20140811

Sobre o edificio da Praza de España en demolición (edificio do bar Cubano)

Hai algún tempo os ribadenses recibimos con sorpresa que un edificio da Praza de España, o que ocupaba a tenda de Solloso, se tiña vendido a Celso Dourado. Coido que a acollida, xunto cos planes de facer algo que podería ser un museo, foi positiva.
Ós poucos días de enterarme, observei como comezaban a traballar xusto na casa da súa beira, a que antes ocupaba o cubano e con un pequeno e curioso soportal en mal estado. Con posterioridade, completouse a demolición e tamén me chegou que é propiedade de Paisajes de Asturias, a mesma empresa que en Ribadeo mercou tanto boa parte da Torre dos Moreno como a Casa dos Perecitos (r/viejo Pancho e Pza. de Álvarez Miranda) e o Cine da Praza de Abaixo, as dúas primeiras con obras en diversos estado na actualidade e a primeira con destino predito cara a hotel e a segunda cara a vivendas. Empresa relacionada mediante a propiedade co Grupo Capio, como especifiquei no seu día.
Nunha mañá de luns luminosa coma esta, ocorriuseme ver como estaba o edificio do Cubano no PEPRICH. A toma de pantalla correspondente centrada no edificio é esta (limitado por a praza de España por diante, o edificio das galerías da r/Villafrande del Bierzo por detrás do terreo-xardín, Casa Maseda pola beira suroeste -na imaxe, cun circuliño na fachada indicando o escudo que ten coa ref. HE32- e a antiga Casa Solloso polo norleste, con algo máis de 19 m de diante atrás e de 195 m2 construídos de planta):
Corresponde, segundo a lenda do mapa, a Catalogación de edificación como estrutural, B.I.C e grao III de protección. Obsérvase que por tras ten un patio (en gris) cunha árbore.
Ben, o Peprich está en aprobación inicial, e a secuencia destes últimos tempos do edificio é a seguinte:
29 de xullo:
3 de agosto, onde se apreza ben a altura e perfil do tellado:
6 de agosto (onde se apreza o muro traseiro e a medianeira):

7 de agosto, xa sen medianeira nin soportal, e co muro traseiro medio derruído:
Hoxe é luns e a foto sería sen parede do fondo. Segue estando claro a superficie construída con anterioridade e prevista no PEPRICH, así como a altura previa. No cartel da última foto obsérvase ademais o destino do edificio: vivendas (5, o que parece abondo) e local comercial.
--
Nota (2016): Grupo Capio = IDC Sanidad = Clínicas Quirón



5 comentarios:

Angel Alda dixo...

Lo más curioso del asunto es contemplar como en el cartel de la obra se la califica de«rehabilitación». Para una demolición monda y lironda no es mal eufemismo.

Agremon dixo...

Si señor, 'rehabilitación de ruinas'

Agremon dixo...

Hoxe pasei por alí sen cámara de fotos e chamoume a atención que hai mampostería tirada contra a parede este, pero non se ven as columnas por alí...

Enrique Sampedro Miranda dixo...

Pois ó final tiña razón Ángel, e tirárono enteiro. Paréceme que aí hai algo máis que simple mal gusto. Non me creo que a lei permita esa actuación. Ademais, a min tamén me chamou a ateción o de "rehabilitación". Rehabilitación de qué?

Agremon dixo...

Enrique, non te soa aquelo de 'quen fixo a lei, fixo a trampa'?