20140718

Feira do libro en Ribadeo. 1ª edición 2ª época

A feira do libro foi inaugurada onte. Diante dun mural feito hai corenta anos e disposto para reivindicar a primeira época das feiras do libro de Ribadeo, daquela 'Feira do libro galego', foi inaugurada asistindo o Presidente da Federación de librerías de Galicia, a Concelleira de Cultura, Mari Luz Álvarez Lastra, o Vicepresidente da Deputación Provincial, Antón Veiga, a Delegada da Xunta, Raquel Arias, e a pregoeira e Presidente da asociación Paco Lanza, Dores Fernández Abel (a partir do minuto 16 do audio). O pregón, entre lembranza e reivindicación. As verbas precedentes, en sentido político e contradicíndose uns e outros ó ser de diferente signo: nada novo.
Boa tarde para algo que comezou pola mañá. Non demasiada xente na feira, pero si continuada. Música e presentacións constitúen o básico do cartel





1 comentario:

Brinca Vai dixo...

PACO NOGUEIRAS PRESENTARÁ ESTE SÁBADO AS CANCIÓNS DO LIBRO-DISCO “BRINCA VAI!” NA FEIRA DO LIBRO DE RIBADEO

O músico Paco Nogueiras presentará este sábado 19 de xullo ás 19:00 horas, na Feira do Libro de Ribadeo (Praza de San Francisco), o seu primeiro traballo discográfico propio, titulado “Brinca Vai!” e editado por KALANDRAKA en formato libro-cd-dvd. Con ilustracións de David Pintor e vídeos musicais gravados por José Miguel Sagüillo, “Brinca Vai!” reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar. No concerto, con entrada libre e de balde, Paco Nogueiras interpretará unha escolma deses temas, con música en directo.

Paco Nogueiras é o compositor e intérprete de todas as cancións de “Brinca Vai!”, nas que aborda materias incluídas no currículo escolar: o verán, a natureza, os xogos tradicionais, a importancia dos libros e da lingua galega, ou celebracións como o Entroido, o Nadal, o Magosto e o Samaín. Destaca tamén polo amplo abano de estilos musicais contemporáneos que abrangue, dende o rock ao reggae, pasando polo techno e a música electrónica, con influencias tradicionais.

Trátase dunha proposta lúdica e transgresora, que transmite bo humor, e que se complementa con imaxes cheas de colorido, expresividade e dinamismo. “Brinca Vai!” reúne lectura, expresión musical e corporal, creatividade artística e aprendizaxe global en clave de diversión. Ademais, invita á participación do público a través da web www.brincavai.com, onde se recollen opinións dos lectores, vídeos elaborados nos centros de ensino a partir das cancións orixinais do libro-disco, ou fotos do público coa careta de chapeu e lentes deseñada en base ao personaxe de Paco Nogueiras.

Entre os vídeos musicais incluídos no dvd de “Brinca Vai!”, o da canción “Meu o mundo é!” -convertida nun himno a prol da utilización da lingua galego en todos os eidos da vida cotiá- está dispoñible tamén en Youtube. Dende a súa estrea coincidindo co Día das Letras Galegas, xa supera as 5.000 reproducións.

[ “Meu o mundo é!” en Yotube: http://www.youtube.com/watch?v=F1e0wAcXcgw ]

MÁIS INFORMACIÓN DE “BRINCA VAI!” NA WEB DE KALANDRAKA
http://www.kalandraka.com/ga/coleccions/nome-coleccion/detalle-libro/ver/brinca-vai/
NA PÁXINA DE “BRINCA VAI!” EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/BrincaVai
E NA PÁXINA www.brincavai.com