diferenzas. Non tanto do que din, senón en como o din, indicando diferentes visións e enfrontamentos, mesmo zancadillas interadministrativas. E, no fondo, a concepción dunha entidade natural, As Catedrais, que por casualidade cadra dentro dos límites das dúas administracións, mesturada con intereses concretos ou difusos, que van dende os mantidos por entidades en principio de constitución pública a outras de estrutura totalmente privada, aínda que ambos mundos estean relacionados.
Esgrimo o tempo (a súa falta neste momento meu) para non seguir. Tamén que as novas, a ficha das Catedrais e as lembranzas de todo o proceso, están aí e serven para facerse unha idea precisa, máis que cada nova tomada de xeito individual, nun momento preciso, e coas influenzas que a puxeron a a disposición do 'público' (público non como en 'de todos', senón como en 'a xente espectadora').
Máis sobre As catedrais no blog (incluído plans, proxectos, declaracións, xente de máis, fotos, ...

Ningún comentario: