20140728

"O de sempre"

Despois do accidente na A8 á altura de Mondoñedo, chegan as reflexións, que voltan a non deixar ben parados nin a técnicos nin a políticos. Nin tampouco ó protocolo de xestión e mantemento: segundo parece, media hora antes do accidente unha parella andaluza chamaba ó 112 para avisar e recomendar o peche do tramo. Din dende o 112 que se seguiu o protocolo. é dicir, o equivalente nos procesos normais ó movemento de papeleo, e listo. Listo e preparado para a desgraza.
Noutros casos o movemento de papeis como finalidade non produce perda de vidas humanas, pero non por iso deixa de ser o mesmo sistema e ter efectos nocivos aínda que afectando os resultados a outros campos, non á morte inmediata.
Esa falta de 'eficacia' implica unha corrupción do propio sistema que invalida as actuacións. Un sistema que vemos que ten fallos como os da A8 e outros menos chamativos, pero moito máis repetitivos, como os que se poden observar a nivel local, mesmo en Ribadeo: abonda ver a última nota de prensa de O Tesón.

4 comentarios:

Félix Soria dixo...

Viaxo a Ribadeo moitas veces, o sabes, e desde que principiou a construción da A8 por riba da serra teño escoitdos moitos comentarios e todos coincidron en que Fomento estaba a facer unha tolería, non só polas néboas, tamén polo xeo nos meses de decembro-marzal.
É incomprensíbel que nengún técnico da Administración ou da empresa construtora advetira que esa vía será unha fonte de problemas de seguridade, gastos de mentenimento e mortos.

Agremon dixo...

É incomprensible. Éo. Por iso creo que si houbo advertencias, pero que foron ninguneadas polo sistema, ó estilo da chamada dos andaluces advertindo que deberían cerrar a autovía, media hora antes de que houbera un morto.

Félix Soria dixo...

España é un Estado sen cerebro.

Agremon dixo...

Coido que debo engadir outra ligazón máis: http://www.eldiario.es/politica/investigacion-urbanistica-Espana-transparencia-institucional_0_288021440.html