20140807

Centro para mulleres maltratadas

Hai dez días, na xuntanza da Mesa de Asociacións do Concello de Ribadeo xurdiu unha idea que despois -mea culpa- vexo que non foi recollida no resume de traballo para a xuntanza co alcalde. Coméntoa aquí, comezando dicindo que todo  o mundo sabe que o edificio máis ó sur oeste queda en pé.
Pois ben,a proposta que xurdiu na Mesa de asociacións foi que ese edificio, que polo momento non ten unha finalidade que se saiba, sexa destinado a un centro para mulleres maltratadas. Coido que antes de levar a cabo a proposta sería necesario un estudo. Pero o mesmo que non me parece nada mal que unha residencia de anciáns estea á beira mesmo do barullo que ten en certos momentos un centro educativo de ensino medio, podendo xerarse unha comunicación e colaboración entre ambos que beneficie non só ós seus ocupantes, senón a todo o pobo (outra cousa é que dita colaboración xurda ou se aproveite, iso está aínda por ver), o mesmo, digo, me parece que un centro de acollida para mulleres maltratadas pode ser bo compañeiro dunha residencia de anciáns, xerando beneficios para ambos.
Será ou non? Quen o sabe? Sinxelamente, espallo unha idea que non me parece mala.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Unha casa de acollida para mulleres maltratadas, soa moi ben e seguramente é necesaria ¿pero fai falta privar de espacio vital a aínda non construída... e seguro que será escasa a non tardar, a Residencia de Ancians? Neste país, xa se comezan os putos recortes, desde os cimentos...!!!! ten c...!!

agremon dixo...

Dende que publiquei a entrada xa houbo quen me dixo algo parello 'cara a cara'. E é evidente, se o espazo dentro da Residencia se emprega como residencia, é lóxico pensar que sexa a mellor solución. O malo é que polo momento non hai (que eu saiba) plans para tiralo e aproveitar o terreo ou darlle un uso activo complementario (non vale o usalo como almacén, coido)