20141128

Tres puntos negros

Cargo dende Google maps unha imaxe do centro de Ribadeo e engádolle tres puntos, negros en función da súa situación actual.
O de máis embaixo, no comezo da r/Deputación (por certo, pódese ver que Google maps segue tendo algún problema en Ribadeo, aínda que menor importancia que o de 'ría de Ribambo') deu lugar onte a unha nova por segunda vez, pois o concello vai obrigar a tiralo. Está só cos muros exteriores, cunha valla das provisionais de tráfico como único aviso e protección. O tellado agora é un perigo porque os restos empuxan os muros cara fóra (por sorte, os muros parecen en bo estado).
O segundo punto está sobre un edificio da r/Ramón González, que se diría construído nos anos 50 do século pasado. A modo de foto, corto e pego parte dun comentario que deixaron lo blogue hai un par de días: "En el edificio situado entre el bar Nevada y la tienda Día (Clarel) en la calle Ramón González , cayó un cristal grande de un lucernario que tiene otros 2 que no cayeron (aún). En realidad la rotura tuvo lugar en el último temporal de viento que sufrimos aquí el invierno pasado. No se repuso el que falta y el edificio parece que no está ocupado más que por generaciones de palomas.
Creo que, para evitar desgracias, deberían asegurar ese lucernario así como cristales rotos y otros elementos..... ¿Hay que esperar a que ocurra una desgracia?
". Sei que teño algunha foto, pensada para facerlle unha entrada, pero non oa localizo. De claquera xeito, se se fai unha pequena rota turística cos tres puntos, é doado ver os efectos dos que se fala no edificio co número 15 de Ramón González.
A terceira marca corresponde ó Parque de San Francisco, e cólloa esta mesma mañá dunha entrada que deu orixe a un 'intercambio' en Facebook: "Parecevos normal que no parque de San Francisco en plena mañá se vexan tiradas jeringuillas de drogatas (...) Encontraronse en 3 sitios,no parque de San Francisco, na explanada do Auditorio e no Aparcadoiro Municipal." Naturalmente, non podo entrar sen procurar a resposta da outra parte no que suprimín polos puntos suspensivos: o que sería, segundo o comentarista, unha resposta non adecuada do alcalde. Iso deu lugar a unha serie de comentarios nos que tamén se involucra á Policía Local e Guardia Civil. Pero o caso é que as xeringas estaba alí, e alí estiveron, ó que parece, un bo rato. E non deberan estalo desde o comezo: non deberan ser abandoadas alí. [+ aínda que despois, o máis sinxelo é sinxelamente recollela, con ou sen denuncia]
Voltando ó comezo, en relación ó primeiro punto, parece que se van tomar medidas. E respecto ós outros dous?

20141127

O caso de Ribadeo, dende Pontevedra

Mantiven onte que Ribadeo necesita un chequeo. Non é algo extraordinario nin en razóns dun mal estado, senón unha actuación de funcionamento normal precisamente para evitar ter que tomar nun momento dado medidas extraordinarias en razón dun mal estado.
Nomeaba tamén o premio recibido por Pontevedra, o 'Premio Internacional de Dubái',entregado polo concello de Dubai en colaboración con ONU-Habitat. Os premiados, entre eles, Pontevedra por 'Un modelo de cidade centrada no pobo', poden consultarse aquí.
Coido que os premios hai que tomalo cunha certa distancia e visión de conxunto, incluíndo cousas como quen os da, factores que inflúen na concesión, etc, e non comulgar con rodas de muíño facendo da concesión unha inmediata referencia/reverencia. No caso de Pontevedra, por exemplo, coido que habería que ter en conta o número de premiados e a diferente entidade dos premiados na mesma categoría.
Unha volta lembrados os atenuantes, pode servir dalgún xeito de referencia para Ribadeo?
Pico entre algunha cousa das que fai referencia Pontevedra Viva:
Peonalización do centro histórico. Tamén está Ribadeo niso... quizais o baches que se observan en zonas como o cine-teatro ou San Francisco foran evitables ó 'humanizar' (a verba chusca empregada aquí) as rúas.
Saneamento integral do ecosistema ría/río. A comparación entre saúde de ambas as dúas rías é difícil por varias razóns, incluídas impacto e tamaño, a máis de control de ambas marxes. Agora ben, iso significa que a ría de Ribadeo debe estar manga por ombreiro?
Creación de diferentes sendas ciclistas e peonís. En canto ás peonís, considerando o tamaño poboacional, e sen coñecer moito Pontevedra, coido que gana Ribadeo, aínda que todo sexa mellorable. Outra cousa son as sendas ciclistas, inexistentes en Ribadeo a pesares de contar dende hai anos cun servizo de aluguer de bicis para turistas. De novo, o mantemento / desenvolvemento / atención prestada ó servizo tamén sería moi mellorable.
Aplicación de limitación de velocidade a 30 km/h. Contrasta coa política de pasos elevados seguida en Ribadeo, que non é tanto de limitación como de perxuízo de uso de vías públicas. Por suposto non en todas as zonas é igual, co punto álxido nos arredores do ascensor no paseo marítimo Alfonso Rodríguez Castelao, cunha situación que por sorte non se repite en todos os lugares.
A recepción do premio internodes. Ben, poderíase tentar equiparar ó premio recibido pola actuación que inclúe o ascensor supostamente panorámico... e entendo que fracasaríase.
A nova non o cita, pero ambas vilas teñen alcalde do BNG. Niso son abondo comparables.
Trataríase realizar un traballo para recuperar os espazos públicos para a cidadanía, fomentar a autonomía persoal, eliminar os riscos derivados do tráfico, reducir a contaminación aérea, acústica e da auga, recuperar áreas urbanas degradadas, fomentar a mobilidade non contaminante e saudable, mellorar a conexión entre a vila, ría e ríos. Non se trata de copiar (apuntei que nalgún caso, Ribadeo estaría mesmo por enriba), denigrar ou ensalzar, senón de ver, e aproveitar para ter criterios para ese chequeo que reclamaba onte.

20141126

Chequeando Ribadeo

O de chequear soa a médicos, e pode ir diso, máis pode tomarse nun senso amplo, para ver como vai algo. Pensando en que ás veces é conveniente recoñecernos antes de propor estratexias e aplicalas para avanzar. Digo ás veces non porque non sexa conveniente sempre, senón porque moitas non se fai e preténdese que o resultado está ben ó final sen un convenio anterior sobre o que é 'está ben', sobre se interesa, como medilo, por que se quere, etc.
A nivel individual é normal que tales análises non se fagan, ao menos de xeito consciente e detallado. A nivel municipal, debera ser normal que se fixeran, e así, entendo que 'o Ribadeo que queremos', do que se leva pedido unha definición moitas veces dende este blog, segue polo momento sen definirse e polo tanto, sen aplicarse, aínda que haxa por algures resultados que se toman como bos, sen especificar tampouco 'a métrica' usada para definilos como tales. E iso facilita que haxa veces que máis ou menos, todos estamos de acordo, e outras, non.
Quizais fóra máis sinxelo comezar a aplicar nocións como transparencia nas decisións e nas actuacións nalgún aspecto concreto para facilitar o poñernos de acordo tanto no 'que' como no 'como' se fai. E aí vou, despois de ter descuberto o 'informe sobre transparencia' a nivel local, do que resulta un informe para poboacións maiores de 50 000 habitantes. E de mirar un pouquiño a enquisa de aplicación do estudo sobre transparencia municipal. Trátase de algo a aplicar á páxina web do concello, no noso caso, na actualidade, accesible en http://ribadeo.gal/ . É certo que para ter un resultado final hai que facer algunha operación matemática, pero para unha primeira impresión e visión xeral chega con botarlle unha ollada ós catro apartados da enquisa e pasar a procurar algunha cousa na páxina do concello. En descargo de Ribadeo, hai que ter en conta que a enquisa fíxose para concellos de máis de 50 000 habitantes, algo que Ribadeo está lonxe de acadar, e quizais por iso lle custe máis ó non ter a potencia económica e recursos humanos para desenvolver e ter ó día unha web equiparable á dunha cidade, pero, na súa contra, habería que pensar asemade en que ó ser máis pequeno algúns procesos tamén deberan ser máis doados de transparentar.
Aquí o deixo por hoxe, con ganas de comentar (a ver se mañá) o premio que lle deron a Pontevedra e relacionalo con cousas que se están a facer en Ribadeo: non quero quitar tempo a que mires un pouquiño a enquisa e logo pases os ollos pola páxina do concello de Ribadeo.

20141125

Tres anos, tres chuvias

Agora mesmo, 7 e media da mañá do 25 de novembro, está a chover a cántaros en Ribadeo. Onte choveu, antonte choveu moito... Episodios de choiva dánse con certa frecuencia en calquera parte de Galicia. Mais a memoria é curta, e a percepción deste tipo de fenómenos leva a engano. Collín os tres episodios de chuvia máis chamativos do que vai de século nos datos da Granxa Pedro Murias para comparalos. Dun xeito uniforme, dous días con gráficas igualmente dimensionadas.
En 2006, o 2 de outubro, houbo unha verdadeira tromba de auga, recolléndose 136 L/m2 nun só día, con picos de máis de 8 L/m2 en dez minutos preto do anoitecer. Pode que haxa moita xente que xa non o lembre, e ademáis, a falta dalgunha infraestrutura daquela sen rematar fixo que os episodios provocados polas inundacións foran máis 'normales' nunha terra que aínda tiña que impregnarse de auga despois de estar seca antes (ver o gráfico)
No 2010 houbo unha riada histórica. É posible que os algo máis de 140 L/m2 caídos en dous días na Pedro  Murias non correspondan co que caeu no val do río grande, pois variacións desas pasan. A riada levou por diante, por exemplo, a vella ponte de Arante. A máis dunha vida na Veiga e desastres en particular por todo o val do río Grande.
 Este ano o montante total de auga caída nos dous días (agora xa vai caída máis, claro) é inferior ó dos dous casos anteriores, e aínda que a inclinación da curva vermella, a que indica a acumulación de auga caída pode equipararse nalgúns momentos á de 2010, a curva azul, a cantidade de auga caída de dez en dez minutos, vemos que é abondo inferior no seu máximo. Aquí xa, é a construción de infraestrutruras dun determinado xeito a que fixo posible inundacións nalgúns puntos das que si, agora mesmo temos recentes na retina.
 Segundo os datos da Pedro Murias, os tres episodios están ordeados non só por datas, senón por importancia dos seus picos. Agora, quen teña memoria, que compare.

20141123

Concerto Santa Cilla 2014 da BMMR


Concerto de Santa Cilla 2014, da Banda de Música Municipal de Ribadeo baixo a dirección de David Ballester Martínez, o 22 de novembro de 2014 no Cine-Teatro
1.Verbas de Farruco Graña ó comezar.
2.Luis Armstrong revival selection (Arranxos: Willy Hautvast)
3.Air poetique (Ted Huggens. Trompa solista: José Luis Pulpeiro Grueso)
4.Mar i Bel (Ferrer Ferran) 5.Verbas Farruco + premios debuxo amadores

6.Adiós Nonino (Astor Piazzolla) 7.Treble concerto (Ted Huggens. Frauta solista: Alba González Pérez)
8.Maido (J. R. P. Vilaplana)
9.bis: Luis Armstrong revival selection
O próximo concerto, Aquí como en Viena, 28 de decembro no teatro.

Acepto apostas

Falando do tempo, acepto apostas. Hoxe leva caída moita auga, pero que en menos de 24 horas (son agora as 12 da mañá, hora legal) leven caido máis de 60 L/m2 é moito para un día, pero non aporta moito a un ano que polo momento, en canto a choiva, é medio. Fariña doutro costal é a temperatura. Falta 1/10 de ano por pasar, e acepto apostas a que o presente será para Ribadeo o ano de maior temperatura media no que vaia de século ó seu remate. Xa puxen outros días atrás gráficas que indicaban que este é un ano quente. Agora non poñerei máis ata fin de ano: se alguén quere apostar....
As gráficas a continuación amosan que a diferencia de temperatura media no que vai de ano pasa en máis de 0,25ºC ó do ano seguinte na clasificación (gráfica e táboa correspondente ó día 326, onte), e noutra entrada anterior xa quedou claro que este ano tamén está no alto da clasificación nos días con temperaturas por riba dos 25ºC. Ou sexa, este ano a temperie está fóra de control, ou mellor, en liña co cambio climático.


20141122

Ciclo de documentais da AVV O Tesón coa temática de Concienciación social/2


Nota de prensa
20141122

Ciclo de documentais da AVV O Tesón coa temática de Concienciación social/2

O pasado venres tivo lugar a primeira proxección do ciclo de documentais, 'Dinero es deuda', na Casa do mar de Ribadeo. Desenvolveuse despois un intenso coloquio entre os asistentes sobre a concepción dos cartos e o impacto das finanzas no devir e o estado da sociedade.
Seguindo co ciclo, o próximo venres 28 de novembro terá lugar a proxección de “Los amos del mundo”, documental que versa sobre o control do poder de decisión e a usurpación do mesmo á xente. Como nas outras proxeccións que se farán, o documental será presentado, visualizado e logo, discutido. O acto, de asistencia gratuíta, comezará ás 20:00 no salón de actos doa Casa do Mar.
Ós asistentes pasaráselles un pequeno esquema que servirá de base á presentación e de inicio para a posterior discusión.
En semanas seguintes, disporanse diversas temáticas relacionadas, cos documentais:
12 decembro
Homo tóxicus, ligado á consideración de toxicidade do noso medio máis inmediato
19 decembro
Documental sobre a mina de Corcoesto, poñendo a mira na actual á que se enfrontan os veciños lagos de Salave e o seu entorno.
Para facilitar asistencia e participación, ningún dos documentais previstos chega á hora de duración.

20141121

O que nos vai sacar da crise

Días atrás, o xefe-dono de Abanca, Escotet, dicía que xa estabamos a saír da crise, e que o sistema financieiro estaba sendo o motor desa saída. Coido que a idea non é precisamente esa (hoxe hai na antiga 'cociña' da Casa do mar un acto arredor dun documental sobre a creación dos cartos) nin sobre o que nos sacará da crise (a primeira pregunta é se se pode saír) nin moito menos sobre a potencialidade do sistema financieiro para facelo. Máis aínda dito por un banqueiro estranxeiro que se quedou cun banco que antes era de todos os de aquí (aínda que fora administrado por uns poucos e daquel xeito) no que se meteron cartos de todos os de aquí para que máis tarde el puidera compralo a prezo de saldo sen recuperar máis que unha pequena parte deles. Unha peza económica que no seu día chegou a ser a preferente de confianza dos galegos nun sistema financieiro que se dicía dos máis sólidos do mundo, se non o que máis. Un banco ademais que ten en Ribadeo unha tarxeta de presentación tan sólida como o metacrilato do que fai gala na súa presentación, colocado como se ve na foto dun xeito pouco 'sólido' xusto diante da toma de ventilación, que non chega a ocultar porque sería malo, pero non deixa descubrir totalmente porque se quedaría sen marca. Un logo, por certo, acusado de plaxio. Din que unha imaxe vale máis que mil palabras (aínda que ás veces sexa convinte explicala).

20141119

O convento de Santa Clara en Ribadeo

O convento de Santa Clara ten abondo que ver. E agora pode verse a distancia, a traverso dunha aplicación de turgalicia: http://www.turgalicia.es/fotos/IMAGENES/FLASH/ARQUITECTURARELIGIOSANP/vr_14_santaclara/index.html . Son só tres estancias as así visitables, en visita encadrada na promoción dos mosteiros galegos.
Xa postos, despois de recibir a ligazón para a visita virtual de Santa Clara, pasei algo máis de tempo pola web, e así, no estudo sobre os visitantes turísticos de Galicia en 2009 (último ano que se presenta; non sei de despois consideraron que o estudo non pagaba a pena ou non había cartos cos que pagalo), aparece que preto dun 7% dos turistas galegos ese ano entraron a traverso da Ponte dos Santos (44,3% viñeron en coche, dos que o 14,7% por Ribadeo) Claro que iso, por medio dunha enquisa que arroxa os seguintes resultados, non lle asignaría moita fiabilidade (na web están accesibles as enquisas, cos resultados e a fiabilidade que lles asignan). Turistas que entraron en Galicia en coche e que entraron por Ribadeo:
% coche - % Ribadeo/coche - % Ribadeo - ano
   55,1       15,6                         8,6              2006
   57,3       17,0                         9,7              2007
   50,2       18,1                         9,1              2008
   44,3       14,7                         6,5              2009
As web ás veces son un caixón de xastre. Non esperemos ver moito máis de Ribadeo pola web de Turgalicia (por suposto, as Catedrais, si, aínda que non entre os dez lugares únicos senón en 'praias salvaxes'), pero podemos asomarnos á lei de transparencia de Galicia nunha ligazón: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2006/20060714/Anuncio13DE2_gl.html . Quizáis por ela podamos ver algo máis a traverso da transparencia institucional aplicada/aplicable. E despois, tamén algo máis do turismo de Ribadeo.

20141118

Entrevista a Manuel Valín Valdés


Vin a entrevista, pareceume interesante ó vela este fin de semana na Comarca e pedinlla para reproducir aquí (grazas!):
ENTREVISTA A MANUEL VALIN VALDES
(Reprodúcese aquí integramente a entrevista que o diario EL PROGRESO, na súa edición de A Mariña, me fixo e da que xurdiu a publicada o domingo 9 de novembro de 2014)
Acaban de presentar ao candidato do PP á alcaldía de Ribadeo. ¿Qué opina del como persoa e como político?
Como persoa, soamente podo dicir cousas boas; coñézoo desde fai bastante tempo, compartimos anos de traballo no Partido o que nos permitiu forxar a relación de amizade que mantemos na actualidade. Trátase dunha persoa amable, accesible, honrada,…, un bo tipo.
Desde o punto de vista político, penso que é un home de Partido, con todo o que iso implica; foi concelleiro na oposición 4 anos (formou parte do último grupo municipal que capitaneou Andina) e leva 2 anos ao fronte do Pp local en Ribadeo. Se ben este bagaxe non supón unha grande experiencia, ninguén nace aprendido e seguro que co tempo a súa figura medrará politicamente sobre todo agora que vai a encabezar un equipo de traballo que pretende acadar á alcaldía de Ribadeo.
Eu poñeríalle dous “peros” á súa labor política durante estes dous últimos anos (é algo que xa o teño falado moitas veces con el e sabe que llo digo desde unha crítica construtiva); en primeiro lugar, Suso López e Dani Vega deixáronse utilizar por Barreiro e Balseiro para defenestrar definitivamente a Rodríguez Andina como Presidente do Partido Popular de Ribadeo; foi un proceso autoritario, nada democrático, que supuxo que por imposición do Presidente e Secretario Xeral do Partido en Lugo, dun día para outro, Suso López pasaba a ser Presidente dunha Xestora que se facía cargo da agrupación local do Pp en Ribadeo. Visto o visto, tratábase dunha folla de ruta que deseñada desde Lugo remataba esta mesma semana co seu nomeamento como candidato á Alcaldía. Eu defendo e defenderei que se puido chegar a este mesma situación, dialogando con Andina, escoitando aos afiliados e simpatizantes do partido en non entrando coma un “elefante en cacharrería”; nos estatutos do Pp aparece a creación dunha xestora en casos que a situación sexa caótica e se vexa a necesidade de actuar desde a provincial. En Ribadeo, non se daba tal circunstancia e o mesmo Andina, estaba disposto a dar paso a unha profunda renovación do partido que se lle pedía desde as bases locais.
En segundo lugar, tamén lle critico ( insisto en que desde un punto de vista construtivo) ese xeito de levar o de “home de Partido” ata as últimas consecuencias; en varias ocasións, defendeu posturas oficiais que se poden interpretar como un antepoñer os intereses partidistas aos veciñais. O exemplo máis evidente é a postura adoptada co tema da Residencia de Maiores, sabendo que era o punto máis importante do programa electoral co que acudimos ás eleccións un equipo de traballo do que formaba parte, xa que o considerábamos a necesidade máis importante que tiña Ribadeo. A postura da Xunta con respecto a esta infraestrutura foi e, lamentablemente, segue a ser errónea e polo tanto indefendible.
Quizás ao ser a aposta do Pp provincial para reconquistar á Alcaldía, non lle permitiu actuar como el desexaría; estou seguro, polo que temos falado, de que está a favor de que Ribadeo conte cunha nova Residencia de Maiores.
¿Propuxéronlle formar parte da lista electoral que se está confeccionando?
Non me propuxeron formar parte da lista para as próximas eleccións; de tódolos xeitos, teño tomada a decisión de retirarme da política municipal.
¿Cómo chegou a ser Penabad o Presidente do Pp ribadense?
Creo que na pregunta anterior dou a miña versión deste proceso, insisto, imposto e nada democrático que deseñaron Barreiro e Balseiro. Noutros concellos da Mariña, nas mesmas circunstancias, foise dialogando e acadando acordos que propiciaron unha transición xeracional tranquila e sen ningunha polémica.
¿Por qué non acudiu vostede á presentación do candidato, nin ningún “peso pesado” do Pp ribadense como Andina?
Eu recibo unha chamada de Suso López Penabad o mesmo xoves ao medio día onde me informa de que esa tarde acoden a Ribadeo Barreiro e Balseiro para presentalo en rolda de prensa como candidato á Alcaldía de Ribadeo; tamén me di que vai a falar co resto do grupo municipal para informalos.
Eu decido non acudir por dous motivos: En primeiro lugar non me parece serio que, por exemplo en Viveiro, reúnan ou informen á executiva local previamente a facer público o nome do candidato e en Ribadeo non. Por outra banda, Barreiro e Balseiro podían ter a deferencia de informar directamente ao Grupo Municipal.
Ao mellor é que non tiñan interese en que asistíramos algún membros do Grupo Municipal.
En canto aos compañeiros concelleiros, creo que Campo Braña estivo presente; Azucena González traballa na Coruña e por cuestión laborais non lle foi posible estar presente. Manel Yañez tivo traballo no IES Gamallo Fierros e unha reunión do Consello da Muller no Concello e non lle foi posible asistir.
É posible que si soubéramos o tema con máis antelación (non catro horas antes da rolda de prensa), algún podería acudir.
De Andina, non podo dicir nada pois descoñezo si foi avisado ou si estaba en Ribadeo ese día.
Dito todo isto, quero que quede claro (é Suso López sábeo por que o teño falado con el) que espero e desexo o maior éxito posible no intento de recuperar á Alcaldía de Ribadeo por parte do Pp`.
É vox populi que existen desacordos internos no Pp ribadense. ¿Qué hai de certo nesto?
A ninguén se lle escapa que existen diferenzas entre o Grupo Municipal e a Executiva local. Relendo as miñas anteriores respostas é facilmente deducible que nalgúns temas (Residencia de Maiores, Pavillón Polideportivo, o xeito de criticar o día a día,…) si discrepamos. Critícasenos que non facemos oposición (lembro que tamén se lle achacaba isto mesmo ao Grupo Municipal do mandato anterior onde, por certo, Suso López era concelleiro), que estamos “vendidos ao goberno”, ….. Desde un principio, decidimos antepoñer os intereses veciñais aos partidistas, convencidos de que sería o mellor para Ribadeo, o noso pobo, onde vivimos e polo que algún, levamos loitando máis de 20 anos.
Na relación entre Grupo Municipal e Executiva Local (da que eu mesmo formo parte e acudo a tódalas reunións) tamén pesa o que teño comentado nesta entrevista sobre o xeito de constituírse, primeiro a Xestora e logo a propia Executiva.
En canto á relación entre os membros do Grupo Municipal, penso que non é mala, aínda que evidentemente mantemos diferenzas en temas puntuais; non é a primeira vez, nin seguro será a última, que nun pleno teñamos liberdade de voto (rompendo o que se coñece como disciplina de partido).
Temos repartidas desde o minuto un as áreas de traballo e así se pode comprobar nas notas de prensa, defensas en pleno,…. Penso que é a primeira vez que nos plenos e nos medios de comunicación falamos todos os membros do Grupo Municipal e non so o portavoz.
Estou seguro de que, cada un dos catro concelleiros populares, desexamos o mellor para os ribadenses e defendemos os seus intereses do mellor xeito posible. Da capacidade de traballo en política de Campo Braña e Azucena González non me sorprendeu nada; son dous persoas de partido, con experiencia sobrada na actividade pública e que penso que aínda non escribiron a súa última páxina na política local ribadense.
Quixera salientar a labor de Manel Yañez; sen experiencia política e mesmo desde a súa condición de independente (non afiliado ao Pp), non sen esforzo pola súa parte, soubo adaptarse e ademais da súa capacidade de traballo aportou “aire fresco” á hora de afrontar temas que se nos foron dando ao longo do mandato.
¿Cómo son as relación de vostede con Andina, Suso L. Penabad e Dani Vega?
De Andina, que podo dicir. Eu sempre o considerei como un irmán. Tiven a sorte de formar parte dun equipo de traballo capitaneado por el que transformou Ribadeo. Parece que levan aí desde sempre, pero nos 8 anos de goberno do Pp (1995-2003) fíxose un Auditorio, Estación de Autobuses, Escola de Idiomas, aparcadoiro municipal, novo Paseo Marítimo, 80 vivendas sociais, Casa da Ría, albergue de peregrinos, levouse a traída de auga municipal a tódalas parroquias, pavillón polideportivo, porto deportivo, …… Sen minusvalorar o traballo de ningún dos alcaldes que tivo Ribadeo, estou convencido que foi o mellor.
Lamentablemente, a diferenza do acontecido noutros concellos da Mariña, o Pp provincial non se portou con el como debería.
A nivel persoal, sigo tendo unha moi boa relación con el; é un tipo que merece moito a pena e que espero seguir conservando da súa amizade moitos anos.
De Suso López, creo que xa falei anteriormente.
Con Dani Vega pásame o mesmo que con Suso nalgúns temas; esa fidelidade inquebrantable á Barreiro e Balseiro, lévao a non entender algunhas das posturas que eu, como portavoz municipal, adopto na miña labor como concelleiro e discutimos bastante. De tódolos xeitos, temos unha boa relación.
Dani é unha persoa que “criamos” politicamente nós en Ribadeo e que hoxe desenvolve unha actividade a nivel provincial; é moi traballador e ás veces, a súa xuventude o traizoa no xeito de formular as súas posturas políticas. Estou seguro de que co paso dos anos, acougará e será un elemento moi activo do Pp en Lugo e na provincia.
¿Cal será o seu papel no Pp ribadense a partir de agora?
Ata as vindeiras eleccións seguir traballando como concelleiro, Portavoz Municipal e membro da Executiva Local . Depós das eleccións, pasarei a ser un militante de base e tratarei de aportar o meu graíño de area para que Ribadeo teña un Alcalde do Partido Popular. Levo 24 anos en primeira liña a nivel local e xa vai sendo hora de dar paso a xente máis nova, en idade e con frescor de ideas.
Son un profundo defensor da renovación xeracional, tanto a nivel local, provincial, autonómica e nacional. Algúns compañeiros de partido parece que naceron para ter un cargo e levan na vida pública máis da metade da súa vida; este “sistema” impide que xente nova, moi válida, teña a mínima posibilidade de mostrar a súa valía.
Deberíanse de limitar temporalmente os cargos e, por suposto, unha persoa nunca debería aglutinar varios.
¿Qué destacaría da súa traxectoria política?
No ano 1991 tiven a sorte, promovido pola “executiva local” coordinada por Luisa Braña, de formar parte dun equipo de traballo que foi incorporando persoas a unha lista que no 1995 acadaron á Alcaldía e Ribadeo despois de 8 anos de goberno do BNG, despois de pasar catro anos pola oposición traballando arreo.
Foron momentos ilusionantes, onde unha mestura de xente con experiencia política e outros que éramos novatos, logramos aglutinar as diferentes sensibilidades que había dentro do Pp local, facer unha fronte común e así o entenderon os ribadenses.
A partir do 1995 e ata o 2003, contribuímos moi seriamente a facer de Ribadeo o auténtico centro neurálxico nunha ampla comarca que abarca parte da Mariña e do Occidente Asturiano.
A nivel persoal, foron oito anos que como Tenente de Alcalde e, fundamentalmente, desde o eido socio-cultural tratei de aportar o meu graíño de area para lograr un Ribadeo Mellor. Indubidablemente a construción dun Auditorio marcou un antes e un despois na política cultural do concello; permitiunos programas actividades musicais, teatrais,…, de primeira fila.
Alégrome moito que Ribadeo continúe a ser o referente cultural que foi sempre.
Recórdenos a súa traxectoria profesional.
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Desenvolvemento Local e Comarcal.
Fun Profesor do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo desde o 1988 ata o 2001, ano en que despois de aprobar unha oposición me incorporo como Xerente da Fundación Comarcal A Mariña Central á sede de Mondoñedo. Desde o 2011 traballo na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no edificio administrativo da Xunta de Galicia en A Coruña.
Facendo cábalas, ¿cómo cree que serán os resultados das vindeiras eleccións municipais?
Dado o aumento da corporación (ao parecer pasaremos de 13 a 17 concelleiros) e o número de listas electorais que se prevén, vaticinar uns resultados é moi difícil, posiblemente máis que ningunha vez.
O que teño claro é que a xente está moi cansa de que tódolos días aparezan casos de corrupción mentres a moitos cidadáns lles costa chegar a fin de mes. Algo ten que cambiar, tanto a nivel interno dos partidos como no propio sistema.
O que está a pasar na actualidade, vai a marcar o devir político do presente e do futuro.
A nivel local, o goberno actual parte con vantaxe; a Residencia de Maiores, o Pavillón Polideportivo, o PXOM,….., seguro que pesa á hora de decidir o sentido do voto.
De tódolos xeitos acadar unha maioría absoluta será moi difícil
Segundo vostede, ¿cómo evolucionou Ribadeo?
Ribadeo é na actualidade, a pesar dos efectos da crise, o centro de servizos máis salientable da Mariña e do Occidente Asturiano.
Temos un sector comercial moi competitivo, con locais de altísima calidade, ao nivel dunha cidade.
O sector hosteleiro (restaurantes, hoteis,….) mellorou o 300% e hoxe en día Ribadeo é un referente.
Loxicamente esta acádase coa comuñón do sector privado e lo público; Xunta, Deputación e Concello axudan pero o protagonismo de sector privado é fundamental.
¿Qué lle falta a Ribadeo?
Despois de ter en marcha a Residencia de Maiores e o PXOM, queda procurar encher o Polígono Industrial de empresas; faise necesario, baixo o meu punto de vista, un recinto municipal para desenvolver feiras e encontros empresariais durante todo o ano. Ribadeo está situado moi ben estratexicamente e moi ben comunicado.
Si se dota ao polígono dun recinto feiral e un viveiro de empresas, este sector recibiría un espaldarazo fundamental.
Na zona rural, temos que apostar polo saneamento; é moi custoso, pero tense que deseñar un plan a longo prazo que permita que nunha década, o Concello enteiro conte con saneamento.

Hoxe, pleno (coñecendo a orde do día)

É de agradecer que por fin se amose na web do concello a convocatoria e orde do día do pleno de hoxe. Non podo asegurar que fora con moita antelación, pois foi onte cando me decatei e non sei se levaba moito tempo. O caso é que aquí está a convocatoria do pleno de hoxe, coincidente en parte no tempo con outra actividade política en Ribadeo, a asemblea da plataforma Ribadeo en Común:
Secretaría Xeral
Negociado.02
A todos os membros da Corporación Municipal dos Grupos BNG,PP,UPRI e PSOE. e Intervención municipal
Secretaría Xeral.
NOTIFICACIÓN DE CONVOCATORIA DE SESIÓN PLENARIA
O Sr.Alcalde - Presidente usando das atribucións que lle confire o art. 21.1 c) da Lei 7/85 por Decreto desta data resolveu convocar ao Pleno do Concello para celebración de sesión para o día e hora que de seguido se expresa, sendo os asuntos comprendidos na Orde do día os que se indican:
PLENO ORDINARIO
LUGAR: Casa do Concello.
DATA: 18 DE NOVEMBRO de 2014.
HORA: 20,00 horas.
O que notifico a Vé. de orde do referido Sr.Alcalde para que concurra á sesión e, no caso de non poder asistir, se excuse xustificadamente coa anterioridade oportuna ante a Alcaldía, co fín de non incurrir nas sancións do art. 78 da Lei 7/1985, de 2 de abril. Espero da súa atención se sirva devolverme o duplicado da presente co seu recibín, para constancia.
Ribadeo, 14 de novembro de 2014.
O SECRETARIO EN FUNCIÓNS, Asdo./ JOSÉ RODIL VEIGA
ORDE DO DIA
1. - Aprobación se procede da acta da sesión anterior Ordinaria de data 25 de setembro de 2014.
2 . - Modificación da Ordenanza reguladora do Servizo de Praza de Abastos, mercadiños e venda ambulante no termo municipal de Ribadeo
3 . - Modificación da Ordenanza Fiscal T6 reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con elementos con finalidade lucrativa para o exercicio de 2014.
4 . - Refinanciamento de préstamos do Plan de pago a proveedores
5 . - Modificación de crédito 18/2014 por refinanciamento de operación de crédito FF.PP.
6 . - Depuración de saldos contables relativos ás contas de préstamos con entidades financieiras.
7 . - Convenio coa Xefatura de Tráfico de adhesión ao Convenio de colaboración entre o Organismo Autónomo Xefatura Central de Tráfico e a FEMP para o intercambio de información e a mutua colaboración administrativa.
8 . - Convenio básico bilateral entre a Xefatura Central de Tráfico e o Concello de Ribadeo polo que formaliza a adhesión ao Convenio específico de colaboración entre o Organismo autónomo Xefatura Central de Tráfico e FEMP en materia de seguridade viaria.
9 . - Modificación dos Estatutos da Mancomunidade da Mariña Lucense.
10. - Representante municipal no Consello Escolar da E.O.I.
11. - Representante municipal no Consello Escolar do Centro Dionisio Gamallo
12. - Representante municipal no Consello Escolar do CEIP Gregorio Sanz.
13 . - Modificación da Ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar do Concello de Ribadeo (adaptación ao Decreto 149/2013, de 5 de setembro).
14 . - Modificaciòn da Ordenanza do Prezo Público pola prestación do servizo de axuda no fogar no Concello de Ribadeo (adaptación imperativa ao Decreto Autonómico 149/2013, de 5 de setembro)
15 . - Modificación da Ordenanza reguladora das Bases de acceso ás prestacións económicas para familias do Concello de Ribadeo en situacións de emerxencia ou urxente necesidade.
16 . - Modificacion da Ordenanza reguladora das bases de acceso ás prestacións económicas para faciltar o acceso ás actividades dirixidas a menores, organizadas polas concellerías de Cultura, Educacion e Igualdade e de Facenda, Meio Rural, Obras e Deportes pertencentes a familias do Concello de Ribadeo en situacións e conómicamente desfavorables.
17. - Modificación da Ordenanza fiscal T24 reguladora da taxa pola utilización ou reserva de espazos públicos e inmobles de uso público no Concello de Ribadeo.
18. - Prórroga parcial do prazo de execución das obras de construcción do Centro de atención a maiores.
19 . - Control dos órganos da Corporación (art. 46.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local). Dación de conta de decretos da Alcaldía. Mocións. Rogos e Preguntas

20141116

Unha ollada non só ó Vilar

15 de novembro de 2014. Tarde de choiva. Oito e media. No cine teatro represéntase a segunda sesión do certame de teatro Daniel Cortezón. Cousa de media centea de persoas atenden ó desenvolvemento dunha versión de O barco sen Mariñeiro, de Alejandro Casona. A min gústame.
A mesma tarde, máis ou menos no mesmo momento, a tan só un quilómetro de distancia, unha cantidade de xente semellante, quizais algo maior, está de compras nun novo local, de nome que polo momento soa raro: Compras center. Como rara soa tamén a música, xerada na outra punta de Eurasia, que se vai metendo na cabeza sen prestar atención. A cultura china que xa está aquí, sen promoción das institucións, meténdose pouco a pouco a traverso deses gustos e xeitos que no comezo producen un sorriso e no final máis ou menos unha incorporación. O Windows en chino non deixa de ser aínda curioso, pero co formato ó que moita xente está afeita, que os signos a interpretar que alí aparecen sexan diferentes, antóllaseme unha ponte, algo intermedio entre dúas culturas. Algo intermedio que é manexado por 'eles', non por nós, o que de paso, lles da unha certa avantaxe.
O Compras Center está no Vilar, no que se da en chamar 'área comercial de Ribadeo', obviando a zona centro, á que non sería necesario aplicarlle ese nome porque xa o ten de sempre, pero ó tempo, a que o está a perder ante a irrupción desa nova zona.
O Vilar non queda no centro de Ribadeo, de aí os largos aparcamentos que onte estaban cheos. Pero 'non ven de aí' a falta de comunicación pedestre ou a dificultade ciclista co centro da vila, a traverso dunha travesía cedida polo ministerio ó concello hai uns anos, incluíndo un paquete de acondicionamento que deixou a zona sen acceso peonil dende o centro. Agora nótase máis a falta de previsión: o 'Compras Center' queda á outra beira da glorieta, que o separa de Eroski, Bricoking, Lidl, Merkal ou a única cafetería do lugar. Posiblemente haxa que esperar algún accidente para que as cousas cambien, aínda creada a glorieta para o acceso a un segundo aparcamento despois da cesión do Ministerio. E Para evitar unha grande diferenza de acceso, abriuse a posibilidade dotra saída ó aparcamento grande, o do Eroski. Si, pero os peóns (e tamén as bicis) seguen cunhas condicións de acceso 'non homologables', ou, seguindo a terminoloxía que se ven impoñendo, non 'humanizadas'.
Non é a primeira volta que falo desto, tanto pola seguridade como pola conexión de negocios co centro da vila, pero o caso é que co aumento de locais e de uso, o problema agrávase, sen paso pola vía nin aínda paso de peóns a traverso da antiga estrada, nin, cousa que me fai graza, paso facilitado entre os dous aparcamentos principais.
Ah, e mentres, o comercio e hostalería do centro do pobo, coido que pode darse cun canto nos dentes de que non exista máis que unha cafetería, e ningunha oferta de ocio máis. Pero, con ou sen paso de peóns, estas cousas tenden a cambiar...
--
Artigo publicado asemade no 'el Metropolitano' nº 5 de decembro de 2014, p. 25. 

20141114

Habemus PXOM


Onte, á última hora do día, era un clamor en Ribadeo: hoxe, venres 15 de novembro de 2014, Ribadeo vería rematado o novo PXOM coa sinatura final.
Era 1977, é dicir, 37 anos fai, cando o anterior plan de ordenación municipal, con moitos menos requisitos e ben diferentes circunstancias daba o seu paso final. É dicir, non unha, senón cáseque dúas xeracións de ribadenses atrás.
E ben, agora saberemos dos entresixos reservados ata o momento ós nosos mandatarios? En moitos casos, teremos a oportunidade. Noutros, case seguro que esa oportunidade poderase dicir que chegou tarde.
O recorrido foi longo: houbo un intento xa no século pasado que pereceu, outro co anterior alcalde que non chegou a bo fin, e, tras outros sete anos, o que agora remata. A sinatura, esta mañá na casa do concello, será todo un acontecemento. Aló irá moita xente. Outros teremos que traballar para preparar ese futuro posible que está escrito no documento, sexa cal sexa a redacción final do mesmo. Non o digo con acritude nin con ganas de ir, senón cun sorriso que expresa un feito, algo natural, 'típico'.
De aí en diante, que variacións lle esperan? Algunha intervención xulgado por medio? Interpretacións diverxentes quizais? Algunha reforma substanciosa en pleno?  Ou ben habería que preguntarse sinxelamente que duración/vixencia vai ter? Ou debemos cruzar os dedos para que un plan no que non aparece unha definición clara de Ribadeo faga a súa función cos se si aparecera? Ó fin, con visión clara ou non, logrouse un consenso, e parece que debemos dicir benvido sexa.
A imaxe, do Sigpac, presenta o 'Ribadeo prePXOM 2014'.
--
Nota posterior do concello: http://ribadeo.gal/actualidade/nova.php?id=1668&lg=gal
E, como non cabe en comentarios, copio a entrada que o propio alcalde deixou na rede:
A longa carreira do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo
As reflexións que me veñen á mente neste emotivo momento son propias dun simil dunha carreira, mais non dunha milla da San Silvestre de Ribadeo, nin sequera da Media Maratón das Catedrais, senón dunha auténtica Maratón de Nova Iorque. Na primeira parte da mesma, todo foi un desbaraxuste. O equipo, neste caso a Corporación, non estaba coordinado, polo que todo ía mal. É certo que naquel momento estábase a vivir aquela tolura colectiva que logo se deu en chamar a burbulla inmobiliaria. Houbo moitos momentos en que se pensou en abandoar aquela carreira.
Logo de todo aquilo veu a segunda parta da proba. E con aquela burbulla estoupada voltou a cordura e por fin conseguimos a coordinación e o traballo en equipo até acadar a meta que é hoxe. Todos os grupos da Corporación e por riba disto as persoas desta e da anterior corporación. Unha enorme complexidade na súa tramitación. Poucos Plans urbanísticos de todo o país teñen o nível de dificultade que tivo este para un concello de 10.000 habitantes con dezaoito informes sectoriais.
Aquí está o traballo condensado de tanto tempo. Tantas xuntanzas (con encontros e desencontros aínda que os primeiros foron a tónica nestes últimos tempos), tantas viaxes a Patrimonio, a Urbanismo, a Portos, a Augas, a Estradas da Xunta, a Estradas en Lugo, en Santiago, en Madrid, a Eptisa na Coruña, con xuntanzas interminables no Concello cos técnicos xunto cos voceiros dos grupos que se pausaban para xantar (un menú do día) e que se reanudaban de seguido para avanzar na súa tramitación.
Quizais non sexa o mellor dos Plans, quizais non sexa o mais ambicioso de canto puidemos ter parido, pero todo, no seu conxunto, está presidido polo ánimo de facer ben as cousas, de estaren adaptadas ás leis vixentes e de conseguir as maiores dotacións publicas posibles para uso e desfrute de toda a veciñanza, xa desde agora mesmo así como nos vindeiros anos.
Este Plan Xeral de Ordenación Municipal ten presente os obxectivos de un crecemento sostible, de obtención para a colectividade de espazos públicos, de novas zonas verdes e dotacións publicas que non viu Ribadeo e practicamente en boa parte do século XX e do que vai deste XXI, xa que debemos lembrar que os espazos públicos mais importantes do Ribadeo de hoxe veñen de mais atrás, do século XIX como o atestemuña o Parque de San Francisco, a praza do Cantón, etc.
Queremos que nas novas promocións de vivendas se destinen un mínimo dun trinta por cento a vivenda protexida (vpp); queremos que as novas rúas que se constrúan teñan uns anchos mínimos e dignos; que os edificios teñan normas de habitabilidade que fagan cómodo o seu uso; que en moitas das mazás de Ribadeo se poidan facer parques, espazos públicos, pistas deportivas ou de atletismo, etc. etc.; queremos que existan novas rotondas e avenidas que conecten mellor o tramado urbano e a súa conexión coa autovía A-8. Queremos que nas parroquias se atope unha harmonía entre a lexítima querencia de mellora e ampliación coa da preservación do patrimonio. Queremos que Ribadeo medre con xeito, pero que ao fin e ao cabo, medre.
Grazas á equipa redactora Eptisa, aos técnicos do Concello. Pido desculpas polo meu carácter, no que ás veces podo ser algo rallante de mais, dado sobre todo por tantísimos anos de tramitación deste Planeamento. Grazas aos e ás membros desta corporación e da anterior, tanto do goberno como da oposición. Sempre, como todo na vida, habería que facer algunhas excepcións, pero eu non as vou facer, porque simplemente a forza da maioría e da boa fe da práctica totalidade nesta e na anterior corporación fixeron posible esta aprobación definitiva.
Grazas tamén, como non á Xunta de Galiza, pois a pesares dos desencontros que poidamos ter noutras cuestións importantes para Ribadeo, non detectamos mais que colaboración técnica e políticas, nesta e en anteriores lexislaturas. Sabendo que era un plan moi complexo pois ao final tivemos que aceptar, adaptar e corrixir cantos aspectos se nos foron indicando. Estou convencido de que todo isto ha supoñer unha maior fortaleza xurídica e técnica deste Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Parabéns a todos os veciños de Ribadeo, aos da miña xeración e aos mais maiores, aínda que especialmente aos que veñen detrás nosa, para que coa paseniña execución das directrices que marca este novo Planeamento, á volta duns anos estes nenos e nenas convertidos na xente que tutele o futuro do noso Concello poidan ser depositarios e desfrutadores dun legado de urbanismo racional e sostible para maior honra todos.
Ribadeo, 14 de novembro de 2014. (Data da sinatura da aprobación definitiva do PXOM de Ribadeo)
Fernando Suárez Barcia
Alcalde de Ribadeo
 

20141113

Un novo ciclo de documentais de concienciación en Ribadeo


Nota de prensa
20141111

Ciclo de documentais da AVV O Tesón coa temática de Concienciación social

Como xa ven sendo tradicional, a AVV O Tesón ten programado para este outono un novo ciclo de actividades. Neste caso, trátase de documentais que serán presentados, visualizados e logo, discutidos.
O ciclo, de asistencia gratuíta e que se desenvolverá os venres ás oito da tarde no Salón de Actos da Casa do Mar a partir do 21 de novembro, comezará co titulado “Dinero es deuda”, de 47 minutos de duración. Ós asistentes pasaráselles un pequeno esquema que servirá de base á presentación e de inicio para a posterior discusión, sobre este documental que explica a diferenza entre cartos e riqueza, e os mecanismos que son empregados para a confusión entre ambos.
En semanas seguintes, disporanse diversas temáticas relacionada, cos documentais:
28 novembro
Los amos del mundo, sobre o control do poder de decisión e a usurpación do mesmo á xente
12 decembro
Homo tóxicus, ligado á consideración de toxicidade do noso medio máis inmediato
19 decembro
Documental sobre a mina de Corcoesto, poñendo a mira na actual á que se enfrontan os veciños lagos de Salave e o seu entorno.
Para facilitar asistencia e participación, ningún dos documentais previstos chega á hora de duración.

20141112

Paisaxes e ceos de Ribadeo

De cando en vez, vanse acumulando fotos do entorno nas cámaras ou nos discos duros, escamoteando ó fondo la lembranza entornos bonitos, paisaxes agradables e máis. Traelos de novo á vista é un exercicio equivalente a aspirar aire fresco, que rende só polo feito de facelo, sen procurar máis efectos secundarios. Estas son de menos dunha semana atrás:
 Nubes sobre Ribadeo, 6N
 Nubes sobre o xardín, 5N
Ponte dos Santos, 6N
 Parece que as nubes quixeran distinguirse cara a Foz, 11N
 O Cantábrico separa Vilaselán das nubes, 11N
Ceo, auga, terra, 11N

20141111

Os extraterrestres xa están aquí e aproveitanse de ti

Collamos algún dato de xente que sabe diso, os da ciencia ficción. Os extraterrestres veñen representados por xente sen sentimentos humanos ou moi pouco desenvolvidos. As cousas das que se alimentan son descoñecidas ou sinxelamente, raras. O aspecto pode variar moito, e hai algúns tipos que se amosan a luz do día completamente diferentes, mentres outros son indistinguibles de nós, ou necesitamos dunhas gafas especiais para poder identificalos, pero en calquera caso, unha vez descubertos, tras un primeiro momento de desconcerto, a súa defensa é o ataque, que dalgún xeito estará protexido por conxéneres ou mesmo terrestres que lles seguen o xogo. A súa tecnoloxía é máis avanzada ca nosa, pero ben mirado, máis que avanzada o que pasa é que usan dela intensamente porque teñen recursos abundantes. De feito, se chegan á Terra é porque dilapidaron os recursos dos seus planetas. Nese sentido, son depredadores, usando o seu poder como lles permite o seu potencial ou ben dun xeito ladino, imperceptible pero efectivo. En calquera caso, procuran o poder como fin último. Aínda que se saiba quen son, son dificilmente capturables, polo que a solución que queda é abatilos para que non sigan coas súas, e coas proteccións que teñen, resulta case imposible. Non queren destruírnos, pero como dano colateral, rematan facéndoo... Ben, poderiamos referirnos a algunha característica máis, pero coido que xa están retratados.
Co anterior, mira e vai pasando nomes, de Rato a Blesa, de Monago a Urdangarín, de... enche ti os nomes, e verás a súa falta de sentimentos, o seu atiborrarse non precisamente de chourizos, aínda que ese sexa o resultado. Verás que as súas caras parecen normais para rematar descubrindo que son duras como a pedra. Que cando son descubertos, pasan sen transición da negación e ataque á asunción despreocupada e protexida por outros semellantes ou lambecús. Que non usan armas tan sofisticadas, senón máis ben que o que fan é usar os nosos propios recursos, co que son depredadores de todos nós, e nós, vícitmas colaterais das súas accións, que o que procuran é o poder, sexa económico, político ou do tipo que sexa.
Si, os extraterrestres xa están aquí. Quédanos o consolo de que na maioría das obras de ciencia ficción, escritas ou en pantalla, rematamos ganando nós, o pobo da Terra. Así intentaremos que sexa tamén esta volta, na realidade. Aínda que tamén sabemos que na ficción o vencelos ven despois de grandes danos e sacrificios, quedando a Terra abondo destruída...

20141110

Estación de autobuses de Ribadeo

Coido que non é a época na que a estación de autobuses de Ribadeo ten estado máis desastrada. Unha estación de autobuses representa un edificio de servizo público (as hai que son privadas ou están privatizadas, pero en calquera caso, o servizo que están a facer é público) e como tal, deberan estar coidadas impecablemente, ó estilo de cando foi construído o metro de Moscú, feito coa idea de ser un pazo do pobo. Máis aínda cando estas instalacións, debido ó sistema de movemento actual, son frecuentadas por xente con menos recursos ou posibilidades. E, nun caso como o de Ribadeo, por falta de alternativas, por xente que ten que desprazarse, non ten carnet de conducir e non pode coller un taxi.
Como dicía, non é a vez que visito a estación que está peor nin de coidado á vista nin de limpeza, pero á vista das fotos, podería estar mellor. Os bancos noviños contrastan neste espazo.

Si, xa sei que os servizos de cabaleiros están noutros sitos con déficit de limpeza, pero iso non quere dicir que istos teñan que estalo.

Unha fendedura nunha porta por si soa non quer dicir nada: por si soa.

O vidro pasou a mellor vida.
Sinxelamente, como un lugar de servizo público, deberamos ter todos máis conciencia de que o coidado é de todos, e tamén polo tanto, non só tratalo nós mellor, senón esixir un mellor trato por quen leva a xestión.

20141107

Pasou a tormenta

Pasou a tormenta e deixou a algunha zona do pobo varias horas sen luz, a máis dun regueiro de avarías e aparellos queimados por toda a poboación. Certo que foi o conxunto seguido de tormentas con aparello eléctrico máis longo que lembro en Ribadeo, pero sigo sen comprender moi ben por que non se evitan moitos dos posibles perxuízos causados. en Ribadeo xa estamos afeitos a cortes e microcortes e macrocortes de luz, adxudicables directamente a algún motivo visible pola cidadanía ou non. Todos afectan ós aparellos e ó desenvolvemento da vida arredor deles. Uns máis, e outros menos. En calquera caso, aquí non se lembra ningún 'gran apagón de Ribadeo' precisamente porque son comúns, ó tempo que os cables polas fachadas e polo medio das rúas segue a ser tan común que xa nin se pide que se retiren, e séguense a pagar os sucesivos aumentos de tarifas (precisamente soportados na parte fixa de 'dereitos de subministro' porque comeza a ser efectivo o aforro no consumo) mentres na práctica é inviable calquera reclamación por perxuízos ó ser vulnerado ese dereito polo que se paga cuns cartos que, por certo, en parte rematan saíndo desta colonia que é España.
Solucións? Pensar e actuar en conxunto pode dar moito de si. Tardaremos en facelo, pero non queda outra se queremos sobrevivir.

20141106

Sobre as contas do concello de Ribadeo (ou non)

Coido que se todos contribuímos ás contas do concello, deberan estar dispostas para a nosa análise. A cousa é que se están dando pasos nese sentido. Hai xa algún tempo un amigo me comentou desta web, http://www.rendiciondecuentas.es/gl/index.html , que fai un paso adiante para que podamos dispoñer desas contas para botar unha ollada. Case diría que para írmonos afacendo a participar. Ben, aí aparece Ribadeo cunha variable censal que pasa dos 10 000 habitantes no 2011 e 2012 e baixa bruscamente deles no 2013 (en concreto, 10 023, 10 061 e 9 994 empadroados respectivamente), e coas contas rendidas deses tres exercicios, con esta información referida ó exercicio pasado:
Orzamento, Liquidación do Orzamento e tramitación da Conta Xeral
Data aprobación definitiva do Orzamento 29/01/2013 Data aprobación da liquidación do Orzamento 17/03/2014
Data de formación da Conta Xeral 07/07/2014 Data de Informe da Comisión Especial de Contas 15/07/2014
Data de inicio da exposición pública 23/07/2014 Data de presentación da Conta Xeral ao Pleno 25/08/2014
Data de aprobación da Conta Xeral 25/09/2014 Data de envío da Conta Xeral 03/10/2014

Iso serve para animarse a máis. E así podemos mergullarnos e ver que o importe pendente de cobro polo concello a 31 de decembro era de
1 453 388,87 €, fronte a un cobrado de 7 571 072,79 €; é dicir, cousa dun 16% do orzamento total. Algo así como que 'non só debe o concello, senón que tamén lle deben ó concello'.
Tamén podemos ollar outras curiosidades, como que non houbo incrementos netos de patrimonio (tampouco o ano anterior) ou que os gastos financieiros medraron (a lembrar as convulsións dos intereses o pasado 2013), quedando en 142 435,04 € no 2013 por 101 369,24 € no 2012. Ou lembrar as disucsións sobre o resultado do balance, co epígrafe 'resultado orzamentario' que aparece na web, que resulta ser 689 408,86 € para o exercicio, e unha volta 'axustado' coas desviacións, 874 245,71 €.
Ou, e xa non poñerei máis despois, a comparación entre acreedores a longo prazo e a curto prazo entre finais de 2013 e de 2012, respectivamente:
C. Acredores a Longo Prazo     2 377 273,65 €           2 032 066,65 €
D. Acredores a Curto Prazo      1 874 493,82 €           2 564 613,02€
(e, destas,
1. Débedas con Entidades de crédito -14 781,80 €       682 605,29€)
En fin, o certo é que quería destripala máis (algo que nos plenos sobre orzamento bótase en falta ó tempo que se comprende pola cantidade de datos e conceptos que abrangue) pero coido que ó tempo ía liala, polo que así se queda.
Pero na web ligada hai moitas máis cousas interesantes,, de Ribadeo, e fóra de Ribadeo... Naturalmente, que ninguén vaia procurar pagos concretos para ver, por exemplo, canto constou o mantemento dos camións do concello ou do ascensor.

20141105

5 vivendas e local comercial no cubano

No centro de Ribadeo, o sete de agosto, tomaba esta foto:
Na praza de España, comezaba a 'rehabilitación' dun edificio para vivendas (5) e baixo comercial, no antigo local do Cubano. Parecía que a mesma empresa que mercou unha parte do edificio do cantón, a casa dos perecitos ou os pazos das Figueiras, atacaba de novo, se ben o nome que aparece é 'Promociones villa de Castropol', e polo estilo e outros detalles obsérvase unha situación diferente. Por certo, a info sobre a empresa de promocións varía a súa sé segundo onde se mire.
A comezos da semana pasada a cousa estaba así:
Si, é chamativo que unha rehabilitación se tire e sexa unha reconstrución. Ademais, tamén o é que se empregue estrutura metálica, ou que se ocupe o patio traseiro nunha zona onde parece que o volume de edificación debera estar fixado [nota posterior: ver comentarios]. E non deixan de ser chamativas as columnas de pedra atravesadas por unha peza metálica (pero cabe lembrar que a da dereita, antes estaba a piques de perder o apoio, inclinada 'esvarando' sobre a base) e ganando altura sobre a que inicialmente tiñan.
Na primeira foto pode verse aínda o resto da parede do fondo, que marcaba o comezo do patio exterior que albergaba vexetación, como se ve na foto do sigpac, e que dificilmente volverá á súa magnitude anterior, visto o desenvolvemento da obra.

De xeito aproximado, 28 m de fondo (deles, 9 e medio de patio sen construír) x 10 m de ancho era o que medía o solar, incluído o baixo columnas.

20141103

Un novo apunte sobre Ribadeo e o cambio climático

Hai pouco, menos dunha semana, que apuntei no blog que este ano vai camiño de ser o máis caloroso da historia lembrada en Ribadeo, e algo antes, que o cambio climático estaba a propiciar o aumento de días coas temperaturas máis altas.
Volvo hoxe sobre o tema con novos datos, os que vai recollendo pouco a pouco a Pedro Murias, para refacer e complementar os dous post sinalados.
As temperaturas dos últimos días fixeron que o ano actual lograra empatar con outros dous no número de días que Ribadeo ten superado os 25ºC, co que se encarama ó primeiro lugar en compañía de 2011 e 2012, subindo a inclinación da liña de relación de aumento de días >25ºC/ano a preto de 1 día +/ano no que vai de século. É dicir, por termo medio, case cada ano que pasa aumenta un día no que o termómetro sobrepasa os 25ºC en Ribadeo:
En canto á temperatura media no que vai de ano, diriase que se acadou o máixmo anual, se ben despois da tempada que levamos, mellor calar a boquiña por se volve a repuntar o termómetro. O caso é que a temperatura media, dende o gráfico que puxera a semana pasada, aumentou aínda e separouse do ano seguinte na clasificación, estando xa preto de 0,15ºC máis alto que calquera outro ano por estas datas.
Isto non é unha predición de se o inverno que se nos presenta será bo ou mano, cousas da estatística, senón unha constatación: no que vai de ano, iste é o máis caloroso do século.

20141102

A Xunta de Galicia discrimina a Ribadeo

Aínda que saiu en varios medios, cooio e pego dende http://cargadoiro.blogcindario.com/2014/10/00416-la-xunta-de-galicia-discrimina-a-ribadeo.html este artigo de José Mª Rodríguez, que denuncia e compara o ir a 100% da Xunta en Foz contra a renuencia continuada a poñer 1/5 en Ribadeo:
La vecina villa de Foz ha sido desde siempre objeto del afecto y simpatía de las gentes de esta comarca mariñana. La cordialidad de sus habitantes, su tradicional actividad pesquera proveedora de las plazas vecinas, su céntrica situación y proximidad a las villas cercanas ha generado un constante intercambio de vivencias propias de la buena vecindad. En resumen, un destino común compartido con sus pares que la ha convertido en centro de referencia de esta comarca en muchos aspectos despertando en todos sentimientos de afecto y admiración. Por eso, la noticia de la concesión del nuevo geriátrico que el Gobierno del PP de la Xunta acaba de conceder a esta villa vecina y amiga ha llenado a la gente de esta comarca de satisfacción y alegría. Para ella, pues, los más entusiastas parabienes.
            Pero otra cosa distinta es la reacción negativa que esta arbitraria concesión de la Xunta ha provocado entre los vecinos de Ribadeo que valoran esta actuación como gravemente discriminatoria, parcial y lesiva para Ribadeo al que dejaron fuera del mapa de cobertura de residencias.
            ¿Qué criterios demográficos o geográficos –se preguntan desconcertados los ribadenses - siguió la Consellería de Benestar en la confección del mapa de cobertura de residencias? ¿Fue acaso esta decisión el resultado de un estudio serio e imparcial de las necesidades de toda esta comarca en su conjunto o, más bien, fruto de un calentón sufrido por el presidente del Gobierno de la Xunta, Sr. Núñez Feijóo, en un acalorado mitin electoral pronunciado en Foz? Porque si analizamos la cobertura actual de residencias existente en esta comarca desde Viveiro hasta Ribadeo se observa que, pasando por Xove, Cervo, Burela y Foz, todas las villas de la Mariña costera quedan cubiertas con geriátricos, públicos o privados, mientras dejan marginado a Ribadeo, la villa más oriental. ¿Por qué razón le fue concedida a Foz esta residencia y no a Ribadeo? Si Foz con 9.968 vecinos tiene menos habitantes que Ribadeo con 10.023, si Foz tiene la residencia pública más próxima, la de Burela, a 13 kilómetros y Ribadeo a 31, ¿cuáles fueron las razones para concedérsela a Foz y no a Ribadeo? Si Foz tiene derecho a que se le financie en su totalidad una nueva residencia, que sin duda lo tiene, ¿por qué no lo tiene Ribadeo? ¿Por qué, mientras se financia íntegramente la residencia de Foz, se le dispensa un trato diferente a Ribadeo exigiéndole requisitos incoherentes y absurdos para ver si le conceden una pequeña ayuda de 500.000 euros? Suponer que la única razón que valoró la Xunta de Galicia para concederle a Foz este servicio social y denegárselo a Ribadeo estuvo determinada por el color político de sus respectivos gobiernos locales parece demasiado atrevido. Una suposición que confirmaría la sospecha de que el Gobierno de la Xunta del PP no es igual para todos, pretendiendo así castigar a los electores de Ribadeo, actualmente con un gobierno del BNG en el concejo, a costa de la sociedad ribadense y de sus ancianos necesitados. Pero si fuera así y si la Xunta persiste en su actitud negativa hacia las demandas de la Plataforma de Vecinos y los representantes políticos de este Concello los vecinos de Ribadeo y de esta comarca oriental deberían tomar buena nota de esta diferencia de trato y aplicarse el refrán “manos que no dais qué esperáis”.